Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Tal e como se contempla no Marco Común Europeo de Referencia para as linguas, fomentar a competencia comunicativa intercultural é un dos retos aos que se enfronta a educación no mundo globalizado do século XXI. A natureza integradora das clases de CLIL/AICLE ofrece unha oportunidade para fomentar a competencia comunicativa intercultural, de maneira simultánea coa combinación da aprendizaxe dunha lingua estranxeira ademais de contido.
Obxectivos xerais:
• Aprender acerca de algúns dos principios que subxacen á actual práctica do ensino de CLIL.
• Introducir ao alumnado no estudo de novos conceptos do currículo a través dunha lingua non nativa.
• Ofrecer oportunidades para estudar un contido baixo perspectivas diferentes.
• Capacitar ao alumnado para incorporar ambos tipos de coñecemento (lingüístico e didáctico) na súa futura práctica profesional.
• Aumentar a motivación do alumnado.
• Desenvolver un pensamento crítico, de autodeterminación e interese por novos coñecementos.
Obxectivos específicos:
• Familiarizar ao alumnado con iniciativas e proxectos de CLIL en Europa.
• Aumentar a confianza do alumnado na lingua meta.
• Reflexionar na creación de tarefas e vínculos multidisciplinarios para o alumnado de Educación primaria.
• Desenvolver as destrezas produtiva e receptiva do alumnado para a comunicación nunha lingua estranxeira.
• Comprender e xerar un certo nivel de vocabulario específico sobre o tema.
• Activar vocabulario básico para a elaboración dunha ‘Teaching Unit’.
-Introduction to CLIL: Main concepts and historical overview
-CLIL in current legislation
-Integration of content and language skills in the classroom
-The ‘4 Cs’ of CLIL: content, communication, cognition and culture
-Planning and assessment in CLIL
-Development and presentation of a teaching proposal
Bibliografía básica:
Bentley, K. (2010). The TKT Course. CLIL Module. Cambridge University Press.
Coyle, D., P. Hood & D. Marsh (2010). Content and Language Integrated Learning CLIL. Cambridge University Press.
Marsh, D., Mehisto, P., Wolff, D., & Frigols Martín, M. J. (2012). European framework for CLIL teacher education. European Centre for Modern Languages [https://www.ecml.at/Portals/1/documents/ECML-resources/CLIL-EN.pdf?ver=…]
Bibliografía complementaria:
Ball, P., Kelly, K., & Clegg, J. (2016). Putting CLIL into Practice: Oxford Handbooks for Language Teachers. Oxford University Press.
Bentley, K. (2009). Primary curriculum box: CLIL lessons and activities for young learners. Cambridge University Press.
Council of Europe (2001). The Common European framework for the Teaching and Learning of Languages. Cambridge University Press. [http://rm.coe.int/1680459f97]
Council of Europe (2020). Common European Framework of Reference for Languages: Learning, teaching, assessment – Companion volume. Council of Europe Publishing. [www.coe.int/lang-cefr]
Coyle, D., & Meyer, O. (2021). Beyond CLIL: Pluriliteracies teaching for deeper learning. Cambridge University Press.
Dale, L., & R. Tanner (2012). CLIL activities with CD-ROM: A resource for subject and language teachers. Cambridge University Press.
Dale, L., Van der Es, W., Tanner, R., & Timmers, S. (2010). CLIL skills. ICLON, Universiteit Leiden. [https://www.rosietanner.com/images/docs/CLILSkills_pdf.pdf]
Dalton-Puffer, C. (2007). Discourse in Content and language Integrated Learning (CLIL) classrooms. Benjamins.
Doiz, A., Lasagabaster, D., & Sierra, J. M. (2014). CLIL and motivation: The effect of individual and contextual variables. The Language Learning Journal, 42(2), 209-224.
Hillyard, S. (2011). First steps in CLIL: Training the teachers. Latin American Journal of Content & Language Integrated Learning, 4(2), 1-12. [https://laclil.unisabana.edu.co/index.php/LACLIL/article/view/2631/2767]
Mehisto, P. Marsh, D. & Frigols, M. (2008) Uncovering CLIL: Content and Language Integrated Learning in Bilingual and Multilingual Education. Macmillan Education.
Slattery, M. & J. Willis. (2001). English for Primary Teachers. A Handbook of Activities and Classroom Language. OUP.
Recursos electrónicos:
British Council CLIL [https://www.teachingenglish.org.uk/article/content-language-integrated-…]
CLIL4U Project [http://languages.dk/clil4u/]
PlayingCLIL Project [http://www.playingclil.eu/]
Council of Europe: Language policy [https://www.coe.int/en/web/language-policy]
XERAIS
G.1. Capacidade para mostrar a adquisición de coñecemento de áreas do currículo, relacións, criterios de avaliación e de didáctica na Educación primaria.
G.2. Capacidade para deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino-aprendizaxe, individualmente ou en grupos.
G.3. Capacidade para familiarizarse, seleccionar e usar as TIC na aula.
G.10. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a
aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela entre os estudantes.
ESPECÍIFICAS
E.1. Competencia lingüística. Capacidade de comunicación oral e escrita nunha lingua estranxeira.
E.2.Capacidade didáctica. Capacidade para desenvolver e avaliar contidos do currículo usando as ferramentas adecuadas, así como motivar o desenvolvemento da competencia comunicativa do alumnado.
E.52. Competencia lingüística: capacidade para expresarse, oralmente e por escrito, nunha lingua estranxeira.
E.53. Competencia didáctica: capacidade para desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e fomentar as competencias correspondentes nos estudantes.
BÁSICAS
B.1 Capacidade para mostrar a adquisición do coñecemento, particularmente no referente ao campo de estudo do alumnado.
B.2. Capacidade para aplicar o coñecemento así adquirido no seu campo profesional, con vistas ao desenrolo de argumentos e resolucións de problemas.
B.4. Capacidade para transmitir información en campos especializados e non especializados.
TRANSVERSAIS
T.1. Coñecemento instrumental da lingua estranxeira.
Teórica e práctica:
- As clases expositivas estarán dedicadas ao desenvolvemento das competencias relacionadas co proceso ensino-aprendizaxe dunha lingua estranxeira en Educación Primaria no contexto AICLE.
- Tarefas prácticas:
Exposicións orais por parte do alumnado.
Debates
Traballos escritos
Elaboración e presentación dunha proposta didáctica.
O alumnado atopará no Campus Virtual o material necesario para seguir as sesións.
-Exame/Proxecto final: 50% da cualificación final.
-Participación e tarefas encomendadas (individuais e/ou grupais): 30% da cualificación final.
-Elaboración e presentación dunha proposta didáctica (grupal): 20% da cualificación final
OBSERVACIÓNS:
-Convocatoria extraordinaria de xullo: as tarefas e presentacións preparadas durante o semestre contarán de novo un 50% da nota final. O alumnado que non preparou estas tarefas durante o curso perderá a porcentaxe correspondente da nota final.
-Alumnado exento ou dispensado de asistencia e repetidor será avaliado cun exame cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final.
-Para superar a materia será imprescindible acadar un mínimo de 4 puntos sobre 10 no exame final. No caso de que non se acade a puntuación mínima, a acta reflectirá a cualificación obtida no exame final.
-En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido no art. 16 da "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”:
“A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
Clases expositivas: 18
Traballo individual: 45
Total en horas de traballo individual: 63
Recoméndase asistencia e participación
Recoméndase posuír un nivel intermedio-alto de inglés.
1) Os/as estudantes deberán preparar con antelación os exercicios e as lecturas recomendadas para a posterior discusión na aula.
2) Así mesmo, deberán comprobar de forma regular a aula virtual da materia e o seu correo electrónico, medios que se empregarán para o envío de información e para a comunicación de cambios de última hora. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
3) Non se contestará ningún correo que proceda dunha conta non institucional. Os/as alumnos/as que desexen contactar coa profesora deberán facelo utilizando a súa conta de correo da USC.
4) Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
5) O respecto ao medio ambiente é unha das principais preocupacións de hoxe en día. Desta forma, nós como seres humanos debemos mostrar responsabilidade neste sentido co fin de reducir o noso impacto no medioambiente e preservar os nosos recursos naturais. En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia compre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
6) Perspectiva de xénero:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer un uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse máis información ao respecto na seguinte ligazón: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/igualdade/cultura-institucional.
7) Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas por cada docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo. Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
8) Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
Fatima Maria Faya Cerqueiro
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Correo electrónico
- fatima.faya [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Inglés | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Z) | Inglés | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
21.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |
19.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |