Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 17 Clase Interactiva: 22 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Proxectos de Enxeñaría
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O Grao en Empresa e Tecnoloxía está dirixido a formar profesionais capaces de integrar a tecnoloxía na xestión empresarial. Os graduados nesta titulación están capacitados para traballar en empresas que requiren a implementación e xestión de sistemas tecnolóxicos, así como en áreas de márketing dixital, comercio electrónico, análise de datos e xestión de proxectos tecnolóxicos. Estes proxectos empresariais son complexos e multidisciplinares, o que require da formación de equipos con distintos coñecementos e destrezas, e atópanse á súa vez integrados en plans, programas e carteiras cunha orde xerárquica superior, o que obriga aos participantes á adopción de técnicas comúns que permitan unha adecuada xestión.
Os obxectivos da materia son a adquisición por parte dos alumnos dunha serie de competencias e coñecementos sobre o deseño de proxectos empresariais tecnolóxicos, así como a xestión da súa execución.
Os contidos da materia organízanse nos temas que se desenvolven a continuación, os cales integran os aspectos recollidos na memoria do título.
Contidos teóricos:
Tema 1 - Introdución á xestión de proxectos (2 horas)
- Definición e características dun proxecto.
- Proxecto e produto.
- Fases do ciclo dun proxecto.
- Fundamentos da dirección de proxectos
- Técnicas e metodoloxías para a dirección de proxectos
- A metodoloxía PM2
Tema 2 – Alcance (2 horas)
- Definicións e técnicas para a xestión do alcance
- Alcance do proxecto e alcance do produto
- Xestión de interesados
- Estrutura de desagregación de tarefas e entregables
Tema 3 – Xestión de tempos, custos e recursos do proxecto (3 horas)
- Definicións e técnicas para a xestión de tempos, custos e recursos
- Seguimento e control de tempos e custos.
Tema 4 – Xestión de riscos e oportunidades (2 horas)
- Definicións e técnicas para a xestión de riscos e oportunidades
- Estratexias de resposta ao risco
Tema 5 – Xestión de Calidade (2 horas)
- Definicións e técnicas para a xestión da calidade
Tema 6 – Xestión de proxectos mediante metodoloxías áxiles (3 horas)
- Introdución ás metodoloxías áxiles.
- Xestión de proxectos áxiles con PM2.
Seminario en grupo e prácticas:
Nos seminarios en grupo expoñeranse as principais ferramentas e técnicas empregadas no ámbito da dirección de proxectos. Concretamente, as técnicas serán as seguintes (os códigos correspóndense cos empregados na metodoloxía PM2 para a dirección de proxectos): C1_PESTEL, C2_Facer ou Comprar, C3_MII, C4_Matrices probabilidade impacto, C5_Estrutura de Desagregación de Tarefas, C6_Estrutura de Desagregación de Entregables, C7_ Estimación de Esforzos e Custos, C8_ Estimación por tres puntos, C9_Árbores de decisión, C10_Cronograma, C11_Nivelación de recursos, C12_Gantt, C13_Camiño Crítico, C14_Cadea Crítica, C15_Xestión Valor Gañado, C16 Análise Pareto, C17_Leccións aprendidas, DAFO e Análises multicriterio.
Estas técnicas e ferramentas traballaranse en grupos de ata 5 persoas por parte dos alumnos mediante o uso dos artefactos para a dirección de proxectos de PM2. Cada grupo elaborará un plan para a dirección dun proxecto mediante o uso dos artefactos da metodoloxía PM2. Concretamente, os artefactos que se traballarán na materia serán: 01_Solicitude de Inicio de Proxecto, 02_Caso de Negocio, 03_Acta de Constitución do Proxecto, 04_Manual do Proxecto, 05_Matriz de Partes Interesadas, 06_Plan de Traballo do Proxecto, 07_Plan de Externalización, 08_Plan de Aceptación de Entregables, 09_Plan de Transición, 10_Plan de Implementación no Negocio, 11_Plan de Xestión de Requisitos, 12_Plan de Xestión de Cambios, 13_Plan de Xestión de Riscos, 14_Plan de Xestión de Incidencias, 15_Plan de Xestión de Calidade, 16_Plan de Xestión da Comunicación, 23_Rexistro de Riscos, 24 Rexistro de Incidencias, 25_Rexistro de Decisións e 26_Rexistro de Cambios.
Básica:
- PMI 2018. A guide to the project management body of knowledge. Project Management Institute. (PMBOK guide). Pensylvania. ISBN 9781628253900.
- European Commission, Directorate-General for Informatics, Metodología de gestión de proyectos PM² : guía 3.0.1, Publications Office of the European Union, 2021, https://data.europa.eu/doi/10.2799/78438. ISBN 978-92-76-31381-6
- European Commission, Directorate-General for Informatics, The PM²-Agile guide 3.0.1, Publications Office of the European Union, 2021, https://data.europa.eu/doi/10.2799/162784
- PMI Standards Committee (2021) A Guide to the Project Management Body of Knowledge (PMBOK® Guide) - The Standard for Project Management. Project Management Institute, Newtown Square, Pennsylvania, USA.
- PM2 Project Management Methodology. https://pm2.europa.eu/index_en
Recomendada:
- Stellman, A., & Greene, J. 2014. Learning agile: Understanding scrum, XP, lean, and kanban. " O'Reilly Media, Inc."
- https://www.aec.es/web/guest/centro-conocimiento/norma-iso-21500
- https://www.ipma.world/
- https://www.aeipro.com/es/
- https://agile-spain.org/
Básicas e xerais:
- CG1 - Adquirir un conxunto de coñecementos teóricos e prácticos en relación co proceso de creación e administración de empresas na era dixital.
- CG6 - Capacidade de liderado e organización do traballo, tanto individual como colaborativo, e de adaptación a unha contorna en constante cambio e evolución.
- CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
- CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
- CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
- CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
- CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Transversais:
- CT4 - Organizar e planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles.
- CT6 - Traballar en equipo, compartindo os coñecementos e sabéndoos comunicar ao resto do equipo e a organización.
Específicas:
- CE4 - Identificar, deseñar, xestionar e avaliar proxectos de creación ou transformación de produtos ou procesos, potenciando a innovación e o emprendemento.
14 horas de clases expositivas nas que se traballarán as competencias: CG1, CG6, CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CT4, CT6, CE4. As sesións expositivas consistirán en aulas maxistráis nas que se traballarán os contidos teóricos da materia.
22 horas de seminarios, nos que se traballarán as competencias: CG1, CG6, CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CT4, CT6, CE4. As sesións de seminario consistirán na resolución de problemas e na elaboración dun portafolio que se corresponde con o plan de xestión dun proxecto de forma grupal.
2 horas de titorías individuais e grupais para complementar ls contidos teóricos e prácticos, nas que se traballarán as competencias: CG1, CG6, CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CT4, CT6, CE4.
O sistema de avaliación consistirá nunha proba escrita na que se avaliarán contidos teóricos e prácticos, que supoñerá un 50% do total da nota final, e nun traballo de curso consistente nun plan para a dirección dun proxecto, que supoñerá un 50% da nota final. Tanto na proba escrita como no traballo de curso avaliaranse as competencias: CG1, CG6, CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CT4, CT6, CE4.
A proba escrita poderá ser de preguntas obxectivas (test), de desenvolvemento e/ou de resolución de problemas ou exercios. O traballo de curso será un portafolios, realizarase en grupos de alumnos, e consistirá nun plan para a dirección dun proxecto en base á metodoloxía PM2. A avaliación do traballo de curso realizarase en base a: 1) a participación de cada un dos alumnos no traballo grupal durante o desenvolvemento dos seminarios, 2) as presentacións realizadas por cada grupo sobre o traballo realizado en distintas fases de desenvolvemento do plan para a dirección do proxecto, e 3) os entregables do plan para a dirección do proxecto. Aos alumnos con dispensa faráselles un prorrateo do % correspondente a participación entre o resto dos elementos para avaliar.
Para superar a materia é necesario obter unha nota superior a 5 puntos sobre 10 en cada un dos dous apartados en todas as convocatorias. Para a avaliación da segunda oportunidade conservarase a cualificación do traballo de curso ou do exame. Para os casos de realización fraudulenta de exercicio ou probas será de aplicación o disposto na “Normativa de avaliación do rendemento académico do alumnado e revisión de cualificacións”
Estudo en grupo ou individual: 18 h.
Resolución de casos prácticos/exercicios , lecturas ou outros traballos: 38 h.
Preparación de traballos: 2h.
Preparación de exames: 13.5h.
Total de horas de estudo e traballo persoal: 71.5 horas.
Asistencia a todas as clases expositivas e interactivas de seminario e prácticas. Lectura da bibliografía referente á próxima clase conforme ás indicacións do profesor. Consultar dúbidas durante o desenvolvemento da clase correspondente ou en titorías. Repaso da materia explicada en clase e elaboración dunha síntese esquemática (diario de clases expositivas).
Cesar Perez Cruzado
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- cesar.cruzado [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Joel Rodriguez Ruiz
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- joel.ruiz [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC_Campus Terra
Oscar Lopez Alvarez
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- oscarlopez.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC_Campus Terra
Yago Lestido Cardama
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- yago.lestido.cardama [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
José Francisco Vaamonde Longueira
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- josefrancisco.vaamonde [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Venres | |||
---|---|---|---|
18:15-19:15 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 8 |
09.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
10.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |