Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Conceptuais (saber):
• Entender o obxecto e finalidades da educación.
• Entender as relacións entre aprendizaxe e desenvolvemento.
• Coñecer, comprender e analizar os procesos psicolóxicos implicados no proceso de ensinanza-aprendizaxe.
• Coñecer as principias teorías sobre o proceso de ensinanza-aprendizaxe nos contornos educativos e os factores que os inflúen.
Procedimentais (saber facer):
• Manexar diferentes fontes de información que se relacionen coa psicoloxía da educación.
• Utilizar o coñecemento propio da materia como instrumento para a elaboración de criterios de intervención docente.
• Familiarizarse con procedementos estimuladores da actividade docente, as técnicas motivacionais e as estratexias de aprendizaxe e de ensinar a pensar e estudar.
• Desenvolver habilidades de intervención no proceso de ensinanza-aprendizaxe e adquirir un rigor metodolóxico e estratexias que lle permitan enfrontarse as problemáticas psicoeducativas.
Actitudinais (saber ser):
• Desenvolver unha actitude crítica, reflexiva e creativa fronte os problemas psicoeducativos
• Cultivar hábitos de traballo favorecedores da participación e da observación que inciten a manter unha actitude de permanente actualización na súa profesión.
• Adoptar unha disposición favorable cara o traballo en equipo, a colaboración cos compañeiros/as e promover valores de respecto, tolerancia, compromiso ético e apertura, tanto no período de formación como na conducta profesional posterior.
Bloque 1: Introdución á Psicoloxía da Educación.
1.Obxecto de estudo, contidos e a súa relación coa profesión docente.
Bloque 2: Os procesos de cambio.
2.Modelos de aprendizaxe condutual e cognitivo social.
3.Construtivismo e aprendizaxe.
4.Teoría sociocultural.
Bloque 3: Factores e procesos psicolóxicos implicados na aprendizaxe.
5.Variables cognitivas: intelixencia, aptitudes e estratexias, a creatividade e a educación.
6.Variables afectivas: motivación, autoconcepto e autoestima.
7.Interaccións entre procesos cognitivos e motivacionais: estilos de aprendizaxe.
Bloque 4: Contexto escolar e educación.
8.As interaccións no proceso de ensinanza-aprendizaxe.
9.Aprendizaxe, docencia e contidos curriculares.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
• Coll, C., Palacios, J. e Marchesi, A. (comps.) (2014). Desarrollo psicológico y educación II. Psicología de la educación escolar [Recurso electrónico]. Alianza.
• Prados, M. M., Pertegal, M. A., Sánchez, V., Reina, M. C., Sánchez-Queija, I. … e Mora, J.A. (2014). Manual de psicología de la educación. Para docentes de Educación Infantil y Primaria [Recurso electrónico]. Pirámide.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
• Álvarez-Pérez, L. (2007). Prácticas de Psicología de la educación. Pirámide.
• Beltrán, J. e Bueno, A. (1995): Psicología de la educación. Marcombo.
• Beltrán, J., García-Alcaniz, E., Moraleda, M., Calleja, F. e Santiuste, V. (1987). Psicología de la educación. EUDEMA
• Bueno, J.A. e Castanedo C. (1998). Psicología de la Educación aplicada. CCS.
• Coll, C. (1998). Psicología de la educación. Edhasa.
• Coll C., Palacios, J. e Marchesi, A. (2007). Desarrollo psicológico y educación II. Psicología de la educación escolar. Alianza.
• González, E. e Bueno, J.A. (2004). Psicología de la educación y el desarrollo en la edad escolar. CCS.
• González-Pienda, J., González-Cabanach, R., Núñez, J.C. e Valle, A. (2002). Manual de psicología de la educación. Pirámide.
• Hernández, P. (1991). Psicología de la educación. Trillas.
• Martín-Bravo, C. (1999). Psicología del desarrollo y de la educación en la edad escolar. Ambito.
• Mirás, F., Salvador, M. e Álvarez, J. (2001). Psicología de la educación y del desarrollo en la edad escolar. Grupo Editorial Universitario.
• Sampascual, G. (2001). Psicología de la educación. UNED.
• Santrock, J.W. (2006). Psicología de la educación. Trillas.
•Trianes, M.V. e Gallardo, J.A. (2005). Psicología de la educación y del desarrollo en los contextos escolares. Pirámide.
• Valle, A. e González-Cabanach. R. (1998). Psicología de la Educación I. Variables personales y aprendizaje escolar. Servicio de Publicaciones de la Universidad de A Coruña.
• Woolfolk, A. (2006). Psicología educativa. Pearson.
XENERAIS
CX2 - Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensinanza-aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros/as docentes e profesionais do centro.
CX4 - Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
CX10 - Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo entre os/as estudantes.
CX11 - Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
BÁSICAS
CB2 - Que os/as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os/as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os/as estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os/as estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
ESPECÍFICAS
CE1 - Comprender os procesos de aprendizaxe relativos ao período 6-12 no contexto familiar, social e escolar.
CE5 - Coñecer as propostas e desenvolvementos actuais baseados na aprendizaxe de competencias.
CE6 - Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe.
TRANSVERSAIS
CT1 - Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
CT2 - Coñecemento instrumental da lingua galega.
CT3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
A proposta metodolóxica a empregar pretende conxugar o formato de clase expositiva coas metodoloxías activas e participativas, así como o traballo autónomo e a autoaprendizaxe. Para a docencia desta materia empregaranse diferentes ferramentas que a Universidade de Santiago de Compostela pon a disposición do alumnado e profesorado, como Skype, Teams, Forms, Onedrive, Stream, Campus Virtual e Plataforma Firgoa, entre outras.
As actividades presenciais co grupo de clase completo terán como obxectivo introducir e explicar o sentido dos temas, clarificar os conceptos importantes, orientar e guiar a realización de traballos, dar unha visión global dos contidos dos diferentes bloques e relacionar coñecementos para facilitar a significatividade das aprendizaxes, polo que a exposición acompañarase, cando sexa pertinente, de organizadores previos, definicións, cadros sinópticos, esquemas…O apoio de material visual e recursos en rede empregarase para clarexar os contidos tratados e servir de referencia e punto de partida para os traballos e actividades de carácter grupal.
Co traballo en seminarios preténdese profundar en aspectos concretos das clases teóricas; as actividades a realizar incluirán a lectura e comentario de documentos, respostas a preguntas, análise de situacións prácticas, visionado de vídeos, estudo de casos, debates e realización de traballos. Con eles, preténdese que o alumnado aprenda a manexar diferentes fontes de información, propicie a transferencia da teoría á práctica, aprenda a elaborar e presentar informes, confronte diferentes puntos de vista e sexa capaz de construír significados compartidos axudado da labor mediadora do docente. A concreción das tarefas requiridas e os materiais necesarios serán presentado ó alumnado nas correspondentes sesións de clase.
As actividades a desenvolver nos grupos pequenos estarán centradas na resolución de problemas, conflitos e dúbidas, tanto a nivel individual como de grupo e a o seguimento no proceso de elaboración de traballos.
Indicar que o alumnado terá acceso a un dossier documental cun conxunto de lecturas coas que poderá realizar o traballo a que se refire o apartado de metodoloxía. Esta bibliografía obrigatoria, xunto cunha ampla lista de referencias optativas, aparece na Guía Docente que está a disposición do alumnado na plataforma Moodle ou no Campus Virtual.
Esta materia impártese en dous grupos (mañá e tarde) do Grao de Mestre/a en Educación Primaria. De modo xeral, o profesorado encargado desta materia valorará de forma ponderada a asistencia á clase, as probas específicas e os documentos escritos que, nas súas diferentes modalidades, se programen. En función da singularidade coa que os profesores e profesoras encargadas de cada un dos citados grupos deciden organizar a docencia, as Guías docentes contemplan o peso que na cualificación final teñen o exame, a participación do alumnado nas actividades programadas para cada unha das sesións do curso e a elaboración, en equipos cooperativos e/ou individualmente, monográficos, informes, recensións.
Na primeira das Guías docentes establécese que a avaliación do curso realizarase tendo en conta o nivel de logro ponderado seguinte: o criterio xeral de partida é que a cualificación final debe proceder nun 15% da participación no desenvolvemento das actividades e dinámicas propostas dentro do período de clases na aula, nun 45% das actividades INDIVIDUAIS (sínteses, audios, exames...) realizadas sobre os contidos teóricos tratados na materia nas sesións expositivas e nun 40% das actividades GRUPAIS (informes, presentacións, vídeos...) propostas nas sesións interactivas. No caso do alumnado de Dispensa/Exención, o criterio xeral de partida é que a cualificación final debe proceder nun 50% das actividades realizadas sobre os contidos teóricos tratados na materia nas sesións expositivas e nun 50% das actividades propostas nas sesións interactivas.
Na segunda das Guías docentes prevense dous instrumentos de avaliación: informe-síntese grupal (80%) e informe-síntese individual (20%). De acordo coa Guía docente, nos dous informes-síntese valorarase a relevancia do contido, a estrutura e a organización do discurso, a integración e relación conceptual, a comprensión, a expresión adecuada e a reflexión.
Tanto para un sistema de avaliación como para o outro, partindo da Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011, e tendo en conta que se emprega un sistema de avaliación continua, para poder ser avaliada/o na materia:
1. O alumnado deberá asistir obrigatoriamente a un mínimo do 80% das sesións de clases.
2. O alumnado deberá ter participado, realizado e presentado, polo menos, un 80% de todos os traballos obrigatorios requiridos durante o período lectivo.
3. O alumnado deberá realizar todas as actividades que só poidan desenvolverse presencialmente nas clases expositivas e interactivas.
4. Os traballos individuais ou grupais do alumnado deben ser orixinais. A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado en seguintes convocatorias nin para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
A non realización das actividades propostas nas sesións expositivas/interactivas e/ou a non asistencia a clases levará consigo unha cualificación de "non presentado" en ambas convocatorias. A entrega dun traballo copiado/plaxiado levará consigo unha cualificación de “suspenso”, en ambas convocatorias.
Cando non se superen as actividades vinculadas ás sesións expositivas ou ás sesións interactivas, a cualificación que figurará en actas, na convocatoria ordinaria e extraordinaria, será de "suspenso", co valor numérico máis próximo ao 5 obtido nun ou outro apartado de avaliación.
A materia ten un total de 51 horas de clases presenciais, distribuídas en clases expositivas co grupo de clase completo, actividades de grupos en seminarios, estudo de casos, guías e orientación de traballos e titorías.
Estímase que o alumnado deberá dedicar unhas 99 horas ao seu traballo autónomo para poder superar a materia. Destas, aproximadamente 35 estarán centradas en tarefas de estudo, preparación de materiais, busca de información e análise de documentos; en torno a 45 dedicaraas ás lecturas e elaboración de traballos, esquemas, mapas conceptuais, busca de información complementaria ou preparación de presentación orais. Por último, unhas 19 empregaranse para o traballo en lecturas recomendadas, a aprendizaxe autónoma, a resolución de dúbidas e problemas na aprendizaxe dos contidos.
Dado o carácter básico da materia e a súa ubicación no plano de estudios non se indican requisitos previos; será recomendable que o alumno/a estableza relacións cos contidos propios das materias de Psicoloxía do Desenvolvemento e Dificultades de Aprendizaxe e trastornos do desenvolvemento.
É indispensable que o alumnado se implique activamente dende o inicio na dinámica e funcionamento da materia para lograr superala con éxito; así mesmo recoméndase unha abordaxe comprensiva e significativa da mesma abandonando a actitude de só recepción da información habitual en outros ámbitos educativos.
INFÓRMASE AO ALUMNADO QUE:
• En atención aos criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
• Todas as comunicacións deben realizalas de forma obrigatoria empregando a conta de correo rai.
• Ten que empregar obrigatoriamente as ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
• Non pode empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente. O alumnado responsabilizase das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
• Os traballos realizados deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
• O proceso de ensinanza-aprendizaxe (clases / titorías) é privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o alumnado matriculado na materia.
• É obrigatorio o cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
• No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión cualificacións.
Juan Carlos Pardo Perez
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813726
- Correo electrónico
- juancarlos.pardo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Zeltia Martínez López
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881812130
- Correo electrónico
- zeltia.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_01 (A - D) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 (A - L) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 (A - L) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_02 (E - L) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
Martes | |||
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_04 (Ñ - Rodríguez F) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
19:00-20:30 | Grupo /CLE_02 (M - Z) + Dobre Grao 1º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
Mércores | |||
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_03 (M - N) + Dobre Grao 1º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 24 |
Xoves | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_05 (Rodríguez G - Z) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
08.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - L) | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
08.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - L) | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
17.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A - L) | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |