Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Desenvolver a competencia literaria e o hábito lector, especialmente en relación á literatura infantil.
-Achegarse á evolución e ás características fundamentais da literatura infantil no mundo occidental, con especial incidencia no contexto galego e hispánico.
-Coñecer as posibilidades que ofrece a dramatización na etapa de Educación Infantil.
-Comprender os beneficios da literatura infantil e da dramatización no desenvolvemento das nenas e nenos.
-Valorar a literatura infantil e a dramatización como recursos transversais no contexto educativo.
-Adquirir estratexias para a selección de obras e para o desenvolvemento de iniciativas didácticas axeitadas para a etapa de Educación Infantil.
-Acadar e demostrar, por parte do alumnado, competencia en lingua galega, por formar parte esta materia do proxecto CompetenteS, impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade.
Bloque 1. A literatura infantil e xuvenil e a súa didáctica
1. Definición da literatura infantil e xuvenil (LIX) e conceptos fundamentais
2. Características e tipoloxía da LIX
3. Evolución histórica da LIX
4. Ilustración e álbum ilustrado
5. Escola e mediación lectora
Bloque 2. A dramatización
1. Trazos do xénero dramático e do teatro infantil: dimensións textual e escénica
2. Modalidades de teatro
3. Literatura dramática para a infancia: evolución e tendencias
4. Dramatización, xogo simbólico e teatro
5. A dinamización teatral na escola
Bibliografía básica
COLOMER, T. (2010). Introducción a la literatura infantil y juvenil, Madrid: Síntesis.
TEJERINA LOBO, I. (2004): Dramatización y teatro infantil. Madrid: Siglo XXI.
Bibliografía complementaria
BAPTISTA, M. C. et al. (2015). Literatura na educação infantil: acervos, espaços e mediações. Brasília: MEC.
CAÑAS, J. (1999). Didáctica de la expresión dramática. Una aproximación a la dinámica teatral en el aula. Barcelona: Octaedro.
CEBALLOS VIRO, I. (2016). Iniciación literaria en Educación Infantil. Logroño: Universidad Internacional de La Rioja.
CERRILLO, P. (2007). Literatura infantil y juvenil y educación literaria. Hacia una nueva enseñanza de la literatura. Barcelona: Octaedro.
CERRILLO, P., LARRAÑAGA, E. & YUBERO, S. (2002). Libros, lectores y mediadores. La formación de los hábitos lectores como proceso de aprendizaje. Cuenca: UCLM.
CHALMERS, D. (2010). Teatro 3-6. Guía práctica para enseñar teatro a niños y niñas de infantil. Barcelona: Graó.
CHAMBERS, A. (2007). Dime. Los niños, la lectura y la conversación. México: Fondo de Cultura Económica.
CHAMBERS, A. (2009). El ambiente de la lectura. México: Fondo de Cultura
COLOMER, T. (1998). La formación del lector literario: narrativa infantil y juvenil actual. Madrid: Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
DURAN, T. (2009). Álbumes y otras lecturas. Análisis de los libros infantiles. Barcelona: Octaedro.
DURBAN ROCA, G.(2010). La biblioteca escolar, hoy: un recurso estratégico para el centro. Barcelona: Graó.
GARCÍA PADRINO, J. (2018). Historia crítica de la literatura infantil en la España actual (1939-2015). Madrid: Marcial Pons.
GARRALÓN, A. (2001). Historia portátil de la literatura infantil. Madrid: Anaya.
LAGE FERNÁNDEZ, J.J. (2013). Bibliotecas escolares, lectura y educación. Barcelona: Octaedro.
LLUCH, G. (coord.) (2007). Invención de una tradición literaria. Cuenca: UCLM.
LLUCH, G. (coord.) (2007). Invención de una tradición literaria. De la narrativa oral a la literatura para niños. Cuenca: Universidad de Castilla-La Mancha.
LLUCH,G. (2003). Análisis de narrativas infantiles y juveniles. Cuenca: UCLM.
MANTOVANI, A. (1980). El teatro: un juego más. Madrid: Nuestra Cultura.
MENDOZA FILLOLA, A. (2004). La educación literaria. Bases para la formación de la competencia lecto-literaria lectora. Málaga: Aljibe.
MENDOZA FILLOLA, A. (coord.) (2012). Leer hipertextos: la formación del lector literario. Barcelona: Octaedro.
MOLINA MORENO, M. (coord.) (2020). Didáctica de la literatura infantil y juvenil. Madrid: Paraninfo.
NAVARRO SOLANO, R. e A. MANTOVANI (2012). El juego dramático de 5 a 9 años. Mágina: Octaedro.
RODARI, G. (1999). Gramática da fantasía. Introducción á arte de contar historias. Pontevedra: Kalandraka.
RODRÍGUEZ ALMODOVAR, A. (2004). El texto infinito: ensayos sobre el cuento popular. Madrid : Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
ROIG RECHOU, B.A., LUCAS DOMÍNGUEZ, P. & SOTO LÓPEZ, I.(coords.) (2007): Teatro infantil. Do texto á representación. Vigo: Xerais.
ROIG RECHOU, B.A.(coord.)(2015): Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega. Vigo: Xerais.
SLADE, P. (1978). Expresión dramática infantil. Madrid: Santillana.
VAN DER LINDEN, S. (2015). Álbum[s]. Barcelona: Ekaré.
Xerais
G.2.- Promover e facilitar na primeira infancia as aprendizaxes, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
G.3.- Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e os dereitos humanos.
G.5.- Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emociones, os sentimentos e os valores na primeira infancia.
G.11.- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela nos estudantes.
Específicas
E.45.- Coñecer a tradición oral e o folclore
E.50.-Coñecer e utilizar adecuadamente recursos para a animación á lectura e á escritura.
E.51.- Adquirir formación literaria e en especial coñecer a literatura infantil.
Básicas
B.1.- Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que se adoita atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B.2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B.3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5.- Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Transversais
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Nas clases expositivas de gran grupo trataranse os contidos e conceptos máis básicos da disciplina atendendo ás posíbeis dificultades iniciais na aprendizaxe. Esta apoiarase inicialmente na exposición da docente e será implementada polas correspondentes actividades prácticas de xeito que se facilite o desenvolvemento das competencias previstas.
As clases interactivas de grupo reducido consistirán no emprego de recursos de aprendizaxe como o debate, tras a presentación e estudo de textos varios, de modo que se desenvolva a participación activa do/a estudante e do grupo. Así, procúrase tanto favorecer o desenvolvemento de competencias varias como acadar o dominio do discurso expositivo e argumentativo, o pensamento crítico, a análise e a confrontación e respecto por opinións alleas, etc así como as competencias xa sinaladas para a materia.
No traballo persoal do alumnado vai prestarse especial atención á lectura, comentario, e debate de documentos e textos, así como á exposición e defensa dos seus estudos e traballos a fin de potenciar a competencia expositiva oral á vez que a aprendizaxe autónoma e, por suposto, a valoración do traballo cooperativo.
O estudantado será atendido en titorías individuais ou de grupo reducido, con obxecto de orientar a súa aprendizaxe e traballo persoal. Non se admitirá a entrega de ningún estudo ou traballo que non fose orientado e dirixido pola profesora. Será fundamental que a presentación do traballo responda aos parámetros e esixencias dun estudo universitario ou traballo de investigación. As titorías poderán realizarse parcialmente de xeito virtual.
O emprego da aula virtual da materia será habitual, dado que a docente facilitará ao alumnado textos que se consideran básicos para a materia, así coma outros recursos artísticos. A avaliación continua formativa combinarase cunha proba final presencial.
Esta materia e o seu corpo docente participan no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade, co perfil de galego. Por iso o profesorado desenvolverá en lingua galega a docencia da materia (expositiva, interactiva e titorial) e todas as actividades ligadas a ela, á marxe de que parte dos textos escritos que o alumnado deberá ler puidesen ofrecerse noutra lingua. O alumnado, pola súa parte, tamén interactuará co profesorado normalmente na lingua de perfil da materia, tanto a nivel oral como escrito, tanto nas clases como nas titorías, tanto en actividades presenciais como telemáticas ou non presenciais, tanto se son síncronas como asíncronas.
O sistema de avaliación estará baseado nos seguintes catro elementos (A, B, C, D):
A. PARTICIPACIÓN NA AULA
- Peso na cualificación: 5%
- Instrumentos de avaliación: control de asistencia e observación da actitude do alumnado na aula e da súa participación nas actividades propostas.
- Orientacións para a avaliación: avaliarase positivamente a asistencia, a actitude e boa disposición e a participación e colaboración na actividade realizada na aula. O alumnado que teña 3 ou máis faltas de asistencia non xustificadas nas sesións interactivas non será cualificado neste apartado.
B. PROBAS ESPECÍFICAS
- Peso na cualificación: 50%
- Instrumento de avaliación: exame escrito.
- Orientacións para a avaliación: será obriga para todo o alumnado matriculado realizar un exame final na data fixada pola secretaría da Facultade.
C. INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS
- Peso na cualificación: 35%
- Instrumentos de avaliación: estudos e traballos individuais e/ou en grupo.
- Orientacións para a avaliación: é recomendábel ter hábito de lectura e capacidade crítica. Esixirase unha correcta redacción e ortografía, condicións indispensábeis para superar a materia.
D. PRESENTACIÓNS ORAIS
- Peso na cualificación: 10%
- Instrumentos de avaliación: exposición oral de traballos e estudos.
- Orientacións para a avaliación: esixirase competencia expositiva e calidade discursiva. O alumnado deberá respectar o tempo e duración na exposición e defensa dos estudos.
En virtude da participación desta materia no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade (co perfil de galego), e coa intención de que o profesorado poida polo tanto avaliar o dominio por parte do alumnado da competencia T2 da USC (“coñecemento instrumental da lingua galega”, tanto a nivel oral como escrito), as e os estudantes normalmente presentarán en galego tanto as súas exposicións orais como os traballos escritos da materia. Paralelamente seranlles valoradas no apartado “participación na aula” as súas intervencións en galego.
CASUÍSTICAS ESPECÍFICAS DA AVALIACIÓN:
1.CONDICIÓNS PARA SUPERAR A MATERIA. Para obter a cualificación de aprobado, o alumnado deberá cumprir dúas condicións:
a.Obter como mínimo a metade da cualificación máxima no exame final (2,5 puntos de 5)
b.Acadar unha puntuación mínima de 5 puntos como resultado da suma das puntuacións obtidas nos elementos A, B, C, D.
2.AVALIACIÓN DO ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA CONCEDIDA OFICIALMENTE POLA XUNTA DE FACULTADE. Este alumnado deberá poñerse en contacto coa profesora da materia nos primeiros quince días de clase do segundo semestre para concretar o plan de traballo e o sistema de avaliación que se lle aplicará.
3.ALUMNADO QUE NON SUPERE A ASIGNATURA NA PRIMEIRA OPORTUNIDADE (PERÍODO ORDINARIO). Os estudantes que non superen a materia no mes de maio/xuño teñen unha segunda oportunidade no mes de xullo. Os instrumentos de avaliación desta segunda oportunidade serán dous:
a.Presentación de traballos, actividades, prácticas e demais producións escritas realizadas ao longo do curso.
b.Exame escrito sobre os contidos das sesións expositivas e interactivas.
4. ALUMNADO REPETIDOR. Deberá poñerse en contacto coa profesora da materia nos primeiros quince días de clase do segundo semestre para concretar o plan de traballo ao que deberá aterse e o sistema de avaliación ao que se someterá.
OUTRAS CONSIDERACIÓNS DE INTERESE:
Á parte das indicacións específicas sobre avaliación, son criterios a ter en conta para avaliar o rendemento académico do alumnado:
1.- A actitude aberta e receptiva para aprender novos contidos.
2.- A participación activa nas clases e a realización puntual das tarefas previstas para as actividades presenciais e a distancia.
3. -A competencia para saber aplicar os coñecementos adquiridos na resolución de casos prácticos.
4.- A calidade dos traballos que, alén dunha correcta organización e presentación textual, deberán aterse na súa entrega aos prazos sinalados.
5.- A competencia lingüística oral e escrita, manifestada na propiedade e corrección expresivas, e na coherencia, cohesión e adecuación propias dun discurso académico.
6.- O coñecemento e dominio da teoría e métodos da materia e a capacidade para estabelecer relación e incorporar e integrar o coñecemento doutras materias cursadas no grao.
INFORMACIÓN IMPORTANTE:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Como consta na Memoria da Titulación, está previsto que nesta materia o alumnado dedique un total de 150 horas, das que 51 corresponden a traballo presencial na aula e 99 a traballo autónomo e preparatorio. Sobre o traballo do alumnado, á parte das orientacións xa asinaladas, remitimos ao seguinte apartado sobre recomendacións.
Aconsellamos:
- A asistencia ás clases e titorías e cumprimento do ritmo de traballo programado acorde coa avaliación continua.
- Ter en conta as orientacións da profesora canto ao manexo de fontes e referencias bibliográficas, metodoloxía e organización, presentación documental, etc. así como dominio do discurso expositivo e académico, tanto a nivel oral como escrito .
- Respectar as datas e prazos de entrega das prácticas, actividades e estudo ou informar con antelación suficiente e xustificar a dificultade que impedise a entrega puntual dos traballos.
- Ter en conta a Resolución da USC do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo) que estabelece que “a realización fraudulenta dalgún exercicio, proba ou estudo implicará cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesíbeis ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citar aos autores e fontes”.
- O alumnado con dispensa de asistencia ás clases teóricas, dispensa concedida pola Xunta de Facultade (art. 126.3 dos Estatutos da USC, 2004), deberá estar ao tanto do desenvolvemento da materia no curso e manter, desde o comezo deste, contacto e comunicación coa profesora así como asistir ás titorías. A profesora poderá estabelecer un plan de traballo persoal, acorde coas circunstancias específicas do/da estudante, mais sempre que se respecten e se garantan para todo o alumnado desta disciplina os mesmos principios de equidade na avaliación e de igualdade de oportunidades.
Responsabilidade medioambiental nos traballos impresos:
• Evitar encadernacións de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
• Sempre que for posíbel, empregar grampas en lugar de encadernación.
• Imprimir a dúas caras na modalidade “aforro de tinta”.
• Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
• Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero:
• Recoméndase facer uso de linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
Ferramentas virtuais e de comunicación:
• É obrigatorio empregar a conta de correo da universidade (rai).
• É imprescindíbel empregar as ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
• O teléfono móbil non poderá ser empregado, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Protección de datos:
• Deberá terse en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, isto é, un proceso de comunicación e intercambio exclusivamente entre a docente e o estudantado matriculado na materia.
• É de obrigado cumprimento a normativa de protección de datos da USC: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Cristina Martinez Tejero
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Teléfono
- 982821049
- Correo electrónico
- cristina.martinez [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula 23 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_03 | Galego | Aula 23 |
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 29 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 20 |
03.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
01.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |