Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Consolidar un nivel intermedio-alto nas destrezas de comprensión e expresión escrita en lingua inglesa, que lle permita ao alumnado comprender e producir textos escritos, tanto xerais como específicos, do seu campo de especialización (adquisición e ensino da lingua inglesa como lingua estranxeira).
Consolidar as estruturas gramaticais, léxicas e discursivas necesarias para comunicarse sen dificultade no nivel de referencia (intermedio-alto).
Preténdese tamén que o alumnado sexa capaz de aplicar os coñecementos adquiridos na materia á súa práctica como docente de lingua inglesa no ensino das destrezas de comprensión e expresión escrita.
A. Práctica das destrezas de comprensión e expresión escrita en lingua inglesa
1.Lectura de textos
2.Produción de textos escritos
B. Ensino das destrezas de comprensión e expresión escrita en lingua inglesa
1.Diferencias entre linguaxe escrito e oral
2.Ensino da lectura
2.1 Enfoques e métodos
2.2 Estratexias e técnicas
2.3 Tipos de tarefas
2.4 Selección de materiais
3.Ensino da escritura
3.1 Fases no proceso de escritura
3.2 Tipos de tarefas e textos
3.3 Corrección e avaliación
Bibliografía básica:
Dunn, O. (2014). Introducing English to young children: Reading and writing. Collins.
Pinter, A. (2017). Teaching young language learners. Oxford University Press.
Scott, W. A. & Ytreberg, L. H. (2004). Teaching English to children. Longman.
Bibliografía complementaria:
Bloque de lingua:
Murphy, R. (2022). English Grammar in Use Interactive eBook with Audio. Cambridge University Press.
Sowton, C. (2014). Unlock : reading & writing skills. 4. Cambridge University Press.
Bloque de didáctica:
Bland, J., & Lütge, C. (Eds.). (2013). Children’s literature in second language education. Bloomsbury Academic. https://doi.org/10.5040/9781472552815
Hadfield, J. & Hadfield, C. (2008). Introduction to teaching English. Oxford University Press.
Harmer, J. (2007). The practice of English language teaching. Pearson Educa-tion.
Hiatt, K., & Rooke, J. (2012). Creativity & writing skills : finding a balance in the primary classroom. Routledge. https://doi.org/10.4324/9781315069432
Lindsay, C. & Knight, P. (2006). Learning and teaching English: A course for teachers. Oxford University Press.
Marks, A., & Walker, B. (2016). Setting and description : classroom-ready materials for teaching writing and literary analysis skills in grades 4 to 8. Rowman & Little-field. https://ebookcentral-proquest-com.ezbusc.usc.gal/lib/buscsp/detail.acti…
Phillips, S. (2003). Young learners. Oxford University Press.
Serroukh, F., & Wilson-Max, K. (2024). Representation in children’s literature reflecting realities in the classroom by the centre for literacy in primary education. Corwin.
Slattery, M. J. W. (2001). English for primary teachers: A handbook of activities and classroom language. Oxford University Press.
Thaine, C. (2010). Teacher training essentials: Workshops for professional development. Cambridge University Press.
Ur, P. (2013). A course in English language teaching. Cambridge University Press.
Xerais:
X1. Capacidade para amosar coñecementos sobre as áreas curriculares da Educación Primaria, as súas relacións, criterios de avaliación, e didáctica doseu ensino e aprendizaxe.
X3. Capacidade para abordar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües.
X11. Capacidade para coñecer, seleccionar e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación.
Específicas:
E1. Comprender os procesos de aprendizaxe relativos ao período 6-12 no contexto familiar, social e escolar.
E2. Coñecer as características destes estudantes, así como as características dos seus contextos motivacionais e sociais.
E52. Competencia lingüística: capacidade para expresarse, oralmente e por escrito, nunha lingua estranxeira.
E53. Competencia didáctica: capacidade para desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e fomentar as competencias correspondentes nos estudantes.
Básicas:
B1. Capacidade para amosar adquisición e comprensión de coñecementos, especialmente relativos á área de estudo.
B2. Capacidade para a aplicación dos coñecementos adquiridos ao eido profesional, co fin de elaborar argumentos e resolver problemas.
B4. Capacidade para transmitir información en eidos especializados e non especializados.
Transversais:
T1. Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
As clases serán en inglés.
En canto aos grupos de traballo, as tarefas levaranse a cabo en grupo grande, mediano ou pequeno e tamén de forma individual.
As clases expositivas (grupo grande) dedicaranse a desenvolver as competencias relacionadas co proceso de ensino e aprendizaxe dunha lingua estranxeira na educación primaria. Ademais, o alumnado mellorará a súa competencia comunicativa estudando aspectos léxicos, morfolóxicos e sintácticos da lingua inglesa.
As sesións interactivas (grupos medianos) tamén estarán enfocadas ao desenvolvemento da competencia comunicativa do alumnado mediante actividades deseñadas para comprobar a comprensión e expresión escritas do alumnado.
As titorías (grupos pequenos ou individuais) serán sesións de seguimento dedicadas a supervisar ao alumnado e a promover unha aprendizaxe autónoma.
1ª oportunidade:
a) AVALIACIÓN CONTINUA:
- PARTICIPACIÓN: 5%
- INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCCIÓNS: 25%
- PROXECTO FINAL: 20%
b) EXAME FINAL 50%
O alumnado con EXENCIÓN/DISPENSA DE DOCENCIA OFICIAL será avaliado como segue:
- PROBA ESCRITA: 80%
- PROXECTO FINAL: 20%
O sistema de avaliación para a 2ª oportunidade será o mesmo que para a primeira:
a) EXAME FINAL 50%
b) AVALIACIÓN CONTINUA: (mesma nota que na primeira oportunidade)
- PARTICIPACIÓN: 5%
- INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCCIÓNS: 25%
- PROXECTO FINAL: 20%
ADVERTENCIA:
En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido no art. 16 da "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”:
“A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
Aproximadamente 74 horas de traballo autónomo para o alumnado que teña un nivel en lingua inglesa próximo do recomendado.
Recoméndase que o alumnado teña un nivel intermedio-alto (B2) en lingua inglesa ao comezo do curso e ter superada a materia de segundo curso "Ensino e aprendizaxe de competencias comunicativas: Inglés".
1)O alumnado deberá preparar con antelación os exercicios e as lecturas recomendadas para a súa discusión na aula.
2)Así mesmo, deberá comprobar de forma regular o Campus Virtual e o seu correo electrónico, medios que se empregarán para o envío de información e a comunicación de cambios de última hora.
3)Non se contestará ningún correo electrónico que proceda dunha conta de correo non institucional. Polo tanto, o alumnado que desexe contactar co profesorado deberá facelo utilizando a súa conta de correo da USC (@rai.usc.es).
4)RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dobre cara en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
5)PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
https://www.usc.gal/gl/servizos/area/igualdade/cultura-institucional
6)Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo profesorado, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
7)Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, entendendo privado como un proceso de comunicación e intercambio entre o profesorado e o estudantado matriculado na materia.
8)Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
9) Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais.
Elsa Maria Gonzalez Alvarez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811860
- Correo electrónico
- elsa.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Carmen Gloria Cernadas Lema
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- carmengloria.cernadas.lema [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
04.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
08.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |