Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia, de carácter optativo, considérase imprescindible na formación do mestre, xa que inflúe de xeito determinante en situacións que, no seu desempeño profesional, vai ter que enfrontar e tamén dá sentido ás decisións que terá que ir tomando e que atinxen aos alumnos, as súas familias, o centro escolar e a comunidade.
O propósito xeral desta materia é que os alumnos adquiran as competencias necesarias (coñecementos teórico-prácticos, habilidades e actitudes) para poder planificar, desenvolver e avaliar programas que fomenten a participación no desenvolvemento do labor escolar, así como na xestión e toma de decisións propias do centro educativo, por parte de todos os axentes intervintes.
Preténdese tamén propiciar a apertura do futuro mestre á comunidade (familias, contorna social e natural) para apoiarse, aproveitarse e tentar coordinar os diferentes influxos conformadores que, entre todos, provocan sobre os nenos cos que se convive.
Igualmente, pretende sentar as bases que favorezan e posibiliten a súa concepción do centro educativo como un axente social para o cambio e para a mellora.
Especificamente, os obxectivos a adquirir e/ou mellorar traballando nesta materia son:
1. Valorar a importancia da participación de todos os axentes no proceso educativo.
2. Analizar as interaccións do centro educativo cos seus axentes, coa contorna social e coas institucións, valorando a súa potencialidade como factor de desenvolvemento.
3. Descubrir a función do equipo directivo na optimización das relacións co alumnado, pais e profesores.
4. Planificar accións que fomenten a participación desde a dirección do centro: axentes, metodoloxía e recursos.
5. Analizar de xeito crítico e desde unha perspectiva de centro a importancia das familias no contexto educativo, especialmente a través das ANPA e das Escolas para pais e nais.
1. A participación nos centros escolares
1.1. Reorganización dos centros educativos: Centralización ou delegación do poder?
2. Interacción do centro coa contorna.
2.1. Unha escola de colaboración e apertura
3. Influencia da contorna e as tipoloxías de centros na dirección.
3.1. Culturas organizativas e participación
4. A participación das familias nos procesos de ensino-aprendizaxe.
4.1. Potenciación da contorna de aprendizaxe a través das familias
4.2. Estratexias interxeneracionais
4.3. A Escola de Pais e Nais
4.4. As ANPA
5. O centro como factor ou axente de desenvolvemento comunitario.
5.1. A importancia da escola nas contornas rurais.
Aguirre García-Carpintero, A; Traver-Martí, J; Moliner Miravet, L. (2012). La escuela incluida. Dinamizando la participación escolar en la comunidad mediante diagnóstico social participativo. Recuperado de: http://repositori.uji.es/xmlui/handle/10234/62065
Bartau Rojas, I; Etxeberría Murgiondo, J; Maganto Mateio, J; Martínez, R (2000): Evaluación de un programa de intervención dirigido a fomentar la participación de la comunidad educativo en los Centros Escolares. Bordón. Revista de Pedagogía. Vol. 52, nº 3, pp. 197-212. Recuperado de: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=54658
Farfán Tigre, A; Mero Delgado, O; Sáenz Gavilanes, J (2016): Consideraciones generales acerca de la gestión educativa. Dominio de las Ciencias. Vol. 2, nº4. Pp. 179-190. Recuperado de: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=5802875
Graffe, G. (2017): Proceso de transformación de la escuela: algunas consideraciones para su dirección. Retóricas, resistencias y convergencias: los nuevos modelos de gestión en las instituciones educativas. Vol. 23, nº 1, pp. 47-58 Recuperado de: https://revistas.userena.cl/index.php/teduacion/article/view/1001
Muñoz Zamora, G. (2011): La democracia y la participación en la escuela: ¿cuánto se ha avanzado desde las normativas para promover la participación escolar? Revista de estudios y experiencias en educación. Vol. 10, nº 19. Pp. 107-129. Recuperado de: http://www.rexe.cl/ojournal/index.php/rexe/article/view/123
Traver Martí, J; Sales Ciges, A; Moliner Harcía, O (2010): Ampliando el territorio: algunas claves sobre la participación de la comunidad educativa. Revista Iberoamericana sobre Calidad, Eficacia y Cambio en Educación. Vol. 8, nº 3; pp. 96-119. Recuperado de: https://www.redalyc.org/pdf/551/55115052007.pdf
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Arenas Fernández, M.G.; Santos Guerra, M.A. (dir) (1999): El Crisol de la participación: investigación sobre la participación en consejos escolares de centro. Málaga : Aljibe
Escámez, J. (2002): La Educación de la ciudadanía: de la participación en la escuela a la participación ciudadana. Madrid. CCS.
Escarbajal Frutos, A. (2015): Comunidades interculturales y democráticas: Un trabajo colaborativo para una sociedad inclusiva. Madrid : Narcea
Franco Martínez, R. (1989). Claves para la participación en los centros escolares: ocho secretos para Consejos Escolares, equipos directivos, CEPs, claustros de profesores, asociaciones de alumnos y APAs. Madrid: Escuela Española.
García Bacete, F.J. (2006): Comunicación cooperativa entre la familia y la escuela: una guía para promover la colaboración entre profesores y padres. Valencia: Nau Llibres
Garreta i Bochaca, J. (2017): Familias y escuelas : discursos y prácticas sobre la participación en la escuela. Madrid : Pirámide
Gavira Soto, J.L. (2009): La educación inclusiva: de la exclusión a la plena participación de todo el alumnado. Barcelona: ICE-Horsori
Gavira Soto, J.L. (2014): La participación de las familias en la educación escolar : mirando al futuro. Madrid: Secretaría General Técnica, Subdirección General de Información y Publicaciones
Gavira Soto, J.L. et al. (2014): La participación de las familias en la educación escolar : mirando al futuro. Madrid : Secretaría General Técnica, Subdirección General de Información y Publicaciones
Gento Palacios, S. (1994): Participación en la gestión educativa. Madrid: Santillana
Hargreaves, A. (2008): El Liderazgo sostenible: siete principios para el liderazgo en centros educati
COMPETENCIAS BÁSICAS E XENERAIS
G7 - Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa
G6 - Coñecer a organización dos colexios de educación primaria e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Desempeñar as funcións de titoría e de orientación cos estudantes e as súas familias, atendendo as singulares necesidades educativas dos estudantes. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
TRANSVERSAIS
T2 - Coñecemento instrumental da lingua galega
T3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación
ESPECÍFICAS
E69 - Coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social
E22 - Relacionar a educación co medio, e cooperar coas familias e a comunidade
E9 - Analizar a práctica docente e as condicións institucionais que a enmarcan
E10 - Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país e os condicionantes políticos e lexislativos da actividade educativa
E20 - Mostrar habilidades sociais para entender ás familias e facerse entender por elas
A metodoloxía que levará a cabo nesta materia constará de:
1. Sesións de exposición dos fundamentos teóricos de conceptualización e procesos sobre a orientación educativa. Estas exposicións realizaranse para todo o grupo de alumnos da materia e corresponden aos créditos teóricos. Os procedementos utilizados para traballar os bloques dentro destas sesións serán os seguintes:
- Exposición dos contidos nunha dinámica que permita a relación entre as propostas conceptuais, os avances das investigacións, os problemas da práctica e a reconstrución da experiencia persoal dos alumnos
- Dossiers bibliográficos: son unha selección de documentos representativos do contido preparados polo profesor. Serven de complemento e afondamento sobre os contidos expostos nas clases, é dicir, permiten a lectura e estudo individualizado sobre un tema.
2. Sesións de traballo nas sesións interactivas. As actividades son propostas amplas de acción onde converxen aprendizaxes, contidos, intencións, e os coparticipantes achegan á actividade as súas experiencias previas, a súa contorna social e cultural, e as súas características individuais . Nelas propiciarase a implicación do alumnado en:
• Estudo de casos e posterior análise
• Xogos de rol que escenifiquen situacións habituais en centros educativos
• Procura de información, interpretación e posta en común posterior
• Realización e exposición de traballos prácticos
• Investigación e deseño de propostas
• Debates
• Coñecemento de persoas e experiencias relacionadas coa materia de relevancia verificada a través de charlas e coloquios que poden ser presenciais ou por vídeoconferencia.
Todo isto, no marco dun Plan de Convivencia.
Teranse en conta obrigatoriamente os intervalos da porcentaxe que se establece na ficha de cada materia no plan de estudos. En todo caso, a avaliación será continua, estando influenciada, por tanto, aos seguintes elementos e indicadores:
1 - ALUMNADO ASISTENTE
A- Participación na aula, cun peso do 10%.
Instrumentos de avaliación: Control de asistencia, rexistro de participación e observación.
Indicadores/orientacións para a avaliación: A puntuación total deste apartado será alcanzada por aqueles alumnos que asistan asiduamente a clase e que participen de forma activa, coa actitude adecuada, nas dinámicas que se propoñan.
A participación, ademais de ter en conta a asistencia, será heteroavaliada
Controlarase a asistencia nas sesións presenciais obrigatorias, que así se marquen. O alumnado debe ter, polo menos, o 80% das asistencias para considerarse a súa cualificación neste apartado.
B- Probas específicas, cun peso do 50%.
Instrumentos de avaliación: traballo académico final.
Indicadores/orientacións para a avaliación: un traballo académico negociado co alumnado a inicio do cuadrimestre.
Para aprobar a materia, será preciso alcanzar en este apartado un mínimo de 3 puntos.
C- Informe escrito e outras producións, cun peso do 30%.
Instrumentos de avaliación: Portafolios de actividades prácticas.
Indicadores/orientacións para a avaliación: Serán explicados pola Profesora a inicio das sesións da materia.
Para aprobar a materia, será preciso alcanzar neste apartado un mínimo do 1,5 puntos.
D- Presentacións orais, cun peso do 10%.
Instrumentos de avaliación: Exposicións de lecturas e traballos.
Indicadores/orientacións para a avaliación: neste punto serán valoradas as exposicións que se soliciten ao alumnado.
2- ALUMNADO NON ASISTENTE
O alumnado que, polas razóns que sexa, non alcance un mínimo do 50% nas sesións presenciais obrigatorias non poderá presentar traballos nin participar nas presentacións orais. Os alumnos que se atopen nesta situación deberán acudir ao exame final da materia.
3- ALUMNADO CON DISPENSA DE DOCENCIA
O alumnado con exención de clases teóricas respectará as datas de entregas dos traballos e demais requisitos establecidos, mantendo contacto coa profesora.
A- No prazo máximo dunha semana desde a concesión de dispensa pola Xunta de Facultade, deberá poñerse en contacto coa profesora responsable da materia. Non facelo así, pode supor o non poder participar dun sistema de avaliación alternativo.
B- Deberá asistir a aquelas sesións da materia que, polo seu contido e/ou metodoloxía, non poden ser traballadas de maneira autónoma. Indicaráselle na primeira toma de contacto cales son esas sesións.
C- Proporcionaráselle un Plan de Traballo alternativo diferenciado do alumnado non asistente. Concretarase nesa primeira semana unha vez concedida dispensa.
D- O exame obrigatorio será diferente ao dos alumnos asistentes, aínda que manterá o mesmo peso na avaliación final. No caso de que o exame sexa substituído por un traballo académico de fin de cuadrimestre, este, obrigatoriamente, será individual.
4. POSIBILIDADES DE RECUPERACIÓN
O alumnado que non supere a materia no período ordinario pode atoparse nunha das seguintes circunstancias na oportunidade de xullo:
A. Se no período ordinario asistiu ao 80% das sesións presenciais e ten cualificación nos catro apartados da avaliación, debe presentar unicamente o traballo académico final en xullo. Neste caso, manteranse as cualificacións do período ordinario e a súa proporcionalidade.
B. Se no período ordinario, non se obtivo cualificación nalgún dos catro apartados, participará da mesma proba final de xullo que o alumnado que se sitúa no caso anterior, pero a súa cualificación será, como máximo de 7 puntos, e deberá obter un mínimo de 5 puntos para aprobar a materia. Neste caso, non se terán en conta as cualificacións de traballos que o alumno/a puidese ter realizado durante o curso, nin se admitirán outro tipo de traballos.
C. No caso de que un alumno/a suspenda a materia na oportunidade de xullo, nas convocatorias de anos sucesivos ten a opción de ser avaliado segundo as condicións que se establecen no apartado A ou no apartado B. En calquera caso, esta decisión comunicarase ao docente na primeira quincena do cuadrimestre.
Outras cuestións relacionadas co sistema de avaliación serán comentadas e aclaradas co alumnado nos primeiros días de clase.
ALUMNADO REPETIDOR
Para o alumnado repetidor, a inicio de cuatrimestre e nunha titoría, negociarase o sistema de avaliación, sempre partindo dos criterios que se expoñen nesta guía, pero, tamén, considerando a posibilidade de levar a cabo unha avaliación final da materia na que se contemple a opción de conservar a cualificación naqueles traballos superados con anterioridade.
CONSIDERACIÓN AO RESPECTO DA AVALIACIÓN:
Os traballos individuais ou de grupo dos estudantes deben ser orixinais. A entrega de documentos onde existan claros indicios de plaxio suporá un suspenso na asignatura. Neste sentido, para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. De igual xeito, os traballos nos que se manexa información doutros autores deben estar debidamente referenciados con citas bibliográficas directas ou indirectas, preferentemente utilizando o estilo APA (sétima edición).
Actividades en gran grupo: Expositivas 18 horas.
Actividades en grupo mediano: Interactivas 18 horas.
Titoría: 2,25 horas.
Actividades e traballo autónomo do alumno/a: 74,25 horas.
HORAS TOTAIS: 112,5 horas.
É interesante que se traballe, fundamentalmente, en e coa bibliografía proposta.
Durante as clases expositivas e interactivas haberá algunhas prácticas que serán cualificables. A asistencia a clase supón a realización de todas estas prácticas e, polo tanto, a súa aparición en la cualificación final.
O seguimento da materia é, evidentemente, presencial. En caso de que esta presencialidade non se poda garantir, trasladarase o traballo ao Campus Virtual, mantendo os mesmos prazos programados, polo que se recomenda a todo o alumnado familiarizarse co manexo de ferramentas de traballo colaborativo en rede, coa contorna de aprendizaxe virtual e coas tecnoloxías de comunicación telemática. As titorías serán periódicas
A USC é unha Universidade presencial, polo que, tal como queda reflectido no sistema de avaliación, é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase. Os alumnos e alumnas que por algún motivo non poidan asistir á clase de forma continuada deberán contar cunha dispensa de asistencia que terá que ser aprobada pola Xunta de Facultade. O alumnado que se atope nesta situación deberá ter en conta as condicións que se establecen na avaliación en relación coa asistencia a clases.
O alumnado con Necesidades Educativas Específicas deberá de ser avaliado polo servizo correspondente (SEPIU) co obxecto de poder coñecer con maior fundamento a súa problemática e garantir a igualdade de trato.
O alumnado con Necesidades Educativas Específicas deberá de ser avaliado polo servizo correspondente (SEPIU) co obxecto de poder coñecer con maior fundamento a súa problemática e garantir a igualdade de trato.
Responsabilidade medioambiental:
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero:
No desenvolvemento das clases e na realización das diferentes actividades, respectaranse os criterios de igualdade de xénero.
A información que a USC recolle a este respecto pode ampliarse neste enlace.
https://www.usc.gal/es/servizos/oix/modules/news/news_0009.html
Enelina Maria Gerpe Perez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821070
- Correo electrónico
- emaria.gerpe [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Martes | |||
---|---|---|---|
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula de Idiomas |
19:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula de Idiomas |
14.01.2025 19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 20 |
01.07.2025 19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 20 |