Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Plástica
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Sentido da materia na mención:
Esta materia forma parte da mención de Educación artística, e para poder obtela, debe cursarse coas outras materias que conforman ese itinerario. A finalidade da mención é reforzar un dos aspectos básicos da profesionalidade das mestras e mestres en educación infantil que fai referencia a educación dos sentidos e o desenvolvemento das capacidades estéticas e artísticas dos nenos pequenos, da súa capacidade de expresión conforme ás súas diferentes linguaxes.
A mención, no seu conxunto, confórmana catro materias que, ademais desta, cada estudante tería que escoller: "Educación estética", "Literatura e arte", "Debuxo como medio" e "Proxectos artísticos". Tamén os alumnos teñen tres materias obrigatorias que están vinculadas a esta mención: Educación visual e plástica, Música na Educación Infantil e Literatura Infantil.
Esta materia está impartida pola área de Educación Visual e Plástica.
Obxectivos da materia:
- Comprender a aprendizaxe por proxectos: un proxecto é unha investigación aberta sobre un tema do mundo real próximo ao mundo da infancia. As persoas en idade infantil adquiren unha maior comprensión do mundo buscando respostas ás súas preguntas mediante ricas investigacións sensoriais.
- Recoñecer a creación artística como unha metodoloxía indispensable na realización de proxectos na medida que:
- une, de forma indisoluble, teoría e práctica, axudando a interiorizar experiencias, actitudes e conceptos.
- Incide na idea de proceso, é dicir, explora formas de facer abertas, que non buscan un único resultado, senón que son froito da proba, da observación e da experiencia.
- Foxe de respostas establecidas, desenvolvendo procesos persoais de cuestionamento e de procura que promovan a reflexión persoal e o cambio social.
- Permite a experimentación con múltiples materiais, técnicas e linguaxes artísticas.
- Favorece a creación dun imaxinario e un estilo persoal
- Deseñar experiencias de aprendizaxe interdisciplinar desde metodoloxías propias da creación artística: en primeiro lugar o profesorado identifica preguntas para a investigación e o deseño de experiencias que permitan aos nenos indagar esas cuestións. A continuación desenvolve proxectos que, partindo desas cuestionas, incorporen, materiais, técnicas e procesos artísticos.
- Documentar os proxectos a través de diferentes medios. Documentar non é só recoller información escrita, tamén é gravar sons, vídeo, fotografar, debuxar, recompilar todo tipo de material gráfico, etc. Documentar é unha maneira de revisar un proceso e de compartilo. Tendo isto en conta, desenvólvense e documéntanse os proxectos primando o audiovisual, gráfico e xestual, etc, facendo fincapé na súa importancia como memoria de todo o proceso, non só dos resultados.
-Acadar e demostrar, por parte do alumnado, competencia en lingua galega, por formar parte esta materia do proxecto CompetenteS, impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade.
A materia é teórico-práctica, traballando proxectos onde cada alumno leva a cabo un proceso persoal de procura e experimentación. Tendo isto en conta, os principais contidos da materia son:
BLOQUE 1: Proxectos educativos e creación artística
1. A aprendizaxe por proxectos en educación infantil: experiencias educativas innovadoras e problemáticas na súa realización na aula.
2. A creación artística como metodoloxía na aula de infantil: procesos, técnicas e materiais.
BLOQUE 2: "Microproxectos"
3. Deseño e realización dun proxecto interdisciplinar -tomando como referencia o modelo produtivo propio da creación artística- nunha aula de infantil.
4. Documentación de proxectos: referentes e accións de documentación a través de medios gráficos e visuais.
Desglose de contidos:
Conceptuais: Procurarase formar ao alumnado nunha metodoloxía de proxectos, baseados na creación artística, que valore a diversidade de expresións persoais (o modelo produtivo) fronte á imposición dos diferentes modelos reprodutivos establecidos na escola ou nos medios de comunicación e a cultura de masas.
Procedementais: Destrezas para desenvolver unha actitude reflexiva e critica cara a súa realidade sociocultural e a dos outros. Destrezas para planificar, executar, documentar e expoñer un proxecto.
Actitudinais: Contidos relativos á valoración da diversidade cultural, social, e individual
1. Bibliografía Básica:
Abelleira, A., Abelleira, I. (2017). Os fíos de infantil. Vigo: Editorial Galaxia
Blanco, V; Cidrás S. (2021) Debuxar o mundo, Vigo: Editorial Galaxia
Chard, S., Kogan, Y., Castillo, C. (2019). El Aprendizaje por Proyectos en Educación Infantil y Primaria, Madrid: Morata
2. Bibliografía complementaria:
2a. Metodoloxía:
Abelleira, A., Abelleira, I. (2019). O latexto dunha aula infantil. Eloxio do cotián. Vigo:Editorial Galaxia
Freinet, C. (2019). As técnicas Freinet da escola moderna. Pontevedra: Kalandraka
Kent, C., Steward, J. (2019). Observar Conectar Celebrar. Las enseñanzas sobre creatividad de Sister Corita. Barcelona: Gustavo Gili
Malaguzzi, L. (2005). Los cien lenguajes de la infancia, Barcelona: Associació de Mestres Rosa Sensat
2b. Teoría educativa:
Blanco, V., Cidrás, S., Modia, R. (2019). Aprender a través da arte. Cara a unha escola imaxinada. Pontevedra: Kalandraka
Dewey, J. (2020). Experiencia e educación. Pontevedra: Kalandraka
Lowenfeld, V., Brittain, L. (2008). Desarrollo de la capacidad intelectual y creativa, Madrid: Síntesis
Vecchi, V. (2013). Arte y creatividad en Reggio Emilia, Madrid: Morata
Vigotski, L. (2016). A imaxinación e a expresión artística na infancia. Pontevedra: Kalandrakaación e a expresión artística na infancia. Pontevedra: Kalandraka
Competencias xerais
G1 Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da Educación Infantil
G3 Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos..
G4 Fomentar a convivencia no aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistemáticamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles
G11 Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellora o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo nos estudantes.
Competencias específicas
E53 Coñecer os fundamentos musicais, plásticos e de expresión corporal do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
E55 Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos.
E56 Elaborar propostas didácticas que fomenten a percepción e expresión musicais, as habilidades motoras, o debuxo e a creatividade.
E58 Promover a sensibilidade relativa á expresión plástica e á creación artística.
Competencias básicas
B1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se demostran por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado
Competencias transversais
T.2
T3 Coñecemento instrumental das TIC
Proposta metodolóxica baseada en procesos artísticos.
Tendo en conta as características da materia é preciso desenvolver unha metodoloxía que integre teoría e práctica. Para elo combínanse sesións expositivas con sesións interactivas máis centradas na aplicación práctica dos coñecementos. Estas sesións desenvólvense a través dunha metodoloxía de traballo colaborativo, o que supón unha forte implicación do alumnado, que debe realizar unha gran parte de traballo autónomo fóra do horario de clase para poder participar dunha maneira activa nas diferentes sesións de traballo.
Tamén se realizarán sesións programadas de titoría dirixidas á orientación e supervisión das actividades de traballo autónomo que debe realizar o alumnado, tanto a nivel individual como en grupo.
- A docencia expositiva e interactiva será de carácter presencial. As titorías poderán realizarse parcialmente de xeito virtual.
- As titorías realizaranse de xeito virtual.
Esta materia e o seu corpo docente participan no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade, co perfil de galego. Por iso o profesorado desenvolverá en lingua galega a docencia da materia (expositiva, interactiva e titorial) e todas as actividades ligadas a ela, á marxe de que parte dos textos escritos que o alumnado deberá ler puidesen ofrecerse noutra lingua. O alumnado, pola súa parte, tamén interactuará co profesorado normalmente na lingua de perfil da materia, tanto a nivel oral como escrito, tanto nas clases como nas titorías, tanto en actividades presenciais como telemáticas ou non presenciais, tanto se son síncronas como asíncronas.
A avaliación será continua, tendo en conta os seguintes apartados:
a. Participación e implicación na aula. Avaliarase positivamente a asistencia asidua, a actitude e boa disposición para aprender e a participación con interese na actividade realizada na aula. Contará ata un 15% da cualificación da asignatura. Será necesario asistir como mínimo ao 80% das sesións teóricas e/ou prácticas e participar activamente e con interese nas mesmas para obter a puntuación máxima global do apartado.
b. Portafolio: Un portafolio é a colección de evidencias de todo tipo que permiten ao docente e ao alumno reflexionar sobre o proceso de aprendizaxe. É unha forma de avaliar principalmente os procesos. O alumnado deberá realizar un portafolios que recolla todas as producións desenvolvidas no curso. Este suporá ata un 50% da cualificación da asignatura.
c. Documentación e outras producións: que recollen e amplían as ideas principais dos contidos tratados, a metodoloxía de traballo e as conclusións que se derivan da análise realizada Durante o curso cada alumna/o deberá presentar a súa produción resultado do seu traballo nas sesións expositivas, interactivas e titoriais. O profesorado da asignatura dará as instrucións oportunas sobre forma, contido e prazos. Valorarase ata un máximo do 30% da cualificación da asignatura.
d. Presentacións orais. Contarán ata un máximo do 5% da cualificación da asignatura. O alumnado deberá realizar como mínimo unha presentación oral na que demostrará o dominio das competencias adquiridas.
CASUÍSTICAS ESPECÍFICAS DA AVALIACIÓN:
1. ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA: o alumnado con exención de docencia no poderá cursar esta materia (ver apartado observacións).
2. Asistencia: A asistencia ás sesións interactivas e expositivas acordadas é OBRIGATORIA. Controlarase a asistencia nas sesións interactivas, expositivas e nas titorías.
2.1. Avaliación do alumnado cunha asistencia entre o 50% e o 80% ás actividades presenciais. Este alumnado só poderá obter puntuación nos apartados b, c, d, porque, para puntuar no a, cómpre unha asistencia mínima do 80%. Poderá presentar a súa produción escrita e realizar presentacións orais.
2.2. Alumnado que só asiste a menos do 50%. Este alumnado só poderá obter puntuación nos apartados b, c, d. Dada a natureza da asignatura, unha asistencia tan limitada inflúe na adquisición das competencias, polo que este alumnado deberá demostrar axeitadamente o seu dominio das mesmas nunha proba práctica.
2.3. O alumnado que non supera a materia no período ordinario, pode encontrarse nunha das seguintes circunstancias na convocatoria extraordinaria de xullo:
a) Se no período ordinario asistiu ao 80% das sesións presenciais e ten cualificación nos catro apartados da avaliación, debe presentarse ao exame final. Neste caso mantéñenselle as cualificacións do período ordinario e a súa proporcionalidade.
b) Se no período ordinario, non obtivo cualificación nalgún dos catro apartados, debe presentarse á proba final pero a súa cualificación será, como máximo de 7 puntos, e deberá obter un mínimo de 5 puntos para aprobar a materia.
2.4. Alumnado repetidor. Deberá poñerse en contacto co profesorado da asignatura nos quince primeiros días do semestre correspondente para concretaren o plan de traballo e o sistema de avaliación.
Á parte das indicacións concretas sobre avaliación que se indiquen oportunamente, son criterios principais para avaliar o rendemento académico do alumnado
1. A actitude aberta e receptiva para aprender novos contidos e incorporalos á formación do futuro docente de E. Primaria.
2. A participación activa nas clases en relación cos contidos do programa e a realización puntual das tarefas previstas para as actividades presenciais.
3. A iniciativa na actividade preparatoria autónoma (informes, traballos, …)
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
En virtude da participación desta materia no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade (co perfil de galego), e coa intención de que o profesorado poida polo tanto avaliar o dominio por parte do alumnado da competencia T2 da USC (coñecemento instrumental da lingua galega, tanto a nivel oral como escrito), as e os estudantes normalmente presentarán en galego tanto as súas exposicións orais como os traballos escritos da materia. Paralelamente seranlles valoradas no apartado de participación activa as súas intervencións en galego.
Como consta na Memoria da titulación, nesta asignatura está previsto que o alumnado dedique un total de 112 horas, das que 38 corresponden a traballo presencial na aula e 74 a traballo autónomo e preparatorio. Respecto ao traballo do alumnado, á parte das orientacións que o profesorado vaia dando a coñecer, véxase o apartado deste programa sobre recomendacións
- Asistir asidua e participativamente ás clases e titorías
- Cumprir un ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación continua. (Non é aconsellable confiar a preparación da asignatura para o final de curso).
- O alumnado con dispensa de asistencia ás clases teóricas deberá respectar as datas establecidas para a entrega de traballos. Recoméndaselle que manteña un seguimento activo da asignatura mediante as titorías e as plataformas virtuais, para facilitar o axeitado desenvolvemento da asignatura e a superación da mesma. Nalgúns casos, poderá establecerse un plan de traballo persoal, acorde coas circunstancias específicas de cada alumno, sempre que se respecten e se garantan os mesmos principios de equidade na avaliación e de igualdade de oportunidades para todo o alumnado da asignatura
Observacións
Todas as actividades desenvolvidas na materia de Educación Visual e Plástica II: Procesos e Proxectos Artísticos son de asistencia obrigatoria; polo que esta materia non se verá afectada pola “Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias”. Concretando, todo o alumnado matriculado debe desenvolver integramente as actividades das clases interactivas.
Outras Observacións:
-Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
-Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Vicente Blanco Mosquera
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Plástica
- Teléfono
- 982821030
- Correo electrónico
- vicente.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
17:30-19:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Aula de Plástica |
19:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula de Plástica |
23.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Plástica |
17.06.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Plástica |