Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obxectivos referidos ó saber:
• Analizar diferentes contextos e a súa relación cos centros escolares.
• Comprender a complexidade da vida dos centros e as variables a estudar.
• Coñecer diferentes contextos: social, familiar, organizativo, e a súa incidencia nos procesos educativos.
Obxectivos referidos ó saber facer:
• Desenvolver proxectos de observación dos aspectos máis relevantes de diferentes contextos.
• Dominar técnicas e estratexias de observación, de recollida de datos e de interpretación dos mesmos.
• Deseñar correctamente informes de investigación en relación a todo o proceso de observación das escolas e dos distintos contextos.
Obxectivos referidos ó saber ser:
• Xerar novas actitudes educativas incorporando a observación como un hábito da vida cotiá na escola e no contexto.
• Valorar a observación compartida e o valor da intersubxectividade, entendendo a complexidade da observación e a aceptación de múltiples puntos de vista.
• Potenciar unha actitude analítica e crítica para observar e interpretar as distintas relacións que se producen entre a escola e moitos dos elementos do seu contexto.
1.- O contexto e as súas relacións co centro escolar.
2.- Deseño e desenvolvemento da observación na escola e o seu contexto.
3.- Modelos e pautas de análise e interpretación da vida de centro e o contexto no que se enmarcan.
4.- Análise e utilización de escalas estandarizadas de observación dos contextos de educación infantil.
5.- A elaboración de informes de investigación a partir de datos da observación.
Estes contidos traballaranse a través das sesións expositivas impartidas pola docente da materia, coas lecturas recomendadas para a mesma e co seguimento das diferentes actividades que se realizarán nas sesión interactivas, entre as que poderemos atopar: a lectura e análise de distintos textos, a resolución de casos prácticos, o visionado e posterior debate sobre algúns documentos audiovisuais, a recopilación e comentario de noticias de prensa relacionadas co tema, a observación dun aula, etc. De ser posible, tamén se organizará unha sesión de unha ou dúas conferencias de profesionais vinculados o contexto próximo da escola, para que os alumnos podan comprender, a través das experiencias de estes expertos, as relación e vínculos que se establecen desde outras institucións coa escola.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Alberca, F. (2016). Aprender a interpretar a un niño
Anguera Aracigala, M.T., (1988). Observación en la escuela. Barcelona: Graó.
Burgos, J.M., Dávalos, G. y Martínez, J. (2014). Psicología de la familia: estructuras y trastornos
Castrillo de las Heras, C. (2012). Observar para interpretar: actividades de la vida cotidiana para la educación. Ed. Graó
Goetz, J.P., LeCompte, M.D., (1988). Etnografía y diseño cualitativo en investigación educativa. Madrid: Morata.
González Tello, M., (1991). Observación y evaluación en el segundo ciclo de educación infantil. Madrid: Escuela Española.
Iglesias Forneiro, L., (2008). Observación y evaluación del ambiente de aprendizaxe en educación infantil: dimensiones y variables a considerar, en Rev. Iberoamericana de educación, nº 47 (49-70).
Jackson, Ph., (1998). La vida en las aulas. Madrid: Morata.
Platas, M. L. (2001). Observación de la conducta de los hijos pequeños en el contexto de discusiones matrimoniales: un estudio longitudinal. (441-457). Resumo de Teses de Doutoramento, 2001. Ed. Universidade da Coruña. ISBN: 84-9749-029-0.
Puig, M. y Rodríguez-Marín, F. (2018). La enseñanza del entorno en Educación Infantil: proyectos y rincones. Ed. Pirámide. Madrid, España
Trueba, B. (2015). Espacios en armonía. Propuestas de actuación en ambientes para la infancia
Woods, P., (1998). Investigar el arte de la enseñanza: el uso de la etnografía en la educación. Barcelona: Paidós.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Anguera Aracigala, M.T., (1992). Metodología de la observación en las ciencias humanas. Madrid: Cátedra.
Brinnitzer, E. (2018). Juegotecas: espacios para crear y promover actividades colectivas. Orientaciones para el diseño de proyectos. Ed Grao. Barcelona, España
Mckernan, J., (1999). Investigación-acción y curriculum. Madrid: Morata.
Platas, M.L. (1996). “El conflicto familiar: un contexto de enseñanza-aprendizaje. Observación y codificación”. Actas del Congreso Nacional sobre Motivación e Instrucción. AGP. (pág. 222). D.L.: M-30960-1996.
