Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica das Ciencias Sociais
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
- Analizar e valorar os procesos históricos de construción de identidades.
- Identificar elementos que configuran os procesos de identificación patrimonial e os contextos nos que se producen.
- Analizar proxectos de centro e outras experiencias educativas vertebradas en torno á paisaxe e o patrimonio.
- Deseñar actividades e propostas para a educación primaria baseadas no patrimonio cultural e nos contextos ordinarios.
1. Grandes etapas do desenvolvemento histórico de Galicia.
2. O patrimonio material e inmaterial de Galicia: usos sociais e educativo
2.1. O patrimonio como construción: contextos de identificación patrimonial.
2.2. A educación patrimonial como instrumento para a construción dunha cidadanía democrática e inclusiva desde a educación primaria.
3. Creación e desenvolvemento das institucións educativas en Galicia:
3.1. Museos e espazos de presentación do patrimonio.
3.2. Modelos e experiencias educativas de educación patrimonial.
4. Profesorado, renovación pedagóxica e innovación educativas en Galicia
4.1. Perspectivas interdisciplinares para a educación patrimonial.
BÁSICA:
-Ávila, R. e Mattozzi, I. (2009). La didáctica del patrimonio y la educación para la ciudadanía. En R. Ávila e I. Matozzi (coord.), La educación de la ciudadanía y la formación del profesorado. Un proyecto educativo para la “Estrategia de Lisboa” (pp. 327-352). Patròn.
-Fontal, O., Ibáñez, A., Martínez, M. e Rivero, P. (2017). El patrimonio como contenido en la etapa de Primaria: del currículum a la formación de maestros. Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación del Profesorado, 20(2), 79-95.
-Fontal Merillas, O. (coord.) (2020). Cómo educar en el patrimonio. Guía práctica para el desarrollo de actividades de educación patrimonial (11-25). Comunidad de Madrid.
-Ortuño Molina, J. e Ponce Gea, A. I. (Eds.) (2018). Pensando el patrimonio: usos y recursos en el ámbito educativo. Editum. Ediciones de la Universidad de Murcia. https://doi.org/10.6018/editum.2649
COMPLEMENTARIA:
-Arévalo, J. M. (2004). La tradición, el patrimonio y la identidad. Revista de estudios extremeños, 60(3), 925-956.
-Ballart, J. (2007): El patrimonio histórico y arqueológico. Valor y uso. Ariel.
-Cuenca, J. (2003). Análisis de concepciones sobre la enseñanza del patrimonio en la educación obligatoria. Enseñanza de las Ciencias Sociales. Revista de Investigación, 2, 37-45.
-Cuenca, J. (2014). El papel del patrimonio en los centros educativos: hacia la socialización patrimonial. Tejuelo, 19, 76-96.
-Cuenca, J., Martín, M. e Estepa, J. (2020). Buenas prácticas en educación patrimonial. Análisis de las conexiones entre emociones, territorio y ciudadanía. Aula Abierta, 49(1), 45-54.
-Fontal Merillas, Olaia (2003). La educación patrimonial. Del patrimonio a las personas. Trea.
-Fontal, O., García Ceballos, S. e Ibáñez, A. (coords.) (2015): Educación y patrimonio: visiones caleidoscópicas. Trea.
-Fontal, O. e Marín, S. (2018). Nudos Patrimoniales. Análisis de los vínculos de las personas con el patrimonio personal. Arte, Individuo y Sociedad, 30(3), 483-500.
-Jiménez, G. (2020). El papel de las comunidades en el patrimonio: una reflexión en torno al patrimonio arqueológico. Revista PH. Instituto Andaluz del Patrimonio Histórico, 101, 100-121.
-Miralles, P., Gómez, C. e Rodríguez, R. (2017). Patrimonio, competencias históricas y metodologías activas de aprendizaje. Un análisis de las opiniones de los docentes en formación en España e Inglaterra. Estudios Pedagógicos, 43(4), 161-184.
-Sola, B. (Ed.) (2019). Exponer o exponerse. La educación en museos como producción cultural crítica. Catarata.
-Cada tema/bloque de contido terá asociada unha documentación específica (revistas, páxinas Web de interese) que será indicada, durante o proceso de ensino-aprendizaxe, ao alumnado.
-Revistas: Didáctica de las Ciencias Sociales, Geografía e Historia (Graó), Revista Interuniversitaria de Formación del Profesorado (RIFOP), Revista Electrónica Internuniversitaria de Formación del Profesorado (REIFOP), Didáctica de las Ciencias Experimentales y Sociales, Revista de Investigación en Didáctica de las Ciencias Sociales (REIDICS).
BÁSICAS E XERAIS:
CX7 - Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
CX2 - Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
CX5 - Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes.
CX8 - Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas.
CX9 - Valorar a responsabilidade individual e colectiva na consecución dun futuro sustentable.
CX12 - Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan os colexios de educación primaria e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
TRANSVERSAIS:
T2 - Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
ESPECÍFICAS:
MVT: Non existen datos.
A metodoloxía docente da materia se fundamenta na participación activa do alumnado, procurando que o profesorado desenvolva basicamente o papel de mediador e guía no proceso de construción de coñecementos, adquisición de estratexias e desenvolvemento de destrezas e actitudes na aula.
Nas aulas expositivas levarase a cabo a presentación do marco teórico e metodolóxico da materia por parte do profesorado, permitindo a súa integración no proceso de interacción cos estudantes, que deberán empregar o estudo autónomo para facerse cos fundamentos da materia.
Nas aulas interactivas as actividades procurarán a implicación do alumnado mediante a resolución de problemas, o desenvolvemento de experiencias e o estudo de casos. O alumnado deberá desenvolver un traballo persoal, tanto en grupo como individual, que favoreza unha aprendizaxe autónoma e cooperativa. De igual xeito, desenvolverá a súa capacidade comunicativa mediante a defensa oral do traballo realizado.
Tanto na aula como nas sesións de titoría o profesorado guiará todas as tarefas do alumnado e atenderá a dúbidas referidas á materia.
A aula virtual da USC empregarase como ferramenta metodolóxica que procurará garantir a calidade do ensino, permitindo tanto a entrega das tarefas do alumnado como a creación de repositorios de documentos para traballar na aula seleccionados polo profesorado da materia.
A avaliación comprobará o desenvolvemento efectivo das competencias.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás que se programasen de forma coordinada.
O sistema de avaliación da aprendizaxe inclúe:
Parte 1:
a) Asistencia e participación activa nas actividades individuais e en pequeno grupo desenvolvidas na aula; asistencia ás sesións interactivas e de titoría (10%).
b) Elaboración dun traballo individual baseado no comentario crítico de materiais de traballo seleccionados polo profesorado da materia ou ben unha reflexión sobre as actividades realizadas nas sesións interactivas (30%).
Parte 2:
c) Elaboración e presentación oral dun traballo en grupo baseado no deseño dunha actividade de educación patrimonial (60%).
Para obter puntuación na parte 1 será necesaria a asistencia, como mínimo, ao 80% das clases.
Na primeira e segunda oportunidade da primeira convocatoria é necesario obter como mínimo un 40% (4 sobre 10) na Parte 2 (apartado c) para que se lle poda sumar a puntuación da Parte 1 (apartados a e b). O alumnado que non teña puntuación na Parte 1 será cualificado unicamente coa nota da Parte 2 (apartado c), que ao representar o 60% do total non será superior a 6.
AVALIACIÓN DO ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA:
O alumnado con exención de docencia deberá falar cos docentes en horario de titorías na mesma semana de concesión da solicitude da exención para concretar o plan de traballo. Este alumnado será avaliado das Partes 1 e 2 de igual modo que o alumnado de convocatoria ordinaria, agás no que se refire á participación nas expositivas, que non poderá computarse.
AVALIACIÓN DO ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA:
En cumprimento da Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase, este alumnado deberá acordar na mesma semana de concesión da solicitude da dispensa o plan de traballo e avaliación específico que incluirá:
-Un programa de actividades relacionadas coas sesións expositivas e interactivas con prazos de entrega acordados. Isto representará o 50% da puntuación final.
-A realización dunha proba escrita na que amose a adquisición das competencias obxecto de avaliación na materia (50%).
AVALIACIÓN DO ALUMNADO REPETIDOR:
O alumnado de segunda convocatoria e posteriores deberá falar cos docentes nas dúas primeiras semanas do semestre para concretar o plan de traballo. Este alumnado terá que cursar e examinarse da materia exactamente igual que o alumnado ordinario, non conservando ningunha cualificación obtida en convocatorias anteriores.
O tempo de traballo estimado para esta materia en correspondencia cos 4,5 créditos que ten é 112,5 horas, que se distribúen en sesións de traballo presencial co profesorado ao longo do cuadrimestre e de traballo grupal e individual do alumnado organizado ao redor das tarefas que se indican na apartado "Metodoloxía da ensinanza" deste Programa.
Non se indican requisitos previos.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Responsabilidade medioambiental. Se o docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero:
o Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/igualdade/cultura-institucional
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
- Na saída ou saídas de campo que se realicen terase escrupuloso respecto pola contorna. Non se pode recoller ningunha mostra vexetal (follas de árbores, musgos, e outros seres vivos) agás as que estean caídas no chan. Evitaranse ruídos innecesarios que poidan molestar a outras persoas ou perturbar a calquera ser vivo. Non se deixará resto de ningún tipo. O medio sempre debe quedar mellor, ou como mínimo igual, do que o encontramos, nunca peor. Levarase unha bolsa para poder recoller algún lixo que se puidese encontrar e eliminar. Non se poderá utilizar teléfonos móbiles, nin outros artefactos, agás para realizar algún tipo de actividade de instrución relacionada coa actividade.
Belén María Castro Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Teléfono
- 881812072
- Correo electrónico
- belen.castro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Julia Feijóo Outumuro
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Correo electrónico
- julia.feijoo.outumuro [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Xoves | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 3º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 + Dobre Grao 3º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
27.05.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
30.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |