Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 21 Clase Interactiva: 30 Total: 54
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
O programa da materia pretende ofrecerlle ao alumno unha visión xeral da xestión comercial no ámbito dixital de forma que o alumnado adquira un conxunto de nocións introdutorias básicas. En concreto, preténdese que os alumnos que cursen esta materia cheguen a coñecer e a comprender os seguintes aspectos:
- Conceptos básicos do márketing e do márketing dixital e de seu contorno que condicionan a súa xestión.
- Comprender a cultura da orientación ao mercado.
- Coñecemento do mercado, identificación e avaliación dos segmentos elección dun posisionamento adecuado.
- A función comercial na empresa
- Definición da estrategia de márketing na era dixital
- Comportamento do consumidor dixital
- Segmentación de mercados e identificación do buyer persoa
- Posicionamiento
Básica:
- Rodríguez-Ardura, I. (2020). Marketing digital y comercio electrónico, 2ª ed. Pirámide
- Santesmases Mestre, M. (2018): Fundamentos de marketing, 1ª ed. Pirámide
Complementaria:
- Florido, M.A. (2020): Curso de Marketing Digital. Ed. Anaya Multimedia
- Kerin R.A. (2018): Marketing. 13ª ed. Mc Graw Hill
- Kotler, P.; Armstrong, G. (2017): Fundamentos de marketing, 13e, Pearson
- Kotler, P., Kartajaya, H., Setiawan, I.: (2019). Marketing 4.0. Ed. LID
- Macía Domene, F. (2013): Marketing online 2.0, Ed. Anaya Multimeedia
- Martín Jiménez, M. (2019): Marketing digital. Ed. S.A. Marcombo
- Martrat, F.; Martrat, J. (2018): Menos Likes, más leads. Ed. Pearson
- Santesmases, M. (2012): “Marketing. Conceptos y estrategias”. 4ª ed. Ed. Pirámide.
- Shahafraquel Oberlander, R. (2020): El AVC del marketing digital. Planeta
- Somalo, N. (2017): Marketing digital que funciona. Ed. LID
BÁSICAS E XENERAIS
CB1. Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5. Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1. Adquirir un conxunto de coñecementos teóricos e prácticos en relación co proceso de creación e administración de empresas na era dixital.
CG2. Identificar, reunir, analizar e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial e tecnolóxico.
CG4. Desenvolver un pensamento e razoamento crítico, incluíndo reflexións éticas sobre temas fundamentais de carácter empresarial e económico na era dixital, e comunicalos de maneira efectiva, tanto nas linguas propias como en inglés.
ESPECÍFICAS
CE1. Entender os aspectos fundamentais da contorna social e económica a nivel macro e micro, con especial atención ao comportamento do consumidor e a evolución dos sectores produtivos, no marco global da nova economía e a sociedade da información.
CE2. Coñecer e comprender os elementos básicos da dirección de empresas e das súas principais áreas funcionais baixo o marco da ética e a responsabilidade social.
CE3. Analizar, diagnosticar e tomar decisións nas distintas áreas funcionais da xestión de empresas seleccionando e aplicando as ferramentas tecnolóxicas máis apropiadas.
CE6. Desenvolver a análise estratéxica da empresa e a súa contorna para tomar decisións estratéxicas e tácticas nas distintas áreas funcionais, e ser capaz de formular unha estratexia tecnolóxica que de soporte a un negocio.
CE7. Deseñar e xestionar a estratexia comercial e coñecer novas formas de comercialización nun contexto socioeconómico dixital e globalizado.
TRANSVERSAIS
CT1. Pensar de forma integrada e crítica, e abordar os problemas desde diferentes perspectivas.
CT5. Capacidade de resolver problemas e tomar decisións aplicando os coñecementos teóricos á práctica.
CT6. Traballar en equipo, compartindo os coñecementos e sabéndoos comunicar ao resto do equipo e a organización.
CT7. Comunicación oral e escrita adaptada ás necesidades dos destinatarios.
CT11. Desenvolver a creatividade, a iniciativa e o espírito emprendedor.
Non hai docencia.
Nas titorías, o profesorado orientará ao alumnado e solventará as dúbidas que poida presentar durante o proceso de aprendizaxe.
A avaliación será mediante un exame final de contidos: proba de carácter obrigatorio na que se valorarán os resultados da aprendizaxe, e que poderá incluir preguntas de respuesta curta, preguntas tipo test, preguntas de razoamento breve, ou casos (reais ou inventados) aos que o alumnado debe dar unha solución, baseandose nos contidos teóricos da materia e/ou nas habilidades/competencias desenvolvidas ao longo do cuadrimestre. Peso na calificación final: 100%. Nesta parte avaliaranse as siguientes competencias: todas A proba final terá carácter presencial.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a una segunda, que será a que figure no seu expediente académico no suposto de que a calificación acadada fose superior.
De acordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en cualquiera das actividades suxeitas a avaliación suporá que a nota final do estudiante sexa distinta do NON PRESENTADO.
As titorías desenvolveranse no horario habitual publicado oficialmente polo profesorado atendendo á demanda do alumnado.
A materia é de 6 créditos,150 horas de traballo totais.
As titorías son un recurso útil que o alumnado debería utilizar as veces que fose necesario. O acceso frecuente ao campus virtual e ao correo institucional é imprescindible para informarse de diferentes cuestións que xurdan ao longo do curso.
Sandra Castro Gonzalez
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Teléfono
- 982824481
- Correo electrónico
- sandra.castro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
22.05.2025 19:00-22:00 | Grupo de exame | Seminario 1 |
27.06.2025 19:00-22:00 | Grupo de exame | Seminario 1 |