Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia, Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Historia Contemporánea, Filosofía
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Conceptuais (saber):
- Coñecer, analizar e valorar a evolución da familia e da infancia en clave de historia cultural.
- Coñecer, analizar e valorar as estratexias de titoría coas familias e co alumnado.
- Coñecer, analizar e valorar os alicerces nos que se apoia a sociabilidade e a educabilidade do ser humano.
- Coñecer, analizar e valorar as implicacións e demandas mutuas que se establecen no seo do triángulo escola-familias-sociedade.
Procedimentais (saber facer):
- Extraer coñecemento que oriente a praxe docente, a partir da análise desde o punto de vista histórico e filosófico-antropolóxico do triángulo escola-familias-sociedade.
- Aplicar actividades de titoría co alumnado e coas súas familias.
- Presentar traballos académicos de calidade universitaria, tanto na cuestión de forma como na de contido, tanto oralmente como por escrito, conforme criterios que se lle ofrecerán ao alumnado.
- Acadar e acreditar por parte do alumnado competencia en lingua galega, por formar parte a materia do proxecto Competente(S) da CNL da Facultade.
Actitudinais (saber ser):
- Promover hábitos de comportamento democrático (capacidade de diálogo razoado, respectuoso e sereo; capacidade de información, de crítica e de rendemento público de contas; etc.) para, a partir de aí, fomentar unha educación democrática da cidadanía, con atención especial á igualdade de xénero, ao respecto dos dereitos humanos e ao desenvolvemento dunha actitude crítica, participativa e responsable respecto dos problemas da sociedade actual.
- Adquirir compromisos como futuros/as docentes coa infancia, co servizo público á sociedade e ás familias, e coa innovación pedagóxica.
Tema 1. Familia, escola e infancia: tipoloxías e evolución histórica.
Tema 2. Actividades de orientación e titoría relativas ao escenario familiar na educación primaria.
Tema 3. Características básicas do ser humano nas que se alicerza a súa sociabilidade e educabilidade.
Tema 4. Familia e escola: implicacións e demandas mutuas na educación primaria.
Tema 5. Sociedade e escola: implicacións e demandas mutuas na educación primaria.
Bibliografía básica:
Angulo, Araceli (2011). La tutoría en la educación primaria: manual de ayuda. Barcelona: Wolters Kluwer.
Barrio, José M. (1998). Elementos de antropología pedagógica. Madrid: Rialp.
Garcés, Marina (2020). Escuela de aprendices, Barcelona: Galaxia Gutenberg
Stearns, Peter N. (2006). Childhood in world history. Nova Iork: Routledge.
Bibliografía complementaria para o tema 1:
Ariès, Philippe (1992). El niño y la vida familiar en el Antiguo Régimen. Madrid: Taurus.
Becchi, Egle e Julia, Dominique (dirs.) (1998). Histoire de l’infance en Occident. París: Seuil.
Borrás Llop, José María (ed.) (2013), El trabajo infantil en España (1750-1950). Barcelona: Icaria-UB
De Mause, Lloyd (ed.) (1994). Historia de la infancia. Madrid: Alianza.
Heywood, Colin (ed.) (2011). A Cultural History of Childhood and Family. The Age of Empire. Londres: Berg.
Humphries, Jane (2010). Childhood and Child Labour in the British Industrial Revolution. Cambridge: CUP
Hiner, N.R. (2011). A Cultural History of Childhood and Family. The Modern Age. Londres: Berg.
Sarasúa, Carmen (ed.) (2021). Salarios que la ciudad paga al campo. Las nodrizas de las inclusas en los siglos XVIII y XIX. Alacant: Universitat
Bibliografía complementaria para o tema 2:
Álvarez, Ramiro J. (2013). Acción tutorial y orientación: aceptación, compromiso, valores. Una propuesta de estilo para la intervención de tutores y orientadores. Bilbao: Desclée De Brouwer.
Arnáiz, Pere e Riart, Joan (comps.) (1999). La tutoría: de la reflexión a la práctica. Barcelona: EUB.
Educatio Siglo XXI, nº 35 (2017) (monográfico de revista)
Forest, Claire e García-Bacete, Francisco J. (2006). Comunicación cooperativa entre la familia y la escuela. Valencia: Nau Llibres
Gallego, Sofía e Riart, Joan (2006). La tutoría y la orientación en el siglo XXI: nuevas propuestas. Barcelona: Octaedro.
Luengo, Florencio e Moya, José (dirs.) (2008). Escuela, familia, comunidad: claves para la acción. Madrid: Volters Kluwer.
Monge, M. Concepción (2009). Tutoría y orientación educativa: nuevas competencias. Madrid: Wolters Kluwer.
Revista Galega de Educación, nº 71 (2018) (monográfico)
Bibliografía complementaria Tema 3.
Joaquín García Carrasco, “El Concepto de Educabilidad y el Proceso Educacional” en Teoría de la educación, vol. V (1993) pp. 11-32.
Neil Postman, "Necesitados de Dioses", en El fin de la educación. Una nueva definición del valor de la escuela, ed. Octaedro, 2000. prefacio +capítulo I.
Marta Larrauri, "¿Iguales a quién? Mujer y educación", en Carlos Lomas (Comp.) ¿Iguales o diferentes? Género, diferencia sexual, lenguaje y educación. Paidós, 1999.
Bibliografía complementaria Tema 4.
Alvarado Calderón, Kathia, “¿Qué nos puede aportar el psicoanálisis en la comprensión de las relaciones en la escuela?” en Revista Electrónica "Actualidades Investigativas en Educación", vol. 5, 2005, pp. 1-18.
Roberto Julio Elgarte, “Contribuciones del psicoanálisis a la educación” en Educación, Lenguaje y Sociedad, Vol. VI N°6 (Diciembre 2009), pp. 317-328.
Susana Torío López, “Familia, Escuela y Sociedad” en Aula Abierta, 83 (2004), pp. 35-52
Bibliografía complementaria Tema 5.
José Luis Pardo, La lógica de las competencias para la escuela de la postmodernidad en la escuela de ayer, hoy y mañana: claves y desafíos. Madrid: Dyckinson, 2016 pp. 25-42.
Joan Tahull Fort, Yolanda Montero Plaza, “Sociedad, familia y escuela en la Postmodernidad. Interacciones turbulentas, relativismo y anomia” en Revista Análisis. Vol. 50 / Nº. 93 Bogotá, jul-dic / 2018, pp. 427-447.
Ángel Enrique Carretero Pasín, “El laberinto educativo: Las contradicciones de la educación en la agonía de la modernidad” en Intersticios. Revista Sociológica de Pensamiento crítico. Vol. 1 (2) 2007, pp. 31-48.
María de la Villa Moral Jiménez, “Escuela y posmodernidad: análisis posestructuralista desde la psicología social de la educación” en Revista Iberoamericana de Educación, Núm. 49, enero-abril, 2009, pp. 203-222.
Xerais:
G.4 Deseñar e regulamentar espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
G.6 Coñecer a organización dos colexios de educación primaria e a diversidade de accións que comprende seu funcionamento. Desenvolver as funcións de titoría e de orientación cos estudantes e súas familias, con atención ás singulares necesidades educativas dos estudantes. Asumir que o exercicio da función docente ten que ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
G.7 Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
G.8 Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas.
Específicas:
E.20 Amosar habelencias sociais para entender ás familias e facerse entender por elas.
E.21 Coñecer e saber exercer as funcións de titor e orientador en relación coa educación familiar na xeira 6-12 anos.
E.22 Relacionar a educación co medio, e cooperar coa familia e a comunidade.
E.24 Coñecer a evolución histórica da familia, dos diferentes tipos de familias, de estilos de vida e de educación no contexto familiar.
Básicas:
B.1 Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, pero que adoita atoparse a un nivel que se apoia en libros de texto avanzados e inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B.2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B.3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Transversais:
T.2 Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3 Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
As actividades presenciais en grupo completo (24 horas) están concibidas para desenvolver, aclarar e comentar os contidos da materia que ofrecen unha maior dificultade de comprensión, con especial incidencia nos aspectos básicos e máis relevantes, ao tempo que se resolven os problemas de aprendizaxe iniciais que poden presentar os/as estudantes, que deberán empregar 35 horas de estudo autónomo para dominar os fundamentos da materia. O profesorado utilizará varias técnicas expositivas e o estudantado realizará os exercicios que se indiquen de acordo cos contidos tratados.
As actividades en grupo máis reducido (24 horas) desenvolveranse no marco de métodos como a discusión, o debate, o comentario de documentos ou a exposición de traballos, o que esixirá 45 horas de traballo persoal do alumnado, coa fin de fomentar unha aprendizaxe autónoma, cooperativa e que permita mellorar a capacidade de exposición pública dos resultados dos traballos realizados (comunicación oral e escrita). Con iso propiciarase a adquisición por parte do alumnado das competencias ligadas ao pensamento crítico, ao uso da lingua galega, ás tecnoloxías da información e a comunicación e demais competencias sinaladas.
Ben sexa con actividades ofrecidas de partida polo ou pola propia docente, ben sexa por iniciativa do estudantado, as alumnas e os alumnos serán atendidos polo profesor ou profesora nas 3 horas establecidas de titorías de materia (ou no horario de titorías académicas de despacho), individualmente ou en grupos moi reducidos, co obxectivo de orientar mellor o seu traballo e a súa aprendizaxe, e polo tanto para asegurar tamén a consecución de todas as competencias arriba sinaladas para a materia, o que esixirá a maiores 19 horas de traballo autónomo do alumnado.
Alén das competencias ordinarias, considéranse tamén as competencias xenéricas (competencia comunicativa oral e escrita; análise, síntese e pensamento crítico; competencia informática e informacional; traballo en grupo), que poderán ser obxecto dun programa de formación específico que o profesorado do grao compartirá no seu momento co alumnado, de ser o caso. A este respecto merece especial atención o curso “Competencia informática e informacional” da Biblioteca Universitaria, que o alumnado pode realizar.
Esta materia e o seu profesorado participan do proxecto Competente(S) da Comisión de Normalización Lingüística da Facultade, co perfil de galego. Por iso o profesorado desenvolverá a docencia da materia en lingua galega, á marxe de que parte dos textos escritos que o alumnado deberá ler puideran estar redactados noutra lingua. Algunha das achegas do alumnado (oralmente ou por escrito) deberán realizarse en lingua galega, para que o profesorado poida verificar a competencia T2.
Para facilitar o acceso permanente do alumnado aos materiais docentes, abrirase un curso ao respecto dentro do Campus Virtual da USC.
A adquisición por parte do alumnado de todas as competencias desta materia avaliarase a través dos exercicios que se concretan neste apartado.
Asistencia a clase, participación na aula e presentacións orais: o profesorado solicitará a preparación de exercicios para presentar oralmente nas sesións interactivas, que se concretarán oportunamente. Para recibir cualificación neste apartado, o alumnado non poderá ter faltado sen xustificar a máis de 3 sesións. Puntuación máxima deste apartado: 2,5 puntos (competencias que se avalían: G.6, G.8; E.20, E.21, E.22, E.24; B.2, B.3, B.4; T.2, T.3).
Informes escritos e outras producións: ata 2,5 puntos da nota final (competencias que se avalían: G.6, G.7, G.8; E.20, E.21, E.22, E.24; B.2, B.3, B.4; T.2, T.3). Para poder ser cualificado neste apartado, o alumnado deberá ter acudido como mínimo ao 50% das sesións presenciais. Á marxe de pequenas actividades que o/a docente pida na aula de día en día, o alumnado elaborará un traballo en grupo que terá un valor máximo de 2,5 puntos. Nas primeiras sesións de clase do semestre informarase convenientemente ao alumnado da natureza, orientación e condicións deste traballo.
Proba específica: ata 5,0 puntos da nota final (competencias que se avalían: G.4, G.7, G.8; E.20, E.21, E.22, E.24; B.1, B.2, B.3, B.4; T.2). Haberá unha proba final obrigatoria para todo o alumnado. Toda a actividade que se desenvolva nas sesións presenciais da materia (máis os documentos achegados polo/a docente para o estudo non presencial por parte do alumnado), serán considerados de partida como contidos sometidos a avaliación na proba final da materia.
Con carácter xeral, nas primeiras sesións de clase do semestre o/a docente ofrecerá con detalle e concreción as orientacións necesarias respecto de cada un dos criterios e instrumentos de avaliación da materia.
A proba específica consistirá nun exercicio obxectivo “tipo test” de 50 preguntas de resposta pechada (4 alternativas de resposta en cada pregunta; só unha delas se dará por correcta). Superará a proba toda alumna ou alumno que acade un mínimo de 25 respostas validadas; cada dúas respostas incorrectas, resta unha das correctas; as preguntas sen responder non teñen efectos na puntuación. A valoración final da proba será o resultado da multiplicación do número de respostas validadas por 0,1 puntos. O alumnado que non acade un mínimo de 25 respostas validadas, e con independencia das cualificacións dos restantes apartados da avaliación, recibirá como nota final da materia a acadada nesta proba específica.
Para superar a materia na primeira oportunidade de xaneiro é preciso aprobar, de xeito independente, cada unha das tres partes da materia: exame, traballo grupal da materia e traballo na aula.
Ao estarmos a falar dunha avaliación continua, o alumnado que precise acudir á oportunidade de xuño/xullo avaliarase de acordo coa seguinte casuística. 1) Alumnado que superou a proba específica, mais que suspendeu sexan as exposicións orais na aula ou o traballo de materia, debera superar un exame de 20 preguntas a partir dos materiais traballados nas aulas interactivas que oportunamente sinalarán os docentes da materia. Condicións para superar a proba: ter validadas 10 respostas. Cada dúas respostas incorrectas resta unha das correctas. As respostas en branco non teñen peso na puntuación. 2) Alumnado que suspendeu a proba específica e superou os outros items da avaliación: deberá superar unha proba específica de 50 preguntas tipo test coas mesmas condicións de avaliación da convocatoria de xaneiro. O resto das notas mantéñense para esta segunda oportunidade. 3) Alumnado que suspendeu tanto a proba específica como o traballo de materia e/ou o traballo na aula: exame de 70 preguntas, a partir dos materiais expostos nas aulas expositivas e daqueles das interactivas que o profesorado sinalará oportunamente. Condicións para superar a proba: ten validadas 35 respostas. Cada dúas respostas incorrectas resta unha das correctas. As respostas en branco non teñen influencia na avaliación. Cada resposta validada multiplica por 0,143. A nota mínima para superar a proba son 5 puntos.
O alumnado de 2ª convocatoria (repetidor) pode optar por implicarse en todas as actividades que realiza o alumnado ordinario desde inicios do semestre, e neste caso estaría a todos os efectos dentro da casuística xeral. Se decide non participar da actividade ordinaria da materia, de cara á avaliación deberá facer unicamente a proba específica (a mesma que o alumnado habitual) e respéctanselle (por un ano) as cualificacións obtidas o curso anterior nos restantes apartados obxecto de avaliación. O alumnado de 3ª e posteriores convocatorias deberá falar co docente no mes de setembro para determinar cal será o seu plan de traballo e avaliación.
De calquera maneira, con carácter xeral o alumnado repetidor deberá poñerse en contacto co/coa docente (empregando o horario de titorías) dentro das dúas primeiras semanas de curso, a fin de acordar o plan de traballo específico que en cada caso se seguirá.
Para o caso do alumnado con dispensa de asistencia a clase recoñecida formalmente, o único exercicio que se lle considerará a efectos de avaliación nesta materia será unha proba específica na que se valorarán todos os contidos traballados na materia, tanto nas sesións expositivas como nas interactivas. É unha proba semellante á do alumnado habitual, pero coas seguintes diferenzas: consta de 20 preguntas máis (70 en total), o umbral de respostas validadas para aprobar é 35, e a multiplicación de cada resposta validada será por 0,143 puntos. Cada dúas respostas incorrectas resta unha das correctas. As preguntas sen responder non teñen efecto na puntuación. O alumnado que non acade un mínimo de 35 respostas validadas, recibirá como nota final máxima un 4. En todo caso este alumnado deberá pasar a falar co/coa docente necesariamente na mesma semana na que solicita a dispensa, para concretar o seu plan de traballo na materia.
O alumnado que presente calquera tipo de diversidade funcional que lle dificulte a asistencia e/ou o seguimento diario normal da materia, debe poñerse en contacto co/coa docente á maior brevidade, quen terá en consideración a súa situación sempre que veña certificada a través de documento expedido polo Servizo de Promoción e Integración Universitaria (é o servizo da USC competente a estes efectos). Ambas partes acordarán as adaptacións curriculares da materia que fosen pertinentes para atender cada situación particular, e mesmo poderían arbitrar a mesma solución avaliativa prevista para o alumnado con dispensa.
PROXECTO COMPETENTE(S)
En virtude da participación desta materia no proxecto CompetenteS impulsado pola CNL da Facultade (co perfil de galego), e coa intención de que os profesores poidan, xa que logo, avaliar o dominio por parte do alumnado da competencia T2 da USC (coñecemento instrumental da lingua galega, tanto a nivel oral como escrito), as e os estudantes normalmente presentarán en galego tanto as súas exposicións orais como os traballos escritos da materia. Ao mesmo tempo, seranlles valoradas no apartado de participación e presentación as súas intervencións en galego.
ADVERTENCIA SOBRE PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS NA REALIZACIÓN DE TAREFAS OU PROBAS
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
150 horas totais (51 presenciais e 99 de traballo autónomo), que se reparten do seguinte xeito:
- Actividades expositivas en grupo grande: 24 horas presenciais e 35 de traballo autónomo.
- Actividades interactivas en grupo mediano: 24 horas presenciais e 45 de traballo autónomo.
- Actividades titoriais en grupo pequeno: 3 horas presenciais e 19 de traballo autónomo.
- Asistencia continuada ás aulas e participación activa nelas.
- Realización do conxunto dos traballos e actividades programadas.
- Lectura atenta do programa da materia e do resto de materiais que os/as docentes acheguen para aclarar aspectos relativos a contidos, probas, traballos, etc.
- O/A docente informará na aula ao alumnado cada vez que deixe material para a ampliación de contidos, para o que se creará un curso virtual da materia aloxado no Campus Virtual da USC, a fin de evitar o gasto de papel que implica o indicado anteriormente.
- No que cómpre aos traballos que elabore o alumnado, estes deberán respectar as seguintes condicións:
1. Normas de estilo e formato: ver www.usc.es/gl/servizos/snl/asesoramento/index.html, especialmente o apartado “Criterios lingüísticos”. É tamén importante ter en conta o traballado nas sesións (no caso de que se organicen) de competencias xenéricas de primeiro curso respecto da comunicación escrita.
2. Aforro enerxético: cada traballo será presentado nun só volume, con folios tamaño DIN A4, grampados; non incluirá follas en branco no interior nin plásticos ou outros envoltorios innecesarios no exterior; na impresión utilícese calidade “aforro de tinta” ou “borrador”; sempre que sexa posible, empréguese papel escrito polas dúas caras, e mellor, reciclado; evítese abusar das negriñas, das maiúsculas, das cores, e de anexos que non teñan relación cos temas desenvolvidos.
3. Entrega: os traballos poden entregarse ata as 21 horas do día que se sinale como data límite. Deixaranse no compartimento do ou da docente na conserxería da Facultade; tamén poden enviarse por correo postal certificado, sempre e cando o día de envío non exceda a data límite. Non se admitirán se unicamente se envían por correo electrónico.
4. Valoración: á marxe da calidade dos contidos en si (en relación coa materia), a valoración final de cada traballo tamén terá en conta a gramaticalidade, a cohesión, a coherencia, a adecuación e o formato. O plaxio implicará a desestimación do traballo.
- Normas de comportamento nas clases:
- O alumno/a que entre tarde a clase ou o que saia antes do remate desta: no caso de que fose por razón xustificada, deberá presentarlle ao profesor canto antes a ficha de xustificación de inasistencias; do contrario, tanto nun caso coma noutro, computará como falta de asistencia.
- Durante as clases: o alumnado permanecerá na aula salvo por motivos de urxencia ou de saúde. Por suposto manterá un comportamento adecuado, silencioso, respectuoso e construtivo en beneficio dun bo desenvolvemento das sesións, sobre todo no tocante ao uso da palabra.
- Móbiles ou calquera outro aparello/instrumento que poida xerar ruído: estarán apagados durante as clases.
- Ordenadores portátiles, tabletas, etc.: poden ser empregados na aula sempre que o seu uso sexa pertinente ao obxecto de cada clase.
- Bebida ou comida: absterse de traer calquera tipo de comida ou bebida ás clases, salvo por motivos xustificables de saúde; se é este o caso, infórmese canto antes ao docente.
- Mobiliario: por favor cóidao, e non escribas nas mesas (respecta o traballo do persoal de limpeza).
- Ao marchar da aula: deixa ordenado o mobiliario da sala; evita abandonar calquera tipo de residuo ou resto fóra das papeleiras; se os usaches, apaga o canón e os equipos informáticos (tamén os pilotos stand by); se es a última persoa en saír, apaga as luces.
Obviamente trátase de normas básicas de respecto e boa convivencia entre persoas adultas, cuxo incumprimento terá efectos na avaliación final da materia. En definitiva, a cualidade e calidade das interaccións que se agardan e esixen de nós como universitarios/as precisan dunha implicación persoal que favoreza a expresión e difusión de ideas libre e respectuosa, a eficacia da formación e a extensión da ciencia.
- A USC é unha universidade presencial, na que se esixe un mínimo de asistencia do 80% ás sesións presenciais de cada materia para poder superalas. A adaptación desta norma xeral a casos cunha problemática moi específica e xustificada será negociada particularmente coa/co estudante afectado, e por iniciativa del ou dela. Podería establecerse co alumno/a un plan de traballo individualizado que flexibilizase as esixencias avaliativas do programa da materia durante o tempo que fose conveniente e que tivese en conta as circunstancias particulares do/da estudante, pero sempre garantindo o cumprimento da normativa da USC e da Facultade, a equidade na avaliación, e a igualdade de oportunidades entre todo o alumnado.
- Precisamente en referencia á casuística antes sinalada, a alumna ou alumno que durante o semestre se vise afectado por calquera circunstancia (persoal, emocional, familiar, económica, de saúde, etc.) que dificultase ou impedise o seu progreso normal na materia e/ou a súa asistencia habitual ás sesións presenciais, debería poñer a súa situación en coñecemento do/da docente o antes posible, por se fose conveniente executar as adaptacións antes aludidas.
- O alumnado que non asista habitualmente a clase (sexa porque repite a materia ou por outras circunstancias) deberá respectar as datas xerais de entrega de traballos, sendo ademais recomendable que manteña contacto periódico co/coa docente a través das titorías para asegurar o axeitado progreso na materia e a superación dos seus obxectivos de aprendizaxe.
- Salvo acordo establecido explicitamente co/coa docente, inicialmente e con carácter xeral non se farán distincións de ningún tipo na avaliación, entre o alumnado que asiste habitualmente a clase e o que non o fai.
- Queda a xuízo do/da docente admitir como suficientemente xustificativo ou non calquera documento que un alumno ou alumna lles entregue explicando a súa ausencia (falta) a algunha sesión presencial. En todo caso eses xustificantes deberán entregarse antes de 7 días despois da inasistencia; utilícese sempre ao respecto a ficha de xustificación de inasistencias que as/os profesores deixarán no curso virtual, e aténdanse as indicacións que na propia ficha se especifican.
- O profesorado pon a disposición do alumnado, e ao longo de todo o curso, un horario semanal de titorías (as horas concretas figuran tanto na porta dos despachos, como no apartado “Horario do profesorado” da páxina web da Facultade). Este horario está a disposición do alumnado, que usará libremente para tratar calquera cuestión que teña que ver coa materia ou coa carreira, e moi especialmente para recibir asesoramento e orientación (sempre que a/o estudante queira, por suposto) de cara a conseguir unha adecuada elaboración tanto das exposicións orais como dos traballos escritos que se han de preparar.
-Calquera traballo escrito que o alumnado presente para esta materia no presente curso académico poderá ser recollido por calquera dos seus autores (no despacho do profesorado, e no seu horario de titoría en todo momento) ao longo mes de setembro do curso inmediatamente posterior ao seguinte curso académico. (é dicir, o profesor conserva o traballo durante case dous cursos académicos). A partir do 1 de outubro seguinte, os documentos non recollidos serán destruídos.
Jose Ramon Veiga Alonso
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 982821031
- Correo electrónico
- xoseramon.veiga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Delmiro Rocha Alvarez
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 982824735
- Correo electrónico
- delmiro.rocha [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Noelia Valiño Vazquez
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Correo electrónico
- noelia.valino.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC_Campus Terra
Virginia Mosteiro Cagide
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Correo electrónico
- virginia.mosteiro.cagide [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 21 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula 21 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_04 | Galego | Aula 21 |
Venres | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 24 |
10:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 24 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_03 | Galego | Aula 27 |
17.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 29 |
17.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
19.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 29 |
19.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |