Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Lugo
Áreas: Escola Universitaria de Relacións Laborais [L]
Centro Escola Universitaria de Relacións Laborais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Facilitar ao alumno un primeiro achegamento ao ámbito xurídico de forma que se familiarice coa terminoloxía xurídica que vai ser necesaria noutras materias do Grado, así como no campo profesional.
2. Aplicar o razoamento crítico no estudo e análise dun determinado asunto ou tema.
3. Aprender a traballar de forma individual e en equipo.
4. Expoñer e defender adecuadamente, de forma oral e/ou escrita, unha cuestión de carácter xeral ou relacionada coa súa especialidade.
5. Coñecer e comprender o sentido fundamental do ordenamento xurídico e aplicación das normas xurídicas básicas necesarias para o posterior estudo especializado das diferentes ramas xurídicas, así como para o adecuado desempeño das tarefas de asesoramento e representación técnica no ámbito administrativo e procesual e defensa ante os Tribunais laborais.
ORDENAMIENTO XURÍDICO E FONTES DO DEREITO
LECCIÓN 1.- O Dereito e o ordenamento: aproximación ao seu concepto.- As normas xurídicas: clases e eficacia. Estrutura do ordenamento xurídico.
LECCIÓN 2.- As fontes do dereito: o seu significado.- O dereito español como ordenamento xurídico complexo: estrutura territorial e distribución competencial.- A Constitución de 1978
LECCIÓN 3.- Fontes do dereito estatal.- As normas legais.- As normas regulamentarias .- Normas consuetudinarias e principios xerais do dereito.- O poder xudicial: a xurisprudencia que complementa o ordenamento xurídico. O papel do Tribunal Constitucional
LECCIÓN 4.- Fontes do dereito autonómico: a súa relación co dereito estatal.- As normas legais.- As normas regulamentarias.- Normas consuetudinarias e principios xerais do dereito.- O poder xudicial: a xurisprudencia dos Tribunais Superiores de Xustiza.
LECCIÓN 5.- O dereito europeo.- O dereito internacional.- A incardinación do dereito europeo e internacional no sistema de fontes español.
A APLICACION E EFICACIA DAS NORMAS XURÍDICAS
LECCIÓN 6.- A aplicación do dereito: formulación.- Interpretación e integración das normas: as lagoas legais, a analoxía e a equidade.- Vixencia temporal das normas: entrada en vigor e derrogación.- Os cambios normativos e o dereito transitorio: o principio de irretroactividade.- Ámbito espacial de vixencia: o dereito internacional privado e o dereito interrexional.
LECCIÓN 7.- A eficacia das normas.- O deber xeral de cumprimento: a ignorancia da lei e o erro de dereito.- A contravención das normas e a súa sanción: actos en contra de lei e en fraude de lei.
LECCIÓN 8.- A eficacia constitutiva das normas: o dereito subxectivo.- O exercicio dos dereitos e os seus límites: o principio de boa fe, a doutrina dos propios actos e o abuso do dereito.- Límites temporais do exercicio dos dereitos: a prescrición e a caducidade.-
A PERSOA E AS SÚAS RELACIÓNS XURÍDICAS BÁSICAS
LECCIÓN 9.- A persoa como suxeito de dereito.- Persoa física: capacidade xurídica, menores de idade e persoas con discapacidade.- Persoa xurídica .- Réxime xurídico básico de dereito da persoa.
LECCIÓN 10.- Relacións patrimoniais das persoas: os dereitos de crédito e os dereitos reais.- A obrigación e o seu cumprimento.- O incumprimento da obrigación e as súas consecuencias.- O contrato: requisitos e efectos.- Os contratos: principais figuras contractuais e o seu contido.- Os dereitos reais e o Rexistro da Propiedade
LECCIÓN 11.- Matrimonio e réximes económico matrimoniais.- A sociedade de gananciais.- A herdanza.- A sucesión testada e intestada.- As lexítimas
Recoméndase utilizar as últimas edicións dos seguintes monografías e manuais:
- ACEDO PENCO, Á., Introducción al Derecho Privado y al Derecho de la Persona. Dykinson.
- ÁLVAREZ CAPEROCHIPI, J.A., Introducción al Derecho. Comares.
- CARRASCO PERERA, Á. y GONZÁLEZ CARRASCO, C., Introducción al Derecho y fundamentos de Derecho Privado. Tecnos.
- FERNÁNDEZ SARASOLA, I. y SÁNCHEZ ÁLVAREZ, E., Manual de fundamentos de Derecho público y privado, Tecnos.
- GARCÍA RUBIO, M.ª P., Introducción al Derecho Civil. Cálamo.
- LASARTE ÁLVAREZ, C., Compendio de Derecho Civil: Trabajo Social y Relaciones Laborales. Dykinson.
- LLEDÓ YAGÜE, F. y otros, Compendio de Derecho Civil. Parte general. Tomo I. Teoría general del derecho. Volumen I. Dykinson.
- MORENO CATENA, V., Introducción al Derecho Procesal, Tirant lo Blanch.
- RIVERA FERNÁNDEZ, M. y HORNERO MÉNDEZ, C. (coords.), Fundamentos de Derecho Privado (Grado en Relaciones Laborales y Recursos Humanos). Tecnos.
- SÁNCHEZ CID, I., Instituciones de Derecho Civil. Parte general. Obligaciones y contratos. Ratio Legis.
- VERDERA SERVER, R., Lecciones de Derecho Civil. Derecho Civil I. Tirant lo Blanch.
- VV.AA., Introducción al Derecho. Coordinador: L. Prieto Sanchís. Colección Estudios. Ediciones de la Universidad de Castilla La Mancha.
- VV.AA., Introducción al Derecho español. Coordinador: A. Embid Irujo. Iustel.
- VV.AA., Derecho Civil. Introducción. Derecho de la persona. Derecho subjetivo. Derecho de propiedad. Coord. A. Carrasco Perera, Tecnos.
- VV.AA., Introducción al Derecho Constitucional. Coord.: F. Balaguer Callejón, Tecnos.
- VV.AA., Curso de Derecho Privado. Dirs. J. Orduña e A. B. Campuzano. Tirant lo Blanch.
- VV.AA., Lecciónes básicas para el aprendizaje del Derecho Civil. Coord.: Mª J. Cazorla González, Atelier.
- VV.AA., Manual de Introducción al Derecho. R. Bercovitz Rodríguez-Cano, E. Valladares Rascón e H. Díez García, Bercal.
- VV.AA. Lecciones de Derecho Civil. Coords.: J.M. Ruiz-Rico Ruiz, A. Gálvez Criado e M.D., Arias Díaz, Tecnos.
Capacidade para comprender, analizar e sintetizar.
Capacidade para obter e xestionar información.
Capacidade para resolver problemas.
Capacidade de decidir.
Razoamento crítico.
Capacidade para as relacións interpersonais nun contexto profesional.
Aprendizaxe autónoma.
Sensibilidade aos problemas da realidade social, económica e ambiental.
O ensino inclúe clases expositivas, clases interactivas e titorías, segundo o calendario.
As clases expositivas e interactivas serán preferentemente presenciais, aínda que se poderán utilizar os recursos virtuais dispoñibles en casos puntuais.
As titorías serán preferentemente virtuais, por correo electrónico ou por Teams.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
O sistema de avaliaclón combinará dous instrumentos para alcanzar la calificación máxima:
1º Evaluación continua (40%) consistente en probas prácticas realizadas presencialmente durante as clases interactivas, particularmente, debates, resolución de problemas e cuestionarios. En consecuencia, para a avaliación da materia, a asistencia é obrigatoria exclusivamente nos días de sesións interactivas e para xustificar a falta de asistencia ás clases interactivas terase en conta o disposto no “Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela”.
2º Proba de coñecemento teórico (60%) consistente nun examen final presencial e escrito.
O sistema de avaliación contempla que é imprescindible aprobar a parte práctica (punto 1º-evaluación continua) e a parte teórica (punto 2º-proba de coñecemento) para superar a materia. En concreto, para aprobar a parte práctica é preciso obter unha nota mínima de 2 (sobre 4) e para aprobar a proba de coñecemento teórico presencial escrita (exame final), unha nota mínima de 3 (sobre 6).
Segunda oportunidade: A forma de avaliación descrita para a convocatoria ordinaria é aplicable tamén para a convocatoria extraordinaria. Así, na segunda oportunidade conservarase a nota das probas prácticas (punto 1º) que non será obxecto de recuperación e o estudante poderá recuperar a nota da proba final escrita (punto 2º).
RÉXIME DO ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA
Los alumnos que teñan recoñecida a exención de docencia serán avaliados unicamente a través do exame final que constituirá o 100% da nota da materia
PLAXIO OU USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS
Aqueles alumnos que teñan recoñecida a exención de docencia serán avaliados unicamente a través do exame final que constituirá o 100% da nota da materia
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
NORMATIVA DE PERMANENCIA
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
Estímase necesario un traballo presencial na aula por parte do alumno de 48 horas: aulas teóricas, prácticas e exames.
Estímase necesario un traballo persoal do alumno de 102 horas: estudo individual ou en grupo, resolución de casos prácticos ou outros traballos, lecturas recomendadas.
1. Asistencia regular ao aula
2. Participación activa dos alumnos na aula
3. Disposición dos materiais necesarios (manuais, lexislación e jurisprudencia). Recoméndase asistir ás aulas co material lexislativo correspondente á lección. A tenencia dun manual da materia (aquel que comparta máis contido co programa da materia) que sirva como punto de apoio principal para todo o estudo da materia é algo imprescindible.
4. Estudo diario da materia
5. Utilizar as titorías para solucionar dúbidas sobre a explicación teórica e sobre a resolución dos problemas prácticos
Materias relacionadas:
Derecho de contratos y derecho de daños
Derecho laboral
Derecho societario
Derecho administrativo
Derecho sindical
Derecho de la seguridad social
Derecho procesal
Diego Vilanova Da Costa
Coordinador/a- Departamento
- Campus Lugo
- Área
- Escola Universitaria de Relacións Laborais [L]
- Correo electrónico
- diego.vilanova [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
Xoves | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
19.01.2026 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
22.06.2026 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |