Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Organización de Empresas
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo principal da materia é introducir o alumnado no complexo mundo da dirección da empresa, con especial fincapé na función de planificación, por canto é precede e senta as bases do resto das funcións directivas. Neste sentido, detallaremos o proceso de planificación, especificando as fases e contidos deste.
Posteriormente, sobre a base de que para poder implantar a estratexia é necesario deseñar a estrutura organizativa máis axeitada, abordaremos o concepto e implicacións da función de organización en xeral, e a estrutura organizativa en particular.
Finalmente, detallaremos as ferramentas e modelos máis utilizados para deseñar a estrutura da organización.
TEMA 1. A DIRECCIÓN ESTRATÉXICA DA EMPRESA.
1.1 As decisións empresariais.
1.2 Tipos de decisión: estratexia.
1.3 Os compoñentes da estratexia.
1.4 O proceso de dirección estratéxica.
TEMA 2. O PROCESO DE PLANIFICACIÓN.
2.1 Os obxectivos da empresa: concepto e tipoloxía.
2.2 A planificación: concepto e tipos de plans.
2.3 A función de control.
2.4 Sistemas de planificación e control.
TEMA 3. A ESTRATEXIA E A ESTRUTURA ORGANIZATIVA
3.1 Estruturas organizativas.
3.2 Relación entre estratexia e estrutura organizativa.
3.3 Estrutura Primaria.
3.4 Estrutura Operativa.
TEMA 4. A ESTRUTURACIÓN DAS ORGANIZACIÓNS.
4.1 Partes de da organización.
4.2 Dimensións de deseño organizativo.
4.3 Factores determinantes.
TEMA 5. ESQUEMAS E MODELOS ORGANIZATIVOS.
5.1 Ferramentas de estruturación.
5.2 O estudo de postos de traballo.
5.3 Criterios de departamentalización.
5.4 Formas organizativas.
Bibliografía Básica:
ROBBINS, S. Y COULTER, M. (2.018) : "Administración". Pearson, México (13ª Edición)
ROBBINS, S., DECENZO Y COULTER, M. (2.017) : "Fundamentos de Administración". Pearson, México.(10ª Edición)
KOONTZ, H.; WEIHRICH, H.; Cannice, M. (2017) Administración. Una perspectiva global,empresarial y de innovación,
Mc Graw-Hill, México, (15ª Edición)
Bibliografía Complementaria:
Bueno Campos, E.; Organización de Empresas. Estructuras, procesos y modelos, Pirámide, Madrid, 2007
CHIAVENATTO, I., Introducción a la Teoría General de la Administración, Mc Graw-Hill, México, 2006
DE LA FUENTE SEBATÉ, J. M. y otros, Diseño organizativo de la empresa, Civitas, Madrid, 2002
HODGE, B. J.; ANTHONY, W. P.; GALES, L. M., Teoría de la Organización:un enfoque estratégico, Prentice Hall, Madrid, 2003
MINTZBERG, H., La estructuración de las organizaciones, Ariel, Barcelona, 1991
ZERILLI, A., Fundamentos de organización y dirección general, Deusto, Bilbao, 1988
IBORRA, J.M., Fundamentos de Dirección de Empresas:conceptos y habilidades directivas, Paraninfo, Madrid,2014
Estes textos poderán ser complementados con outros en función do desenrrolo das clases.
- Preténdese que o alumnado manexe, comprenda e desenvolva a natureza sistémica da empresa, a interconexión de cada unha das súas partes e as implicacións destas interrelacións.
- Habilidade para entender a necesidade de integrar os subsistemas funcionais e xerárquicos da empresa para o logro dos seus obxectivos.
- Habilidade conceptual
- Competencia técnica no desenvolvemento da estrutura da organización.
- Utilización e dominio da linguaxe.
- Claridade expositiva.
- Capacidade analítica e sintética.
- Capacidade de busca e elaboración de información.
- Competencia técnica no manexo de bases de datos de documentación.
- Respectarase e introducirá en todo momento a perspectiva de xénero, co que se prentede tamén que o alumnado desenvolva competencias e habilidades neste sentido. Iso implica un amplo elenco de actuacións, dende as máis simples (redacción e exposición con linguaxe non sexista) ata as máis complexas (deseño de postos de traballo con perspectiva de xénero).
A ensinanza da materia divídese en dous grandes apartados: as clases de carácter teórico ou expositivas, nas que o profesor adquire o principal protagonismo a través da clase maxistral e as clases interactivas, de carácter práctico, nas que o alumnado realizará e protagonizará exposicións, comentarios, discusións, exercicios e análise de casos.
As clases expositivas terán carácter presencial. O profesor explicará na aula os conceptos e procesos básicos da materia, debendo o alumnado, posteriormente, complementar tales explicacións coa utilización dos materiais de traballo e manuais recomendados en cada caso.
Nas clases interactivas, que tamén terán carácter presencial, o alumnado deberá demostrar a adquisición ou posesión de certas competencias que se pretenden avaliar na asignatura. O desenrolo das clases interactivas tentará de complementar, de xeito práctico, o visto nas de tipo expositivo. Para elo, o alumnado deberá resolver diferentes exercicios e casos, exporá temas e realizará diferentes aportacións persoais solicitadas polo profesor. Os exercicios e casos serán realizados na aula, de modo síncrono e, nalgúns casos, deberán realizarse fora da aula, de xeito asíncrono.
O alumnado contará, como apoio complementario á docencia, cun aula virtual, á que poderán acceder todo-los matriculados oficialmente na materia. Esta aula será unha ferramenta de uso obrigado polo alumnado, pois na mesma atopará materiais de diferente tipo, necesarios para a preparación da materia, será empregada como plataforma para contactar co profesor, para facer consultas ou para acceder ás presentacións e materiais de cada tema, ós enunciados e contidos dos traballos e exercicios a realizar, así como para entregar as solucións ó profesor.
Os horarios das clases serán os programados e publicados pola facultade, así como as aulas onde se impartirá a docencia.
O profesor realizará as titorías no despacho nº 36 da facultade, de xeito presencial. Excepcionalmente, en casos xustificados e a petición do alumnado, poderían ser realizadas de xeito virtual a través da plataforma Teams.
A cualificación final do alumnado será o resultado de dúas valoracións diferentes:
A) Os coñecementos, valorados mediante o exame final da materia que terá formato test ,con diferentes modalidades de preguntas, con varias opciones de respuesta.
Realizarase un único exame final, de carácter presencial, en cada unha das oportunidades, nas datas oficiais aprobadas pola Xunta de Centro, ó que poderá presentarse todo o alumnado matriculado na materia, sen condicións previas de ningún tipo.
B) A participación e as intervencións nas clases interactivas, a resolución de exercicios e casos, a presentación de traballos e outras actividades vinculadas. Precisarase, para elo, da asistencia e a participación activa, o que permitirá avaliar, de xeito continuo (avaliación continua), as actitudes e capacidades de cada alumno. Para poder ser avaliado nas clases interactivas, o alumnado deberá asistir como mínimo a un 70% das sesións, salvo que, por causa xustificada, teña permiso do profesorado para asistir a un menor número de sesións, ou porque lle sexa concedida a dispensa de asistencia a clases pola Xunta de Facultade.
Na cualificación final da materia, o resultado do exame suporá, como máximo, un 70% (nota máxima: 7) e a participación, avaliación na aula, exposicións, resolución de casos, así como os traballos realizados, como máximo un 30% (nota máxima: 3),
sendo imprescindible acadar una nota minima de 3 para poder engadir as demais calificacións.
En caso de dispensa de asistencia, o alumnado deberá poñerse en contacto co profesor o mais axiña posible, para recibir as oportunas instrucións. Este tipo de alumnado será avaliado en base ó resultado obtido no exame final e ás solucións dos exercicios e casos que deberá entregar ó profesor antes da realización da proba final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
A complexidade da materia é mínima, polo que non esixe un traballo ímprobo. De forma aproximada, establécense os seguintes tempos:
- Estudo. Entre dous e tres horas por clase teórica.
- Traballo persoal:
1. Un mínimo de media hora antes de cada clase (para revisar os contidos a desenvolver nestas).
2. Entre dous e tres horas para o desenvolvemento de casos prácticos.
3. Entre dous e tres horas para a resolución de exercicios.
4. Un mínimo dunha hora e máximo de catro para a elaboración de traballos/casos en grupo.
5. Así mesmo, o alumnado debería dedicar polo menos unha hora semanal a revisar os contidos e informacións da aula virtual.
A asistencia a clases facilita en boa medida a comprensión da materia. Así mesmo, os casos e exercicios deben ser realizados conforme avance o desenvolvemento desta, para poder cumprir co seu obxectivo de levar á práctica os contidos teóricos conforme se van introducindo.
A existencia dun curso de apoio virtual á docencia presencial será unha ferramenta moi útil para o alumnado, que deberá preocuparse por manterse ó día respecto dos contidos que no mesmo se introduzan, a medida que avance a asignatura. A axeitada utilización dos contidos do curso virtual pode facilitar a superación da materia.
En calquera caso, a asistencia a clase é un factor decisivo para afrontar con éxito o estudo e superación da materia. O curso virtual non substitúe, senón que complementa, á docencia presencial, particularmente no caso dun escenario de normalidade.
Entre as competencias que se pretende desenvolver, concretamente o dominio oral e escrito da lingua, está a utilización do idioma propio, pero inclúe tamén outros idiomas da Unión Europea. En consecuencia, algún dos traballos encargados pode incluír textos ou información nos devanditos idiomas. Animarase o alumnado a que expoña algún traballo de idéntica forma.
Raquel Rodriguez Magdalena
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 881815136
- Correo electrónico
- raquel.rodriguez.magdalena [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Alberto Dominguez Ojea
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Correo electrónico
- alberto.dominguez.ojea [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:30-14:30 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | Castelán | Aula 5 |
17:00-19:00 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Castelán | Aula 5 |
Xoves | |||
12:30-14:30 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | Castelán | Aula 5 |
17:00-19:00 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Castelán | Aula 5 |
28.05.2025 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | Aula 3 |
28.05.2025 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Aula 3 |
28.05.2025 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | Aula 5 |
28.05.2025 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Aula 5 |
28.05.2025 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | Aula 6 |
28.05.2025 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Aula 6 |
08.07.2025 16:30-19:30 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | Aula 3 |
08.07.2025 16:30-19:30 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Aula 3 |
08.07.2025 16:30-19:30 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | Aula 5 |
08.07.2025 16:30-19:30 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Aula 5 |
08.07.2025 16:30-19:30 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | Aula 6 |
08.07.2025 16:30-19:30 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Aula 6 |