Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Socioloxía
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
- Entender a educación como un sistema dentro do sistema social no seu conxunto.
- Entender a educación como práctica social, condicionada por variables de idade, de clase social, de xénero, de pertenza étnica ou cultural
- Coñecer e analizar criticamente as TIC e a súa influencia na sociedade
- Coñecer a influencia do medio socio-familiar e o seu entorno na educación
- Fomentar a análise transversal desde un marco interpretativo feminista
Os contidos do programa organízanse en catro bloques, que se especifican a continuación:
BLOQUE I. CONTEXTO SOCIAL DA EDUCACIÓN: SOCIOLOXÍA DA EDUCACIÓN
I.1. Interese sociolóxico pola educación: a imaxinación sociolóxica.
I.2. A sociedade posmoderna: globalización, rol dos medios de comunicación e das TIC e colonización do saber.
I.3. O papel da educación na sociedade actual: contexto social e sistema educativo, socialización e construción social.
BLOQUE II. PARADIGMAS E TEORÍAS DA SOCIOLOXÍA DA EDUCACIÓN: O BORRADO DAS FUNDADORAS
II.1. Achegas dos clásicos
II.1.1 Traballo e formación en Marx.
II.1.2. Escola e reprodución en Durkheim.
II.1.3. Educación e cultura en Weber.
II.2. A historia esquecida das fundadoras da socioloxía.
II.3. Teorías contemporáneas e retos da socioloxía da eduación
II.3.1. Teorías da reprodución.
II.3.2. Paradigmas interpretativos da socioloxía da educación.
II.3.2. Teorías da resistencia: problemas actuais, desigualdes e resistencias.
BLOQUE III. INVESTIGACIÓN DESDE A SOCIOLOXÍA DA EDUCACIÓN: APLICACIÓN PRÁCTICA DA INVESTIGACIÓN-ACCIÓN PARTICIPACIÓN/ETNOGRAFÍA DIXITAL.
III.1.1. Investigación cuantitativa, cualitativa e mixta.
III.1.2. Características principais da IAP.
III.1.3. Características principais da etnografía dixital.
III.1.4. Pregunta de investigación e obxectivos.
III.1.5. Aspectos metodolóxicos: tratamento e análise dos datos.
III.1.6. Técnicas de investigación.
BLOQUE IV. SOCIOLOXÍA DA EDUCACION, FEMINISMOS E INTERSECCIONALIDAD: ANÁLISE DAS CARACTERÍSTICAS E CUESTIÓNS MÁS RELEVANTES DA SOCIEDADE ACTUAL
IV.1. Marco interpretativo feminista e interseccional para a análise do contexto social e educativo.
IV.1.1. Análise das desigualdades en educación: diferenzas sociais, de clase, xénero, étnicas, culturais, entre outras.
IV.1.2. Interculturalidad crítica e educación.
IV.1.3. Sociedades patriarcais: dominio masculino e violencia contra as mulleres.
IV.1.4. Discriminacións ás persoas LGTB+: LGTBfobia
IV.2. Cambio social e educación:
IV.2.1. Abordaxe das masculinades.
IV.2.2. Educación afectivo-sexual: unha materia pendente.
IV.2.3. A educación como práctica da liberdade.
IV.2.4. Retos e prácticas inclusivas en educación: o interese da socioloxía da educación e o feminismo para futuros e futuras mestras.
Bibliografia Basica
- Bourdieu, P. y Passeron, J.C. (1977). La reproducción. Elementos para una teoría del sistema de enseñanza. Ed. Laia.
- Durkheim, E. (1975). Educación y Sociología. Ed. Península.
- Hooks, B. (2021). Enseñar a transgredir. Ed. Capitán Swing
- Lengermann, P.M. y Niebrugge, G. (Eds.) (2019). Fundadoras de la Sociología y la teoría social 1830-1930. Centro de Investigaciones Sociológicas.
Bibliografia Complementaria
Berger, P. y Luckmann, T. (2012). La construcción social de la realidad. Amorrortu (Obra original publicada en 1966).
Byung-Chul, H. (2015). La sociedad de la transparencia (R. Gabás, Trad.). Trivillus.
Cobo, R. y Fernández, B. (Eds.) (2022). Sociología Feminista. Comares.
Díaz, C. y Dema, S. (Ed.) (2013). Sociología y Género. Tecnos.
Fernández-Enguita, M. (Ed.) (1999). Sociología de la Educación. Ariel.
Fernández-Enguita, M. (coord.) (2020). La organización escolar: repensando la caja Negra para poder salir de ella. Anele.
Fernández Palomares, F. (2003). Sociología de la Educación. Pearson.
Freire, P. (2002). Pedagogía del Oprimido (16ª ed.). Siglo XXI.
García Marín, J. (2018). Novas Masculinidades: o feminismo a (de)construir o homen. Através.
García Marín, J. (2019). Papá porqué non pintas as unhas de cores?. Galaxia.
Giddens, A. y Sutton, P. W. (2015). Conceptos Esenciales de la Sociología. Alianza.
Goffman, E. (2012). Estigma (2ª ed.). Amorrortu (Obra original publicada en 1963).
Guerrero, A. (2009). Manual de Sociología de la Educación. Síntesis.
Hooks, B. (2022). Respondona. Ed. Paidós
Hooks, B. (2022). Enseñar pensamiento crítico. Ed. Rayo Verde
Macionis, J.J. e Plummer, K. (2011). Sociología (4ª ed.). Pearson.
Robinson, K. (2021). Escuelas creativas: la revolución que está transformando la educación. Penguin Random House.
Subirats, M. (2017). Coeducación: apuesta por la libertad. Octaedro.
Taberner, J. (2008). Sociología de la Educación: el sistema educativo en sociedades modernas: funciones, cambios y conflictos. Tecnos.
Trinidad, A., Fernández, F., Bejarano, J.F., y Santiago, M.J. (Coords.) (2021). La educación desde la sociología: comunidad, familia y escuela. Tecnos.
Básicas
B3- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Xerais
G7- Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
G12- Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan os colexios de educación infanti/primaria e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos
Específicas
E22- Relacionar a educación co medio, e cooperar coas familias e a comunidade.
E23- Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidad e interculturalidad; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sostible.
E24- Coñecer a evolución histórica da familia, os diferentes tipos de familias, os estilos de vida e educación no contexto familiar.
Transversais
T3- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
A metodoloxía relaciónase cos procesos de ensino/aprendizaxe e, por tanto, debe planificarse de forma que conduza á consecución das competencias establecidas. Nesta materia levarán a cabo metodoloxías participativas, baseada nos postulados de Hooks, Freire, Colectivo de Mujeres de Matagalpa, entre outros.
As realidades diversas nas que interveñen os e as mestras son complexas, dinámicas, cambiantes, polo que se fai necesario empregar metodoloxías que sexan coherentes coa vida mesma, porque como sostén Assmann (2002) só así se lograrán aprendizaxes verdadeiras e duradeiras. Para iso, partirase da vida cotiá, das experiencias, do contexto, das dificultades, dos saberes, das percepcións e emocións das persoas participantes, que son as protagonistas do proceso participativo. Isto implica xerar espazos de seguridade, de protección, de confianza, de recoñecemento, de respecto á individualidade, diversidade e aos sentimentos, e impulsar o traballo colectivo, en equipo, promovendo o diálogo, a comunicación, o encontro, a participación e a creatividade.
Tipos de actividades: presenciais e traballo autónomo
As actividades presenciais divídense en:
Actividades en gran grupo: clases expositivas destinadas á adquisición de coñecementos básicos, onde levarán a cabo dinámicas participativas para vincular a través destas os contidos teóricos.
Actividades en grupo mediano: clases interactivas onde levarán a cabo diferentes dinámicas que vinculan a teoría coa práctica, nas que ten un peso importante o traballo en equipo, a cooperación, o compromiso e o intercambio de experiencias. As actividades presenciais nesta modalidade requiren dun traballo persoal, autónomo, por parte do alumnado, tanto individual como co equipo de traballo do que se forme parte.
Actividades en pequeno grupo ou individuais: dirixidas a orientar ao alumnado dunha forma máis personalizada; a realizar un seguimento do proceso de traballo autónomo, tanto individual como de equipo; así como a resolver dúbidas tanto de aprendizaxes relacionadas coa materia como relativos a procedementos de traballo, técnicas vinculadas con competencias básicas e transversais, entre outras.
As actividades de traballo autónomo están dirixidas a que o alumnado realice procura de recursos, lectura destes, realización de traballos, estudo de contidos, que implicarán a elaboración de informes, presentacións, exposicións, entre outras.
En calquera caso, farase especial fincapé en que o alumnado, utilizando distintos procedementos, chegue a realizar de forma autónoma unha elaboración e síntese da información que lle permita ir construíndo un coñecemento sólido e ben argumentado.
Tamén están contempladas PRACTICAS DE CAMPO, realizándose algunha visita didáctica que permita reflexionar sobre contidos da materia.
Utilizarase o campus virtual para deixar material básico de aprendizaxe dos distintos bloques da materia , asi como recursos audivisuais.
Posto que o obxectivo fundamental da materia é o desenvolvemento da capacidade reflexiva e crítica do estudantado en relación á materia e os valores que se imparten na mesma, como proceso de maduración persoal e profesional, os criterios de avaliación cinguiranse, principalmente, á consecución deste obxectivo.
O rendemento e a aprendizaxe adquiridos avaliaranse mediante unha combinación equilibrada de actividades de avaliación formativa continua e unha proba de avaliación final presencial.
Criterios de avaliación:
Participación na aula: 20%
Probas específicas: 40%
Informes escritos e outras producións: 40%
Avaliación de alumnos e alumnas aos que, por diversas circunstancias, se dispense da asistencia á clase ( Instrucción núm. 1/2017, do 27 de abril de 2017, da Secretaría Xeral da USC sobre a dispensa de asistencia á clase).O alumnado que teña exención de docencia ou dispensa de asistencia deberá informar da súa situación á/ao docente. Neste caso, a avaliación da materia realizarase tendo en conta o nivel de logro ponderado:
-50% da cualificación procederá dos resultados dunha proba (exame) sobre os contidos tratados; é necesario superar esta proba (obter 3 puntos sobre 5 puntos) para aprobar a materia e para que se consideren as puntuacións obtidas nos informes e outras producións demandadas.
50% da cualificación procederá da entrega de informes escritos e outras producións demandadas ao alumnado. Valorarase a precisión conceptual, o axuste ás directrices dadas, a orixinalidade e a reflexión crítica.
Normativa da facultade sobre avaliación:
Para obter unha valoración positiva na materia será preciso ter realizadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas así como superar cada unha delas.
Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
O seguinte cadro reflicte a distribución dos 6 ECTS desta materia segundo as instrucións recibidas o Reitoría e a Facultade:
Horas expositivas: 24.
Horas interactivas: 24
Horas de titoría: 3
Total horas presenciais: 51
Estímase que o alumnado deberá adicar unhas 99 horas o seu traballo autónomo para poder superar a materia. Delas, aproximadamente 35 estarán centradas en tarefas de estudo, 18 preparación de materiais, busca de información e análise de documentos; en torno a 45 adicaraas ás lecturas e elaboración de traballos, esquemas, mapas conceptuais, busca de información complementaria ou preparación de presentación orais e unhas 19 para o traballo en lecturas recomendadas, a aprendizaxe autónoma, a resolución de dúbidas e problemas na aprendizaxe dos contidos.
Total horas adicación a materia: 150
- Desenvolver unha actitude crítica e reflexiva arredor da materia, e construir os alicerces arredor dun corpo de coñecementos sobre o eido socio-educativo.
- Utilizar titorías para clarificar as dúbidas
Nesta materia tentarase levar a cabo co alumnado un proxecto de innovación docente que implique a centros educativos non universitarios, organizacións e entidades sociais que abran a Facultade de Ciencias da Educación ao contexto social e educativo, sendo esencial a transferencia do coñecemento máis aló das aulas universitarias. Para iso, fomentarase a inclusión de prácticas de campo en centros educativos non universitarios, con entidades sociais e/o educativas, así como con axentes crave da comunidade. Todo iso, estará suxeito á obtención de fondos procedentes de convocatorias específicas.
Asistencia a clase
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nos ensinos adaptados ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma exponse os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos e alumnas poderán solicitar exención oficial de docencia.
Responsabilidade ambiental
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
-Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
-Sempre que sexa posible empregar grapas en lugar de encanutillados.
-Imprimir as dúas caras en calidade aforro de tinta.
-Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
-Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
-Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
-Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais sempre que non sexa posible traballar nun escenario presencial : Por exemplo o Campus Virtual
-Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse preferentemente a través da aula virtual.
Enlaces de interese
ASE. Asociación de Sociología de la Educación http://www.ase.es/
XIII Conferencia de Sociología de la Educación http://eco.unex.es/sociologia/ase2008/
CIS. Centro de Investigaciones Sociológicas: http://www.cis.es/
Jorge Garcia Marin
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Teléfono
- 881812109
- Correo electrónico
- jorge.marin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Lorena Añon Loureiro
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Correo electrónico
- lorena.anon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLE_03 Infantil (A - Z) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
16:00-17:30 | Grupo /CLE_02 Primaria (M - Z) + Dobre Grao 1º | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_03 Primaria (M - N) + Dobre Grao 1º | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
Martes | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_01 Primaria (A - D) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 Primaria (A - L) | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
Mércores | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_06 Infantil (A - Iglesias G) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_04 Primaria (Ñ - Rodríguez F) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
Xoves | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_02 Primaria (E - L) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_07 Infantil (Iglesias H - Z) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_05 Primaria (Rodríguez G - Z) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |
21.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 Primaria (M - Z) + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
21.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 Primaria (A - L) | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
21.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 Primaria (M - Z) + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
21.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 Primaria (A - L) | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
21.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_03 Infantil (A - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
26.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_03 Infantil (A - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |
26.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_02 Primaria (M - Z) + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
26.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 Primaria (A - L) | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |