Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Antropoloxía Social
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia contribúe ao coñecemento fundamental das bases antropolóxicas da construción sociocultural da infancia, da análise antropolóxica das institucións familiar e escolar e na mellora da interrelación entre as familias e as escolas. Dende as achegas da antropoloxía, esta materia fai unha especial contribución ao coñecemento e valoración da diversidade en todas as súas formas, facendo fincapé no compromiso coa diversidade étnica e cultural, sexo/xenérica, a diversidade na infancia e a diversidade familiar. Na nosa aula propoñerase a perspectiva intercultural como paradigma de traballo no futuro desenvolvemento profesional do noso alumnado. Igualmente, atendendo á memoria do título, traballarase na mellora das relacións entre as escolas e as familias centrándonos nas funcións da titoría e a orientación ao alumnado así como na intervención educativa para a mellora da convivencia. Por tanto, a materia oriéntase a dotar ao alumnado dunhas bases teórico-conceptuais da antropoloxía das infancias e das familias, cunha perspectiva crítica e un forte compromiso fronte á discriminación e exclusión social así como unha actitude propositiva na mellora das relacións entre os distintos membros da comunidade educativa.
Obxectivos:
- Comprender a infancia, a familia e a escola, así como as súas interrelacións, como construcións socioculturais suxeitas a unha gran variabilidade histórica e cultural, dende unha perspectiva antropolóxica.
- Comprender a variedade de factores, históricos, políticos, económicos e culturais que determinan estas variacións e coñecer distintas manifestacións da diversidade, facendo fincapé no compromiso coa diversidade étnica e cultural, sexo/xenérica, a diversidade na infancia e a diversidade familiar.
- Propoñer unha óptica intercultural que propicie o distanciamento crítico dos modelos culturais dominantes así como abordar propostas inclusivas e non discriminatorias, que tomen en conta os contextos tanto local como global na comprensión da infancia, da educación e dos distintos modelos familiares.
- Propoñer actividades de orientación e acción titorial, así como intervencións educativas para a mellora a convivencia e a interrelación entre familias e escola.
1. A natureza cultural do ser humano: sociabilidade e educabilidade
1.1. Cultura, sociedade e a importancia da aprendizaxe
1.2. A socialización e os procesos de transmisión/adquisición da cultura
1.3. Socialización e xénero
2. A visión intercultural da infancia, da familia e da escola
2.1. “nos” e “outrxs”: etnocentrismo, racismo e relativismo metodolóxico na escola
2.2. Diversidade cultural e modelos de xestión da diversidade na escola
2.3. O enfoque intercultural nas escolas
3. Infancias
3.1. Antropoloxía da infancia: a infancia como construción socio-cultural
3.2. A infancia e as familias na historia: percorrido pola arqueoloxía da infancia, mundo clásico, idade media e modernidade
3.3. A infancia na actualidade: variabilidade e problemáticas emerxentes
4. Familias
4.1. As maternidades e paternidades a debate
4.2. Diversidade familiar na actualidade: modelos familiares e estilos educativos
5. A orientación e a acción titorial: interrelacións entre infancia-familia e escola
Bibliografía básica:
ALBERDI ALONSO, Inés (2006) La transformación de las familias en España. La influencia del feminismo en los cambios familiares. Arxius, 15: 25-40
CERDÁ MONDÉJAR, Carmen (2021) Infancia, familia y educación: análisis histórico y cambio social. Areas, 42: 183-197
PACHÓN CASTRILLÓN, Ximena (2009) ¿Dónde están los niños? Rastreando la mirada antropológica sobre la infancia. Maguaré, 23: 433-469
SOTO MARATA, Pepi (2021) Crecer y aprender, mientras tanto. El dominio teórico y etnográfico de una Antropología Sociocultural de la Educación. BCN: Bellaterra.
Bibliografía complementaria:
ALONSO CARMONA, Carlos (2014) Familia, escuela y clase social: sobre los efectos perversos de la implicación familiar. Revista de la Asociación de Sociología de la Educación, 7 (2): 395-409
ARIÈS, Philippe (1986) La infancia. Revista de Educación, 281: 5-17
BADINTER, Elisabeth (1981) ¿Existe el amor maternal? Historia del amor maternal. Siglos XVII al XX. BCN: Paidós
BERNAD, Olga e LLEVOT, Núria (2016) Las relaciones familia-escuela en la formación inicial del profesorado. Opción, 32 (7): 959-976
BOLIVAR, Antonio (2006) “Familia y escuela: dos mundos llamados a trabajar en común”. Revista de Educación, 339: 119-146
CARRASCO, Silvia, PÀMIES, Jordi y BERTRAN Marta (2009) Familias inmigrantes y escuela: desencuentros, estrategias y capital social. Revista Complutense de Educación, 20 (1): 1-28
CASTRO, Xavier (2008) Historia da infancia na Galicia contemporánea, Minius XVI: 63-101
COMELLAS CARBÓ, María Jesús (2009) Familia y escuela: compartir la educación. Barcelona: Graó
DOWLING, Emilia y OSBORNE, Elsie (1996) Familia y escuela: una aproximación conjunta y sistémica a los problemas infantiles. Barcelona: Paidós
GARCÍA CASTAÑO, Javier y PULIDO, Rafael (1994) Antropología de la Educación. El estudio de la transmisión-adquisición de cultura. Madrid: Eudema
GARCÍA CASTAÑO, Javier; PULIDO MOYANO, Rafael y MONTES DEL CASTILLO, Ángel (1997) La educación multicultural y el concepto de cultura. Revista iberoamericana de educación, 13: 223-256
GARRETA, Jordi (2015) La comunicación familia-escuela en Educación Infantil y Primaria. Revista de la Asociación de Sociología de la Educación, 8 (1): 71-85
GONZÁLEZ, M. Mar (2009) Nuevas familias, nuevos retos para la investigación y la educación. Cultura y Educación, 21 (4): 381-389
GOTTLIEB, Alma (2000) Where have all the babies gone? : Toward an anthropology of infants (and their caretakers). Anthropological Quarterly, 73: 121-132
LAHIRE, Bernard (2007) Infancia y adolescencia: de los tiempos de socialización sometidos a constricciones múltiples. Revista de Antropología Social, 16: 21-37
LEVINE, Robert (2007) Ethnographic Studies of Childhood: A Historical Overview. American Anthropologist, 109 (2): 247-260
SEGALEN, Martine (1992) Antropología histórica de la familia. Madrid: Taurus.
SCHEPER-HUGHES, Nancy (1997) La muerte sin llanto: violencia y vida cotidiana en Brasil. BCN: Ariel
YUBERO JIMÉNEZ, Santiago (2010) “Socialización de género”. En V. Amador Muñoz y C. Monreal-Gimeno (eds.) Intervención social y género. Sevilla: Narcea. pp: 43-72
Os contidos e materiais traballados nesta materia contribúen á adquisición das seguintes competencias propias dos títulos de Educación Infantil (EI) e Educación Primaria (EP):
Competencias Básicas:
CB1- Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, pero que adoita atoparse a un nivel que se apoia en libros de texto avanzados e inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. (EI/EP)
CB2- Que os estudantes saiban aplicar seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. (EI/EP)
CB3- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. (EI/EP)
CB4- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado. (EI/EP)
Competencias Transversais:
T1- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras. (EI/EP)
T2- Coñecemento instrumental da lingua galega. (EI/EP)
T3- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.(EI/EP)
Competencias Xerais:
G3- Deseñar e regulamentar espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá. (EI/EP)
G4- Fomentar a convivencia na aula e fora dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia y saber reflexionar sobre eles. (EI/EP)
G5- Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia. (EI)
G6- Coñecer a organización dos colexios de educación primaria e a diversidade de accións que comprende seu funcionamento. Desenvolver as funcións de titoría e de orientación cos estudantes e súas familias, con atención ás singulares necesidades educativas dos estudantes. Asumir que o exercicio da función docente ten que ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida. (EP)
G7- Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa. (EP)
G8- Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas. (EI/EP)
G10- Actuar como orientador de pais e nais en relación coa educación familiar no período 0-6 e dominar habilidades sociais no trato e relación coa familia de cada estudante e co conxunto das familias. (EI)
G12- Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios en educación infantil e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos. (EI)
Competencias específicas:
E10- Crear e manter lazos de comunicación coas familias para incidir eficazmente no proceso educativo. (EI)
E11- Coñecer e saber exercer as funcións de titor e orientador en relación coa educación familiar. (EI)
E12- Promover e colaborar en accións dentro e fora da escola, organizadas por familias, concellos e outras institucións con incidencia na formación cidadá. (EI)
E14- Coñecer a evolución histórica da familia, os diferentes tipos de familias, de estilos de vida e educación no contexto familiar.(EI/EP)
E20- Amosar habelencias sociais para entender ás familias e facerse entender por elas. (EP)
E21- Coñecer e saber exercer as funcións de titor e orientador en relación coa educación familiar na xeira 6-12 anos. (EP)
E22- Relacionar a educación co medio, e cooperar coa familia e a comunidade.(EP)
Aulas expositivas
O obxectivo das sesións expositivas é o desenvolvemento dos contidos incluídos no programa do curso. Estes contidos complementaranse, exemplificaranse e serán discutidos nas sesións interactivas.
- Aulas interactivas
O obxectivo das sesións interactivas é complementar, exemplificar, profundar e discutir algúns aspectos concretos da materia. Proponse a realización de dous traballos grupais e dous traballos individuais en torno a lecturas seleccionadas polas docentes.
O primeiro traballo grupal consistirá na exposición e presentación dun texto previamente seleccionado polas docentes, que va complementar os contidos traballados nas aulas expositivas. A presentación consistirá na explicación dos contidos teóricos e conceptuais, así como a proposta de recursos audiovisuais, performance, role playing, dinámicas de grupo, etc. que exemplifiquen de xeito práctico a temática traballada e sirvan para introducir ao debate e á reflexión. Cada grupo tamén entregará un resumo e recensión crítica do texto presentado na clase.
O segundo traballo grupal consistirá na preparación de xeito autónomo do epígrafe 3.2. “A infancia e as familias na historia”, guiadas por bibliografía achegada polo profesorado e seguindo técnicas de aprendizaxe colaborativa. Este traballo grupal e a súa correspondente avaliación poderá eliminar contidos e supoñer ata un 15% da puntuación da proba final.
Os dous traballos individuais consistirán na elaboración de dous reflexións/comentarios críticos/cuestionarios sobre os textos seleccionados e presentados polos distintos grupos na clase. Darase preferencia á corrección por pares e á co-avaliación formativa dos entregables individuais empregando a ferramenta “obradoiro” do campus virtual.
O obxectivo das aulas interactivas será sempre favorecer a aprendizaxe autónoma e colaborativa, a avaliación continua formativa, empregando as ferramentas didácticas máis axeitadas.
- Actividade Titorial
As titorías individuais utilizaranse para o seguimento dos contidos teóricos, apoio ao desenvolvemento as tarefas e entregables, así como para recomendar bibliografía de apoio e material adicional, resolver dúbidas ou revisar comentarios e correccións. Estas funcións tamén desenvolveranse a través da avaliación formativa dos traballos e entregables individuais a través do campus virtual.
As titorías grupais programaranse en relación coa elaboración do traballo grupal, para a súa planificación, organización, recomendacións metodolóxicas, bibliográficas, resolución de dúbidas e supervisión de borradores. Igualmente estas funcións desenvolveranse a través da avaliación formativa do traballo grupal a través do campus virtual e dos comentarios formativos na exposición grupal.
Avaliación continua formativa (modalidade preferente)
Asistencia e participación nas aulas presenciais expositivas e interactivas – requisito imprescindible para a avaliación.
a) Tarefas e entregables durante o curso: 50%
2 entregables individuais – 30% (15% cada entrega = 10% cada entrega + 5% cada coavaliación)
Presentación oral do traballo grupal – 15%
Entregable grupal – 5%
b) Proba final: 50%
Para seguir a avaliación continua a asistencia será obrigatoria. Será preciso aprobar a parte “a” das tarefas e entregables (2.5/5ptos) que dan conta do aproveitamento e seguimento continuo da materia para poder facer a proba final “b”, complementaria nesta avaliación continua. É obrigatorio facer e aprobar ambas partes “a” e “b” para facer a media. Propoñerase un traballo grupal de aprendizaxe colaborativa e avaliación parcial dos contidos do epígrafe 3.2. que poderán supoñer a liberación desta parte dos contidos da proba final con ata un 15% da nota final.
Os traballos elaboraranse a partir dos materiais que propoñerán as docentes e que estarán previamente dispoñibles na aula virtual. Nas aulas traballarase na presentación, exposición e debate dos textos, a proposta práctica, o debate, o comentario construtivo entre pares e co-co-avaliación formativa dos entregables empregando a ferramenta “obradoiro” do campus virtual de forma preferente, coa supervisión puntual da docente nalgunhas destas tarefas.
O obxectivo das aulas interactivas será sempre a adquisición de competencias en torno a destrezas e actitudes, favorecer a aprendizaxe autónoma e a avaliación continua formativa, fomentar o comentario e o debate respectuoso entre pares, para isto empregaranse as ferramentas didácticas dispoñibles.
Segundo os Estatutos da Universidade, no seu artigo 130.2, o estudantado ten o deber da “asistencia e participación naquelas actividades formativas que se establezan como obrigatorias na programación docente”. No caso da avaliación continua a asistencia e participación nas aulas é imprescindible para a avaliación.
A asistencia é obrigatoria e O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nos ensinos adaptados ao EEES http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…
Na mesma exponse os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos e alumnas poderán solicitar exención oficial de docencia ou ben matricularse na modalidade de dedicación parcial aos seus estudos para facilitar a conciliación.
Polo tanto a ausencia de mais de 5 sesións, sexan interactivas ou expositivas, así como o non seguimento do ritmo das tarefas e entregables, supón a perda do dereito á avaliación continua e a aplicación da modalidade de avaliación non continua.
2. Avaliación non continua.
O alumnado que perda o dereito á avaliación continua deberá facer igualmente os dous entregables individuais, sempre que participe dos procesos de co-avaliación por pares e seguindo os criterios anteriormente descritos, e mais o exame final. Será preciso aprobar cada unha destas partes para facer a media.
a) 2 entregables individuais – 30% (15% cada entrega = 10% cada entrega + 5% cada coavaliación)
b) Proba final: 70% (sen posibilidade de parcial)
3. Avaliación de alumnos con dispensa da súa asistencia.
O alumnado que teña concedida a dispensa de asistencia a clase (segundo a instrución 1/2017 da Secretaría Xeral) terá que informar á coordinadora da materia, segundo o indicado na normativa, e poderá preservar o seu dereito á avaliación continua sempre que poda participar das tarefas grupais e individuais seguindo os criterios previamente descritos. Traballo grupal: 20%, traballo individual: 30%, exame: 50%.
Tamén poderá optar pola modalidade de avaliación non continua seguindo os criterios e ponderacións xerais. Traballo individual: 30%, exame 70%.
Os contidos e estratexia de ensinanza-aprendizaxe desta materia contribúen a acadar as seguintes competencias propias do título:
- O traballo grupal de aprendizaxe colaborativa, elaboración dos entregables individuais en base a distintos materiais así como a corrección por pares, comentario construtivo entre pares e avaliación formativa permitirán acadar as seguintes as competencia básicas CB1, CB2, CB3 e CB4, as competencias xerais G3, G4, G5, G6, G7, G8, G10, G12 e as competencias específicas E10, E11, E12, E14, E20, E21, E22.
- A exposición grupal na clase permitirá acadar as seguintes competencias básicas CB1, CB2, CB3 e CB4, xerais G10 e específicas E20.
- A exposición dos contidos conceptuais e teóricos e a súa avaliación cunha proba final permitirá acadar especialmente as competencias básicas CB1, CB2, CB3 e CB4, as xerais G12 e as específicas E11, E14 e E22.
Dacordo coas instrucións recibidas da Reitoría e da Facultade, a distribución dos 6 ECTS será:
Horas expositivas: 24
Horas interactivas: 24
Horas de titoría: 3
Total horas presenciais: 51
Estimase que cada alumno deberá dedicar unhas 99 horas ao seu traballo autónomo para poder superar a materia. Delas 35 corresponden ás tarefas de estudo; 18 á preparación de materiais, busca de información e análise de documentos, 45 a lecturas e elaboración dos traballos escritos e orais; 19 á lectura de obras recomendadas e á resolución de dúbidas e problemas de aprendizaxe dos contidos.
Iso supón un total de 150 horas de dedicación á materia.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Responsabilidad Medioambiental: En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia empregaranse preferentemente ferramentas do Campus Virtual para evitar o gasto innecesario de papel e outros materiais.
- Perspectiva de Xénero: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
- Utilización del móbil na aula: Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Tódalas comunicacións realizaranse a través do correo RAI e empregaranse as ferramentas tecnolóxicas institucionais como Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola universidade. Será responsabilidade do alumnado seguir as distintas canles de comunicación.
- O proceso de ensinanza-aprendizaxe (clases, titorías, email, comunicacións...) é un proceso privado de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Guadalupe Jimenez Esquinas
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Antropoloxía Social
- Teléfono
- 881812532
- Correo electrónico
- guadalupe.jimenez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Diego Allen-Perkins Avendaño
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Antropoloxía Social
- Correo electrónico
- diego.allen-perkins [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_05 Primaria (Rodríguez G - Z) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_04 Primaria (Ñ - Rodríguez F) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
Martes | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLE_02 Primaria (M - Z) + Dobre Grao 1º | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_03 Primaria (M - N) + Dobre Grao 1º | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
Mércores | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_02 Primaria (E - L) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
Xoves | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 Primaria (A - L) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_01 Primaria (A - D) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_06 Infantil (A - Iglesias G) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
Venres | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLE_03 Infantil (A - Z) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_07 Infantil (Iglesias H - Z) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |
17.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 Primaria (A - L) | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
17.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 Primaria (M - Z) + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
17.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 Primaria (A - L) | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
17.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 Primaria (M - Z) + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
17.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_03 Infantil (A - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
23.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_03 Infantil (A - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |
23.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 Primaria (A - L) | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
23.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_02 Primaria (M - Z) + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |