Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas, Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica da Expresión Plástica, Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obxectivos Conceptuais
- Centrar os materiais didácticos dentro do currículo escolar e nas programacións didácticas.
- Realizar un percorrido polos diferentes tipos de materiais didácticos e as súas funcións.
- Coñecer pautas para a o deseño, elaboración e adaptación de materiais didácticos.
- Recoñecer as posibilidades dos recursos TIC como materiais didácticos.
Obxectivos Procedementais
- Realizar unha axeitada clasificación dos diferentes tipos de Materiais Didácticos e as funcións que poden desempeñar.
- Deseñar materiais didácticos en diferentes formatos (físico, impreso, dixital...) acordes ás áreas curriculares.
Obxectivos Actitudinais
- Ser capaces de percibir e sentir os problemas derivados do emprego na aula dos diferentes materiais didácticos.
- Manter unha actitude reflexiva, crítica e de respecto arredor das diferentes cuestións traballadas na aula.
- Características, potencialidades e implicacións da diversidade de materiais didácticos existentes na práctica educativa.
- Bases teóricas que permiten analizar, explicar, deseñar e avaliar os materiais didácticos.
- Fontes de acceso a recursos deseñados por profesores/as e/ou centros de recursos para docentes.
- Materiais educativos de calidade en diferentes formatos (impreso, analóxico, dixital) para as distintas áreas curriculares.
- Os materiais didácticos para os procesos de E-A.
BÁSICA
Aguaded Gómez, J. I. & Bautista Vallejo, J. M. (2002). Diseño de materiales curriculares: criterios didácticos para su elaboración y evaluación. Aula abierta, 80, 139-152.
Alcaide Spirito, C., Cascajero Garcés, Á., Heras Cuenca, A. M. d. l., Rayón Rumayor, L., Gutiérrez García, J., Ledesma Marín, N., Monzón González, J., Rodríguez Torres, J., & Montemayor Ruiz, S. (2016). Materiales curriculares, integración de las TIC y atención a la diversidad (1.). Madrid: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Área de Educación.
Martínez Bonafé, J. (1995). Interrogando al material curricular (Guión para el análisis y la elaboración de materiales para el desarrollo del currículum). En J. G. Mínguez y M. Beas. Libro de texto y construcción de materiales curriculares. Granada: Proyecto Sur.
Rodríguez Rodríguez, J. (2006): La elaboración de los materiales curriculares por los propios profesores. Una oportunidad para el desarrollo profesional. Primer Seminario Internacional de Textos Escolares. SITE 2006. Santiago de Chile, 28-133.
COMPLEMENTARIA
Almeda Estrada, L. F. (1993). Elaboración de unidades didácticas desde el punto de vista de la enseñanza "educativa". Qurriculum, 6-7, 175-192.
Area Moreira, M. (2017). La metamorfosis digital del material didáctico tras el paréntesis Gutenberg. RELATEC: Revista Latinoamericana de Tecnología Educativa, 16(2), 13-28. DOI https://doi.org/10.17398/1695-288X.16.2.13
Bautista Vallejo, J. M. (2001). Criterios didácticos en el diseño de materiales y juegos en Educación Infantil y Primaria. Ágora digital, 2. /6611/Criterios_didacticos.pdf?sequence=2
Blas, M. (2015). La metodología de trabajo por rincones en el aula de educación infantil (Trabajo Fin de Grado). Valladolid: Universidad de Valladolid.
Borghi, B. Q. (2005). Los talleres en educación infantil: espacios de crecimiento. Barcelona: Graó.
Braga Blanco, G. & Belver Domínguez, J. (2015). El análisis de libros de texto: una estrategia metodológica en la formación de los profesionales de la educación. Revista Complutense De Educación, 27(1), 199-218. https://doi.org/10.5209/rev_RCED.2016.v27.n1.45688
Cabero, J. (1992). Análisis, selección y evaluación de medios didácticos. Qurriculum, 4, 25-40.
De Miguel Díaz, M. (2006). Modalidades de enseñanza centradas en el desarrollo de competencias. Orientaciones para promover el cambio metodológico en el Espacio Europeo de Educación Superior. Oviedo: Universidad de Oviedo.
Lamothe, M.; González, M. & Oliva, O. (2004). Los materiales didácticos y su influencia en el aprendizaje. EduSol, 4(10), 36-41.
Méndez Garrido, J. M. (2001). Pautas y criteriospara el análisis y evaluación de materiales curriculares. Ágora digital, 2.
Parcerisa, A. (2007). Materiales curriculares. Cómo elaborarlos, seleccionarlos y usarlos. Barcelona: Graò.
Pérez Juste, R. (1989). La evaluación del material Didáctico. Revista Iberoamericana de Educación Superior a Distancia, 1(3), 93-112.
Ríos, A. (2011). ¿Por qué utilizar talleres en el aula? Innovación y experiencias educativas, 39.
Rodríguez Rodríguez, X. (2010). Os materiais curriculares en Galicia. Vigo: Edicións Xerais.
Salido Soler, E. & Salido Soler, M. (2012). Materiales didácticos para Educación Infantil. Como construirlos y cómo trabajar con ellos en el aula.
COMPETENCIAS XERAIS
G2 – Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensinanza e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
G7 - Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
G6 - Coñecer a organización dos colexios de educación primaria e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Desempeñar as funciones de titoría e de orientación cos estudantes e as súas familias, atendendo as singulares necesidades educativas dos estudantes. Asumir que o exercicio da función docente ten que ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
G10 - Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar a labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela entre os estudantes.
G11 – Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
G12 - Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios de educación primaria e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
COMPENTENCIAS BÁSICAS
B1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se soe atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
B5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Tendo en conta as características da materia é necesario desenvolver unha metodoloxía que integre teoría e práctica. Para iso combínanse sesións expositivas, de carácter máis teórico, con sesións interactivas máis centradas na aplicación práctica dos coñecementos e no traballo colaborativo do alumnado, o que supón unha forte implicación deste, quen tamén precisa realizar unha parte de traballo autónomo fora do horario de clase para poder participar dunha maneira activa nas diferentes sesións.
Tanto nas sesións expositivas como interactivas, favorecerase a competencia comunicativa do alumnado a través de exposicións orais e presentacións con apoio de material impreso e audiovisual, na aula e/ou noutros espazos da Facultade, relacionadas cos coñecementos que vai adquirindo a partir das distintas actividades como lecturas, procura de información, exploración de sitios web, observación e investigación na aula, discusións con outros/as compañeiros/as, deseño de materiais didácticos, e calquera outra que contribúa á construción do coñecemento.
Na materia prevese o desenvolvemento de, cando menos e segundo dispoñibilidade orzamentaria, unha práctica de campo (visita, encontros con profesionais,…).
O alumnado con dispensa de asistencia ou que non cumpra os requisitos mínimos de asistencia a clase disporá dunha planificación de traballo individualizada para a superación da materia.
O desenvolvemento e seguimento desta materia realizarase empregando como ferramenta esencial a Aula Virtual habilitada ao respecto. Nela, ademais de incluír os recursos bibliográficos e materiais necesarios (guía docente, lecturas, etc.) para a realización dos traballos pertinentes, será o espazo para a entrega de tarefas, realización de exercicios e probas pertinentes, etc.
PARA ALUMNADO ASISTENTE
*Para poder participar deste sistema de avaliación, o alumnado deberá asistir a un mínimo do 80 % das sesións presenciais de aula.
A. PROBAS ESPECÍFICAS. Peso na cualificación: 50%
Instrumentos de avaliación: proba final.
Indicadores/orientacións para a avaliación: exame final na data estipulada para tal fin, no que se avaliarán os coñecementos adquiridos polo alumno a través de preguntas abertas.
B. TRABALLO ESCRITO
Peso na cualificación: 40 %
Instrumentos de avaliación: traballo para a materia.
Indicadores/orientacións para a avaliación: os indicadores específicos deste traballo serán explicados polo docente na titoría específica con este alumnado.
C. PARTICIPACIÓN NA AULA
Peso na cualificación: 10 %
Instrumentos de avaliación: exposicións orais do alumnado.
Indicadores/orientacións para a avaliación: os indicadores específicos deste traballo serán explicados polo docente na titoría específica con este alumnado.
PARA ALUMNADO CON DISPENSA / NON ASISTENTE (MENOS DO 80 % DAS SESIÓNS DE AULA):
*Estará nesta situación o alumnado que dispoña dunha dispensa de asistencia a clase ou non acuda a un mínimo do 80 % das sesións de aula.
A. PROBAS ESPECÍFICAS. Peso na cualificación: 50%
Instrumentos de avaliación: proba final.
Indicadores/orientacións para a avaliación: exame final na data estipulada para tal fin, no que se avaliarán os coñecementos adquiridos polo alumno a través de preguntas abertas.
C. TRABALLO ESCRITO
Peso na cualificación: 50 %
Instrumentos de avaliación: traballo para a materia.
Indicadores/orientacións para a avaliación: os indicadores específicos deste traballo serán explicados polo docente na titoría específica con este alumnado.
**NOTA ACLARATORIA: para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas (plaxio nos traballos e uso indebido de tecnoloxías na realización das probas) será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
PAUTAS E REQUISITOS PARA A SUPERACIÓN DA MATERIA:
1. ASISTENCIA: realizarase o control de asistencia ás sesións presenciais. O alumnado con faltas de asistencia non xustificadas a un 20 % ou máis do total das sesións presenciais, automaticamente pasará a ser considerado “alumnado non asistente” e asumirá o sistema de avaliación estipulado con anterioridade para este tipo de alumnas/os.
2. CUALIFICACIÓN MÍNIMA: Para obter a cualificación de aprobado, será necesario ter superados todos os apartados do sistema de avaliación. O alumnado, de maneira xeral, deberá acadar unha puntuación mínima de 5 puntos.
- O alumnado asistente deberá obter a cualificación mínima esixida no apartado A (2,5 puntos sobre 5), no apartado B (2 puntos sobre 4) e no apartado C (0,5 punto sobre 1).
- O alumnado con dispensa deberá obter a cualificación mínima esixida no apartado A e no apartado B que, en ambos casos, é de 2,5 puntos sobre 5.
3. RECUPERACIÓN DA MATERIA: o alumnado que non supera a materia na primeira oportunidade terá que presentarse na segunda oportunidade unicamente aos apartados con cualificación suspensa, respectándoselle as puntuacións daqueles apartados superados durante o período ordinario.
4. ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA: deberá informar da súa situación ao docente correspondente nas dúas primeiras semanas do semestre co fin de atender ás súas particulares circunstancias e informar do plan de traballo individual e da avaliación na materia.
5. ALUMNADO DE 2ª CONVOCATORIA E POSTERIORES: a/o alumna/o que estea nesta situación deberá falar co/a docente en horario de titorías dentro das dúas primeiras semanas do semestre, co fin de concretar o plan de traballo a seguir para superar a materia.
6. ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL: o alumnado que presente calquera tipo de diversidade funcional ou dificultade para un seguimento diario normal da materia, sexa esa dificultade permanente ou temporal, debería xustificar a súa situación a través dun documento expedido polo servizo acreditado pola USC para estes efectos e informar do seu caso á/ao docente correspondente dentro das dúas primeiras semanas do semestre, co fin de que ambas as dúas partes poidan acordar á maior brevidade o plan de traballo do estudante na materia e, se é necesario, as adaptacións curriculares e/ou avaliativas que fosen pertinentes co obxectivo de que a/o estudante puidese superar a materia indicada.
Outras cuestións relacionadas co sistema de avaliación serán comentadas e aclaradas co alumnado nos primeiros días de clase.
Ao tratarse dunha materia de 4,5 créditos ECTS, correspóndenlle 112 h e 50 min. de traballo do alumno/a. Estas horas distribúense do seguinte modo:
Horas de actividade presencial:45 h
- Docencia expositiva (Gran grupo): 30 h
- Docencia interactiva (Grupo medio): 15 h
Avaliación: 2 h.
Horas de traballo autónomo do alumnado: 65 h. 50 min.
Total: 112horas e 50 minutos.
Na guía docente da materia figura unha descrición detallada das actividades coa correspondente asignación de horas e distribución temporal no cuadrimestre.
1. A asistencia continuada ás sesións de clase, tanto teóricas como prácticas e ás sesións de titoría , así como a entrega en tempo e forma dos traballos propostos, é imprescindible para un adecuado seguimento da materia e para poder superala na convocatoria ordinaria.
2. É recomendable posuír coñecementos no manexo do computador a nivel básico de usuario: sistema operativo, procesador de textos, navegación en internet e uso do correo electrónico.
3. Considérase moi recomendable que os alumnos e alumnas teñan ordenador e, a ser posible, conexión a internet no seu domicilio, xa que isto facilitará o acceso aos materiais en liña que se entregan e o uso da USC Virtual para a realización de diversas actividades. Se isto non fose posible, poderán utilizar as infraestruturas que ofrece o centro: aula de informática e conexión WIFI no caso de utilizar portátil.
- A USC é unha Universidade presencial, polo que, tal como queda reflectido no sistema de avaliación, é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80 % das sesións de clase. As alumnas e alumnos que por algún motivo non poidan asistir a clase de forma continuada deberán contar cunha xustificación de asistencia ou cunha dispensa de asistencia conforme á normativa universitaria vixente.
- O alumnado que necesite dalgún tipo de adaptación ou apoio específico por características de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que fosen valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria). URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Responsabilidade medioambiental. Se o docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero: recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Vicente Blanco Mosquera
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Plástica
- Teléfono
- 982821030
- Correo electrónico
- vicente.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Monica Arto Blanco
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821001
- Correo electrónico
- monica.arto.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Venres | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula de Plástica |
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 23 |
22.01.2025 19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 22 |
02.07.2025 19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 22 |