Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Identificar as características, potencialidades e implicacións da diversidade de materiais didácticos
existentes na práctica educativa.
- Coñecer as bases teóricas que permiten analizar, explicar, deseñar e avaliar os materiais
didácticos.
- Identificar as principais fontes de acceso a recursos deseñados por profesores e/o centros de
recursos de/para profesores e outros profesionais da formación
- Deseñar materiais educativos de calidade en diferentes formatos (impreso, analóxico, dixital) para os
ámbitos de traballo do Pedagogo.
- Avaliar, seleccionar, organizar e empregar materiais didácticos para contextos de educación e
formación específicos
Os materiais didácticos no currículum. Conceptualización e taxonomías (conceptos, tipos, funcións…).
O proceso e as fases de deseño e avaliación de materiais didácticos.
Os modelos e as guías de avaliación de materiais didácticos.
Os materiais didácticos na Reforma Educativa Actual.
Os libros de texto na escola.
Os materiais didácticos en soporte dixital: criterios de calidade e software para o deseño.
Ferramentas de intelixencia artificial para a elaboración de materiais didácticos.
Desenvolvemento profesional e materiais didácticos.
Os centros de recursos: concepto e prácticas.
Os materiais didácticos para a formación ao longo da vida. Materiais didácticos para a formación de adultos.
Bibliografía Básica:
Rodríguez Rodríguez, J. , Martínez-Delgado, C., Delgado Amo, C. (2023). Discusiones actuales alrededor del libro de texto escolar. Octaedro.
Castro Rodríguez, Mª M., Rodríguez Rodríguez, J. e Zapico Barbeito, Mª H. (2013). Materiais didácticos e experiencias educativas innovadoras. Toxosoutos/NEG.
Parcerisa Aran, A. (1996). Materiales curriculares. Cómo elaborarlos, seleccionarlos y usarlos. Graó.
Bibliografía Complementaria:
Area, M. (2020). Escuel@ Digit@l. Los materiales didácticos en la Red. Graó
Area, M., Rodríguez, J., Peirats, J., San Martín, Á. (2023). Infanci@ Digital. Los recursos educativos digitales en educación infantil.J Graó.
Cepeda, O., Gallardo, I.M. e Rodríguez, J. (2017). La evaluación de los materiales didácticos digitales. RELATEC, Revista Latinoamericana de Tecnología Educativa, 16(2), 79-95. https://doi.org/10.17398/1695-288X.16.2.79
Edullab, Crie e Stellae (2019). Guía para la producción y uso de materiales didácticos digitales : recomendaciones de buenas prácticas para productores, profesorado y familias. Repositorio de la Universidad de La Laguna. https://riull.ull.es/xmlui/handle/915/16086
Gardó, H. e Sierra, C. (2022). Los algoritmos a examen: ¿Por qué IA en educación?. Fundació Bofill. https://fundaciobofill.cat/es/publicaciones/los-algoritmos-a-examen
Gewer Barujel, A. e Fraga Varela, F. (2006). Profesorado y Squeak. ¿ Una oportunidad para romper los mitos de la tecnología en la escuela?. Relatec: Revista Latinoamericana de Tecnología Educativa, 5 (2), 465-482.
Rodríguez Rodríguez, J. (2004). (Varios conceptos)., Material Didáctico, Material Impreso, Materiales Curriculares, Libro de texto. En Salvador Mata, F., Rodríguez Diéguez, J. L. y Bolívar Botía, A. Diccionario Enciclopédico de Didáctica , vol. II. Aljibe.
López Gómez, S. e Rodríguez Rodríguez, J. (2021). Los videojuegos en la escuela, la universidad y los contextos sociocomunitarios. Octaedro.
Martínez Bonafé, J. e Rodríguez Rodríguez, J. (2010). El currículum y el libro de texto. Una dialéctica siempre abierta. En J. Gimeno. Saberes e incertidumbres sobre el currículum (pp. 246-269). Morata.
Martínez Bonafé, J. (1995). Interrogando al material curricular (Guión para el análisis y la elaboración de materiales para el desarrollo del currículum). En J. G. Mínguez e M. Beas. Libro de texto y construcción de materiales curriculares(pp. 221-245). Proyecto Sur.
Parcerisa Arán, A. (1996). Materiales curriculares, cómo elaborarlos, seleccionarlos y usarlos. Graó. (Só a parte correspondente coa guía).
Pernas Morado e Doval, I. (2002) (Eds). Novas Tecnoloxías e Innovación Educativa en Galicia. USC.
Rodríguez Rodríguez, J. e García García, I. (2011). La elaboración de materiales didácticos en los contextos educativos municipales. El proyecto educativo “Ulla Elemental”. Bordón, 63 (3), 133-149.
Rodríguez Rodríguez, J., Martínez Bonafé, J. e Braga García, T. (2016). (Coords). Entre libros de texto impresos y libros de texto digitales: debates y desafíos.Monográfico revista Profesorado. Revista de currículum y formación del profesorado. Vol. 20, nº 1.
Rodríguez Rodríguez, J. e Martínez Bonafé J. (2016). Libros de Texto y Control del Currículum en el contexto de la sociedad digital. Cad. Cedes, Campinas, 36(100), 319-336.
Teijeiro Bóo, Y. e Rodríguez Rodríguez, J. (2022). Materiales y recursos didácticos en Pedagogía Hospitalaria. Graó.
Monográfico,
De los libros de texto a los materiales didácticos digitales (RELATEC).
-CX7- Elaborar, xestionar e/o facer uso directo dos recursos documentais, metodolóxicos e materiais
que comporte o desenvolvemento da súa profesión e que poderán concretarse na redacción e difusión de
informes, utilización de estratexias e métodos educativos, equipamentos e infraestruturas, etc.
- CE2.2-Deseñar medios e recursos educativos adaptados e contextualizados ás necesidades educativas
- CE2.3-Deseñar planes de formación, programas e propostas innovadoras de formación e desenvolvemento dos profesionais e dos recursos formativos.
-CE2.3-Organizar e xestionar institucións, servizos, medios e recursos educativos e formativos.
-CE4.1-Avaliar planes, programas, proxectos, procesos de ensinanza-aprendizaxe e medios e recursos
educativos e formativos.
-CE5.2- Asesorar sobre o uso pedagógico dos medios e recursos educativos.
Trátase dunha materia de carácter teórico-práctico que debe capacitar aos estudantes para adquirir as estratexias e coñecer os modelos que lle permitan deseñar e avaliar Materiais Didácticos en diferentes contornas e formatos. Igualmente a asignatura permitirá que os estudantes poidan coñecer as particularidades e características da diversidade de materiais que poidan ser deseñados e avaliados. Resulta especialmente importante que os alumnos identifiquen o papel e protagonismo de
cada un dos diferentes materiais didácticos, o papel que posúen na práctica socioeducativa e as diferentes estratexias que poidan adoptarse para que o seu uso poida contribuír ao desenvolvemento innovador de dita práctica.
A materia pode vincularse aos períodos de PRACTICUM nos que os estudantes poderán coñecer, na súa realidade específica, as propostas de deseño e avaliación de materiais didácticos que se están levando a cabo nas institucións nas que se incorporen.
Na medida do posible tentaremos que algúns dos traballos propostos na materia estean coordinados conxuntamente coas materias "Formación en rede" e "Multimedia e Software Educativo". Así mesmo no desenvolvemento da materia tense en conta o traballado na materia de Tecnoloxía Educativa (3º Pedagoxía).
Na materia prevese tamén o desenvolvemento de, cando menos, unha práctica de campo compartida con outras do curso (visita, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións) na perspectiva dun traballo interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.
Farase un uso activo do campus virtual para informar, documentar e solicitar tarefas a realizar polo alumnado.
O sistema de avaliación a aplicar será a avaliación continua ao longo do curso. De cara á avaliación final tomaranse en conta os seguintes elementos:
- Actividades realizadas individualmente ou en grupo ao longo do cuadrimestre relacionadas co deseño e avaliación de materiais: 30%
- Traballo persoal sobre lecturas e estudo:20%
- Traballo de elaboración ou adaptación dun material:30% (Actividade colectiva, ApS)
- Exame Final:20% (Actividade individual)
- Asistencia: Obrigatoria.
A proposta de actividades na matería terá en conta as necesidades e o ritmo de desenvolvemento dentro da materia e a coordinación coas materias do semestre.
O exame final trátase dunha proba de carácter continuo que alumnado vai realizando ao longo do cuadrimestre e entrégase o día oficial do exame.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
-O programa sigue as novas da instrución núm. 1/2017, da secretaría xeral da USC, sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias.
No caso de estudantes con exención de docencia e dispensa de asistencia, na primeira semana de clase, no horario de tutoría, establecerán co profesor cal vai ser o seu seguimento das sesións expositivas e a súa incorporación nas sesións interactivas para realizar actividades con outros e as que realizarán de forma individual. Dun xeito específico o alumnado deberá facer entrega dun resumo de obras recomendadas e a entrega dun material didácticos elaborado ou adaptado.
Actividades presenciais (50 horas).
Introducción: 4 horas.
Clases expositivas: 11 horas.
Prácticas de Seminario 14 horas.
Prácticas de laboratorio: 14 horas.
Titorías de traballo de curso: 5 horas.
Avaliación: 2 horas.
Traballo persoal de estudante (100 horas).
Estudo: 20 horas.
Lectura, explicación…: 30 horas.
Analizar e seleccionar materiais: 14 horas.
Deseñar e avaliar materiais: 14 horas.
Saídas de campo: 12 horas.
Recoméndase ter coñecementos do ámbito da Tecnoloxía Educativa e ter cursado materias relacionadas co Deseño e Desenvolvemento Curricular.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Responsabilidade medioambiental. Se o docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero:
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oix/desc…
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Jesus Rodriguez Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813843
- Correo electrónico
- jesus.rodriguez.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Silvia Lopez Gomez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- silvialopez.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Pablo Gayo Perez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- pablogayo.perez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLIL_01 (A - García C) | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Martes | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
11:00-13:00 | Grupo /CLIL_02 (García D - Que) | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
13:00-15:00 | Grupo /CLIL_03 (Qui - Z) | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
09.12.2024 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
20.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |