Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Recoñecer as características da sociedade actual e a súa influencia na educación primaria.
- Valorar a importancia da educación primaria na sociedade actual.
- Identificar as principais funcións dos docentes de educación primaria.
- Ser consciente do compromiso ético e socieducativo que supón a profesión docente na actualidade.
- Desenvolver a capacidade de aprender tanto de forma autónoma como cooperativa.
- Desenvolver as habilidades e destrezas necesarias para a elaboración de traballos académicos.
BLOQUE I
- A función docente na Sociedade do Coñecemento
- Profesionalización docente
BLOQUE II
- Práctica docente en educación primaria
- Posibilidades e limitacións na práctica docente
BLOQUE III
- Formación e desenvolvemento profesional do profesorado en escenarios complexos e cambiantes
- Cultura docente
- Modelos de investigación sobre a práctica docente na educación primaria
Nota: a secuencia pode sufrir certas variacións debido ás peculiaridades de cada grupo.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Arànega, S., y Domènech, J. (2001). La educación primaria: retos, dilemas y propuestas. Graò.
Beremejo, B., y Ballesteros, C. (Coords.) (2017). Manual de didáctica general para maestros de Educación Infantil y de Primaria. Pirámide.
Gómez-Jarabo, I., y Cabañero Valencia, J. (2021). La colaboración del profesorado. En J. Gairín y G. Ion (Eds.), Prácticas educativas basadas en evidencias. Reflexiones, estrategias y buenas prácticas (pp. 241-257). Narcea.
Jorrín Abellán, I. M., Fontana Abad, M., y Rubia Avi, B. (coord.) (2021). Investigar en educación. Editorial Síntesis.
Imbernón, F. (2017). Ser docente en una sociedad compleja. La difícil tarea de enseñar. Graò.
Marcelo, C., y Vaillant, D. (2015). El ABC y D de la formación docente. Narcea.
Martín, A. M., Campos, B., y Pérez, L. (Coords.) (2021). El desarrollo de la profesión docente. Una visión desde la acción pedagógica. UNED.
Renés Arellano, P. (2020). Fundamentos teóricos de la Educación Primaria. Universidad de Cantabria.
Zabalza, M. A., y Zabalza, M. A. (2011). Profesores y profesión docente: entre el ser y el estar. Narcea.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Elliott, J. (1993). El cambio educativo desde la investigación-acción. Morata.
Gómez-Núñez, M. I., Cano-Muñoz, M. Á., y Torregosa, M. S. (2020). Manual para investigar en educación: guía para orientadores y docentes indagadores. Narcea.
Hargreaves, A. (1996). Profesorado, cultura y postmodernidad. Cambian los tiempos, cambia el profesorado. Morata.
Hargreaves, A. (2003). Enseñar en la Sociedad del Conocimiento. Octaedro
Imbernón, F. (2014). Calidad de la enseñanza y formación del profesorado: un cambio necesario. Octaedro.
Jiménez Rodríguez, M. A. (2019). Programar al revés. El diseño curricular desde los aprendizajes. Narcea.
López Rupérez, F. (2014). Fortalecer la profesión docente: un desafío crucial. Narcea.
Marcelo, C., y Vaillant, D. (2009). Desarrollo profesional docente. ¿Cómo se aprende a enseñar? Narcea.
Marcelo, C., y Vaillant, D. (2018). Hacia una formación disruptiva de docentes. 10 claves para el cambio. Narcea.
Valle, J. M., y Manso, J. (Dirs.) (2016). La ‘cuestión docente’ a debate: nuevas perspectivas. Narcea.
BIBLIOGRAFÍA PERIÓDICA
- Aula de Innovación Educativa: https://www.grao.com/es/aula-de-innovacion-educativa
- Cuadernos de Pedagogía: https://www.cuadernosdepedagogia.com/
- Eduga. Revista galega do ensino: https://www.edu.xunta.gal/eduga/
- Márgenes: https://revistas.uma.es/index.php/mgn
- Profesorado. Revista de curriculum y Formación del Profesorado: https://revistaseug.ugr.es/index.php/profesorado/index
- Revista Digital de Educación y Formación del Profesorado (e-CO): http://revistaeco.cepcordoba.es/
- Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación del Profesorado: https://revistas.um.es/reifop/
- Revista Galega de Educación: https://rge.gal/
- Revista Internuniversitaria de Formación del Profesorado: https://recyt.fecyt.es/index.php/RIFOP
XERAIS
G1 - Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos en torno ós procedementos de ensinanza e aprendizaxe respectivos.
G3 - Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais contidos no currículo escolar.
G4 - Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ó respecto os dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
G5 - Fomentar a convivencia na aula e fora dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes.
G10 - Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar a labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para o aprendizaxe autónomo e cooperativo e promovelo entre os estudantes.
G11 - Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ós aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
BÁSICAS
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos e o seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da seu área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
TRANSVERSAIS
T2 - Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
ESPECÍFICAS
E7 - Analizar e comprender os procesos educativos a aula e fora dela relativos ó período 6- 12.
E11 - Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula.
E12 - Abordar e resolver problemas de disciplina.
E13 - Promover o traballo cooperativo e o traballo e esforzo individuais.
E14 - Promover accións de educación en valores orientados á preparación dunha educación activa e democrática.
E15 - Coñecer e abordar situacións escolares en contextos multiculturais.
As distintas actividades formativas repártense entre un horario presencial (que corresponde ás sesións expositivas, sesións interactivas e titorías), e un horario non presencial (que implica o traballo autónomo por parte do alumnado).
As sesión expositivas lévanse a cabo en gran grupo, e están dirixidas á exposición de contidos, actividades de xestión e coordinación do materia, presentación de material audiovisual, etc. Tamén poden incorporar tarefas do alumnado (p.e. exposición de traballos).
Durante as sesións interactivas, realizadas en grupo mediano, os estudantes adquiren un maior protagonismo e, organizados en pequenos grupos, poñen en práctica os contidos abordados nos diferentes temas.
Nas sesións de pequeno grupo (titorías) tratarase de dar resposta á resolución de problemas, conflitos e dúbidas que poidan xurdir. Estas sesións estarán especialmente encamiñadas á supervisión dos traballos de grupo. As sesións de titoría ordinaria dedicaranse, fundamentalmente, a atender as necesidades individuais de cada estudante.
O traballo autónomo fóra da aula está dirixido á realización de tarefas, tanto de carácter individual como grupal, relacionadas coas actividades formuladas na aula. Algunhas destas tarefas son: lectura de documentos, estudo da materia, preparación de exposicións orais, elaboración de informes e traballos, procuras bibliográficas, asistencia a conferencias, congresos ou outras accións formativas, etc.
Ademais de todo isto, na medida en que haxa recursos dispoñibles, prevese a organización dalgunha conferencia con profesionais externos así como unha práctica de campo.
Esta materia e o seu corpo docente participan no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade, co perfil de galego e castelán. Por iso o profesorado desenvolverá en lingua galega e castelá a docencia da materia (expositiva, interactiva e titorial) e todas as actividades ligadas a ela, á marxe de que parte dos textos escritos que o alumnado deberá ler puidesen ofrecerse noutra lingua. O alumnado, pola súa parte, tamén interactuará co profesorado normalmente na lingua de perfil da materia, tanto a nivel oral como escrito, tanto nas clases como nas titorías, tanto en actividades presenciais como telemáticas ou non presenciais, tanto se son síncronas como asíncronas.
Coa finalidade de comprobar en que grao o alumnado acadou os obxectivos previstos e adquiriu as competencias establecidas na Memoria do Título para esta materia, combinarase a avaliación continua cun exame final.
Seguidamente especifícanse os elementos que se valorarán:
A. Participación: 10% da cualificación final.
A puntuación total deste apartado poderá ser conseguida por aqueles estudantes que, ademais de cumprir co requisito de asistir a un mínimo do 80% das actividades presenciais programadas, se impliquen de maneira activa, e participen con actitude respectuosa, nas dinámicas que se propoñan na materia. A docente rexistrará a asistencia e a participación por parte do alumnado.
Algúns dos criterios que se valorarán neste apartado son os seguintes:
• Demostrar unha actitude positiva, empática e respectuosa que permita, tal e como se recolle no Estatuto do Estudantado da USC (Aprobado polo Claustro Universitario o 28 de novembro de 2019), cumprir co dereito do alumnado a recibir unha docencia de calidade, en relación co deber do profesorado de impartir as clases nas condicións que esixe a USC. Se este criterio non se cumpre non se terán en conta o resto de indicadores e, polo tanto, non se obterá puntuación neste apartado.
• Realizar intervencións pertinentes nas dinámicas de aula e en cantas actividades formativas se desenvolvan no marco da materia.
• Entregar as tarefas que se soliciten en tempo e forma.
• Demostrar, a requirimento da profesora, ter coñecemento do proceso de elaboración das tarefas e dos traballos en grupo nos que se participa, a través das propias sesións de clase e das titorías específicas que se realicen (individuais e grupais).
• Ofrecerse como voluntaria/o, de ser o caso, para colaborar na organización e desenvolvemento de actividades que se poidan realizar ao longo do cuadrimestre.
B. Probas específicas: 40% da cualificación final.
Este punto confórmano as tarefas prácticas e o exame. As tarefas prácticas terán un peso na cualificación do 10%. O exame será, preferentemente, unha proba obxectiva, que poderá conter, en todo caso, preguntas de diversa índole (opción múltiple, completar, relacionar, de desenvolvemento breve, etc.). Este terá un peso na cualificación do 30% e realizarase na data oficial.
C. Informes escritos e outras producións: 40% da cualificación final.
Neste apartado inclúese o traballo xeral da materia, o cal se corresponde cun proxecto interdisciplinario no que está implicada, ademais desta, a materia de Socioloxía da Educación. O proxecto interdisciplinario contempla dúas modalidades principais: modalidade A (Aprendizaxe-Servizo) e modalidade B (Aprendizaxe Baseada en Proxectos). Á súa vez, a modalidade B divídese en dúas submodalidades: submodalidade B1 (proxecto de investigación) e submodalidade B2 (proxecto de creación dun produto). A docente proporcionará os materiais e pautas necesarias para desenvolver de forma adecuada as tarefas solicitadas.
D. Presentacións ou probas orais específicas: 10% da cualificación final.
Este elemento correspóndese coa presentación oral do proxecto interdisciplinario.
O alumnado que cumpra coa porcentaxe de asistencia que esixe a USC superará a materia se alcanza a puntuación mínima de 5 puntos totais (sobre 10). Para sumar as puntuacións de todos os apartados é imprescindible alcanzar a puntuación mínima no apartado B (Probas específicas) e C (Informes escritos e outras producións). É dicir, os estudantes deberán aprobar o exame, as tarefas prácticas e o traballo xeral da materia (proxecto interdisciplinario). Aos estudantes que non superen a materia constaralles a cualificación da parte suspensa ou, de ser o caso, non presentada (NP).
O alumnado que estea por baixo da porcentaxe de asistencia que esixe a USC non terá dereito a puntuar no apartado A (participación na aula), non podendo chegar á máxima cualificación da materia (10 puntos). Para sumar as puntuacións dos apartados restantes é imprescindible alcanzar a puntuación mínima no apartado B (Probas específicas) e C (Informes escritos e outras producións). É dicir, os estudantes deberán aprobar o exame, as tarefas prácticas e o traballo xeral da materia (proxecto interdisciplinario). Aos estudantes que non superen a materia constaralles a cualificación da parte suspensa ou, de ser o caso, non presentada (NP).
AVALIACIÓN PARA O ALUMNADO CON DISPENSA OFICIAL DE ASISTENCIA A CLASE
Entrará nesta categoría o alumnado que dispoña dunha dispensa de asistencia a clase concedida de maneira oficial (atendendo á Instrución 1/2017 do 27-04-2017, da Secretaría Xeral, sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias). De acordo cos Estatutos da Universidade, este alumnado "ten dereito a unha atención e deseño das actividades académicas que faciliten a conciliación dos estudos coa vida persoal, familiar e laboral" (art. 33.g), pero tamén "ten o deber da asistencia e participación naquelas actividades formativas que se establezan como obrigatorias na programación docente" (art. 130.2).
A continuación, establécese o sistema de avaliación para este alumnado:
A. Participación: 10% da cualificación final.
A puntuación total deste apartado poderá ser conseguida por aqueles estudantes que asistan ás sesións de clase ou titorías obrigatorias que a docente determine coa debida antelación e participen de maneira proactiva na materia. A docente rexistrará a asistencia e a participación por parte do alumnado.
Algúns dos criterios que se valorarán neste apartado son os seguintes:
• Establecer contacto coa docente na semana na que se conceda a dispensa de asistencia a clase.
• Participar nas sesións que se establezan como obrigatorias.
• Participar nas titorías obrigatorias para o seguimento do proceso de elaboración do proxecto interdisciplinario (PI), demostrando que se leu con detemento a guía docente para a elaboración do PI e toda a documentación relacionada co proxecto.
• Entregar as tarefas que se soliciten en tempo e forma.
B. Probas específicas: 40% da cualificación final.
Este punto confórmao o exame. O exame poderá conter preguntas de diversa índole (opción múltiple, completar, relacionar, de desenvolvemento breve, etc.). Este realizarase na data oficial.
C. Informes escritos e outras producións: 40% da cualificación final.
Neste apartado inclúese o traballo xeral da materia, o cal se corresponde cun proxecto interdisciplinario no que está implicada, ademais desta, a materia de Socioloxía da Educación. Para o alumnado con dispensa de asistencia contémplase soamente a modalidade B (Aprendizaxe Baseada en Proxectos) que se divide en dúas submodalidades: submodalidade B1 (proxecto de investigación) e submodalidade B2 (proxecto de creación dun produto). A docente proporcionará os materiais e pautas necesarias para desenvolver de forma adecuada as tarefas solicitadas.
D. Presentacións ou probas orais específicas: 10% da cualificación final.
Este elemento correspóndese coa presentación oral do proxecto interdisciplinario.
O alumnado con dispensa de asistencia superará a materia se alcanza a puntuación mínima de 5 puntos totais (sobre 10). Para sumar as puntuacións de todos os apartados é imprescindible alcanzar a puntuación mínima no apartado B (Probas específicas) e C (Informes escritos e outras producións). É dicir, os estudantes deberán aprobar o exame e o traballo xeral da materia (proxecto interdisciplinario). Aos estudantes que non superen a materia constaralles a cualificación da parte suspensa ou, de ser o caso, non presentada (NP).
OUTROS ASPECTOS RELACIONADOS COA AVALIACIÓN DA MATERIA:
- RECUPERACIÓN DA ASIGNATURA: aqueles estudantes que non superen a materia no período ordinario (1ª oportunidade) deberán recuperar a parte ou partes suspensas. Serán obxecto de recuperació n os apartados B (probas específicas) e C (informes escritos e outras producións). No que respecta ao apartado C establécese o seguinte: se na 1ª oportunidade adoptouse a modalidade A os estudantes deberán realizar un novo proxecto na modalidade B; se na 1ª oportunidade adoptouse a modalidade B o alumnado continuará na mesma modalidade; se na 1ª oportunidade non se presentou o proxecto interdisciplinario o alumnado deberá realizar a modalidade B1 (proxecto de investigación). A data límite de entrega correspóndese coa data oficial do exame de 2ª oportunidade.
- ESTUDANTES REPETIDORES/AS (2ª e/ou sucesivas convocatorias): ao alumnado que estivese matriculado na materia e superase o requisito de asistencia nalgún dos dous cursos anteriores (sempre que esta fose impartida polo profesorado que figura no programa do curso académico vixente) conservaráselle as cualificacións obtidas nas tarefas prácticas, o exame e o traballo xeral da materia (proxecto interdisciplinario), sempre e cando estivesen aprobados. O alumnado que estivese matriculado na materia e non superase o requisito de asistencia nalgún dos dous cursos anteriores será avaliado segundo o sistema e criterios de avaliación establecidos no curso académico en vigor para cada unha das situacións contempladas en relación co alumnado (ordinario/dispensa).
