Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Lugo
Áreas: Escola Universitaria de Relacións Laborais [L]
Centro Escola Universitaria de Relacións Laborais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O que se pretende é que o alumnado sexa capaz de ter unha visión clara da evolución dos modos de organizar os lugares de traballo, así como a relación existente entre as estratexias, as tecnoloxías, as fórmulas organizativas e os intentos de mellora da produtividade neses lugares. Que sexa capaz de diferenciar as características mais relevantes de cada modelo de organización do traballo, de calcular diferentes tipos de produtividade e de comprender a evolución empresarial e organizativa dos últimos tempos, cara a unha maior flexibilización dos seus modos de funcionamento, en particular no que se refire ás actuacións sobre ó tempo de traballo, aspecto moi relevante a estes efectos.
Todo elo debería permitir ó alumnado facer propostas e aplicar diferentes técnicas na súa futura labor profesional como técnico/a ou responsable de unidades de recursos humanos.
Tema 1.- Empresa e actividade produtiva. O sistema de produción ou de operacións
Neste tema abórdase o concepto de produción desde o punto de vista económico e técnico. Explícanse os elementos ou factores que forman parte do proceso de produción: aprovisionamento, loxística interna, proceso de transformación e loxística externa. A continuación, o tema céntrase na planificación estratéxica da produción e as decisións de produción.
1.1 A produción: punto de vista económico e punto de vista técnico
1.2 O proceso de produción
1.3 A estratexia: definición; decisións estratéxicas e operativas; a estratexia e os niveis organizativos
1.4 Planificación estratéxica da produción
Tema 2.- A produtividade
O tema profunda no concepto da produtividade, explicando e diferenciando os termos de eficiencia e eficacia. Estúdanse os distintos tipos de produtividade e a súa medición.
2.1 Definición de produtividade
2.2 Os factores de produtividade dunha empresa
2.3 A medición da produtividade: produtividade parcial, multifactorial e total
2.4 Novas concepcións sobre a produtividade
Tema 3.- Os modelos de organización do traballo e a produción
O tema aborda os conceptos fundamentais en relación á función da organización do traballo. Explícanse os distintos modelos e teorías da organización do traballo, mostrando a súa evolución e as implicacións que tiveron para as organizacións ao longo da historia.
3.1 Introdución: os modelos de organización do traballo
3.2 Modelo artesanal
3.3 Modelo taylorista
3.4 Modelo fordista
3.5 Modelo sociotécnico
3.6 Modelo Toyota
Tema 4.- Flexibilidade laboral
Neste tema transmítese ao alumnado o concepto de flexibilidade laboral e explícanse as estratexias empregadas para aplicala. Profúndase na flexibilidade da man de obra, explicando os diferentes tipos e os recursos e estratexias para a súa aplicación.
4.1 A flexibilidade organizativa: apuntamentos históricos e definición
4.2 As estratexias de flexibilidade organizativa
4.3 Descentralización da produción
4.4 Flexibilidade da man de obra
4.5 Actuación sobre os procesos de produción
4.6 Novos sistemas de aprovisionamento e almacenaxe
Tema 5.- Flexibilidade e tempo de traballo
O tema céntrase en transmitir ao alumnado as distintas actuacións que se poden emprender en relación ao horario e a xornada de traballo para lograr o seu flexibilización, tanto desde o punto de vista do empregado como do empregador.
5.1 Tempo de traballo: horario e xornada
5.2 Formulas horarias
5.3 Sistemas de actuación sobre a xornada de traballo
5.4 Outros aspectos relacionados co tempo de traballo: mobilidade funcional e xeográfica
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Albizu, E. (1997): Flexibilidad laboral y gestión de los recursos humanos, Ariel, Barna.
Álvarez Fernández, C. J. (2018): Organización del trabajo. Modelos (2ª edición), Bubok Publishing, Madrid
Coriat, B. (2001): El taller y el cronómetro. Ensayo sobre el taylorismo, el fordismo y la producción en masa, Siglo XXI, Madrid
Coriat, B. (2000): Pensar al revés, Siglo XXI, Madrid
Fernández S., E.; Avella C., L.; Fernández B., M. (2006): Estrategia de producción; Mc Graw-Hill, Madrid
Heyzer, J. y REndser, B. (2009): Direcciónde la producción y de operaciones. Decisiones estratégicas, Pearson, Madrid
Martín Artiles, A. (1995): Flexibilidad y relaciones laborales, CES, Madrid
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Aldag, R. J.(1993): Diseño de tareas y motivación de personal, Trillas, México
Aguirre de Mena, J. M. et al.(2002): Organización y métodos de trabajo, Pirámide, Madrid
Alonso García, A. (1998): Conceptos de organización industrial, Marcombo, Barna.
Álvarez Fernández, C. J. (2014): Turnos de trabajo. ¿Cómo organizarlos?, Bubok Publishing, Madrid
Arias Aranda, D. y Minguela Rata, B. (coords.) (2018): Dirección de la producción y operaciones: decisiones estratégicas, Pirámide, Madrid
Boyer, R.; Freyssenet, M. (2003): Los modelos productivos, Fundamentos, Madrid
Castillo, J. J. (compil.) (1991): Las nuevas formas de organización del trabajo, Ministerio de Trabajo y Seguridad Social, Madrid
Chávez Ramírez, P. I.: Flexibilidad en el mercado laboral: orígenes y concepto, Revista de la Fac. de Economía – BUAP, año VI, nº 17, págs. 57 a 74
Collantes, P., Mondelo, P. e Ibañez, J. M. (2012): Introducción a la organización del trabajo, Universitat Politécnica de Catalunya, Barna.
Corominas, A. et al. (2007): Organización del tiempo de trabajo, competitividad y calidad de vida, Ajuntament de Barcelona, Barna.
Dominguez Machuca, J. A.(Coordinador) (1995): Dirección de operaciones. Aspectos estratégicos en la producción y los servicios, Mc Graw-Hill, Madrid
Fernández Sánchez, E. (1993): Dirección de la producción. Fundamentos estratégicos, Civitas, Madrid
Ford, H. (1928): Aujourd'hui et demain, payot, Paris
Ford, H. (2016): Mi vida y obra, Lavergne (USA)
Freyssenet,M. (2002): Trabajo, automatización y modelos productivos, Lumen, Buenos Aires
Gómez Sánchez, A. (Coordinador) 1994): Cambio Tecnológico y organización del trabajo en la industria del automóvil, Comisiones Obreras, Madrid
Kanawaty, G. (1996): Introducción al estudio del trabajo, OIT, Ginebra
Monde, Y. (1988): El sistema de producción Toyota, CDN, Madrid
Ohno, T. (1991): El sistema de producción Toyota, Gestión 2000, Barcelona
Prokopenko, J. (1989): La gestión de la productividad, O.I.T., Ginebra
Rodríguez Carrasco, J. M. (2015): Taylorismo: La revolución mental que llega a Europa, UNED, Madrid
Rodríguez de Rivera, J. (1989): Estudios sobre organización: historia de las ideas sobre organización desde la Revolución Industrial al advenimiento del Taylorismo, Working papers, IDOE, Univ. de Alcalá, Nº 71
Rodriguez Fernández, M. (2007): Procesos de trabajo. Teoría y casos prácticos, Pearson, Madrid
Sarries Sanz, L. (1994): Nuevos modelos de organización industrial, Dykinson, Madrid
Sennet, R. (2009): El artesano, Anagrama, Barna.
Taylor, F. W. (1984): Principios de la Administración Científica, Orbis, Barna.
Taylor, F. W. (2010): Gestión de talleres, KRK ediciones, Oviedo
Womack, J. P.; Jones, D. T.; Roos, D. (1992): La máquina que cambió el mundo, Mc Graw-Hill, Madrid
- Contribución a competencias xerais da titulación:
Localizar, analizar, sintetizar e xestionar diferentes tipos e fontes de información
Traballar individualmente e en equipo
Expoñer e defender axeitadamente un asunto ou tema de caracter xeral ou relacionado coa súa especialidade
Traballar e relacionarse con outros respetando as normas básicas de convivencia, os dereitos fundamentais e os valores democráticos.
Planificar, organizar e tomar decisións no desarrollo de actividades e procesos diversos
- Contribución a competencias específicas da titulación:
Diferenciar, describir e aplicar técnicas, así como tomar decisións no ámbito organizativo e da xestión de recursos humanos
Recoñecer e relacionar os procesos de cambio social, dende unha perspectiva histórica, económica e sociolóxica, coas innovacións en materia de organizazción do traballo e a evolución dos sistemas de relacións laborais.
- Competencias específicas da materia:
Capacidade para valorar o rendimento ou productividade dos procesos productivos e de traballo
Coñecemento de diferentes formas e sistemas de organización do traballo
Capacidade para realizar diagnósticos e propostas de mellora organizativa
Coñecemento e capacidade para elexir e aplicar diferentes sistemas e fórmulas de distribución do tempo de traballo e facer propostas nese senso.
A ensinanza da materia divídese en dous grandes apartados: as clases de carácter teórico ou expositivas, nas que o profesor adquire o principal protagonismo, a través da clase maxistral e as clases interactivas, de carácter práctico, nas que o alumnado realizará exposicións, comentarios, discusións, exercicios e análise de casos.
As clases expositivas terán carácter presencial. O profesor explicará na aula os conceptos básicos da materia, debendo o alumnado, posteriormente, complementar tales explicacións coa utilización dos materiais de traballo e manuais recomendados en cada caso.
Nas clases interactivas, que tamén terán carácter presencial, o alumnado deberá demostrar a adquisición ou posesión de certas competencias que se pretenden avaliar na asignatura. O desenrolo das clases interactivas tentará de complementar, de xeito práctico, o visto nas de tipo expositivo. Para elo, o alumnado deberá resolver diferentes exercicios e casos, exporá temas e realizará diferentes aportacións persoais solicitadas polo profesor. Os exercicios e casos serán realizados na aula, de modo síncrono e, nalgúns casos, deberán realizarse fora da aula, de xeito asíncrono.
O alumnado contará, como apoio complementario á docencia, cun aula virtual, á que poderán acceder tódolos matriculados oficialmente na materia. Esta aula será unha ferramenta de uso obrigado polo alumnado, pois na mesma atopará materiais de diferente tipo, necesarios para a preparación da materia, será empregada como plataforma para contactar co profesor, para facer consultas ou para acceder ás presentacións e materiais de cada tema, ós enunciados e contidos dos traballos e exercicios a realizar, así como para entregar as solucións ó profesor.
Os horarios das clases, así como as aulas onde se impartirá a docencia, serán os programados e publicados pola facultade. Para a súa consulta pode acudirse ó seu taboleiro de anuncios ou á súa paxina web (https://www.usc.gal/gl/centro/facultade-relacions-laborais).
A cualificación final do alumnado será o resultado de dúas valoracións diferentes:
A) Os coñecementos, valorados mediante o exame final da materia. Realizarase un único exame final, de carácter presencial, en cada unha das oportunidades, nas datas oficiais aprobadas pola Xunta de Centro, ó que poderá presentarse todo o alumnado matriculado na materia.
B)A avaliación continua está conformada por tres partes: a resolución de actividades, así como a participación e intervención nas clases expositivas, a resolución de exercicios e casos nas clases interactivas, e a realización dun exame parcial. Será preciso, para iso, da asistencia e a participación activa, o que permitirá avaliar, de modo continuo (avaliación continua), as actitudes e capacidades de cada alumno.
Na cualificación final da materia, o resultado do exame final suporá, como máximo, un 70% (nota máxima: 7) e as actividades de clase expositiva, exercicios e casos de clase interactiva e o exame parcial, como máximo un 30% (nota máxima: 3).
Para superar a materia, a suma das dúas cualificacións deberá ser igual ou maior que 5, debendo a nota do exame ser igual ou superior a 2,8 (sobre 7) e a cualificación da avaliación continua igual ou superior a 1,2 (sobre 3). Si non se cumprirse algún destes dous últimos requisitos, a cualificación final será tamén o resultado de sumar as dúas notas, pero, si aquela fose igual ou superior a 5, a cualificación definitiva será 4,5.
En caso de dispensa de asistencia a clases, o alumnado deberá poñerse en contacto co profesor o mais axiña posible, para recibir as oportunas instrucións. Este tipo de alumnado será avaliado en base ó resultado obtido no exame final e ás solucións dos exercicios e casos que deberá entregar ó profesor antes da realización da proba final. Os exercicios e casos suporán un 10% (1 punto) da cualificación total da materia. Mentres que, o exame final suporá un 90% (9 puntos).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
.A asistencia ás clases presenciais e interactivas (independentemente da súa obrigatoriedade), facilitará, en grande medida, o estudo dos contidos da materia. Se isto fose así, estímase que, para o/a alumno/a tipo da titulación, bastaría cunha media de 3 horas semanais de estudo para poder superar a materia, incluíndo neste tempo o que se lle debe dedicar á preparación de traballos que deberán ser realizados fora da aula.
Cursar con anterioridade as materias "Empresa e organizacións" e "Planificación e diseño organizativo" de primeiro curso, ainda que non sexa obligatorio superalas previamente.
A existencia dun curso de apoio virtual á docencia presencial será unha ferramenta moi util para o alumnado, que deberá preocuparse por manterse ó día respecto dos contidos que no mesmo se introduzcan, a medida que avance a asignatura.A axeitada utilización dos contidos da aula virtual pode facilitar en boa medida a superación da materia.
En cualquera caso, a asistencia a clase é un factor decisivo para afrontar con éxito o estudo e superación da asignatura. A aula virtual non sustitue, sinon que complementa, á docencia presencial.
As the lessons of the contents are presented in the lectures.
María Teresa Hermo López
Coordinador/a- Departamento
- Campus Lugo
- Área
- Escola Universitaria de Relacións Laborais [L]
- Correo electrónico
- teresa.hermo [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
23.05.2025 11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
03.07.2025 11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |