Mobilidade
A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
Portal Internacional
Prácticas
2ª edición
As Prácticas distribúense en dous períodos coa intención de aproveitar o seu potencial ao longo da formación dos estudantes. Os períodos de Practicum propostos desenvólvense progresivamente conforme a seguinte secuencia:
a. PRACTICUM I (18 créditos. 3º curso, 5º cuadrimestre): O sentido xeral deste Practicum é centrarse na observación en torno á vida da aula e ás tarefas do profesorado, o proceso da aprendizaxe da tarefa docente, os proxectos e prácticas desenvoltos no centro escolar e no seu contexto, así como no proceso de aprendizaxe na ensinanza.
b. PRACTICUM II (24 créditos. 4º Curso 8º cuadrimestre): o sentido xeral deste Practicum é centrarse nos proxectos e prácticas desenvoltos no centro escolar e no seu contexto, e no proceso de aprendizaxe da ensinanza e nos procesos de mellora de aula e centro. Ao longo do Prácticum II o alumno deberá realizar un Proxecto de traballo vinculado á mención, ao que se lle outorga un valor de 6 créditos do total de 24 que comprende este Prácticum.
1ª edición
As Prácticas distribúense en tres períodos coa intención de aproveitar o seu potencial ao longo da formación dos estudantes. Os períodos de Practicum propostos desenvólvense progresivamente conforme a seguinte secuencia:
a. PRACTICUM I. Vida de aula e tarefas do profesorado. (12 créditos. 2º curso, 3ºcuadrimestre): O sentido deste Practicum é centrarse nas tarefas que o docente realiza en relación ao contexto inmediato do aula, así como en analizar e reflexionar sobre o que alí acontece. Será requisito ter superados polo menos 48 créditos do primeiro curso.
b. PRACTICUM II. O centro escolar e o seu contexto: proxectos e prácticas. (18 créditos. 3º Curso 6º cuadrimestre): contextualizando as prácticas do docente nun centro e unha localidade, trátase de deseñar, desenvolver e avaliar proxectos de centro e de aula e de comprender que os límites da función do profesor non están delimitados polo espazo físico inmediato no que traballa habitualmente cos alumnos e que forma parte dun equipo docente, polo que debe estar atento ao conxunto da Comunidade Educativa, sempre desde unha actitude crítica e reflexiva. Procurarase, na medida do posible, que o alumnado realice, un destes dous períodos de prácticas no ciclo 0-3. Será requisito ter superados polo menos 48 créditos do segundo curso, entre os que se inclúen necesariamente os do Practicum I.
c. PRACTICUM III. Procesos de mellora de aula e centro. (12 créditos. 4º curso, 7º cuadrimestre): Neste último practicum trátase de salientar o perfil de mestre innovador, reflexivo e investigador, engadindo ao traballo nos períodos anteriores elementos de mellora de proxectos de centro e aula en procesos de investigación-acción. Será requisito ter superados polo menos 48 créditos do terceiro curso, entre os que se inclúen necesariamente os do Practicum II.