Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Plástica
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Sentido da materia na mención:
Esta materia forma parte da mención de Educación artística, e para poder obtela, debe cursarse coas outras materias que conforman ese itinerario. A finalidade da mención é reforzar un dos aspectos básicos da profesionalidade das mestras e mestres en educación infantil que fai referencia a educación dos sentidos e o desenvolvemento das capacidades estéticas e artísticas dos nenos pequenos, da súa capacidade de expresión conforme ás súas diferentes linguaxes.
A mención, no seu conxunto, confórmana catro materias que, ademais desta, cada estudante tería que escoller: educación estética, literatura e arte, o debuxo como medio e proxectos artísticos. Tamén os alumnos teñen tres materias obrigatorias que están vinculadas a esta mención: Educación visual e plástica, Música na Educación Infantil e Literatura Infantil.
Esta materia está impartida pola área de Educación Visual e Plástica.
Obxectivos:
O debuxo é un medio que permite transmitir e plasmar ideas, esbozar proxectos e crear un imaxinario persoal. Os nenos e nenas utilizan este medio de forma natural. É despois, por unha serie de factores, moitas veces relacionados coa falta de formación dos mestres que impoñen modelos de debuxo realizados por adultos, cando as crianzas abandonan este medio e se senten incapacitadas, porque non son capaces de alcanzar ese modelo imposto e sinten vergoña das súas propias creacións.
A materia ten polo tanto os seguintes obxectivos:
1. coñecementos (saber)
a. Interiorizar e incorporar o debuxo como unha verdadeira ferramenta de expresión en todas as súas dimensións
b. Percibir o valor educativo do debuxo como xerardor de proxectos e ideas, ademais de coñecer e valorar as obras e proxectos artísticos contemporáneos que teñen como base o debuxo
2. procedementos (saber facer)
a. Desenvolver actividades con nenos que impliquen o debuxo como núcleo das actividades de creación e expresión, e que permitan a elaboración dun imaxinario persoal significativo para os nenos
b. Potenciar o uso de diferentes técnicas (experimentación, proceso) e a súa documentación.
c. Utilizar, no futuro labor docente, criterios de valoración, promoción e uso do debuxo na aula.
3. actitudes (saber ser)
a. Amosar actitudes positivas e respectuosas cara á diversidade de expresións e produccións plásticas e visuais.
b. Fomentar unha actitude reflexiva e crítica ante a produción artística contemporánea e ante o ensino da expresión plástica na escola.
Acadar e demostrar, por parte do alumnado, competencia en lingua galega, por formar parte esta materia do proxecto CompetenteS, impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade.
A materia é teórico-práctica; traballando en proxectos individuais onde cada alumno levará a cabo o seu proceso persoal de busca e experimentación. Tendo esto en conta os principais contidos da materia son:
1.- O debuxo na arte contemporánea.
2.- O debuxo como proceso, unha búsqueda dun imaxinario propio: materiais, técnicas, soportes, dimensión espacial, aspectos narrativos,
3.- A ilustración na literatura infantil, estratexias para ilustrar textos e ideas, deixando espacio ao imaxinario do neno.
4.- Criterios de valoración e promoción do debuxo na escola.
Desglose de contidos:
Conceptuais: Procurarase formar ao alumnado na diversidade de expresións personais (o modelo productivo) frente a imposicion dos diferentes modelos reproductivos establecidos na escola ou nos medios de comuniciación e a cultura de masas.
Procedimentais: Destrezas para desenvolver unha actitude reflexiva e critica ante a sua realidade sociocultural e a dos outros. Destrezas pra planificar, executar, documentar e expoñer un proxecto.
Actitudinais: Contidos relativos á valoración da diversidade cultural, social, e inidividual
Bibliografía básica:
Blanco,V.;Cidrás,S. (2021) Debuxar o mundo. Editorial Galaxia
Fontán del Junco, M., Bordes, J. y Capa, A. (2019). El juego del arte. Pedagogías, arte y diseño. Catálogo de la exposición. Madrid: Fundación Juan March.
Lowenfeld, V., Brittain, L. (2008) Desarrollo de la capacidad intelectual y creativa, Madrid: Síntesis
Bibliografía complementaria
Dexter, E. (2005). Vitamin D: New Perspectives in Drawing. New York: Phaidon.
Mathews, John (2003) Drawing and Painting: Children and Visual Representation. London: SAGE Publications.
Rattemeyer, C.(2013). Vitamin D2: New Perspectives in Drawing. New York: Phaidon.
Schröder, K. A. y Lahner E. (2015). Drawing Now. Viena: Hirmer.
Vigotski, L. (2016) A imaxinación e a expresión artística na infancia, Pontevedra: Kalandraka
Competencias xerais
G1 Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da Educación Infantil
G3 Diseñar y regular espacios de aprendizaje en contextos de diversidad que atiendan a las singulares necesidades educativas de los estudiantes, a la igualdad de género, a la equidad y al respeto a los derechos humanos.
G4 Fomentar a convivencia no aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistemáticamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles
G11 Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellora o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo nos estudantes.
Competencias específicas
E53 Coñecer os fundamentos musicais, plásticos e de expresión corporal do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
E55 Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos.
E56 Elaborar propostas didácticas que fomenten a percepción e expresión musicais, as habilidades motoras, o debuxo e a creatividade.
E58 Promover a sensibilidade relativa á expresión plástica e á creación artística.
Competencias básicas
B1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se demostran por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado
Competencias transversais
T2
T3 Coñecemento instrumental das TIC
Proposta metodolóxica baseada en procesos artísticos.
Tendo en conta as características da materia é preciso desenvolver unha metodoloxía que integre teoría e práctica. Para elo combínanse sesións expositivas con sesións interactivas máis centradas na aplicación práctica dos coñecementos. Estas sesións desenvólvense a través dunha metodoloxía de traballo colaborativo, o que supón unha forte implicación do alumnado, que debe realizar unha gran parte de traballo autónomo fora do horario de clase para poder participar dunha maneira activa nas diferentes sesións de traballo.
Tamén se realizarán sesións programadas de titoría dirixidas á orientación e supervisión das actividades de traballo autónomo que debe realizar o alumnado, tanto a nivel individual como en grupo.
Na avaliación atenderase fundamentalmente ao grao de consecución das competencias traballadas nas sesións expositivas, nas interactivas e nas titoriais.
- A docencia expositiva e interactiva será de carácter presencial. As titorías poderán realizarse parcialmente de xeito virtual.
Esta materia e o seu corpo docente participan no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade, co perfil de galego. Por iso o profesorado desenvolverá en lingua galega a docencia da materia (expositiva, interactiva e titorial) e todas as actividades ligadas a ela, á marxe de que parte dos textos escritos que o alumnado deberá ler puidesen ofrecerse noutra lingua. O alumnado, pola súa parte, tamén interactuará co profesorado normalmente na lingua de perfil da materia, tanto a nivel oral como escrito, tanto nas clases como nas titorías, tanto en actividades presenciais como telemáticas ou non presenciais, tanto se son síncronas como asíncronas.
A evaluación será continua, tendo en conta os seguintes apartados:
a. Participación e implicación na aula. Avaliarase positivamente a asistencia asidua, a actitude e boa disposición para aprender e a participación con interese na actividade realizada na aula. Contará ata un 15% da cualificación da materia. Será necesario asistir como mínimo ao 80% das sesións teóricas e/ou prácticas e participar activamente e con interese nas mesmas para obter a puntuación máxima global do apartado.
b. Portafolio. Un portafolio é a colección de evidencias de todo tipo que permiten ao docente e ao alumno reflexionar sobre o proceso de aprendizaje. É unha forma de avaliar principalmente os procesos. O alumnado deberá realizar un portafolio que recolla todas as produccións desenvolvidas no curso. Este suporá ata un 50% da cualificación da materia
c. Documentación e outras produccións: que recollen e amplían as ideas principais dos contidos tratados, a metodoloxía de traballo e as conclusións que se derivan da análise realizada Durante o curso cada alumna/o deberá presentar a súa produción resultado do seu traballo nas sesións expositivas, interactivas e titoriais. O profesorado da materia dará as instrucións oportunas sobre forma, contido e prazos. Valorarase ata un máximo do 30% da cualificación da materia.
d. Presentacións orais. Contarán ata un máximo do 5% da cualificación da materia. O alumnado deberá realizar como mínimo unha presentación oral na que demostrará o dominio das competencias adquiridas.
CASUÍSTICAS ESPECÍFICAS DA AVALIACIÓN:
1. ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA: o alumnado con exención de docencia no poderá cursar esta materia. IMPORTANTE: a exención de docencia só cubre as clases expositivas, as clases interactivas son clases de Laboratorio, e polo tanto a súa asistencia é obrigatoria. O alumnado que teña exención de docencia, deberá poñerse en contacto co profesor durante os primeiros 30 días comezado o curso para organizar un plan de traballo que será recollido nunha memoria final e entregado o día do exame marcado no calendario.
2. Avaliación do alumnado cunha asistencia entre o 50% e o 80% ás actividades presenciais. Este alumnado só poderá obter puntuación nos apartados b, c, d, porque, para puntuar no a, cómpre unha asistencia mínima do 80%. Poderá presentar a súa produción escrita e realizar presentacións orais.
3. Alumnado que só asiste a menos do 50%. Este alumnado só poderá obter puntuación nos apartados b, c, d. Dada a natureza da materia, unha asistencia tan limitada inflúe na adquisición das competencias, polo que este alumnado deberá demostrar axeitadamente o seu dominio das mesmas nunha proba práctica.
4. O alumnado que non supera a materia no período ordinario, pode encontrarse nunha das seguintes circunstancias na convocatoria extraordinaria de xullo:
a) Se no período ordinario asistiu ao 80% das sesións presenciais e ten cualificación nos catro apartados da avaliación, debe presentarse ao exame final. Neste caso mantéñenselle as cualificacións do período ordinario e a súa proporcionalidade.
b) Se no período ordinario, non obtivo cualificación nalgún dos catro apartados, debe presentarse á proba final pero a súa cualificación será, como máximo de 7 puntos, e deberá obter un mínimo de 5 puntos para aprobar a materia.
5. Alumnado repetidor. Deberá poñerse en contacto co profesorado da materia nos quince primeiros días do semestre correspondente para concretaren o plan de traballo e o sistema de avaliación.
Á parte das indicacións concretas sobre avaliación que se indiquen oportunamente, son criterios principais para avaliar o rendemento académico do alumnado
1. A actitude aberta e receptiva para aprender novos contidos e incorporalos á formación do futuro docente de E. Primaria.
2. A participación activa nas clases en relación cos contidos do programa e a realización puntual das tarefas previstas para as actividades presenciais.
3. A iniciatica na actividade preparatoria autónoma (informes, traballos, …)
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
En virtude da participación desta materia no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade (co perfil de galego), e coa intención de que o profesorado poida polo tanto avaliar o dominio por parte do alumnado da competencia T2 da USC (coñecemento instrumental da lingua galega, tanto a nivel oral como escrito), as e os estudantes normalmente presentarán en galego tanto as súas exposicións orais como os traballos escritos da materia. Paralelamente seranlles valoradas no apartado de participación activa as súas intervencións en galego.
Como consta na Memoria da titulación, nesta materia está previsto que o alumnado dedique un total de 112 horas, das que 38 corresponden a traballo presencial na aula e 74 a traballo autónomo e preparatorio. Respecto ao traballo do alumnado, á parte das orientacións que o profesorado vaia dando a coñecer, véxase o apartado deste programa sobre recomendacións
Recomendacións para o estudo da materia
- Asistir asidua e participativamente ás clases e titorías
- Cumprir un ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación continua. (Non é aconsellable confiar a preparación da materia para o final de curso).
- O alumnado con dispensa de asistencia ás clases teóricas deberá respectar as datas establecidas para a entrega de traballos. Recoméndaselle que manteña un seguimento activo da materia mediante as titorías e as plataformas virtuais, para facilitar o axeitado desenvolvemento da materia e a superación da mesma. Nalgúns casos, poderá establecerse un plan de traballo persoal, acorde coas circunstancias específicas de cada alumno, sempre que se respecten e se garantan os mesmos principios de equidade na avaliación e de igualdade de oportunidades para todo o alumnado da materia.
Observacións
Todas as actividades desenvolvidas na materia de Educación Visual e Plástica II: Procesos e Proxectos Artísticos son de asistencia obrigatoria; polo que esta materia non se verá afectada pola “Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias”. Concretando, todo o alumnado matriculado debe desenvolver integramente as actividades das clases interactivas.
Outras Observacións:
-Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista,tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correorai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultadee autorizadascomo ferramentas institucionaispola universidade.
-Non se poderá empregar o de teléfono móbil,salvo cando se usecomo instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Salvador Cidras Robles
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Plástica
- Teléfono
- 982821029
- Correo electrónico
- salvador.cidras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Aula de Plástica |
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula de Plástica |
10.01.2025 19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Plástica |
30.06.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Plástica |