Witrock, C., (1989). La investigación en la enseñanza. Métodos cualitativos y de observación. Barcelona: Paidós-MEC.
Woods, P., (1987). La escuela por dentro. La etnografía en la investigación educativa. Barcelona: Paidós-MEC.
Zimmermann, D., (1998). Observación y comunicación no verbal en la escuela infantil. Madrid: Morata.
Competencias xerais:
G4. Fomentar a convivencia na aula e fora dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia sabendo reflexionar sobre eles.
G9. Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercicio da función docente debe ir perfeccionándose e adaptándose ós cambios científicos, pedagóxicos e sociais ó longo da vida.
G12. Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios en educación infantil e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación ós centros educativos.
Competencias específicas:
E.23 Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e á mellora na educación infantil.
E24. Dominar as técnicas de observación e rexistro.
E25. Abordar análises de campo mediante metodoloxía observacional utilizando tecnoloxías da información, documentación e audiovisuais.
E26. Saber analizar os datos obtidos, comprender criticamente a realidade e elaborar un informe de conclusións.
Competencias básicas:
B2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo de xeito profesional e posúan as competencias que acostuman a demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problema dentro da súa área de estudo.
B3. Que os estudantes teñan a capacidade de recoller e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ético.
B4. Que os estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5. Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias transversais:
T2. Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Tendo en conta as características da materia é preciso desenvolver una metodoloxía que integre teoría e práctica. Para elo combinanse sesións expositivas, de carácter máis teórico, con sesións interactivas máis centradas na aplicación práctica dos coñecementos. Estas sesións desenvólvense a través dunha metodoloxía de traballo colaborativo, o que supón una forte implicación do alumnado, que debe realizar unha gran parte de traballo autónomo fóra do horario de clase para poder participar dunha maneira activa nas diferentes sesións de traballo. Tanto nas sesións expositivas como interactivas, o alumnado deberá realizar exposición orais e presentacións con apoio de material audiovisual relacionadas cos coñecementos que vai adquirindo a partir das distintas actividades como lecturas, procura de información, exploración de sitios web, observación e investigación na aula, discusións con otros compañeiros, e calquera outra que contribúa á construción de coñecemento.
O traballo nas aulas será apoiado polo seguimento a través da USC Virtual onde o alumno disporá de ferramentas de apoio o seu estudo.
Tamén se realizarán sesións programadas de titoría dirixidas á orientación e supervisión das actividades de traballo autónomo que debe realizar o alumnado, tanto a nivel individual como en grupo.
Planifícanse una serie de traballos prácticos de carácter individual e grupal para o desenvolvemento dos contidos da materia.
Para un mellor desenvolvemento das clases e actividades de titoría se fará uso do Campus Virtual e de ser o caso o servicio de videoconferencia dispoñibles na USC.
O Campus Virtual é a plataforma que permite ao alumnado a consulta do material a traballar nas sesións expositivas así como outro material complementario necesario para complementar a súa formación. Así mesmo é o medio para publicar as tarefas deseñadas para acadar a parte práctica correspondente a materia. Proporcionáranse indicacións específicas en relación a elaboración dos traballos individuais e en equipo seleccionados así como características formais, prazos de entrega e instrumentos de avaliación das mesmas.
A comunicación cos traballos en equipo, de xeito síncrono, poderíase levar a cabo a través da aplicación Microsoft Teams, o que permite o traballo personalizado cos integrantes do grupo en canto a indicacións, seguemento e consulta de dúbidas do traballo a realizar. Este procedemento propio do escenario 1, implica que o equipo dispoña dos medios técnicos e conectividade suficiente (polo menos un dos integrantes do equipo).
Estarán dispoñibles outros medios de comunicación e entrega de traballo como os espazos propios do campus virtual, correo electrónico, foros, etc. así como a titoría propia da materia.
Para a realización deste traballo o alumnado contará cos recursos bibliográficos necesarios que serán proporcionados pola profesora tanto a través da guía docente e dun dossier de lecturas e materiais en formato impreso.
Na guía docente da asignatura, que se entregará ao inicio do curso, desenvolverase con máis detalle tanto as actividades a realizar nas distintas sesións de traballo como a relación dos recursos necesarios.
Utilizarase o Campus Virtual para colgar os contidos teóricos e prácticos, e para informar das tarefas a través dos foros, así como para compartir bibliografía complementaria.
O sistema de avaliación tomará en consideración os seguintes elementos:
A. PARTICIPACIÓN NA AULA
Peso na cualificación: 5%
Instrumentos de avaliación: Control de asistencia, rexistro de participación, observación da profesora e actividades de clase.
Indicadores/orientacións para a avaliación: A puntuación total deste apartado será acadada por aqueles alumnos que asistan asiduamente a clase e que participen de xeito activo, e coa actitude adecuada, nas dinámicas que se propoñan nas sesión de clase.
B. PROBAS ESPECIFICAS
Peso na cualificación: 50%
Instrumentos de avaliación: Exame final.
Indicadores/orientacións para a avaliación: Realizarase un exame final na data estipulada para tal fin, no que se avaliarán os coñecementos adquiridos polo alumno ó longo do curso a través dunha combinación de preguntas cortas e tipo test.
C. INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS
Peso na cualificación: 30%
Instrumentos de avaliación: Portafolios de actividades.
Indicadores/orientacións para a avaliación: Os indicadores e orientacións para a realización destas probas específicas serán explicados polo docente o inicio das sesións da materia.
D. PRESENTACIÓNS ORAIS
Peso na cualificación: 15%
Instrumentos de avaliación: Exposicións de lecturas e traballos.
Indicadores/orientacións para a avaliación: Neste punto serán valoradas as exposicións que se soliciten o alumnado e tamén a calidade das diferentes exposicións realizadas nas dinámicas de aula que se propoñan ó longo das sesións.
MOI IMPORTANTE: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios e/ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificación.
Aínda que na Guía Docente da materia se especificarán con máis detalle todas as actividades e criterios de avaliación, con carácter xeral, para superar a materia será preciso cumprir os seguintes requisitos:
1. CUALIFICACIÓN MINIMA: Para obter a cualificación de aprobado, un alumno/a deberá acadarunha puntuación mínima de:
2,5/5 ou 5/10 puntos no apartado B (Probas específicas),
1,5/3 ou 5/10 no apartado C ( Informes escritos e otras producións)
0,75/1,5 ou 5/10 no apartado D (Presentacións orais).
2. ASISTENCIA: Controlarase a asistencia nas sesión presenciais. O alumnado con 4 ou máis faltas de asistencia non xustificadas (é dicir, o 20% do total das sesión presenciais), non será calificado no apartado A (participación na aula). Para recibir cualificación neste apartado, alén de asistir a un mínimo do 80% das horas, o/a estudante debe implicarse activamente nas actividades que se soliciten a nivel individual así como ás que se realicen nas sesións presenciais. Estas actividades, non son recuperables.
Sobre a dispensa da asistencia a clase, estará suxeita ás normas ditadas na instrución núm. 1/2017, da Secretaría Xeneral da USC. No caso de ter formalizada e/ou concedida solicitude, deberá informarse ao profesorado no inicio da materia (nas duas primeiras semanas preferiblemente). Igualmente de calquera outra circunstancia relacionada coa asistencia ás clases (alumando repetidor, etc).
3. ALUMNADO NON ASISTENTE:
O alumnado que, polas razóns que sexa, non acode a un mínimo do 50% das sesión presenciais, non poderá presentar traballos nin participar nas presentación orais. Os alumnos e alumnas que se atope nnesta situación deberán acudir ao exame final da materia, nas condicións que se indiquen na guía docente.
O alumnado que, polas razóns que sexa, acode entre un 50%-80% das sesión presenciais, non poderá puntuar no apartado de participación na aula, pero sí presentar traballos e participar nas presentación orais. Os alumnos e alumnas que se atope nnesta situación deberán acudir ao exame final da materia, nas condicións que se indiquen na guía docente.
4. ALUMNADO CON DISPENSA DOCENTE: O alumnado que, solicite esta modalidade deberá informar da súa situación ó docente correspondente na mesma semana que en que soliciten a exención, a fin de concretar o seu plan de traballo e a avaliaciónna materia.
5. POSIBILIDADES DE RECUPERACIÓN: O alumnado que non supera a materia no período ordinario, pode atoparse en unha das seguintes circunstancias na convocatoria extraordinaria de xullo:
A. Se no período ordinario asistiu ao 80% das sesión presenciais e ten cualificación nos catro apartados da avaliación, debe presentarse únicamente ó exame final en xullo. Neste caso, mantéñenselle as cualificacións do período ordinario e a súa proporcionalidade.
B. Se no período ordinario, non obtivo cualificación nalgún dos catro apartados, participará da mesma proba final de xullo que o alumnado que se sitúa no caso anterior, pero a súa cualificación será, como máximo de 7 puntos, e deberá obter un mínimo de 5 puntos para aprobar a materia. Neste caso, non se terán en conta as cualificacións de traballos que o alumno/a puidera ter realizado durante o curso, nin se admitirán outro tipo de traballos.
C. No caso de que un alumno/a suspenda a materia na convocatoria de xullo, nas convocatorias de anos sucesivos ten a opción de ser avaliado segundo as condicións que se establecen no apartado A ou no apartado B. En calquera caso, esta decisión comunicarase ao docente na primeira quincena de curso.
Outras cuestións relacionadas co sistema de avaliación serán comentadas e aclaradas co alumnado nos primeiros días de clase.
Ó tratarse dunha materia de 6 créditos ECTS, correspóndenlle 150 h de traballo do alumno/a. Estas horas distribúense do seguinte xeito:
Horas de actividade presencial: 51h
- Actividades expositivas en gran grupo: 24 h
- Actividades interactivas: 24 h
- Actividades de titoría e supervisión programadas: 3 h
Horas de traballo autónomo do alumnado fora da aula: 99 horas
Total: 150 horas
Na guía docente da asignatura figura unha descrición máis detallada das actividades coa correspondente asignación de horas e distribución temporal no cuadrimestre
1. Ter cursado previamente ás materias de 1º curso, especialmente: Observación e análise: suxeitos e procesos educativos.
2. A asistencia continuada ás sesión presenciais a entrega en tempo e forma dos traballos e actividades que se propoñan.
3. É recomendable posuír ordenador e conexión a internet e coñecementos de informática a nivel básico de usuario.
4. Formularse un estudo comprensivo e non memorístico da materia
5. Amosar, tanto nas intervencións en clase como nos escritos, una actitude ética e de compromiso coa Infancia. Non esquezades que vivir a educación é moito mais que saber empregar unas ferramentas técnicas e didácticas.
6. É obrigatorio o uso da USC-Virtual para a realización de diversas actividades e o seguemento das clases. Si esto non fora posible, poderán utilizar as infraestructuras que ofrece o centro: aula de informática e conexión WIFI no caso de utilizar portátil.
7. Consulta frecuente do aula virtual e uso das titorías individuais e grupais.
A USC é una Universidade presencial, polo que, tal como queda reflexado no sistema de avaliación, é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase.
Os alumnos e alumnas que por algún motivo non poidan asistir a clase de forma continuada deberán contar cunha dispensa de asistencia que terá que ser aprobada pola Xunta de Escola. O alumnado que se atope nesta situación deberá ter en conta as condicións que se establecen na avaliación en relación coa asistencia ás clases.
O alumnado que precise de algún tipo de adaptación ou apoio específico por características de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ó profesorado, pero solo se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria). URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/
O alumnado empregará o correo oficial da USC (@ rai.usc.es) na súa comunicación co profesorado así como outras vías telemáticas. A programación da titoría será exclusivamente por vía telemática
Calidade formal dos traballos:
Na realización das práctica e traballos se seguirán as normas APA-Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. Washington: APA, 2019-que se poden consultar en el enlace: http://www.apastyle.org
-Responsabilidade medioambiental:
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recomendase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá do aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
Tamén se utilizarán outras medidas para aplicar o enfoque de xénero na docencia, tales como o recoñecemento e consideración das situacións particulares das alumnas, a promoción dun clima de interaccións igualitaria, a organización paritaria de grupos sempre que sexa posible, a mostra das contribucións científicas e técnicas das mulleres na materia e das propias alumnas, e a introdución do xénero como categoría de análise dos traballos do alumnado.
Protección de datos.
Aplicarase a normativa vixentena USC:
https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html
Outros datos de interese:
Horario de titorías do profesorado: exposto nos despachos e na páxina web da Facultade
Datas de exames: no calendario oficial
Información sobre fraude no sistema de avaliación:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios e/ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificación.
Enelina Maria Gerpe Perez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821070
- Correo electrónico
- emaria.gerpe [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Jesica Nuñez Garcia
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- jesica.nunez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 20 |
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_03 | Galego | Aula 20 |
Mércores | |||
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 29 |
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula 21 |
24.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
20.06.2025 19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 22 |