Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica das Ciencias Sociais
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Identificar aqueles aspectos que permitan recoñecer a relixiosidade na infancia e o seu significado nesa etapa da vida.
Recoñecer o específico da experiencia e da teoloxía cristiá en relación coa ciencia e a cultura actuais.
Comprender os contidos principais do currículo de relixión en infantil e en primaria
1. A experiencia relixiosa: realidade antropolóxica subxacente
2. Aproximación ás distintas tradicións relixiosas.
3. Espiritualidade e relixiosidade.
5. Trazos da espiritualidade cristiá.
6. Elementos para unha pedagoxía da teoloxía cristiá.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Benavides, A. (2014). Temas difíciles con niños. PPC.
Berástegui Pedro-Viejo, A. Reconocer la espiritualidad en los niños. Sal Terrae, 107 (2019) 295-307
Pikaza, X. (2003). Las grandes religiones, Ediciones Témpora.
Silva Retamales, S. (2023). El mundo de Jesús. PPC.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Berastegui A. (2021). Aprender seguros. Narcea.
Biesinger, A. (2003). No mentir a los niños acerca de Dios. Sal Terrae.
Bovon, F. (2004). El Evangelio según San Lucas. Vol. III, Sígueme.
Burón Orejas, J. (2010). Psicología y conciencia moral. Sal Terrae.
Carvajal, J. C. (2019). Sorprendente infancia. CCS.
De Andrés Zabaleta, P. (2019). Pedagogía y didáctica de la religión católica. Fonte-Monte Carmelo.
González- Carvajal Santabárbara, L. (2018). Esta es nuestra fe. Teología para universitarios (17 ed.) Sal Terrae.
John Dominic Crossan, J. (2014) El Poder de La Parábola. Madrid. PPC.
Luz, U. (2012): El evangelio según San Mateo. Sígueme.
Marcus, J. (2010): El evangelio según San. Marcos, Sígueme.
Mardones, J.M. (2006). Matar a nuestros dioses. Un Dios para un creyente adulto. PPC.
Meier, J. P. (2003). Un judío marginal. Nueva visión del Jesús histórico. Verbo Divino.
Mircea Eliade, Historia de las creencias e ideas religiosas. Herder (2012).
Nye, R. (2019): La espiritualidad infantil. En qué consiste y cómo enriquecerla. GodlyPlay España, San Pablo.
Reinmar, T. (1989). Dios para niños. Sal Terrae.
Santamaría, T. (2020): Interioridad, San Pablo, Madrid.
Theissen, G. – Merz, A. (1999). El Jesús histórico. Sígueme.
Enlaces
-www.padresymaestros.es
-www.conferenciaepiscopalespañola.es
-www.profes.net
-www.auladereli.es
-www.religionyescuela.es
-www.cristianismoyjusticia.es
X1. Comprender o feito relixioso e a súa relación coa cultura actual. 2. Identificar claves para a busca de recursos cara a súa aplicación na aula en infantil e primaria.
Xerais:
X4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá. G5. Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes. G6. Coñecer a organización dos colexios de educación primaria e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Desempeñar as funcións de titoría e de orientación cos estudantes e as súas familias, atendendo as singulares necesidades educativas dos estudantes. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida. X7. Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e do ámbito social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
Específicas: E34. Fomentar a educación democrática da cidadanía e a práctica do pensamento social crítico. E35. Valorar a relevancia das institucións públicas e privadas para a convivencia pacífica entre os pobos. E36. Coñecer o feito relixioso ao longo da historia e a súa relación coa cultura.
Básicas: B.1. Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B.2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problema dentro da súa área de estudo.
B.3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Transversais: T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación. A metodoloxía promove a participación activa e crítica do alumnado na aula, así como a súa aprendizaxe con e do grupo. Os materiais de traballo que se propoñen ofrécense como posibilidade de coñecemento e de discusión dentro e fóra da aula.
A metodoloxía promove a implicación activa do alumnado mediante: Liberdade de expresión de ideas e experiencias. Aprendizaxe reflexiva e dialogada. Aprendizaxe a nivel persoal, e non unicamente a nivel profesional. Potenciación dun clima de confianza e aceptación das diferentes opinións. Traballo sobre a base de materiais (vídeos, lecturas etc.)/ etc.) que inciten á reflexión crítica. Axuda a unha reflexión persoal dos propios actos e pensamentos do alumnado (interiorización). Intervención de docentes que xa traballan a materia nas aulas de Educación Infantil e Primaria, compartindo experiencias, achegando ideas ou actividades para realizar na clase etc.
Achega de materiais e recursos adaptados á idade dos nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria.
As clases expositivas ofrecerán as claves necesarias para comprender e traballar os materiais propostos, así como a metodoloxía concreta das interactivas, segundo o tema tratado e o progreso concreto de aprendizaxe do grupo. Ademais, promoverán a verificación co previamente sabido.
Respecto ao uso da aula virtual: o alumnado deberá poñer a cámara en activo para facilitar a súa avaliación e a comunicación co resto do grupo, e deberá previamente visualizar mediante as opcións de Microsoft teams a súa intención de intervir. Caso de non poder activar a cámara, deberá comunicarllo ao profesor mediante un correo electrónico, alegando os motivos
A mera asistencia non puntúa.
Non se permite o uso do móbil na aula salva para a procura de información relacionada coa materia.
Participación activa do alumnado na aula (nas expositivas e nas interactivas): ata 3 puntos. Esta avaliación será individual e de aplicación en cada clase. Ocasionalmente o profesor pode valerse de exames tipo test para valorar o traballo de cada alumno/a. A nota destes exames é orientadora.
- Criterios de avaliación:
1. Referencias aos temas propostos na aula: comprensión e a súa relación coa actualidade. Capacidade para valoralos criticamente valéndose de argumentos e non de mera opinión: “estou de acordo ou non estou de acordo” “penso o mesmo” “paréceme ben”. O profesor poderá solicitar por escrito a reflexión feita polo alumno/a.
2. Diálogo co resto dos compañeiros /as. Capacidade de escoita activa. Capacidade para formular preguntas e alternativas de interese para o grupo, máis aló do que propoña o profesor. Creatividade á hora de propoñer como traballar os contidos co alumnado de infantil e primaria.
Último día de clase: o alumnado se autoavaliará #ante o resto de compañeiras/xustificándovos a nota que merece desde os criterios de avaliación arriba indicados. Dita nota non é vinculante para o profesor.
O profesor indicará ao alumno/a que non alcance o aprobado, a realización dun exame tipo test sobre algúns temas seleccionados da bibliografía básica. Este exame final será vinculante para a cualificación do alumno/a.
No caso do alumnado con exención oficial e dispensa de clase, deberá comunicarse co profesor canto antes para verificar e facer saber a súa situación. A avaliación será mediante a realización do exame final tipo test, cuxo contido será indicado polo profesor. O alumnado contará co apoio e seguimento da aprendizaxe mediante titorías a través de microsoft teams. O exame constará dun total de 30 preguntas, cunha soa opción verdadeira entre tres diferentes. 2 erros restarán un punto, e en branco, non resta.
Estímase que o alumnado deberá dedicar unhas 90 horas o seu traballo autónomo para poder superar a materia. Delas, aproximadamente 35 estarán centradas en tarefas de estudo, preparación de materiais, procura de información e análise de documentos; ao redor de 40 dedicaranse ás lecturas e elaboración de traballos e unhas 15 para o traballo de lecturas recomendadas, a aprendizaxe autónoma, a resolución de dúbidas e problemas na aprendizaxe dos contidos.
A USC é unha universidade presencial, polo que é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 90% das sesións de clases. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar e exención oficial de docencia.
Actitude flexible e crítica no traballo e análise dos materiais propostos polo profesor.
Resolución de dúbidas en clases expositivas e en titorías.
Interese por aprender do grupo de compañeiros/ as.
Escoita activa
Responsabilidade ambiental:
Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
Imprimir as dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero:
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade ( Lifesize, etc).
Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non acomodado do mesmo.
Ter en conta que a ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdese privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica- privacidade- proteccion-datos
Luis Manuel Garcia Bernadal
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Correo electrónico
- luismanuel.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:00-19:30 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 3º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
19:30-21:00 | Grupo /CLIS_01 + Dobre Grao 3º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
02.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
01.07.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |