Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1.- Conseguir un coñecemento crítico e un manexo axeitado dos conceptos, principios, teorías e bibliografía básica no terreo curricular da Organización Educativa.
2.- Coñecer a estrutura organizativa básica do noso sistema educativo.
3.- Lograr unha sensibilización sobre a transcendencia da dimensión organizativa dos centros educativos e unha actitude de apertura e interese cara á temática da Organización Educativa.
4.- Tomar conciencia da importancia que, tanto a organización adecuada dos elementos estruturais, como a atención ás relacións interpersoais, á comunicación e aos fenómenos de grupo, teñen para o funcionamento racional e eficaz dos centros.
5.- Ser capaz de comprender a complexidade organizativa da Institución Educativa e de analizar criticamente o papel dos distintos factores materiais, persoais e funcionais que interveñen na súa organización, así como das súas posibles interrelacións.
-Fundamentos conceptuais da organización educativa.
-Teorías e modelos en organización educativa.
-Clima e cultura escolar.
-Comunicación e conflito nos centros educativos.
-Relacións escola-familia.
-Os espazos e os tempos educativos.
-A función directiva nas institucións escolares.
-Os documentos de centro.
-Innovación e cambio nos centros educativos.
-A avaliación das institucións educativas.
BÁSICA:
Bolívar, A. (2020). Otra gobernanza para dinamizar la organización de los centros. En M. Fernández-Enguita (Coord.), La organización escolar. Repensando la caja negra para poder salir de ella (pp. 37-47). ANELE-REDE. https://www.dialogorede.es/wp-content/uploads/2020/12/5-libro_organizac…
Cantón, I., e Pino, M. (Coords). (2014). Organización de centros educativos en la sociedad del conocimiento. Alianza Editorial.
Gairín Sallán, J., e Castro Ceacero, D. (2021). El contexto organizativo como espacio de intervención. Síntesis.
Rodríguez-Gallego, M. R., Ordóñez-Sierra, R., e López-Martínez, A. (2021). Organización de los elementos espaciales y temporales en los centros educativos. En M. D. Díaz-Noguera e R. Barragán-Sánchez (Coords.), Centros educativos. Transformación digital y organizaciones sostenibles: aprender y enseñar en tiempos de pandemia (pp. 21-43). Dykinson.
COMPLEMENTARIA:
Barrigüete, L., e Penna, M. (2011). Organización y gestión de instituciones y programas educativos. Catarata.
Bernal, J. L. (2006). Comprender nuestros centros educativos. Perspectiva micropolítica. Mira Editores.
Bolívar, A. (2000). Los centros educativos como organizaciones que aprenden. Promesa y realidades. La Muralla.
Bolívar, A. (2007). Cómo mejorar los centros educativos. Síntesis.
Castillo, M., Ramos, M. J., e del Moral, G. (2020). Buenas prácticas en la organización, gestión y dirección de los centros educativos. Bordón: Revista de Pedagogía, 72(1), 11-30. https://recyt.fecyt.es/index.php/BORDON/article/view/63135
Egido Gálvez, I. (2016). Las relaciones entre familia y escuela. Una visión general. Participación educativa segunda época, 4(7), 11-18. https://www.educacionfpydeportes.gob.es/mc/cee/publicaciones/revista-pa…
Gather, M. (2004). Innovar en el seno de la institución escolar. GRAÓ.
Gather, M., e Maulini, O. (2010). La organización del trabajo escolar. Una oportunidad para repensar la escuela. GRAÓ.
Gázquez, J., e Pérez Fuentes, C. (Coords.). (2010). La convivencia escolar: aspectos psicológicos y educativos. Grupo Editorial Universitario.
González, M. T. (Coord.). (2003). Organización y gestión de centros escolares. Pearson.
González, M. T. (Coord.). (2011). Innovaciones en el gobierno y la gestión de los centros. Síntesis.
Leite Méndez, A. E, Rivas-Flores, J. I., e Cortés González, P. (2023). Escuela y transformación social. Otra mirada de la organización educativa. Octaedro.
López Yáñez, J., Sánchez Moreno, M., Murillo-Estepa, P., Lavié Martínez, J.M., e Altopiedi, M. (2008). Dirección de centros educativos. Un enfoque basado en el análisis del sistema organizativo. Síntesis.
Manzanares, M. (Ed.). (2010). Organizar y dirigir en la complejidad: instituciones educativas en evolución. Wolters Kluwer.
Martín-Moreno, Q. (2007). Organización y dirección de centros educativos innovadores. El Centro Educativo Versátil. McGraw-Hill.
Martín-Moreno, Q. (2010). Contextualización de los centros educativos en su entorno. Sanz y Torres.
Moreno, J. (Coord). (2004). Organización y gestión de centros educativos. UNED.
Santos, M. A. (2007). Arte y Parte. Desarrollar la democracia en la escuela. MAD.
Vera, J., Mora, V., e Lapeña, A. (2006). Dirección y gestión de centros docentes. Guía práctica para el trabajo diario del equipo directivo. GRAÓ.
REVISTAS DE REFERENCIA
Cuadernos de Pedagogía, Innovación Educativa, Organización y Gestión Educativa, Revista de Educación, Revista Galega de Educación, etc.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS:
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que se adoita atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
CT2 - Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros profesionais.
CT7 - Demostrar profesionalidade integrando teoría e práctica.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
CE1.3 - Diagnosticar as necesidades educativas de desenvolvemento educativo das persoas e das organizacións.
CE3.3 - Organizar e xestionar institucións, servizos, medios e recursos educativos e formativos.
CE4.2 - Avaliar sistemas e institucións educativas.
A metodoloxía tratará de favorecer a máxima congruencia posible na explicación e comprensión da materia, nos planos individual e colectivo.
As clases expositivas permitirán a presentación docente das claves informativas e dos contidos básicos en relación cos descritores sinalados, así como prover dunha primeira orientación sobre as posibles liñas de afondamento a desenvolver polo alumnado. As actividades formativas en gran grupo centraranse na adquisición de coñecementos básicos cun peso relevante de actividades expositivas. Desenvolveranse actividades para que valoren os diferentes tipos de organizacións educativas nas súas diferentes dimensións e que analicen o marco normativo e aspectos teóricos e experiencias, desenvolvendo as competencias sinaladas anteriormente.
As clases interactivas permitirán sintetizar e clarificar a información básica, seleccionar conceptos e tópicos relevantes, analizar o traballo realizado, responder a preocupacións de formación e contribuír á construción dun coñecemento crítico e comprensivo da organización dos centros educativos. Entre as actividades de grupo interactivo, destacan a importancia daquelas ligadas a estudos de caso, analizando situacións nos centros educativos, e de proxectos de traballo centrados en aspectos de deseño e avaliación de proxectos de centro. Terá un peso importante o traballo autónomo por parte do alumnado, tanto individual como no marco dos grupos que se formen na aula.
A atención ao alumnado verase reforzada co desenvolvemento de titorías, que terán un carácter fundamentalmente personalizado ou en pequenos grupos e que se levarán a cabo no horario especificamente dedicado a tal fin polas profesoras da materia. Estas sesións posibilitarán o desenvolvemento teórico-práctico da materia e a orientación dos traballos que se realicen ao longo do curso.
O Campus Virtual proporcionará unha contorna virtual con diversas ferramentas para favorecer os procesos de ensino-aprendizaxe e unha boa integración da docencia. En concreto, utilizarase a aula virtual desta materia para: facer un seguimento do traballo dos/as estudantes, levar a cabo a comunicación entre o alumnado e o profesorado, entregar as actividades solicitadas e recompilar o contido e os recursos de cada tema, potenciando o traballo autónomo do alumnado.
Para obter unha valoración positiva na materia (desde aprobado até matrícula de honra) deberán estar realizados e entregados en prazo os traballos individuais e propostos en grupo, así como superar a proba de avaliación especificada. Neste sentido, será necesario conseguir a metade da puntuación na proba de avaliación realizada para que esta faga media coas outras cualificacións.
A cualificación final será o resultado de diferentes tipos de actividades:
1) A realización dun exame sobre o temario da materia. Terá un peso específico do 50% da nota final. O alumnado que non obteña unha cualificación de aprobado na primeira oportunidade (xaneiro), poderá optar a unha proba final en segunda oportunidade (xuño). Estas probas realizaranse nas datas que estableza o calendario oficial da Facultade.
2) Os traballos en grupo e individuais realizados, consistentes no estudo de casos, análise de películas, elaboración de informes sobre puntos do temario e exposicións. Terán un peso específico do 40% da nota final.
- Os traballos individuais ou en grupo deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá un suspenso e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte oportunidade, segundo o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións sobre a realización fraudulenta de exercicios ou probas: https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/12984
- A efectos avaliativos, un mesmo traballo non poderá ser utilizado para varias materias, excepto naquelas actividades programadas de forma coordinada.
- Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA: Publication Manual of the American Psychological Association, 7ª ed., 2020. Washington: American Psychological Association. Hai exemplares dispoñibles na Biblioteca da USC.
Pode consultarse máis información no seguinte enlace:
https://apastyle.apa.org/style-grammar-guidelines/references/examples
- Na materia prevese o desenvolvemento de, cando menos, unha práctica de campo compartida con outras do curso (visita a un centro, encontro con profesionais, celebración de conmemoracións...) na perspectiva dunha actividade interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.
3) A participación nas clases, referida a preguntas e suxestións achegadas polos estudantes, respostas aos interrogantes formulados polas docentes e realización de pequenas tarefas implicadas no seguimento continuo da materia (estudo de materiais, busca de información...). Terá un peso específico do 10% da nota final. Para establecer a puntuación final deste apartado, empregarase a observación directa, as notas tomadas polas profesoras e un rexistro das tarefas realizadas.
A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria -tal como se especifica para os graos adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior-, sendo un requisito para a avaliación. Pasarase listaxe de sinaturas. A xustificación das faltas de asistencia axustarase á normativa correspondente: https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/13189
Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar a exención oficial de docencia:
https://nubeusc.sharepoint.com/sites/centro-ciencias-educacion/SitePage…
Os/as alumnos/as que obteñan a exención de docencia deberán presentar o documento ás docentes de forma inmediata. Establecerase unha titoría para tratar os criterios xerais de desenvolvemento da materia e da súa avaliación.
Ademais dos elementos contemplados no apartado 1 (exame: 50% da nota final) e 2 (traballos en grupo e individuais: 40% da nota final), o plan de traballo para o alumnado con exención de docencia será o seguinte: lectura, resumo das ideas principais e valoración crítica dunha obra ou varios artigos a determinar polas docentes (10% da nota final). Este alumnado desenvolverá, na medida do posible, os traballos do apartado 2 nas mesmas condicións que o alumnado con asistencia regular (segundo sexan individuais ou en grupo).
No caso de que un alumno ou alumna obtivese un suspenso na primeira oportunidade de avaliación conservaráselle a nota dos elementos aprobados para a segunda oportunidade.
Actividades docentes presenciais:
- Clases expositivas (presentación e explicación de contidos): 22,30 horas
- Clases interactivas: 22,30 horas
- Titorías: 3 horas
- Probas: 2 horas
Traballo persoal do alumnado:
- Estudo: 60 horas
- Elaboración de traballos e realización de actividades da materia: 40 horas
- Lecturas: 15 horas
Total horas presenciais: 50
Total horas de traballo persoal do alumnado: 165
A complexidade terminolóxica, conceptual, teórica e aplicada que caracteriza á materia en función dos obxectivos e contidos, aconsella un traballo continuado na mesma, procurando desde o inicio unha implicación e participación activa nas distintas actividades que se desenvolvan.
Estímase que, ao ser a clase teórica e práctica, o alumnado deberá dedicar un tempo para realizar fóra da clase determinadas tarefas e estudo, para afianzar os coñecementos adquiridos. Nese sentido, deberán revisar os contidos abordados na clase para unha comprensión máis profunda dos mesmos e poder seguir puntualmente a secuencia de actividades.
Deberán familiarizarse coa linguaxe normativa (BOE e DOG), consultando as correspondentes disposicións legais. Os cambios importantes que se producen en relación coa organización dos centros educativos (a nivel estatal e autonómico) esixen estar ao día no desenvolvemento institucional a nivel normativo.
Recoméndase acudir regularmente ás sesións de titoría para resolver e aclarar as dúbidas que se presenten, tanto para o estudo da materia como para a realización das actividades propostas, que deberán axustarse aos criterios de redacción e expresión escrita.
En particular, recoméndase:
- Unha lectura detida, reflexiva e crítica do programa da materia nos seus diversos apartados.
- Realizar e presentar nos prazos que se establezan as actividades asociadas á dinámica da clase, de modo individual e/ou en grupo.
- Tomar e facer operativas decisións que posibiliten unha adecuada organización no tempo, compatibilizando os requirimentos desta materia cos das demais.
- Realizar lecturas complementarias de libros e revistas especializadas, recomendadas polas profesoras, que posibiliten unha comprensión globalizada dos contidos da materia.
Este programa é unha proposta flexible que pode ser modificada na medida en que as circunstancias concretas da súa posta en práctica así o requiran. A proposta de actividades na materia terá en conta as necesidades e o ritmo de desenvolvemento dentro da materia e a coordinación coas materias do semestre.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL: Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual. De solicitarse para a materia algún traballo impreso, sexa individual ou grupal, teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar as tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregaranse grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade "aforro de tinta".
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas tratados no traballo.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso dunha linguaxe non sexista tanto no traballo cotián de aula como nos traballos académicos solicitados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/es/servicios/area/igualdad/cultura-institucional
Tamén se utilizarán outras medidas para aplicar o enfoque de xénero na docencia, tales como o recoñecemento e consideración das situacións particulares das alumnas, a promoción dun clima de interaccións igualitario, a organización paritaria de grupos sempre que sexa posible, a mostra das contribucións científicas e técnicas das mulleres na materia e das propias alumnas, e a introdución do xénero como categoría de análise dos traballos do alumnado.
OBRIGATORIEDADE DE USO DA CONTA DE CORREO RAI: O alumnado debe utilizar necesariamente o correo electrónico da USC (conta rai) na súa comunicación co profesorado. Este é o correo oficial.
OBRIGATORIEDADE DE EMPREGO DAS FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
USO DO TELÉFONO MÓBIL: Queda restrinxido o uso do teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo, seguindo as indicacións dadas polas docentes, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dunha utilización non axeitada do mesmo.
PRIVACIDADE DA ENSINANZA-APRENDIZAXE (clases/titorías): ter en conta que o ensino-aprendizaxe é un proceso privado; entendendo privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o alumnado matriculado na materia.
OBRIGATORIEDADE DO CUMPRIMENTO DA NORMATIVA DE PROTECCIÓN DE DATOS: Seguirase a normativa de privacidade e protección de datos persoais dispoñible en https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/normativa/proteccion-…
Esther Vila Couñago
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813831
- Correo electrónico
- esther.vila [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Julia Maria Crespo Comesaña
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813808
- Correo electrónico
- juliamaria.crespo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_03 (Mu - Z) | Galego | AULA 14 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_01 (A - D) | Galego | AULA 14 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
13:30-15:00 | Grupo /CLIL_02 (E - Mo) | Galego | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
08.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
17.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |