Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Plástica
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A gran finalidade da materia é proporcionar as chaves necesarias para vivenciar un modelo de Formación de Profesorado basado en proxectos-proceso de aprendizaje, desde unha concepción artística da educación e desde un concepto concreto de Educación Artística. Os contidos se funden cos modos de actuar, o relativo á arte co campo da educación artística, sin perder de vista que se persigue un modelo de formación que desperte o interese e o coñecemento do arte contemporáneo e que á vez axude, aos fututros profesores a valorar o papel da arte na educación (e fora dela), e a deseñar e reconsiderar a súa práctica.
Acadar e demostrar, por parte do alumnado, competencia en lingua galega, por formar parte esta materia do proxecto CompetenteS, impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade.
Podemos dividir os contidos en 3 bloques. Estes blques están interrelacionados e non se presentan de forma illada se non que fan referencia aos diferentes contextos (culturais e vivenciais) que se van traballar ao longo do curso.
BLOQUE 1: A Arte como contexto.
Revisión das distintas concepcións da arte no Século XX e XXI: Vangardas Históricas, Bauhaus, Postmodernidade, etc.
Coñecer e analizar o proceso creativo dos artistas e das principais escolas e movementos de arte contemporánea.
Incorporar un pensamento crítico e reflexivo cara a arte e as súas producións. Análise comparada de diferentes estilos.
BLOQUE 2: A Educación artística como contexto
A Educación Artística na escola. Orientacións interdisciplinarias e contemporáneas.
Análise dos contidos da expresión plástica no currículo de educación primaria.
BLOQUE 3: O “Eu” como contexto.
O obxectivo deste bloque é coñecer os preconceptos que existen tanto sobre a arte como a educación artística. Indagar en que medida estes preconceptos foron construídos socialmente ou a partir dunha educación artística previa, observar os seus problemas (xerarquías, ausencia de imaxinario persoal) e propor modelos alternativos.
Preconceptos en torno á arte e a educación: Revisión de experiencias previas.
Desvinculación dos estereotipos en torno a arte e a educación.
Construción do pensamento crítico. Glosario de termos: proceso, proxecto, ficha, manualidades, educación artística, creatividade, imaxinación, imaxinario, orixinalidade, etc.
Técnicas e materiais plásticos e visuais: composición, cor, debuxo, pintura, collage, volume, construción, modelado, fotografía e vídeo.
O imaxinario individual e colectivo.
Observación do entorno como espazo para a integración arte-escola: Distintos ámbitos para a expresión plástica na escola: a aula, o patio, a paisaxe, a tradición, etc.
O portafolios como ferramenta de recollida de documentación e proceso
1. Bibliografía Básica:
Blanco, V., Cidrás, S., Modia, R. (2019). Aprender a través da arte. Cara a unha escola imaxinada. Pontevedra: Kalandraka
Dewey, J. (2020). Experiencia e educación. Pontevedra: Kalandraka
Freinet, C. (2019). As técnicas Freinet da escola moderna. Pontevedra: Kalandraka
2. Bibliografía complementaria:
2a. Metodoloxías:
Abelleira, A., Abelleira, I. (2017). Os fíos de infantil. Vigo: Editorial Galaxia
Goodman, M. (2018). Children Draw. A Guide to Why, When and How Children Make Art. London:Reaktion Books
Kent, C., Steward, J. (2019). Observar Conectar Celebrar. Las enseñanzas sobre creatividad de Sister Corita. Barcelona: Gustavo Gili
Malaguzzi, L. (2005). Los cien lenguajes de la infancia, Barcelona: Associació de Mestres Rosa Sensat
2b. Teoría educativa:
Eisner, E. W. (2004). El arte y la creación de la mente: el papel de las artes visuales en la transformación de la conciencia. Barcelona: Paidós.
Eisner, E. W. (1995). Educar la visión artística. Barcelona: Paidós.
Lowenfeld, V., Brittain, L. (2008). Desarrollo de la capacidad intelectual y creativa, Madrid: Síntesis
Vecchi, V. (2013) Arte y creatividad en Reggio Emilia, Madrid: Morata
Vigotski, L. (2016). A imaxinación e a expresión artística na infancia. Pontevedra: Kalandraka
Competencias xerais
G1 Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da Educación Infantil
G2 Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, dende unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva
G7 Coñecer as implicacións educativas das tecnoloxías da información e a comunicación e, en particular da televisión na primeira infancia.
G11 Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellora o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo nos estudantes.
G12 Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios en educación infantil e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos..
Competencias específicas
E53 Coñecer os fundamentos musicais, plásticos e de expresión corporal do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
E55 Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos.
E56 Elaborar propostas didácticas que fomenten a percepción e expresión musicais, as habilidades motoras, o debuxo e a creatividade.
E57 Analizar as linguaxes audiovisuais e as súas implicacións educativas.
E58 Promover a sensibilidade relativa á expresión plástica e á creación artística.
Competencias básicas
B1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
Competencias transversais
T2
T3 Coñecemento instrumental das TIC
Proposta metodolóxica baseada en procesos artísticos.
Tendo en conta as características da materia é preciso desenvolver unha metodoloxía que integre teoría e práctica. Para elo combínanse sesións expositivas con sesións interactivas máis centradas na aplicación práctica dos coñecementos. Estas sesións desenvólvense a través dunha metodoloxía de traballo colaborativo, o que supón unha forte implicación do alumnado, que debe realizar unha gran parte de traballo autónomo fora do horario de clase para poder participar dunha maneira activa nas diferentes sesións de traballo.
Tamén se realizarán sesións programadas de titoría dirixidas á orientación e supervisión das actividades de traballo autónomo que debe realizar o alumnado, tanto a nivel individual como en grupo.
Na avaliación atenderase fundamentalmente ao grao de consecución das competencias traballadas nas sesións expositivas, nas interactivas e nas titoriais.
- A docencia expositiva e interactiva será de carácter presencial. As titorías poderán realizarse parcialmente de xeito virtual.
Esta materia e o seu corpo docente participan no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade, co perfil de galego. Por iso o profesorado desenvolverá en lingua galega a docencia da materia (expositiva, interactiva e titorial) e todas as actividades ligadas a ela, á marxe de que parte dos textos escritos que o alumnado deberá ler puidesen ofrecerse noutra lingua. O alumnado, pola súa parte, tamén interactuará co profesorado normalmente na lingua de perfil da materia, tanto a nivel oral como escrito, tanto nas clases como nas titorías, tanto en actividades presenciais como telemáticas ou non presenciais, tanto se son síncronas como asíncronas.
A evaluación será continua, tendo en conta os seguintes apartados:
a. Observación da participación na aula. Avaliarase positivamente a asistencia asidua, a actitude e boa disposición para aprender e a participación con interese na actividade realizada na aula. Contará ata un 15% da cualificación da asignatura. Será necesario asistir como mínimo ao 80% das sesións teóricas e/ou prácticas e participar activamente e con interese nas mesmas para obter a puntuación máxima global do apartado.
b. Portafolios. Un portafolios é a colección de evidencias de todo tipo que permiten ao docente e ao alumno reflexionar sobre o proceso de aprendizaje. É unha forma de avaliar principalmente os procesos. O alumnado deberá realizar un portafolios que recolla todas as produccións desenvolvidas no curso. Este suporá ata un 40% da cualificación da asignatura.
c. Informes e outras producións escritas: que recollen e amplían as ideas principais dos contidos tratados, a metodoloxía de traballo e as conclusións que se derivan da análise realizada Durante o curso cada alumna/o deberá presentar a súa produción escrita resultado do seu traballo nas sesións expositivas, interactivas e titoriais. O profesorado da asignatura dará as instrucións oportunas sobre forma, contido e prazos. Valorarase ata un máximo do 40% da cualificación da asignatura.
d. Presentacións orais. Contarán ata un máximo do 5% da cualificación da asignatura. O alumnado deberá realizar como mínimo unha presentación oral na que demostrará o dominio das competencias adquiridas.
CASUÍSTICAS ESPECÍFICAS DA AVALIACIÓN:
1. Alumnado con exención de docencia IMPORTANTE: a exención de docencia só cubre as clases expositivas, as clases interactivas son clases de Laboratorio, e polo tanto a súa asistencia é obrigatoria. O alumnado que teña exención de docencia, deberá poñerse en contacto co profesor durante os primeiros 30 días comezado o curso para organizar un plan de traballo que terá a finalidade de cumprir o programa da materia e a posibilidade de avaliación das clases expositivas.
2. Avaliación do alumnado cunha asistencia entre o 50% e o 80% ás actividades presenciais. Este alumnado só poderá obter puntuación nos apartados b, c, d, porque, para puntuar no a, cómpre unha asistencia mínima do 80%. Poderá presentar a súa produción escrita e realizar presentacións orais.
3. Alumnado que só asiste a menos do 50%. Este alumnado só poderá obter puntuación nos apartados b, c, d. Dada a natureza da asignatura, unha asistencia tan limitada inflúe na adquisición das competencias, polo que este alumnado deberá demostrar axeitadamente o seu dominio das mesmas nunha proba práctica.
4. O alumnado que non supera a materia no período ordinario, pode encontrarse nunha das seguintes circunstancias na convocatoria extraordinaria de xullo:
a) Se no período ordinario asistiu ao 80% das sesións presenciais e ten cualificación nos catro apartados da avaliación, debe presentarse ao exame final. Neste caso mantéñenselle as cualificacións do período ordinario e a súa proporcionalidade.
b) Se no período ordinario, non obtivo cualificación nalgún dos catro apartados, debe presentarse á proba final pero a súa cualificación será, como máximo de 7 puntos, e deberá obter un mínimo de 5 puntos para aprobar a materia.
5. Alumnado repetidor. Deberá poñerse en contacto co profesorado da asignatura nos quince primeiros días do semestre correspondente para concretaren o plan de traballo e o sistema de avaliación.
Á parte das indicacións concretas sobre avaliación que se indiquen oportunamente, son criterios principais para avaliar o rendemento académico do alumnado
1. A actitude aberta e receptiva para aprender novos contidos e incorporalos á formación do futuro docente de E. Infantil.
2. A participación activa nas clases en relación cos contidos do programa e a realización puntual das tarefas previstas para as actividades presenciais.
3. A iniciatica na actividade preparatoria autónoma (informes, traballos, …)
5.Asistencia
A asistencia ás sesións interactivas e expositivas acordadas é OBRIGATORIA. Controlarase a asistencia nas sesións interactivas, expositivas e nas titorías.
6.Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento
7. En virtude da participación desta materia no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade (co perfil de galego), e coa intención de que o profesorado poida polo tanto avaliar o dominio por parte do alumnado da competencia T2 da USC (coñecemento instrumental da lingua galega, tanto a nivel oral como escrito), as e os estudantes normalmente presentarán en galego tanto as súas exposicións orais como os traballos escritos da materia. Paralelamente seranlles valoradas no apartado de participación activa as súas intervencións en galego.
Como consta na Memoria da titulación, nesta asignatura está previsto que o alumnado dedique un total de 150 horas, das que 51 corresponden a traballo presencial na aula e 99 a traballo autónomo e preparatorio. Respecto ao traballo do alumnado, á parte das orientacións que o profesorado vaia dando a coñecer, véxase o apartado deste programa sobre recomendacións.
- Asistir asidua e participativamente ás clases e titorías
- Cumprir un ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación continua. Non confiar a preparación da asignatura para o final de curso
- O alumnado con dispensa de asistencia ás clases teóricas deberá respectar as datas establecidas para a entrega de traballos. Recoméndaselle que manteña un seguimento activo da asignatura mediante as titorías, as plataformas virtuais, o correo electrónico, etcétera para facilitar o axeitado desenvolvemento da asignatura e a superación da mesma. Poderáselle establecer un plan de traballo persoal, acorde coas súas circunstancias específicas, sempre que se respecten e se garantan os mesmos principios de equidade na avaliación e de igualdade de oportunidades para todo o alumnado da asignatura.
Observacións
Todas as actividades desenvolvidas na materia de Educación Visual e Plástica II: Procesos e Proxectos Artísticos son de asistencia obrigatoria; polo que esta materia non se verá afectada pola “Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias”. Concretando, todo o alumnado matriculado debe desenvolver integramente as actividades das clases interactivas.
Outras Observacións:
-Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista,tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correorai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultadee autorizadascomo ferramentas institucionaispola universidade.
-Non se poderá empregar o de teléfono móbil,salvo cando se usecomo instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Salvador Cidras Robles
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Plástica
- Teléfono
- 982821029
- Correo electrónico
- salvador.cidras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Aula de Plástica |
13:30-15:00 | Grupo /CLIL_05 | Galego | Aula de Plástica |
19:00-20:30 | Grupo /CLIL_04 | Galego | Aula de Plástica |
Venres | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula de Plástica |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_03 | Galego | Aula de Plástica |
13:30-15:00 | Grupo /CLIL_02 | Galego | Aula de Plástica |
16:00-17:30 | Grupo/CLE_02 | Galego | Aula de Plástica |
27.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Plástica |
07.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Plástica |