Nota: para os casos de realización fraudulenta de exercicios, tarefas ou probas será de aplicación o disposto na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”, que establece que “a realización fraudulenta de calquera exercicio ou proba requirida na avaliación dunha materia supoñerá a cualificación de suspenso na correspondente convocatoria, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno/a infractor/a. Considérase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citacións aos autores e as fontes”.
Ao tratarse dunha materia de 6 créditos ECTS, o alumnado dispón de 150 horas de traballo, distribuídas da seguinte forma:
Tempo dedicado á actividade presencial: 51 horas.
- Actividades en gran grupo: 24 horas.
- Actividades en grupo mediano: 24 horas.
- Actividades programadas de titoría e supervisión: 3 horas.
Tempo de traballo autónomo do alumnado fóra da aula: 99 horas.
- Asistencia regular ás sesións presenciais e participación activa nas mesmas.
- Entrega en tempo e forma dos traballos e actividades que se propoñan.
- Dominio das competencias dixitais básicas.
- Acceso regular á aula virtual e ao correo electrónico.
ASISTENCIA A CLASE
Tal e como se recolle na Normativa de asistencia a clase nos ensinos adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno do 25-03-2010), a asistencia a clase facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase, salvo nos casos en que se aprobou a exención de docencia/dispensa de asistencia. Os alumnos/as que se atopen nesta situación deberán ter en conta as condicións establecidas no sistema de avaliación.
Para xustificar as faltas de asistencia a clase, o alumnado deberá presentar ás docentes da materia a xustificación da causa que motivou a ausencia nun prazo máximo de 10 días.
Para máis información pódese consultar a Normativa de asistencia a clase nos estudos adaptados ao EEES (Acordo do Consello de Goberno do 25-03-2010).
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE
O proceso de ensino-aprendizaxe que se desenvolve nesta materia (titorías/sesións de aula) é un proceso privado entre docentes e discentes, isto é, un proceso de comunicación e intercambio académico entre ambas as partes (docente/s da materia e alumnado matriculado nela).
ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO
Todo aquel alumnado que precise dalgún tipo de adaptación por características de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo, pero só se terán en conta aqueles casos que fosen valorados e comunicados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/). Recoméndase ao alumnado realizar as xestións oportunas con este Servizo o máis axiña posible co fin de acordar e realizar as adaptacións curriculares e/ou avaliativas pertinentes na materia.
COMUNICACIÓN ENTRE ALUMNADO – PROFESORADO
O alumnado fará uso do correo electrónico oficial da USC (@rai.usc.es) na súa comunicación co profesorado. Non se aceptarán medios externos salvo en casos debidamente xustificados.
USO DE FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
Será obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais que a USC pon ao dispor da comunidade universitaria no marco académico: campus virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas por Facultades e autorizadas como ferramentas institucionais por parte da USC.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
Os traballos realizados polo alumnado no marco da materia deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual. No caso de ter que facer entrega dun traballo impreso, é necesario ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar as tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregaranse grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non utilizar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas tratados no traballo.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotián da aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información respecto diso na seguinte ligazón: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
UTILIZACIÓN DE APARELLOS ELECTRÓNICOS NA AULA
Só se empregarán con fins académicos seguindo as indicacións da docente. Queda restrinxido o uso dos aparellos electrónicos na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non adecuado do mesmo.
PROTECCIÓN DE DATOS
Nesta materia é obrigatorio o cumprimento da normativa de protección de datos. Pódese consultar máis información na seguinte ligazón: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Eva Maria Barreira Cerqueiras
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821017
- Correo electrónico
- evamaria.barreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Jesica Nuñez Garcia
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- jesica.nunez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Alba Maria Souto Seijo
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821006
- Correo electrónico
- albamaria.souto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 23 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | Aula 23 |
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 23 |
Xoves | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 29 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_04 | Castelán | Aula 23 |
19:00-20:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 29 |
13.01.2025 19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
13.01.2025 19:00-21:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 29 |
23.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 22 |
23.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 22 |