Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Coñecer ferramentas que poidan dar soporte aos contidos virtuales de aprendizaxe.
-Coñecer procesos para a implementación adecuada de entornos de aprendizaxe virtual.
-Deseñar e avaliar os entornos de aprendizaxe na era dixital.
-Recoñecer metodoloxías axeitadas de implementación e uso de entornos de aprendizaxe na era dixital.
-Adquirir as habilidades necesarias para crear e dinamizar redes e comunidades virtuais.
-Coñecer a lexislación que regula o uso das redes sociais.
Bloque I. Entornos de aprendizaxe na era dixital.
- Ferramentas na era dixital: Internet e Web Social.
- Entornos dixitais de aprendizaxe.
- Entornos persoais de aprendizaxe (PLE).
- Estudos de casos en escolas primarias.
Bloque II. Deseño, uso e avaliación de entornos de aprendizaxe na era dixital.
- O proceso e as fases de deseño e avaliación de entornos dixitais de aprendizaxe.
- Os novos roles de profesores / as e os alumnos / as nos contidos dixitais.
Bloque III. Comunidades e redes sociais de aprendizaxe.
- Creación e dinamización de redes e comunidades virtuais.
- Experiencias e proxectos colaborativos compatibles en ferramentas da web social en Educación Primaria: estudio de casos.
- Ámbitos de regulación das redes sociais e súa contextualización para as escolas.
Básica:
- Castañeda, L. & Adell, J. (Eds.). (2013). Entornos Personales de Aprendizaje: claves para el ecosistema educativo en red. Marfil.
- Cebreiro, B., Fernández-Morante, M. C., & Casal-Otero, L. (2019). Tecnologías emergentes y metodologías didácticas: dos ejes básicos para el éxito educativo. En M. Santos, A. Valle y M. Lorenzo: Éxito educativo: claves de construcción y desarrollo (pp. 173-196). Tirant lo Blanch.
- Gisbert, M., Lázaro, J. L., & Esteve, V. (2023). Investigar e innovar en la era digital: Aportaciones desde la tecnología educativa. Ediciones Octaedro.
- Romero, A., Alonso, I., Urrutia, A., Gezuraga, M., Berasategui, N., & Idoiaga, N. (2023). Estructura modular, metodologías activas y compromiso social en innovación educativa universitaria: La experiencia de la Facultad de Educación de Bilbao, UPV/EHU (2011-2021). Ediciones Octaedro.
Complementaria:
- Cabero-Almenara, J., & Palacios-Rodríguez, A. (2020). Marco Europeo de Competencia Digital Docente «DigCompEdu». Traducción y adaptación del cuestionario «DigCompEdu Check-In». EDMETIC, 9(1), 213–234. https://doi.org/10.21071/edmetic.v9i1.12462
- Casal-Otero, L., Catala, A., Fernández-Morante, C., Taboada, M., Cebreiro, B., & Barro, S. (2023). AI literacy in K-12: a systematic literature review. International Journal of STEM Education, 10(1), 29. https://doi.org/10.1186/s40594-023-00418-7
- Casal-Otero, L., Cebreiro, B. & Fernández-Morante, C. (2021). DLAB2: innovación educativa con TIC para una vida saludable de los escolares europeos. Revista de Innovación y Buenas Prácticas Docentes 10(1), 63-70. https://doi.org/10.21071/ripadoc.v10i1.13265
- Cebreiro, B., Fernández-Morante, C., Trigo Miranda, M. et al (2023). Examples of good practice and recommendations for promoting holistic education through collaborative problemsolving strategies. DTICEQT multimedia guide. Santiago de Compostela. Grupo de Investigación de Tecnología Educativa (Tecnoeduc). https://dticeqtproject.eu/
- Fernández-Morante, C., Cebreiro López, B., y Casal Otero, L. (2020). Capacitar y motivar a las niñas para su participación futura en el sector TIC. Propuesta de cinco países. Innoeduca. International Journal of Technology and Educational Innovation, 6(2), 115-127.
- Garcia Aretio, L. (2019).Necesidad de una educación digital en un mundo digital. RIED. Revista Iberoamericana de Educación a Distancia, 22(2), pp. 09-22.doi: https://doi.org/10.5944/ried.22.2.23911
- Malmierca, M. J., Fernandez Morante, M. del C., López, B., & León, F. (2022). Computación en la Nube y Software Abierto para la Escuela Rural Europea. Pixel-Bit. Revista De Medios Y Educación, 64, 105-137. https://doi.org/10.12795/pixelbit.93937
- Tejada Garitan. E., Castaño Garrido, C., y Romero Andonegui, A. (2019). Los hábitos de uso en las redes sociales de los preadolescentes. RIED. Revista Iberoamericana de Educación a Distancia, 22(2),pp. 119-133. https://doi.org/10.5944/ried.22.2.23245
- Turner, A., Andersen, M., Søgaard, V., Christiansen, K., Rockenbauer, G., Scherde, T., Zillner, C., Sakrowsky, S., Bienzle, H., Tallon, M., Schults, A., Leesmaa, K., Fernández-Morante, C., Casal-Otero, L., Cebreiro, B., & Mareque-León, F. (2022). Telepresence Systems in Schools for Children and Adolescents with Chronical Illnesses in Europe. A Transnational Analysis Report. Austria, Belgium, Denmark, Estonia, Spain. ABILITI Avatar-Based Interaction and Learning in Times of Illness. https://abiliti.eu/resources/
- BOE 116, de 16 de mayo 2022
Básicas e xerais:
G7 - Colaborar cos diferentes sectores da comunidade educativa e do entorno social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha activa cidadanía.
G2 - Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
G10 - Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar a docencia laboral. Adquirir hábitos e destrezas para o aprendizaxe autónomo e cooperativo e promovelo entre os alumnos.
G11 - Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa aos aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
G12 - Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos centros de educación primaria e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
CB1 - Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoitan atoparse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, tamén inclúe algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes poidan aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúen unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias transversais:
Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
A metodoloxía está deseñada con dous niveles diferenciados pero estreitamente relacionados:
1. Sesións expositivas: desenvolveranse para todo o grupo de alumnos/as da materia e corresponden aos créditos teóricos. Os procedementos utilizados para traballar os bloques dentro destas sesións serán os seguintes:
- Exposición dos contidos nunha dinámica que permite a relación entre as propostas conceptuais, os avances das investigacións, os problemas de práctica e a reconstrución da experiencia persoal dos/as alumnos/as.
- Dossiers bibliográficos: son unha selección de documentos representativos do contido. Serven de complemento e profundización aos contidos expostos nas clases, é dicir, permiten a lectura e estudio individualizado sobre un tema.
-Análise de casos e documentos audiovisuais de experiencias representativas de boas prácticas.
2. Sesións interactivas (prácticas de laboratorio). As actividades son propostas amplas de acción onde converxen aprendizaxes, contido e intencións. Os coparticipantes aportan á actividade as súas experiencias previas, o seu entorno social e cultural, e as súas características individuais (plantexamentos ou esquemas sobre a sociedade, intereses persoais e profesionais, compromisos con valores, ideoloxía, etc.). Propiciarase a implicación do alumnado en tarefas de análise de medios, utilización dos medios audiovisuales e informáticos e reflexión sobre as tecnoloxías da información e comunicación. Nestas sesións requírese a participación de forma continuada. A asistencia ás sesións de prácticas é obrigatoria, non é posible obter a dispensa nesta materia.
A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia ás sesións de clase é obrigatoria. A asistencia á materia será supervisada tanto nas clases expositivas como interactivas, sendo un requisito preceptivo para a superación da materia asistir nun mínimo de 80%.
Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar exención oficial de docencia. O sistema de avaliación para o alumnado con exención de docencia será o mesmo que para alumnado asistente. O alumnado con exención de docencia recoñecida debe contactar coas profesoras ao comezo da materia para coordinar o seguimento da mesma.
A avaliación desenvolverase de forma continua e formativa a partir da participación activa tanto nas sesións expositivas e interactivas. Cada estudante deberá realizar un portafolio electrónico da materia e as prácticas obrigatorias. Estas prácticas integrarán elementos traballados na materia contextualizándoos na educación primaria.
Valorarase a participación do/a alumno/a en todas e cada unha das tarefas implicadas no seguimento continuo da materia: estudo dos materiais que fundamentan o traballo na aula, o manexo e uso de diferentes medios, a participación nas aulas (preguntas e suxerencias) e nas propostas de actividade fora dela, seguimento continuo das clases teóricas e prácticas, asumindo as tarefas derivadas das mesmas.
O desglose da avaliación da materia é o seguinte:
1. Portafolio electrónico da materia: que se realizará de forma continua. A súa avaliación tamén será continua e formativa. No portafolio recompilaránse os traballos realizados e as reflexións de todo o proceso de aprendizaxe. Entregarase na aula virtual da materia. Peso na avaliación: 50%
2. Prácticas Obrigatorias: ao longo do curso haberá tres prácticas obrigatorias que será necesario entregar en tempo e forma na aula virtual da materia. A non entrega dunha práctica suporá un 0 nesa práctica. Peso na avaliación: 50%
O alumnado con exención de docencia expositiva realizará o mesmo sistema de avaliación que o alumnado asistente. A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria, isto significa que un estudante non poderá superar a materia se non asiste a un mínimo dun 80% ás sesións prácticas de laboratorio.
Os traballos individuais ou en grupo deberán ser orixinais. Todo traballo copiado supoñerá o suspenso da materia e a avaliación do estudante na convocatoria correspondente.
O uso de ferramentas xenerativas, de Intelixencia Artificial, para a elaboración dos traballos da materia, deberá ser referido, identificando as ferramentas e a finalidade de uso. En ningún caso, o uso destas ferramentas poderá substituir ou suplantar as habilidades e coñecementos requiridos. O cal suporía suspender a materia.
A efectos de avaliación, un mesmo traballo non pode ser usado para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A aprendizaxe na materia apóiase en diferentes tipos de actividades formativas que requiren dedicación por parte do alumnado.
-As sesións expositivas requiren horas de estudo persoal do alumnado.
-As sesións interactivas están orientadas á adquisición de habilidades prácticas. As actividades prácticas preparan o alumnado para a realización exitosa das actividades obrigatorias da materia. Ao final de cada sesión práctica o alumnado deberá consolidar mediante o adestramento e repaso das ferramentas, os procedementos e habilidades adquiridas.
Horas expositivas: 18
Horas interactivas: 18
Horas de titoría: 2.5
Total horas presenciais: 38.5
Estímase que o alumnado deberá dedicar unhas 74 horas de traballo autónomo para poder superar a materia.
Total horas dedicación a materia: 112.5
- Constancia no traballo ao longo do semestre: se a dedicación é continua o alumno/a chegará ao final do semestre coa preparación necesaria para superar a materia.
- Asistencia regular ás sesións de clase que asegura ao alumno/a a orientación no seu estudo por parte das profesoras e a guía necesaria para abordar os bloques de contido. Tamén constitúe un espazo importante para a negociación das actividades de grupo.
- Seguimento e dedicación en todas as prácticas de laboratorio e nas prácticas obrigatorias xa sexan individuais e / ou de grupo. Velar pola calidade dos informes finais que se entrega.
- Colaboración e participación equilibrada no equipo de traballo. Planificación axeitada das tarefas de grupo (distribución de tempos, esforzos e diálogo constante coas profesoras).
- Uso adecuado das titorías ao longo do semestre (revisión e seguimento de prácticas, apoio ao estudo individual).
Responsabilidade medioambiental:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero:
- Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Maria Del Carmen Fernandez Morante
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813806
- Correo electrónico
- carmen.morante [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Lorena Casal Otero
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813845
- Correo electrónico
- lorena.casal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 4º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 31 - AULA DE INFORMATICA |
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_01 (A - Z) + Dobre Grao 4º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 31 - AULA DE INFORMATICA |
23.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 4º | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
20.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 4º | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |