Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica das Ciencias Experimentais, Didáctica das Ciencias Sociais
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Comprender os conceptos, teorías e principios que lles permitan dispoñer de marcos interpretativos para a aprendizaxe-ensinanza das áreas de Ciencias da natureza e ciencias sociais.
- Analizar e valorar a estrutura curricular das áreas de Ciencias da natureza e Ciencias sociais na educación primaria.
- Analizar e valorar recursos e materiais didácticos propios das áreas de Ciencias da natureza e Ciencias sociais.
- Buscar información, elaborar e presentar, de forma oral e escrita, informes sobre diferentes contidos propios das áreas de Ciencias da natureza e Ciencias sociais.
- Elaborar propostas de ensinanza fundadas nas devanditas teorías, utilizando adecuadamente diferentes recursos didácticos propios das áreas de Ciencias da natureza e Ciencias sociais.
Tema 1. O coñecemento científico e social. Implicacións didácticas
Tema 2. As Ciencias da natureza e as Ciencias sociais na Educación Primaria
Tema 3. Relacións Ciencia-Tecnoloxía e Sociedade
Tema 4. Recursos educativos e propostas de ensino e aprendizaxe
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Cañal, P. (Ed.) (2016). Didáctica de las Ciencias Experimentales en Educación Primaria. Paraninfo.
Pagès, J. e Santiesteban, A. (Eds.) (2011). Didáctica del Conocimiento del Medio Social y Cultural en la Educación Primaria. Síntesis.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
de Pro, A. (Ed.) (2010). El desarrollo del pensamiento científico-técnico en Educación Primaria. MEC.
Díez, F. (Ed.) (2004) Perspectivas para las ciencias en la educación primaria. MEC
Gómez Carrasco, C. J. e Sobrino López, D. (2018). Métodos activos de aprendizaje y adquisición de competencias en la clase de historia. En Pedro Miralles Martínez e Cosme Jesús Gómez Carrasco (coords.) La educación histórica ante el reto de las competencias: métodos, recursos y enfoques de enseñanza (111-126). Octaedro.
Gómez Carrasco, C. J., Ortuño Molina, J., e Miralles Martínez, P. (2018). Métodos y estrategias de enseñanza de las ciencias sociales. En Pedro Miralles Martínez e Cosme Jesús Gómez Carrasco (coords.) Enseñar ciencias sociales con métodos activos de aprendizaje. Reflexiones y propuestas a través de la indagación (79-127). Octaedro.
Lemke, J. L. (1977). Aprender a hablar Ciencia. Lenguaje, aprendizaje y valores. Paidós
Martí, J. (2012). Aprender ciencias en la educación primaria. Graó.
Martín, R. (2007). Aprender para enseñar Ciencias en Primaria: una propuesta para la formación del profesorado. Díada.
Miralles-Sánchez, P., Sánchez-Ibáñez, R., e Moreno-Vera, J.R. (eds.) (2024). Aprender historia en el siglo XXI. Octaedro. https://octaedro.com/libro/aprender-historia-en-el-siglo-xxi/
Novo, M. (2006). El desarrollo sostenible. Su dimensión ambiental y educativa. UNESCO/Pearson Educación.
Rodríguez Pérez, R.A., Trigueros Cano, F.J., e Antolinos Sánchez, A. (eds.) (2024). Mirando al futuro: educación histórica y valores cívicos. Octaedro. https://octaedro.com/libro/mirando-al-futuro-educacion-historica-y-valo…
Sánchez-Fuster, M.C., López-García, A., e Monteagudo-Fernández, J. (2024). Tecnologías emergentes y alfabetización digital para enseñar historia. Octaedro. https://octaedro.com/libro/tecnologias-emergentes-y-alfabetizacion-digi…
Revistas: Alambique, Aula de Innovación Educativa, Eureka e Enseñanza de las Ciencias, Didáctica de las Ciencias Sociales. Geografía e Historia (Graó), Aula de Innovación Educativa (Graó), Revista Interuniversitaria de Formación del Profesorado (RIFOP), Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación del Profesorado (REIFOP), Didáctica de las Ciencias Experimentales y Sociales, Revista de Investigación en Didáctica de las Ciencias Sociales (REIDICS).
XERAIS:
G1.- Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos en torno aos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos.
G2.- Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
G4.- Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conforman os valores da formación cidadá.
G7.- Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e do contorno social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
G9.- Valorar a responsabilidade individual e colectiva na consecución dun futuro sostible.
G10.- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela entre os estudantes.
G11.- Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
ESPECÍFICAS:
E26/E32.- Coñecer o currículo escolar das ciencias experimentais e sociais.
E29.- Recoñecer a mutua influencia entre ciencia, sociedade e desenvolvemento tecnolóxico, así como as condutas cidadás pertinentes, para procurar un futuro sostible.
E30/E37.- Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover a adquisición de competencias básicas nos estudantes.
BÁSICAS:
B1.- Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que se adoita atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5.- Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS:
T1.- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T4.- Competencia informacional.
- A metodoloxía baséase na participación activa do alumnado e no seu protagonismo na aprendizaxe, intentando que o profesorado desenvolva basicamente o papel de mediador e guía no proceso de comunicación, interacción e creación de significados, estratexias, destrezas e actitudes na aula.
-As sesións expositivas (24 horas) consistirán basicamente na presentación do marco teórico, conceptual e metodolóxico da materia por parte do profesorado, de modo que esta explicación se converta nun elemento importante cara á súa integración no proceso de construción de coñecementos por parte dos estudantes, que deberán empregar 35 horas de estudo autónomo para dominar os fundamentos da materia.
- As sesións interactivas (24 horas) procurarán unha maior implicación do alumnado mediante o desenvolvemento dunha metodoloxía docente centrada no estudante e baseada fundamentalmente na resolución de problemas, o desenvolvemento de experiencias de laboratorio e no contorno, e o estudo de casos. Estas actividades requirirán 45 horas de traballo persoal do alumnado, coa fin de propiciar unha aprendizaxe autónoma, cooperativa e que desenvolva a capacidade de expoñer publicamente os resultados do traballo realizado. Como parte do programa de sesións interactivas da materia poderán realizarse unha ou varias prácticas de campo.
- Todas as tarefas do alumnado (estudo, traballos, uso de ordenador, proxectos, lecturas, exposicións, exercicios, prácticas,…) serán orientadas polo profesorado, tanto na aula como nas titorías. Nestas sesións atenderase aos estudantes para comentar cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera outra dificultade do alumnado relacionada coa materia.
- Na medida do posible utilizarase o campus virtual da USC como ferramenta de comunicación.
- Ao pretender unha metodoloxía participativa é indispensable a asistencia habitual ás sesións.
- O alumnado terá garantida a accesibilidade dos materiais que figuran na bibliografía básica. Na aula virtual estarán dispoñibles os materiais, tanto das sesións expositivas como interactivas, así como enlaces a recursos. Para o correcto funcionamento da materia é imprescindible consultar de forma habitual a información proporcionada no curso habilitado a tal efecto.
A avaliación comprobará o desenvolvemento efectivo das competencias. Combinarase a avaliación continua (Parte 1) coa realización dunha proba final complementaria (parte 2) para cada un dos bloques da materia (Bloque de Ciencias da Natureza e Bloque de Ciencias Sociais).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás que se programasen de forma coordinada.
Parte 1. Avaliación continua:
a. Asistencia e participación activa nas actividades que se organicen na aula e no laboratorio. Neste apartado valorarase especialmente a participación nas actividades que se programen na aula e no laboratorio máis que a simple asistencia, podendo aumentar ou diminuír a puntuación deste apartado en 0,5 puntos (dependendo da implicación do alumnado nas sesións). Poderase controlar a asistencia a través de múltiples vías: listados de sinaturas, chamamentos, recollida de actividades, actividades online nas que haxa que introducir un nome de usuario para realizalas, etc.
b. Elaboración de traballos (individualmente ou en pequenos grupos), que comprendan unha reflexión didáctica sobre as actividades realizadas nas sesións interactivas, e elaboración e presentación oral dun traballo coordinado entre as áreas de ciencias da natureza e ciencias sociais.
Parte 2: Proba final
c. Proba final individual, complementaria á avaliación continua, dos contidos correspondentes á programación das partes expositiva e interactiva.
Contribución de cada un dos apartados á cualificación final:
Parte 1
- Apartado a: 10%
- Apartado b: 40%
Parte 2
- Apartado c: 50%
Para obter puntuación na parte 1 será necesaria a asistencia, como mínimo, ao 80% das clases. A xustificación de faltas puntuais poderá terse en conta para non perder o dereito a avaliación continua, mais en ningún caso proporcionarán puntuación no apartado de asistencia (apartado a).
Na primeira e segunda oportunidade da primeira convocatoria é necesario obter como mínimo un 40% (4 sobre 10) na Parte 2 (apartado c) para que se lle poda sumar a puntuación da Parte 1 (apartados a e b). O alumnado que non teña puntuación na Parte 1 será cualificado unicamente coa nota da Parte 2 (apartado c), que ao representar o 50% do total non será superior a 5.
Estes criterios de cualificación aplicaranse por separado para cada un dos dous bloques da materia (Bloque de Ciencias da Natureza e Bloque de Ciencias Sociais), e para superar a materia deberán superarse por separado ambos bloques. A cualificación final será unha media da obtida para cada bloque.
O alumnado de segunda convocatoria e posteriores así como aquel con exención de docencia deberá falar cos docentes en horario de titorías nas dúas primeiras semanas do semestre no primeiro caso, e na mesma semana de concesión da solicitude da exención no segundo, a fin de concretar o plan de traballo.
AVALIACIÓN DO ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA:
O alumnado con exención de docencia ás clases expositivas será avaliado das partes 1 e 2 de igual modo que o alumnado de convocatoria ordinaria, agás no que se refire á participación nas clases expositivas, sobre as que deberá entregar unha reflexión persoal dun folio sobre os contidos que se abordaron en cada sesión. Na avaliación dos apartados b e c, requirirase igualmente a entrega de traballos/actividades desenvolvidas nas sesións expositivas. Estas actividades serán colgadas na aula virtual.
Esta é unha materia de 6 ECTS (150 horas). Distribúese mediante unha carga lectiva presencial de 24 horas expositivas, 24 horas interactivas ou de laboratorio, e 3 horas de titorías.
Considérase que as 99 horas restantes deberían ser utilizadas polo alumnado para o estudo autónomo, lecturas recomendadas e actividades en biblioteca ou similares, preparación de debates e preparación de probas, programación de traballos prácticos, escritura de traballos, preparación de presentacións orais, preparación individual de probas escritas e de presentacións orais.
- A metodoloxía de traballo que se utilizará durante o curso supón a implicación do alumnado na súa propia aprendizaxe. Consecuentemente, recoméndase a asistencia a clase e a participación activa nas actividades propostas.
- A análise da problemática de aprendizaxe, así como a análise e a actualización dos contidos científicos, implican a busca de información nas fontes correspondentes e a súa atenta lectura.
Na saída ou saídas de campo que se realicen terase escrupuloso respecto pola contorna. Non se pode recoller ningunha mostra vexetal (follas de árbores, musgos, e outros seres vivos) agás as que estean caídas no chan. Evitaranse ruidos innecesarios que poidan molestar a outras persoas ou perturbar a calquera ser vivo. Non se deixará resto de ningún tipo. O medio sempre debe quedar mellor, ou como mínimo igual, do que o encontramos, nunca peor. Levarase unha bolsa para poder recoller algún lixo que se puidese encontrar e eliminar. Non se poderá utilizar teléfonos móbiles, nin outros artefactos, agás para realizar algún tipo de actividade de instrución relacionada coa actividade.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Responsabilidade medioambiental. Se o docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
* Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
* Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
* Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
* Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
* Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero:
* Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Hai que ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Belén María Castro Fernández
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Teléfono
- 881812072
- Correo electrónico
- belen.castro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alfonso Iglesias Amorin
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Correo electrónico
- alfonso.iglesias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Paloma Blanco Anaya
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Correo electrónico
- paloma.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Pablo Brocos Mosquera
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Julia Feijóo Outumuro
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Correo electrónico
- julia.feijoo.outumuro [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_01 (Loq - Ni) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_01 (Loq - Ni) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 42 - LABORATORIO DE CC. EXPERIMENTAIS |
19:00-20:30 | Grupo /CLIL_07 (Ce - Fe) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
19:00-20:30 | Grupo /CLIL_07 (Ce - Fe) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 42 - LABORATORIO DE CC. EXPERIMENTAIS |
Martes | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_03 (R - Ru) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_03 (R - Ru) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 42 - LABORATORIO DE CC. EXPERIMENTAIS |
16:00-17:30 | Grupo /CLE_02 (A - Lop) + Dobre Grao 4º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIL_05 - Dobre Grao 4º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIL_05 - Dobre Grao 4º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 42 - LABORATORIO DE CC. EXPERIMENTAIS |
Mércores | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_02 (No - Q) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_02 (No - Q) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 42 - LABORATORIO DE CC. EXPERIMENTAIS |
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 (Loq - Z) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 24 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_04 (S - Z) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_04 (S - Z) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 42 - LABORATORIO DE CC. EXPERIMENTAIS |
Xoves | |||
18:00-19:30 | Grupo /CLIL_08 (Fi - Lop) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
18:00-19:30 | Grupo /CLIL_08 (Fi - Lop) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 42 - LABORATORIO DE CC. EXPERIMENTAIS |
19:30-21:00 | Grupo /CLIL_06 (A - Ca) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
19:30-21:00 | Grupo /CLIL_06 (A - Ca) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 42 - LABORATORIO DE CC. EXPERIMENTAIS |
09.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (Loq - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
09.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 (A - Lop) + Dobre Grao 4º | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
09.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 (A - Lop) + Dobre Grao 4º | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
09.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (Loq - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
26.06.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (Loq - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
26.06.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (A - Lop) + Dobre Grao 4º | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |