Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos desta materia relaciónanse con aqueles elementos que desde un enfoque pedagóxico son importantes para comprender a relación entre a educación e o mundo laboral. Nesta liña, formúlanse como obxectivos da materia os seguintes:
1. Coñecemento do sistema conceptual da Pedagoxía Laboral.
2. Estudo da evolución, concepto e funcións da Pedagoxía Laboral.
3. Estudo da relación entre o mundo do traballo e a educación.
4. Análise dos tres subsistemas de formación laboral.
5. Análise dos modelos pedagóxicos orientados á formación continua na empresa.
1. Historia, conceptos e obxectivos da Pedagoxía Laboral.
2. Os paradigmas da formación laboral.
3. A formación laboral en España-Educación, traballo e empresa.
4. Análise das necesidades de formación na empresa.
5. A planificación da formación e o seus elementos clave.
6. Avaliación da formación na empresa
7. Integración social e laboral.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Bernal, A., Fernández-Salinero, C., e Pineda, P. (2019). Formación continua. Síntesis.
Colom, A., Sarramona, J., e Vázquez, G. (1994). Estrategias de formación en la empresa. Narcea. Catálogo Iacobus-USC: https://bit.ly/3JT78uj
Pineda, P. (Coord.). (2002). Pedagogía laboral. Ariel. Catálogo Iacobus-USC: https://bit.ly/4bhe0y0
Pineda, P. (Coord.). (2002). Gestión de la formación en las organizaciones. Ariel. Catálogo Iacobus-USC: https://bit.ly/3wjqBkZ
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Espona-Barcons, B., Quesada-Pallarès, C., Pineda-Herrero, P., e Ciraso-Calí, A. (2017). ¿Es eficaz la formación en la Administración pública española? Evaluación de la transferencia de los aprendizajes con el modelo FET. Qurriculum: Revista de Teoría, Investigación y Práctica Educativa, 30, 31-48. http://riull.ull.es/xmlui/handle/915/6134
Fernández Salinero, C. (2016). La Pedagogía Laboral como especialidad profesional en el siglo XXI. Revista Española de Pedagogía, 74(265), 559-577. https://www.jstor.org/stable/24751191
Fernández Salinero, C. (1999). El diseño de un plan de formación como estrategia de desarrollo empresarial: estructura, instrumentos y técnicas. Revista Complutense de Educación, 10(1), 181-242. https://revistas.ucm.es/index.php/RCED/article/view/RCED9999120181A
García-Álvarez, J., Vázquez-Rodríguez, A., Quiroga-Carrillo, A., & Priegue-Caamaño, D. (2023). Transversal competencies for employability in university graduates: a systematic review from the employers’ perspective. Education Sciences, 12(3), 1-37. https://doi.org/10.3390/educsci12030204
Leong, K., Sung, A., Au, D., & Blanchard, C. (2021). A review of the trend of microlearning. Journal of Work-Applied Management, 11(2), 187-198. https://doi.org/10.1108/JWAM-10-2020-0044
Mella, L. (2023). La “dualización” de la formación profesional en España tras la LO 3/2022: la corresponsabilidad reforzada de la empresa. Revista Internacional y Comparada de Relaciones Laborales y Derecho del Empleo, (11)4, 34-79. http://hdl.handle.net/10347/31747
Morales, M., e Fernández-Salinero, C. (2023). Economía de la Educación y Pedagogía Laboral: nuevos contextos de reflexión y actuación. Teoría de la Educación, 35(1), 207-224. https://doi.org/10.14201/teri.28833
Senge, P. (2012). La quinta disciplina: el arte y la práctica de la organización abierta al aprendizaje. Granica.
Salvá, F. (1994). Reflexiones en torno a la conceptualización de la Pedagogía Laboral. Bordón, 46(3), 283-292.
Sole, F., e Mirabet, M. (1994). Cómo confeccionar un plan de formación en una empresa. La Llar del Llibre.
Vázquez-Rodríguez, A., García-Álvarez, J., e Lorenzo Moledo, M. (2023). ¿Qué hacer ante el riesgo de una “generación perdida”? Juventud y empleo en una era de incertidumbre. Estudios Sobre Educación, 44, 81-107. https://doi.org/10.15581/004.44.004
Watkins, K. E., & Marsick, V. J. (2023). Rethinking Workplace Learning and Development Catalyzed by Complexity. Human Resource Development Review, 22(3), 333-344. https://doi.org/10.1177/15344843231186629
Wilson, J. B. (1998). Cómo diseñar un programa de formación que impacte los resultados. Editorial Centro de Estudios Ramón Areces.
PÁXINAS WEB DE INTERESE
https://www.fundae.es/
https://forga.gal/
https://www.ceoe.es/es
https://cepyme.es/home/portada/
https://www.cepes.es/
https://espazo.coop/es/
https://www.ccoo.gal/
https://www.ugtgalicia.org/
De acordo coa Memoria de Verificación do Título, as competencias que debe desenvolver o estudantado na materia son as seguintes:
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CB1 - Que os e as estudantes demostren posuír e comprender coñecementos na súa área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e sóese atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT5 - Implicarse activamente na toma de decisións.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE2.3 - Deseñar plans de formación, programas e propostas innovadoras de formación e desenvolvemento dos e das profesionais e dos recursos formativos.
CE3.3 - Organizar e xestionar institucións, servizos, medios e recursos educativos e formativos.
CE3.4 - Desenvolver modelos e procesos de xestión de calidade da educación e a formación.
CE6.3 - Deseñar, desenvolver e avaliar programas orientadores de inserción laboral.
CE6.4 - Orientar no deseño de proxectos profesionais.
A docencia estruturarase de xeito que se propicie a participación activa do estudantado nos contidos da materia. Para isto, introducirase ao e as estudantes nos distintos temas a partires fundamentalmente da exposición da profesora e do traballo en grupo, onde o estudantado pasa a ter un papel fundamental na dinámica de ensino-aprendizaxe, analizando e discutindo diferentes aspectos da materia.
De forma máis concreta, as actividades de ensino-aprendizaxe propostas son:
- Exposición, aclaración e discusión do programa da materia.
- Introdución e exposición da profesora sobre os distintos temas.
- Foro de debate na aula sobre temáticas vencelladas coa Pedagoxía Laboral.
- Traballo en grupo con materiais que serán entregados previamente (prácticas de aula).
- Traballo de grupo para deseñar plan de formación dunha empresa.
- Na medida das posibilidades, xestionarase unha práctica de campo a través da visita nalgunha empresa ou a participación de algún ou algunha profesional da formación laboral no cuadrimestre.
O alumnado con exención oficial de docencia e dispensa de asistencia debe poñerse en contacto coa docente nun prazo de 15 días dende o comezo das clases para deseñar o plan de traballo.
A profesora empregará a aula virtual da USC para informar e colgar os materiais de estudo e traballo.
A avaliación recollerá todas as dimensións do proceso de ensino-aprendizaxe de forma conxunta:
- Realización dunha proba obxectiva ao remate do cuadrimestre (50%).
- Valoración do traballo de grupo para deseñar un plan de formación dunha empresa (30%).
- Valoración dos traballos recollidos nas sesións de clase nun dossier de prácticas (20%).
Para superar a materia é preciso ter superadas a proba obxectiva e o traballo de grupo, así como ter entregadas as prácticas de aula de carácter obrigatorio.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
A non asistencia impedirá a superación da materia tanto na oportunidade ordinaria do cuadrimestre, como na oportunidade da recuperación.
Seguindo co indicado na memoria de verificación da titulación, a cualificación final da materia calcularase tendo en conta que a proba obxectiva suporá o 50% da nota final, o traballo en grupo o 30% e o dossier de prácticas o 20%.
Considerando a Instrución 1/2017, da Secretaría Xeral da USC, o estudantado que teña concedida exención de docencia, ou dispensa de asistencia, será avaliado coas mesmas condicións que os e as estudantes asistentes, pero con criterios de suficiencia distintos. Ademais, deberá realizar a recensión dunha das obras recollida na bibliografía básica da materia, previamente acordada coa profesora da materia.
Clases expositivas: presentación, explicación de temas aula: 30
Estudio e traballo do/a estudante: 30
Prácticas de seminario: análise de textos Seminario-Laboratorio: 8
Prácticas de seminario: estudio de casos Seminario-Laboratorio: 10
Realización en grupo dun proxecto de formación: 30
Titorías de traballo de curso (presenciais, individuais e en grupo): 5
Visitas a empresas/conferencias. Realización dun informe de grupo: 15
Avaliación aula: 2
Participación en xornadas, obradoiros específicos e outros eventos externos significativos para a materia: 5
a) Asistencia ás clases de maneira obrigatoria.
b) Realizar as lecturas previas dos materiais cando o indica a profesora.
c) Ler os apuntamentos cada día e expoñer as dúbidas á profesora sen demora, nas clases ou nas titorías.
d) Desenvolver unha actitude reflexiva ao redor da materia, e construír os piares dun corpo de coñecementos sobre o campo sociolaboral e educativo.
e) Coidar a exposición, redacción e claridade de contidos nas probas escritas, nas actividades e nos exercicios en grupo.
CORREOS ELECTRÓNICOS, USO DA AULA VIRTUAL E EMPREGO DAS FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
En todo o proceso de comunicación mediante correo electrónico estudantado-profesorado, empregarase exclusivamente o enderezo da USC (@rai.usc.es). Os e as estudantes deben establecer as medidas que lles permitan ter un seguimento actualizado deste medio de comunicación.
Os traballos realizados polos e polas estudantes deben entregarse, de xeito exclusivo, a través da aula virtual.
É obrigatorio o emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
USO DO MÓBIL
Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula (presencial ou telemática) ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose ao estudantado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo, en cumprimento da normativa de protección de datos (https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos).
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o profesorado e o estudantado matriculado na materia.
NORMATIVA APA
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. que poden consultarse na seguinte ligazón: http://www.apastyle.org
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención aos criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto na ligazón: https://bit.ly/4b9JJRB
PROTECCIÓN DE DATOS
Lémbrase a obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Ana Vazquez Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813818
- Correo electrónico
- ana.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Nicolás Avendaño Carballo
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Correo electrónico
- nicolas.avendano.carballo [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
13:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Z) | Galego | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Xoves | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
05.12.2024 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
26.06.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |