Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Corporal
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Conceptuais (saber):
*Conceptualizar significativamente terminoloxía relacionada cos contidos da materia.
*Coñecer as teorías sobre o xogo, a súa evolución e ás súas características
*Identificar a importancia do xogo no desenvolvemento infantil e o seu papel como recurso metodolóxico.
* Identificar os xogos nos tempos de recreo escolar, relacionalos coas organizacións espazo-temporais e coas expectativas socio-educativas.
*Identificar as características do xogo na infancia de 0 a 12 anos.
* Coñecer xogos tradicionais (da cultura galega e doutras culturas).
* Coñecer xogos didácticos e sensibilizadores.
Procedementais (saber facer):
*Analizar os elementos e contidos básicos do xogo infantil para poder tomar decisións reflexivas e argumentadas.
*Analizar os tempos, os espazos e os xogos desenvolvidos nos recreos escolares; planificar propostas de mellora na procura duns recreos máis inclusivos e saudables.
*Planificar e poñer en práctica simulada xogos e formas xogadas para a etapa educativa correspondente; analizando, reflexionando, interpretando e sacando conclusións das observacións das prácticas realizadas.
*Recoñecer a importancia do xogo como factor de inclusión e convivencia.
*Recoñecer e empregar a linguaxe non verbal como un reforzo á comunicación verbal, evitando que aquela contradiga a mensaxe enviada coa palabra.
*Manexar, con actitude crítica e reflexiva, os recursos documentais da materia, empregando con rigor académico a información extraída das diferentes fontes.
*Expresarse oralmente en galego, de xeito que a mensaxe sexa clara, coherente e convincente.
*Presentar traballos académicos en lingua galega, con calidade universitaria na forma e no contido, tanto oralmente como por escrito, e conforme ós criterios que lle foron ofrecidos ao alumnado durante o primeiro curso.
*Acadar e demostrar competencia en lingua galega, por formar parte esta materia do proxecto CompetenteS, impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade.
Actitudinais (saber ser):
*Tomar conciencia da importancia do xogo como actividade vital para o desenvolvemento humano.
*Tomar conciencia, a partir de práctica e da teoría, da transmisión de valores a través dos xogos competitivos e cooperativos, coa finalidade de acadar unha opinión consciente sobre unha cuestión que impregna a vida social e, polo tanto, escolar.
*Vivenciar xogos diversos para: recoñecer as característica dos mesmos, analizar os roles que xeran, comprender os recursos que precisan e tomar conciencia dos valores que poden transmitir.
*Recoñecer, como futuras e futuros docentes, a influencia da propia percepción corporal e motriz sobre as expectativas motrices que se proxectan nos demais.
*Analizar, reflexionar e valorar o recreo escolar como tempo educativo.
*Valorar a importancia da investigación e o traballo en equipo para o desenvolvemento da profesión docente.
*Construír unha conciencia reflexiva, innovadora e comprometida coa formación permanente.
Bloque I. O xogo. Conceptualización e características.
Bloque II. O xogo ao longo do desenvolvemento:
•Xogo sensoriomotor ou funcional
•Xogo presimbólico e Xogo simbólico
•Xogos de regras
•Xogos de construción
•Videoxogos
Bloque III. Tipoloxía de xogos:
• O xogo heurístico
• Os xogos tradicionais e populares
• O xogo como recurso de aprendizaxe:
o Os xogos didácticos
o O xogos sensibilizadores
Bloque IV. O xogo no tempo de recreo escolar
Bloque V. O xogo na área de educación física
• A competición e a cooperación.
Prácticas de ensinanza referidas aos contidos teóricos da materia
BIBLIOGRAFÍA básica:
Berruezo, Pedro Pablo; Lázaro, Alfonso (2009): Jugar por jugar. El juego en el desarrollo psicomotor y en el aprendizaje infantil. Sevilla, Eduforma.
Ferland, Francine (2005): ¿Jugamos?. El juego con niñas y niños de 0 a 6 años. Madrid, Narcea.
Huizinga, Johan (1972-2000): Homo ludens. Madrid, Alianza Editorial.
BIBLIOGRAFÍA complementaria:
Aixline, Virginia (1984): Terapia de juego. México D.F., Diana.
García, Carmen; MArtinez, Amparo (2004): El juego de las cuatro esquinitas del mundo. Madrid, Catarata.
González, C. (1987): Juegos y Educación Física. Madrid, Alhambra.
Guitart, Rosa (1997): 101 Juegos no competitivos. Barcelona, Graó.
hallmann, Heinz Willi; Zilling, J. (1979): Parques infantiles. Málaga, Unisport.
Kac, María; Renée, María; Urcola, Diana (2019): El juego y el jugar en el jardín maternal. Buenos Aires: Ediciones Novedades Educativas.
Mora, Josep María; Díez, Robert; Llamas, Josue (2003): Un mundo en juego. Barcelona, INDE.
Mir, Victoria; Corominas, Dolores; Gómez, María Teresa (1997): Juegos de fantasía en los parques infantiles. Madrid, Narcea.
Moreno, Cristobal; Mata, David; Gómez, Javier (1993): Aspectos recreativos de los juegos y deportes tradicionales en España. Madrid, Gymnos.
Pelegrín, Ana (2008): Cada cual que atienda a su juego. Madrid, Anaya.
Ríos, Mercedes (1998): El juego y los alumnos con discapacidad. Barcelona, Paidotribo.
Rodríguez, Cintia (2006): Del ritmo al símbolo. Los signos en el nacimiento de la inteligencia. Barcelona, I.C.E. Universitat de Barcelona.
Ruiz, Francisco et al. (2008): Los juegos en la motricidad infantil de los 3 a los 6 años. Barcelona, INDE.
Serrano, Paula (2019): La integración sensorial en el desarrollo y el aprendizaje infantil. Madrid: Narcea.
Stern, André (2017): Jugar. Albuixech (Valencia),Litera libros.
Subirats, Marina; Tomé, Amparo (1992): Pautas de observación para el análisis del sexismo en el ámbito educativo. Barcelona, Institut de Ciències de l’Educació.
Tuttle, Cheryl; Paquette, Penny (2005): Juegos imaginativos para desarrollar la inteligencia de los niños. Barcelona, Ceac.
VV. AA. (2002): Género y educación: la escuela coeducativa. Barcelona, Graó.
Moyles, Janet (1990): El juego en la educación infantil y primaria. Madrid, Morata.
Pugmire; Stoy (1996): El juego espontáneo: vehículo de aprendizaje y comunicación. Madrid, Nárcea.
Romaní, Arturo (1979): Xogos infantiles de Galicia. A Coruña, Follas Novas.
Ruiz, Ángeles; ABAD, Javier (2011): El juego simbólico. Barcelona, Graó.
VV.AA. (2008): El juego como estrategia didáctica. Barcelona, Graó.
Veiga, Paco (2001): Xogo popular galego. Educación e identificación cultural. Santiago de Compostela, Sotelo Blanco.
Revistas básicas:
Aula de Infantil. Barcelona: Graó.
Tándem. Didáctica de la Educación física. Barcelona: Graó.
Páginas web:
Asociación galega de xogo popular e tradicional. En: http://www.agxpt.org/
Asociación española de terapia de juego AETJ. En: http://www.terapiadejuego.es/webs/enfoques.htm.
Ditos, recitados e cancións infantís. En, www.orellapendella.org
XERAIS:
G5 - Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia.
G10 – Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa, e promovela entre o estudantado.
BÁSICAS:
CB2 - Saber aplicar os coñecementos ao traballo dunha forma profesional. Elaborar, defender argumentos e resolver problemas dentro desta área de estudo.
CB3 - Ser capaces de reunir e interpretar datos relevantes (dentro desta área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
ESPECÍFICAS:
E.55 – Saber empregar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos.
TRANSVERSAIS:
T.2 - Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Nas SESIÓNS EXPOSITIVAS traballaranse teoricamente os contidos, centrándose naqueles que presenten unha maior dificultade de comprensión e incidindo nos aspectos máis relevantes. A docente empregará varias técnicas expositivas e, se fose o caso, o estudantado realizará determinados exercicios referidos aos contidos tratados.
Nas sesións INTERACTIVAS/PRÁCTICAS levaranse a cabo as prácticas específicas, nas que se traballarán os contidos relativos ao xogo nas etapas de educación infantil e primaria. As actividades de aprendizaxe propostas procurarán á toma de conciencia, a análise e a reflexión individual e compartida.
Nas sesións INTERACTIVAS/DE AULA empregarase o estudo de casos para a elaboración de propostas de cambio nos tempos de recreo escolar; tamén se analizarán documentos visuais, escritos e orais.
Para o traballo nas sesións interactivas, tanto prácticas como de aula, o alumnado organizarase en equipos de traballo de 3 ou 4 persoas e elaborará, cando lle corresponda, os informes das sesións. Na guía docente da materia concretarase este traballo.
O alumnado con dispensa de asistencia concedida levará a cabo as actividades interactivas individualmente e adaptadas á súa situación.
Coa intención de contribuír a que o alumnado –futuras mestras e mestres– sexa capaz de empregar competentemente a lingua galega, esta materia participa no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade co perfil de galego. Polo tanto, a profesora desenvolverá en lingua galega a docencia da materia (expositiva, interactiva e titorial) e todas as actividades ligadas a ela, á marxe de que algún dos textos escritos que o alumnado deberá ler puidesen ofrecerse noutra lingua. O alumnado, pola súa parte, tamén interactuará coa docente na lingua de perfil da materia, tanto a nivel oral como escrito, nas clases e nas titorías, nas actividades presenciais e nas telemáticas ou non presenciais.
Para o desenvolvemento, organización e comunicación da materia empregarase o campus virtual; a través do cal todos os contidos estarán a disposición do alumnado en formato pdf.
Cabe a posibilidade de que se desenvolvan accións conxuntas entre a materia Xogo infantil e a materia Educación en contextos rurais, coordinadas polas respectivas docentes. Unha desas accións sería a conferencia sobre "O xogo de tradición popular". Ao alumnado que curse simultaneamente as dúas materias, no caso de que cumpra as condicións: seguir a conferencia e levar a cabo o traballo escrito pertinente, a valoración imputaríaselle ás dúas materias.
NORMAS QUE REXEN NAS SESIÓNS
No seu conxunto:
• Chegar en tempo e non saír ata o remate da sesión.
• Non comer nin beber.
• Non facer uso do móbil, a excepción de que a dinámica da sesión así o esixa.
Nas sesións interactivas-prácticas:
• Asistir con calzado deportivo e con roupa que permita o movemento cómodo.
• Limpar o calzado no felpudo antes de acceder ao polideportivo.
• Deixar o material e roupa de abrigo nos vestiarios.
• Colaborar na colocación e recollida do material cando corresponda.
• O alumnado que non asista, que incumpra o horario ou as normas establecidas non acadará a puntuación correspondente.
• Dúas faltas de incumprimento de horario computarán como unha falta de asistencia.
Coa finalidade de que o alumnado poida organizar o seu traballo e predicir o seu rendemento e as consecuencias do mesmo, é necesario que coñeza os requirimentos da materia.
1. Exame:
O exame puntuarase sobre 4. Será tipo test sobre 40 preguntas.
A cualificación obtida sumarase ás acadadas no resto de actividades e/ou tarefas.
2. Asistencia e participación nas sesións interactivas:
Para acadar cualificación neste apartado o alumnado deberá asistir, como mínimo, ao 80% das sesións e implicarse activamente nelas.
• Controlarase e valorarase a asistencia e a implicación en todas as actividades.
• A asistencia e participación á conferencia sobre O xogo de tradición popular.
• O visionado e análise do documental: Bebés.
3. Elaboración de traballos individuais/en equipo durante as sesións interactivas. Dirección dun xogo e exposición oral dun traballo.
O alumnado, individualmente e/ou co seu equipo de traballo levará a cabo as seguintes actividades:
• En equipo, a elaboración dos informes das sesións interactivas con contido práctico: Na guía docente presentarase o guión para este traballo.
• Individualmente, selección, dirección e análise dun xogo ante o grupo-clase. Guión na guía docente.
• En equipo, preparación e documentación dun traballo sobre el tema: O xogo posible: os patios de recreo escolar. Guión na guía docente.
• Individualmente, exposición ante o grupo clase dunha parte do traballo O xogo posible: os patios de recreo escolar.
• Individualmente, a construción dun xoguete dirixido pola docente.
En virtude da participación desta materia no proxecto CompetenteS co perfil de galego, e coa intención de que a profesora poida avaliar o dominio por parte do alumnado da competencia T2 da USC (coñecemento instrumental da lingua galega, tanto a nivel oral como escrito), o estudantado presentará en galego tanto as súas exposicións orais como os traballos escritos da materia. Ao mesmo tempo seranlles valoradas as súas intervencións en galego.
A avaliación dos apartados 2 e 3 será de ata 2,5 puntos na cualificación final.
4. Cartafol
O cartafol é a carpeta onde, por equipos de traballo, o alumnado recollerá tanto os informes das sesións interactivas como o resto de traballos realizados para a materia. Este compendio permitirá ao alumnado dispoñer das evidencias do que foi aprendendo a través do experimentado e reflexionado: saberes, habilidades, actitudes e valores.
Coa elaboración do cartafol búscase que o alumnado sexa capaz de recoller os contidos, obxectivos e vivencias das sesións prácticas; incluír as achegas, preguntas e reflexións referidas pola docente; tamén as intervencións do resto do alumnado e, finalmente, as reflexións persoais sobre o vivido e aprendido nas clases.
Neste documento de equipo incluiranse:
• Os informes das sesións interactivas/prácticas.
• As aprendizaxes acadadas a partir da conferencia sobre O xogo de tradición popular.
• Os datos recollidos a partir do documental Bebés, e a análise correspondente.
• O xogo dirixido e a análise sobre a dirección do mesmo.
• O traballo: O xogo posible: os patios de recreo escolar.
Este documento entregarase a través do campus virtual, e como data límite, o 14 de decembro de 2024. Terá unha valoración de ata 2,5 puntos.
Na guía docente indicaranse os contidos concretos e o formato deste documento.
5. Traballo opcional
Poderase realizar só un deles:
• Traballo e exposición ante a clase dun libro (de entre os citados na guía docente ou outros que escolla o alumnado e acepte a docente). Valorarase ata 1 punto.
• Traballo e exposición ante o grupo-clase dun artigo (de entre os citados na guía docente ou outros escollidos polo alumnado e aceptados pola docente). Valorarase ata 0,5 puntos.
• Na guía docente presentaranse as datas e as orientacións para a súa elaboración, entrega e exposición.
• No campus virtual crearase unha carpeta para a entrega.
6. Traballo específico e exclusivo para alumnado con dispensa de asistencia
Só para o alumnado que, pola dispensa de asistencia, non poida participar no 80% das sesións interactivas.
• O xogo nos tempos de recreo escolar. Observación e análise: traballo individual a partir da observación, recollida de datos, análise e lectura sobre a cuestión, con posterior exposición e debate. Valorarase ata 2 puntos.
• Na guía docente presentarase o guión para a realización do mesmo.
Outras aclaracións sobre a AVALIACIÓN
Para aprobar a materia na primeira oportunidade será preciso:
• Realizar o exame.
• Obter unha cualificación mínima de 5 puntos (sobre 10) na suma de cualificacións de todas as actividades desenvolvidas: apartados 2, 3 (ou 6) e 4 (e 5).
Se algunha persoa incorrese nunha falsificación ou outro tipo de fraude, e fora descuberta, será cualificada cun “suspenso” na convocatoria correspondente.
No caso de realización fraudulenta das probas e exercicios será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O alumnado que non supere a materia na 1ª oportunidade:
• Presentarase ao exame da 2ª oportunidade e sumaránselle as cualificacións obtidas nos restantes apartados de avaliación.
Non se admitirán traballos para a segunda oportunidade.
• Na convocatoria da segunda oportunidade, o exame será presencial ou telemático en función do escenario no que nos atopemos.
O alumnado de 2ª convocatoria (repetidor) poderá:
• Optar por implicarse en todas as actividades que realiza o alumnado ordinario dende inicios do semestre e, neste caso, acadará novas cualificacións nos diversos apartados de avaliación.
• Optar por non participar da actividade ordinaria da materia, neste caso manteránselle as cualificacións obtidas no curso anterior, podendo mellorar só aquelas referidas a informes ou producións individuais –estes traballos serán entregados como data límite o día do exame–, ademais terá que presentarse de novo á proba específica.
O alumnado repetidor porase en contacto coa docente (empregando o horario de titorías) nas primeiras semanas de semestre, para concretar o seguimento da materia.
122,5 horas totais (38,5 presenciais e 74 de traballo autónomo), que se reparten do seguinte xeito:
- Actividades expositivas en gran grupo: 18 horas presenciais e 25 de traballo autónomo.
- Actividades interactivas en grupo mediano: 18 horas presenciais e 36 de traballo autónomo.
- Actividades titoriais en pequeno grupo: 2,5 horas presenciais e 13 de traballo autónomo.
RECOMENDACIÓNS
• Asistencia continuada ás sesións interactivas e expositivas, e participación activa nelas.
• Realización dos traballos e actividades programadas.
NORMAS SOBRE A ELABORACIÓN E ENTREGA DOS TRABALLOS
• Todos os traballos redactaranse en galego e, previamente á entrega, pasarase o corrector pertinente. Isto mellorará a competencia escrita nesta lingua.
• Empregarase unha linguaxe non sexista que consistirá na utilización de xenéricos reais, ou no nomeamento explícito dos dous xéneros lingüísticos. Visibilizando a presenza das mulleres sempre que esa sexa a realidade presentada nos textos e/ou na fala.
• A atención ao alumnado terá lugar no horario de titorías da docente no despacho 116. A cita concertarase a través do correo: uxia.garrido [at] usc.gal (uxia[dot]garrido[at]usc[dot]gal)
• Se algunha alumna ou alumno tivera necesidade, debido a disfunción ou enfermidade, de condicións especiais no desenvolvemento das clases e/ou dos exames, seranlle facilitadas. Será necesario que se poña en contacto e informe da súa situación ao SEPIU e, simultaneamente, a docente, para adaptar o seu plan de traballo.
• En aplicación da Instrución 1/2017, da Secretaría Xeral, sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias: o alumnado que a teña concedida porase en contacto coa docente ao inicio do curso a fin de concretar o seu plan de traballo na materia.
• Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Se algunha persoa incorrese nunha falsificación ou outro tipo de fraude, e fora descuberta, será cualificada cun “suspenso” na convocatoria correspondente.
No caso de realización fraudulenta das probas e exercicios -tanto presenciais como telemáticos- será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Uxia Garrido Filgueira
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Teléfono
- 982821047
- Correo electrónico
- uxia.garrido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Martes | |||
---|---|---|---|
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Pavillón |
Venres | |||
13:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 29 |
24.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 22 |
26.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 22 |