Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Corporal
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Comprender as diferentes perspectivas da teoría curricular, o concepto de didáctica da EF e as implicacións psicopedagóxicas da utilización dunha ou outra na práctica docente.
Comprender e utilizar o currículo oficial para elaborar propostas de ensinanza aprendizaxe enraizadas nos contextos educativos próximos.
Saber planificar e poñer en práctica simulada os contidos, a metodoloxía, os recursos e materiais da Didáctica da EF en Primaria, analizando, reflexionando, interpretando e sacando conclusións das observacións das prácticas realizadas.
Saber manexar con actitude crítica e reflexiva as fontes documentais propias da materia, utilizando con rigor académico a información extraída.
Coñecer e analizar a potencialidade das TIC como ferramenta de formación e medio de selección da información dende unha perspectiva crítica.
Valorar a importancia do mestre/a como investigador e colaborador, para mellorar a súa propia práctica, analizándoa e mantendo unha actitude de formación e innovación permanente.
Bloque 1. Teoría Curricular e Didáctica da Educación Física.
Teoría do Currículo. Aclaracións terminolóxicas.
Didáctica da Educación Física. Delimitación da disciplina e elementos para unha definición.
Teorías, modelos curriculares e Educación Física.
Bloque 2. A programación da ensinanza na Educación Física.
Características, requisitos e funcións da programación en EF.
A programación didáctica en EF: contido e estrutura.
Orientacións para a elaboración da programación didáctica en EF.
Planificación de Unidades Didácticas e sesións prácticas.
Bloque 3. Estratexias didácticas en Educación Física.
A xestión da sesión de EF. Tarefas e estratexias didácticas.
Estratexias que favorecen a autonomía do alumno, o coñecemento significativo e a inclusión.
A interacción e a aprendizaxe da Educación Física.
A estrutura da comunicación didáctica en EF.
A interacción profesor-alumno. Estilos de comunicación.
Interacción e comportamento docente.
Os estilos de ensino en EF.
Os espazos da EF como modelo ecolóxico.
Bloque 4. Os materiais curriculares da Educación Física.
Os materiais curriculares como mediadores do proceso de ensinanza-aprendizaxe.
Selección, elaboración, análise e avaliación.
Clasificación e reflexións sobre o seu uso.
Bloque 5. A avaliación en Educación Física.
Enfoque, sentido e finalidades da avaliación en EF.
O proceso de avaliación: que, como, cando, por que, para que?
Estratexias, técnicas e instrumentos de avaliación.
Bloque 6. Propostas curriculares en Educación Física. Do currículo oficial aos contextos educativos.
A unidade didáctica.
A sesión.
Básica:
Blázquez-Sánchez, D. (2017). Cómo evaluar bien Educación Física. EL enfoque de la evaluación formativa. INDE.
Contreras-Jordán, O.R. e García López, L. M. (2011). Didáctica de la educación física. SINTESIS.
Fraile, A. (coord.) (2004). Didáctica de la educación física: una perspectiva crítica y transversal. Biblioteca Nueva.
Sanchez-Bañuelos, F. (2003). Didáctica de la educación física. Pearson Education
Complementaria:
Aguado-Jódar, X. (1992). Unidades didácticas para primaria II: los nuevos juegos de siempre; El mundo de los zancos; Juegos malabares; Juegos de calle. INDE
Capllonch-Bujosa, M. (1994). Unidades didácticas para primaria III: habilidades y destrezas básicas. INDE
Cifuentes-Torres, C. (2000). Xogando na escola: unidades didácticas para o terceiro ciclo de educación primaria, educación física. Edicións Lea.
Contreras-Jordán, O. (2002). Didáctica de la educación física para primaria. Pearson: Prentice Hall
Fernández-García, E. (coord.) (2002). Didáctica de la educación física en la educación primaria. Síntesis.
Galera, A. (2001). Manual de didáctica de la educación física: una perspectiva constructivista integradora. Paidós.
González-Arévalo, C. (et al.) (2010). Didáctica de la Educación física. Ministerio de Educación, Instituto de Formación del Profesorado, Investigación e Innovación Educativa. Graó.
Hernández-Alvarez, J.L. e Velázquez-Buendía, R. (coords.) (2004). La Evaluación en educación física: investigación y práctica en el ámbito escolar. Graó.
Plaza-Ramos, R. (et al.) (1999). Elaboración informatizada de unidades didácticas para primaria. Gymnos.
Sales-Blasco, J. (1999). Unidades didácticas para primaria X: afirmamos la lateralidad; un poco de cada bloque; vamos a jugar. INDE.
Siedentop, D. (1998). Aprender a enseñar la Educación Física. INDE
XERAIS:
X1: Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos arredor dos procedementos de ensinanza-aprendizaxe respectivos.
X2: Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensinanza aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
X4: Deseñar e regular espazos de ensinanza aprendizaxe en contextos de diversidade e que atiendan a igualdade de xénero, a equidade e o respeto dos dereitos humans que conforman os valores da formación ciudadana.
X5: Fomentar a convivencia na aula e fora dela, resolver problemas de disciplina e contribuir a resolución pacífica de conflictos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina personal nos estudantes.
X10: Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa, promovendoa entre os estudantes.
ESPECIFICAS:
E59: Coñecer o currículo escolar da educación física.
E61: Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.
BASICAS:
B1: Posuir coñecementos nunha área de estudo que parte da educación secundaria xeral, apoiada en libros de texto avanzados, e que inclúe tamén aspectos que implican coñecementos procedentes da vanguardia do seu campo de estudo.
B2: Saber aplicar os coñecementos o seu traballo ou vocación, dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e na resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3: Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro de su área de estudo) para emitir xuícios que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4: Poder transmitir información, ideas, problemas e solucions a un público tanto especializado como non especializado.
TRANSVERSAIS:
T2: Coñocemento instrumental da lingua galega.
T3: Coñocemento instrumental das TIC.
Ao longo do curso utilizaranse as modalidades formativas seguintes:
Clase expositiva:
Exposición oral dos contidos dos temas, en gran grupo, por parte do profesor/a, seguindo a secuencia dos contidos organizados en bloques temáticos. Incidiremos nas ideas fundamentais de cada un dos temas coa intención de que os alumnos adquiran un marco conceptual básico para interpretar, recompilar, organizar a información, formar, construír, expresar os seus coñecementos e transferir os conceptos dun contexto a outros, partindo da análise da bibliografía recomendada as súas propias indagacións.
Clases interactivas:
A metodoloxía docente enfatizará a aprendizaxe autónoma e significativa do alumno, sen olvidar que a aprendizaxe é un proceso dependente da ensinanza. Por iso, de xeito activo, colaborativo e participativo os alumnos realizarán traballos teórico-prácticos que implican recompilar e organizar a información, formar e construír conceptos partindo das súas indagacións e a titoría do profesor. Os traballos elaborados serán expostos aos compañeiros, coa finalidade de observar a posta en práctica das sesións analizando, de maneira crítica e reflexiva, todos os elementos que compoñen as sesions de EF. A partir desta análise realizaranse propostas de mellora do previamente planificado e posto en práctica.
A comunicación có alumnado realizarase a través do Campus Virtual.
Continuando co argumento da formación centrada na aprendizaxe do estudante, a avaliación deberá centrarse en todo o proceso. Para avaliar a docencia impartida, o programa e o seu desenvolvemento, entre outros elementos, utilizarase o diario, a calidade e profundidade das respostas dos alumnos as propostas plantexadas, a calidade das producións dos estudantes e o cuestionario. A avaliación do alumno será continua e con carácter formativo.
Os aspectos a avaliar e os instrumentos son:
- Probas do dominio dos contidos teórico-prácticos da materia (40%).
- Elaboración de traballos individuais e en grupo, valorando a presentación, redacción, rigor nas citas, a adaptación aos obxectivos propostos, a estrutura e orixinalidade, as reflexións persoais e a bibliografía consultada. (40%)
- Asistencia, participación e calidade das intervencións nas sesións presenciais e titorías. (20%)
Observacións:
- En todos os casos, para superar a asignatura terase que obter unha nota mínima de 5 sobre 10 en cada unha das partes.
-Obrigatoriedade de asistencia ó 80% das sesións prácticas (Consello de Goberno de 25 marzo de 2010).
O alumnado con dispensa de asistencia e exención oficial de docencia, debe comunicar esta circunstancia nos primeiros días de clase-titoría. O sistema de avaliación constará de:
- Probas de dominio dos contidos teórico-prácticos da materia (40%).
- Elaboración de 1 Monografía do temario, consensuada co profesor. (30%)
- Elaboración dunha Unidade Didáctica con 7-8 sesións: planificadas, postas en práctica nun centro escolar, reflexión sobre a gravación, propostas de mellora. (30%)
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
-Actividades en gran grupo...........................24 Horas
-Actividades en grupo mediano.....................24 Horas
-Actividades en grupo pequeno ou individual....3 Horas
-Actividades de traballo autónomo.................99 Horas
-Total: 150 Horas.
A titorización do alumnado será preferentemente presencial aínda que a petición do alumnado poderían ser a través de videoconferencia ou correo electrónico, especialmente no caso do alumnado con dispensa de asistencia ou exención de docencia.
Recomendase a asistencia e participación nas clases.
Ter en conta as pautas dadas para a elaboración, exposición e recompilación dos traballos.
Entregar os traballos en tempo e forma.
Contémplase a posibilidade de organizar, no marco desta materia, actividades co alumnado e con axentes externos á facultade, como poden ser centros educativos, asociacións, etc..., podendo desenvolverse aquelas tanto en espazos da USC como noutras localizacións.
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
Responsabilidade medioambiental. Se o docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://assets.usc.gal/sites/default/files/paragraphs/mor…
Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
Raúl Eirín Nemiña
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Teléfono
- 881812094
- Correo electrónico
- raul.eirin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Cristian Abelairas Gómez
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Teléfono
- 881812014
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Javier Rico Diaz
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Teléfono
- 881812014
- Correo electrónico
- javier.rico.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU