Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Organización de Empresas
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Como futuros/as expertos/as na área de organización do traballo e recursos humanos, o obxectivo desta materia é familiarizar o alumnado cun conxunto de técnicas que lle permitan a toma de decisións, a resolución de problemas e o análise, presentación e interpretación da información.
Tema 1. Técnicas de decisión
Tema 2. Técnicas de resolución de problemas
Tema 3. Programación e control de proxectos
Tema 4. Análise, xestión e presentación da información
- BERNAL, Juan Jesus, SÁNCHEZ, Juan Franciso y MATÍNEZ, Soledad Mª (2007): 20 herramientas para la toma de decisiones. MÉTODO DEL CASO, Madrid, Especial Directivos
- GALLOWAY, Dianne (2002): Mejora continua de procesos. Cómo rediseñar los procesos con diagramas de flujos y análisis de tareas, Gestión 2000, Barcelona
- Gestionar proyectos: una guía práctica para gestionar tareas y personas (2006). Harvard Bussines School Press. Pocket mentor, Deusto, Barcelona
- GONZÁLEZ DOMÍNGUEZ, Francisco José y GANAZA VARGAS, Juan D. (2010): Principios y fundamentos de gestión de empresas, Pirámide, Madrid
- GUERRA PEÑA, Luis et al. (2002): Gestión integral de proyectos FC Editorial, Madrid
- MOYANO FUENTES, José et al. (2002): Prácticas de organización de empresas. Cuestiones y ejercicios resueltos, Prentice Hall-Pearson, Madrid
- PALOMO VADILLO, María Teresa (2010): Liderazgo y motivación de equipos de trabajo. ESIC, Madrid
- RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, María Mercedes (2007): Procesos de trabajo. Teoría y casos prácticos, Pearson-Prentice Hall, Madrid
- ROBBINS, Stephen y COULTER, Mary (2010) : Administración. Prentice Hall- Pearson, México (10ª Ed.)
- VELILLA BARQUERO, Ricardo (1995): Guía práctica para la redacción de informes, EDUNSA, Barcelona
- WINTERS, Robert S. (2000): Manual de trabajo en equipo, Díaz de Santos, Madrid.
Contribución ás competencias xerais da titulación:
- Localizar, analizar, sintetizar e xestionar diferentes tipos e fontes de información
-Traballar individualmente e en equipo
- Expoñer e defender axeitadamente, de forma oral e/ou escrita, un asunto ou tema de carácter xeral o relacionado coa súa especialidade.
Contribución ás competencias específicas da titulación:
- Diferenciar, describir e aplicar técnicas, así como tomar decisións no eido organizativo e da xestión de recursos humanos.
Competencias específicas da materia:
- Planificar, organizar e tomar decisións relacionadas co desempeño.
- Capacidade para identificar operación de traballo.
- Habilidade para a programación do desempeño e a asignación de tarefas.
- Capacidade de control do desesempeño e habilidade para a adopción de decisións correctoras.
As sesións dedicadas ás clases expositivas utilizaranse para introducir os contados básicos dos temas que conforman o programa, salientando os aspectos especialmente relevantes e as relacións entre eles. Nas sesións interactivas tratase de que o alumnado aplique os conceptos teóricos expostos nas sesións expositivas. Estas sesións estarán encamiñadas á resolución e debate de casos e exercicios prácticos, noticias de prensa ou vídeos educativos, entre outros.
As sesións expositivas e interactivas desenvolveranse de xeito presencial no horario oficial publicado polo centro.
A participación nas sesións expositivas e interactivas complementaranse co traballo persoal do alumando que poderá incluír, entre outras, actividades de procura de información e material bibliográfico, lectura de dito material e elaboración de traballos individuais ou colaborativos. Este traballo autónomo será guiado polo profesorado nas horas destinadas a titorías, que servirán para resolver dúbidas e solucionar problemas aos que se enfronte o alumando no proceso de ensinanza-aprendizaxe. As titorías tamén servirán de canal de retroalimentación sobre os resultados obtidos.
As titorías serán fundamentalmente de carácter presencial, aínda que poderán realizarse de xeito remoto, tanto síncrona (a través da plataforma institucional MS Teams) como asíncrona (Campus Virtual ou correo institucional). En calquera caso, desenvolveranse no horario habitual publicado oficialmente polo profesorado.
O desenvolvemento da materia realizarase co apoio da aula virtual docente creada para tal efecto na plataforma Moodle. Poderanse habilitar tarefas na aula virtual da materia coa data e hora límite de entrega de casos, traballos ou exercicios.
A avaliación continua recollerá a nota derivada de todas as actividades desenvolvidas polo alumnado (participación activa no análise de casos, debate e comentarios de lecturas, artigos ou noticias de prensa, presentación e exposición de traballos, etc.).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación de rendemento académico do alumando e de revisión de cualificacións.
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá o dereito a unha segunda oportunidade (de recuperación). O sistema de avaliación de estas dúas oportunidades, tanto para o alumnado de primeira matrícula como para o alumnado repetidor, recóllese a continuación:
Primeira oportunidade ordinaria. Contémplase a avaliación continua, combinada cunha proba final.
1. Avaliación continua: resolución e participación no análise de casos, debate de lecturas, realización e presentación de traballos e outras actividades vinculadas ás sesións expositivas e interactivas, así como a actitude e comportamento nas clases. Peso na cualificación final: 30%.
2. Exame final de contidos: proba de carácter obrigatorio na que se avalían os coñecementos e as competencias adquiridas ao longo do cuadrimestre. Peso na cualificación final: 70%.
Para poder engadir a nota do exame de contidos á puntuación obtida na avaliación continua, o alumnado deberá acadar unha nota mínima de 3.5 puntos sobre 7 no exame de contidos. A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para superar a materia. O alumnado que non obteña ningunha puntuación vinculada ás actividades realizadas nas sesións expositivas e interactivas so poderá obter un máximo de 7 puntos.
Segunda oportunidade (recuperación). Na segunda oportunidade de recuperación aplicarase o mesmo sistema de avaliación que a primeira oportunidade. É dicir, farase un novo exame final de contidos coa ponderación establecida para a primeira oportunidade, que se sumará (de acadar o mínimo de 3.5 sobre 7) coa puntuación acadada na avaliación continua.
O sistema de avaliación é o mesmo tanto para o alumnado de primeira matrícula como para o alumnado repetidor.
De acordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a soa asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación suporá que a nota final do estudante sexa distinta de NON PRESENTADO.
Esta materia non é suceptible de dispensa de asistencia a clase.
Horas presenciais: 48 (expositivas 12 y 36 interactivas)
Horas no presenciais: 70
Preparación do exame: 30
Horas avaliación: 2
Total volume de traballo: 150 horas
Os alumnado terá a súa disposición, a medida que os temas vaian sendo impartidos na aula, os esquemas, os exercicios e as lecturas que complementan a cada un dos incluídos no programa.
Recomendase:
Asistencia as clases e participación
Análise / resolución de casos e problemas
Lecturas recomendadas
Maria Teresa Gomez Deus
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Correo electrónico
- mariateresa.gomez.deus [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Marta Ferrer Serrano
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Correo electrónico
- marta.ferrer [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:30 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | Castelán | Aula 6 |
19:00-20:30 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Castelán | Aula 6 |
22.05.2025 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | Aula 3 |
22.05.2025 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Aula 3 |
22.05.2025 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | Aula 5 |
22.05.2025 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Aula 5 |
22.05.2025 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | Aula 6 |
22.05.2025 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Aula 6 |
24.06.2025 16:30-19:30 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | Aula 3 |
24.06.2025 16:30-19:30 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Aula 3 |
24.06.2025 16:30-19:30 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | Aula 5 |
24.06.2025 16:30-19:30 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Aula 5 |
24.06.2025 16:30-19:30 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | Aula 6 |
24.06.2025 16:30-19:30 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Aula 6 |