Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Universitaria de Relacións Laborais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Prioritariamente, perséguese que o alumno, empregando a terminoloxía e o vocabulario técnico pertinente, sexa capaz de:
- Determina-lo dereito aplicable ós diferentes empregados públicos.
- Identificar os diferentes tipos de empregados públicos e describir as peculiaridades dos seus réximes xurídicos.
- Sinalar as condicións de acceso á función pública e as causas da perda da condición de funcionario.
- Describir os procesos de acceso ó emprego público.
- Describir a carreira profesional dos empregados públicos
- Sinalar os principais dereitos e deberes dos funcionarios e describir o seu contido esencial.
- Sinalar as principais situacións laborais dos funcionarios e describir o seu contido esencial.
- O sistema español de emprego público: bases constitucionais e clases de persoal.
- A planificación e ordeación do persoal do sector público.
- O acceso ao emprego público e a perda da condición de empregado público.
- A carreira e as situacións administrativas.
- Dereitos, deberes e réxime de responsabilidade e incompatibilidades dos empregados públicos.
SÁNCHEZ MORÓN, Miguel: Derecho de la función pública. Ed. Tecnos. Última edición.
Competencias específicas. Neste ámbito perséguese que o alumno:
- manexe, correcta e productivamente, as ferramentas de busca de información xurídica, tradicionais (repertorios lexislativos e xurisprudenciais, fontes doutrinais, etc..) e modernas (bases de datos e buscadores especializados).
- sexa capaz de seleccionar e sistematizar a información obtida.
- poida resolver problemas cuxa solución non deriva da aplicación de procesos estandarizados.
- estea en condicións de planificar e conducir a propia aprendizaxe, e a actualización de coñecementos, no seo dunha materia cuxos contidos e fontes cambian a grande velocidade.
Competencias transversais. Neste ámbito perséguese que o alumno:
- sexa capar de razoar, cientificamente, de forma sistemática e rigorosa.
- desenvolva unha actitude crítica que lle permita emitir xuízos, argumentalos e defendelos con rigor e tolerancia.
- se exprese de forma oral e escrita con claridade, coherencia, precisión e de xeito convincente.
No estudo da materia empregaranse os seguintes métodos docentes:
- A lección maxistral programada con implicación dos alumnos.
- As clases prácticas.
A avaliación dos alumnos levarase a cabo a través dos seguintes instrumentos:
-a memoria de prácticas e asistencias, que se entregará na data e hora do exame final, e que terá un valor que non superará o 30% da puntuación total.
-a realización dun exame final, cuxo valor complementará a puntuación obtida ata o 100% da puntuación total.
Para os efectos do previsto no artigo 5.2 da Normativa sobre permanencia nas titulacións de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, nesta materia só se considera actividade académica avaliable o exame final acompañado da entrega da devandita memoria, polo que ós alumnos que non concorran a ningunha das dúas oportunidades oficiais do mesmo faráselles constar na acta a mención de "Non presentado".
Horas presenciais: 45 (sumando as clases teóricas e as clases interactivas)
Horas de traballo do alumno: 67,5
Ter cursados Dereito Administrativo I e II e Dereito do Traballo.