Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 14 Clase Expositiva: 4 Clase Interactiva: 24 Total: 42
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Linguaxes e Sistemas Informáticos
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Nesta materia preséntanse os fundamentos da programación estruturada en computación. O obxectivo último é que o alumno sexa capaz de analizar un problema sinxelo e descompoñelo en subproblemas máis simples, atopando as estruturas e algoritmos que permitan resolvelo de maneira eficiente.
Esta é unha materia eminentemente práctica que focalizará os seus exemplos nunha linguaxe de programación amplamente empregada na actualidade (Python). Con todo, a comprensión das bases da programación comúns ás diferentes linguaxes de programación permitirá ao alumnado enfrontarse con soltura e solvencia a novos problemas, independentemente do ámbito e da linguaxe empregada. Todo isto porque durante o desenvolvemento da materia se desenvolverán unha ampla variedade de exemplos que permitan traballar as competencias básicas, xerais e transversais da materia, e acadar os resultados da aprendizaxe previstos.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Representación e codificación da información. Introdución á programación procedural: tipos de datos elementais, estruturas de control, programación modular, recursividade básica, tipos de datos estruturados. Entrada/saída. Ficheiros. Bases de datos. Ferramentas básicas de programación.
Estes contidos serán desenvolvidos de acordo ao seguinte temario:
1. Introdución
- Codificación da información
- Programas e linguaxes informáticos
2. Bases das linguaxes de programación
- Variables, expresións, asignación
- Tipos de datos
- Funcións predefinidas
- Módulos e importación de funcións e variables
- Entrada/saída
- Prácticas: Realización de algoritmos e programas básicos
3. Estruturas de control
- Sentenzas condicionais
- Sentenzas iterativas
- Captura e tratamento de excepcións
- Prácticas: Realización de algoritmos e programas con estruturas de control
4. Funcións
- Definición de funcións
- Documentación do código
- Prácticas: Realización de algoritmos e programas modulares
5. Tipos estruturados
- Cadeas e listas
- Tuplas e dicionarios
- Matrices
- Prácticas: Realización de algoritmos e programas con estruturas de datos
6. Xestión de datos usando as librerías básicas
- Introdución a Pandas
- Acceso a ficheiros e bases de datos
- Exemplos de programas para a xestión de datos dende Python
Bibliografía básica
[1] Andrés Marzal Varó, Isabel Gracia Luengo, Pedro García Sevilla. "Introducción a la programación con Python 3". Universitat Jaume I (Creative Commons).
[2] Hunt, John. "A Beginners Guide to Python 3 Programming", Editorial Springer, 2019.
[3] McKinney, Wes. "Python for data analysis: Data wrangling with Pandas, NumPy, and Ipython", Editorial O'Reilly Media, Inc, Segunda edición, 2017.
Bibliografía complementaria
[4] Baltasar Garcia Perez-Schofield. - "Introducción a la programación con Python" (Creative Commons).
[5] Raúl González Duque. - "Python para todos" (Creative Commons).
[6] Guido Van Rossum. - "El tutorial de Python": http://tutorial.python.org.ar/
[7] Eugenia Bahit. - Curso: "Python para Principiantes". (Creative Commons).
[8] Franck EBEL - Sébastien ROHAUT. - "Algoritmia - Técnicas fundamentales de programación", Ediciones ENI.
[9] Sébastien CHAZALLET. - "Python 3: Los fundamentos del lenguaje", Ediciones ENI.
[10] De Miguel, Pedro. "Fundamentos de los computadores", Editorial Thomson Learning Paraninfo, 2004.
[11] Ramalho, Luciano. "Fluent Python", Editorial O'Reilly, 2015.
O alumno que supere o curso con éxito será capaz de:
* Coñecemento
C9. Analizar información relevante para a toma de decisións empresariais.
C10. Desenvolver solucións tecnolóxicas personalizadas para as necesidades empresariais.
* Destreza
HD2. Xestionar información procedente de distintas fontes que permitan adquirir novos coñecementos e aplicalos para responder a retos, resolver problemas e tomar decisións.
HD8. Usar ferramentas de cálculo e análise, de distintos tipos de linguaxes e de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
* Competencia
CP5. Manexar os sistemas de información empresarial para a toma de decisións relacionadas coa súa especificación, deseño e implantación.
Os contidos da materia impartiranse de forma exclusivamente virtual. Estará composta por unidades teóricas e actividades prácticas de desenvolvemento que se van distribuir de maneira alterna ao longo do semestre, sendo as actividades (algúns guiadas, outras propostas como exercicios ao alumno) un complemento para afianzar os conceptos teóricos. Haberá tamén titorías periódicas cos tutores para solucionar calquer problema.
A aprendizaxe apoiarase en distintas ferramentas metodolóxicas:
- Resolución autónoma de problemas
- Vídeos didácticos
- Microaprendizaje
E estas se concretan cara ao usuario nos seguintes elementos:
- O curso virtual: Esta materia dispoñerá dun curso virtual desenvolto sobre a plataforma de Campus virtual da USC. Facilitaráselle ao alumnado todo o material necesario en formato dixital, ademais de distintas posibilidades de comunicación para o apoio, docencia virtual e realización das titorías, incluíndo servizos de videoconferencia, chat, correo electrónico, e foros. Con todo, as ferramentas máis importantes de traballo serán as propias plataformas corporativas da USC: Moodle (no Campus Virtual) e MS Teams.
- Actividades: Ao longo do semestre, o alumno deberá resolver problemas de programación adecuados aos contidos desenvolvidos ata o momento. A resolución e entrega destas actividades considéranse esenciais para alcanzar un resultado satisfactorio na materia. Estas actividades deberán ser entregados nas datas correspondentes de acordo co cronograma establecido ao inicio do curso e poderán ser defendidas polos estudantes en sesións de titoría a través de MS Teams.
- Titorías: As sesións de titorías servirán para resolver as dúbidas do alumnado relacionadas cos contidos da materia e os exercicios de prácticas propostos, así como para guialos no seu estudo autónomo. Estas titorías desenvolveranse a través de MS Teams de maneira individual e síncrona.
- Estudo autónomo por parte do alumnado de cada unidade temática. Todos os contidos dixitais (exemplos de programas en Python, diapositivas dos temas en formato PDF, vídeos formativos, etc. ), serán previamente postos a disposición do alumnado a través do Campus virtual. O alumno terá autonomía para decidir qué, cómo e cando prepara a materia. Para este estudio autónomo vaise precisar:
- Un computador persoal
- Os apuntes da materia
- Acceso á bibliografía
- Acceso o campus virtual da USC
- A ferramenta MS Visual Studio Code có interprete de Python
- MS Teams
Recoméndase encarecidamente utilizar as titorías para a resolución das dúbidas relacionadas co contido da materia.
* Primeira oportunidade:
Para superar a asignatura, o alumno terá que realizar todas as actividades (50% da nota final) que se propoñan e superar o exame final correspondente (50% da nota final). Non se realizará ningún exame parcial.
O exame final constará de duas partes que e necesario superar por separado: a teoría, que se realizará mediante un exame tipo test coa axuda da plataforma virtual, e a parte práctica, que se realizará mediante a resolución de problemas de programación. As preguntas do exame test poderán referirse tanto aos contidos reflectidos nos apuntamentos da materia como aos contidos prácticos traballados polo estudante nas actividades entregadas. Estas probas poderán constar de preguntas obxectivas (test), preguntas curtas de desenvolvemento e resolución de problemas/exercicios/casos prácticos.
* Segunda oportunidade
Mantense a nota conseguida nas prácticas durante o curso e tamén o seu peso na nota final. Os alumnos poderán entregar en data previa o exame final para a segunda oportunidade, aquelas actividades que non alcanzasen a nota de corte na convocatoria anterior. Unha vez aprobadas ambas as partes por separado, o exame será o 50% da nota final e as prácticas o 50%. Como en primeira convocatoria a superación do exame final implica superar por separado tanto a teoría, que se realizará coa axuda da plataforma virtual, como a parte práctica, que se realizará mediante a resolución de problemas de programación.
* Non presentados
De acordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación suporá que a nota final do estudante sexa distinta de NON PRESENTADO.
* Alumnos repetidores
para aprobar a materia os alumnos repetidores de anos anteriores, están obrigados á realización e entrega das actividades propostas nas mesmas datas establecidas para o resto dos alumnos, así como a superar o exame teórico-práctico.
* Realización fraudulenta de exercicios ou probas
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dous estudantes e de revisión de cualificacións" da USC.
* Avaliación das competencias
En xeral o desenvolvemento das actividades prácticas, así como a preparación dos temas teóricos permitirá ao alumnado traballar as competencias básicas, xerais e transversais da materia, e acadar os resultados da aprendizaxe previstos.
A materia ten fixada unha carga de traballo de 6 ECTS.
Traballo persoal do alumnado:
- Docencia virtual asíncrona, 48h
- Tutorías virtuais síncronas, 14h
- Exame, 4h
- Estudio autónomo e realización de actividades propostas, 60h
- Preparación de probas de avaliación, 24h.
TOTAL, 150 horas
Para o estudo da materia, recoméndase realizar a totalidade dos exercicios das actividades, tanto os que se resolvan nas propias sesións interactivas, como os que queden propostos ainda que non sexan avaliables.
Para el estudio de la materia, se recomienda realizar la totalidad de los ejercicios de las actividades, tanto los que se resuelvan en las propias sesiones interactivas, como los que queden propuestos aunque que no sean evaluables.
Marcos Boullon Magan
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Correo electrónico
- marcos.boullon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
29.05.2025 16:00-20:00 | CLE_01 | Aula Informática 5 |
04.07.2025 16:00-20:00 | CLE_01 | Aula Informática 5 |