Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Norte
Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | (Si)
- Coñecer e comprender o obxecto e os mecanismos de actuación e xeitos de provisión dos Servizos Sociais no ámbito español e europeo, así como a estrutura xeral e a organización.
- Coñecer e comprender o obxecto e os mecanismos de actuación e xeitos de provisión dos subsistemas de benestar social (saúde, educación, garantía de ingresos, vivenda, etc.) no ámbito español e europeo, así como a súa estrutura xeral e a súa organización.
- Coñecer e comprender o obxecto e os mecanismos de actuación da cooperación ao desenvolvemento.
I.- Política social e sistemas de benestar no marco do desenvolvemento da actividade profesional de Traballo Social. O obxecto e os mecanismos de actuación e formas de provisión desde unha perspectiva histórica.
II.- Estrutura xeral e organización estatal en relación aos sistemas de benestar.
III.- Política social e Educación.
IV.- Política social e Sanidade.
V.- Política social e Vivenda.
VI.- Política social e Emprego.
VII.- Política social e Seguridade Social.
VIII.- Política social e Servizos Sociais.
IX.- Estrutura dos sistemas de benestar nunha perspectiva europea.
X.- A cooperación ao desenvolvemento e as Administracións Públicas.
.- Abellán, J. (2012). Política. Conceptos políticos fundamentales. Alianza.
.- Alemán, C. e Garcés, J. (Coord.). (1998). Política Social. McGraw-Hill.
.- Alemán, C. e Garcés, J. (1999). Fundamentos de bienestar social. Ed.Tirant lo Blanch.
..- Borrajo, E. (2011). Introducción al derecho del trabajo. Tecnos.
.- Colom, D. (2008). El trabajo social sanitario. Siglo XXI.
.- Fernández, T. e De la Fuente, Y.Mª. (Coords.). (2009). Política social y Trabajo Social. Alianza Editorial.
.- Martín, C. (2004). El empleo en España. Su evolución desde 1996 a 2003 y los efectos de las reformas laborales. Confederación Sindical de Comisiones Obreras.
.- Martorell, M. e Juliá, S. (2022). Manual de Historia política y social de España (1808-2018). Alianza.
.- Mira-Perceval, M.T., De Alfonseti, N. e Giménez, V. (2007). Servicios Sociales: estructura dinámica, políticas y estrategias en España y la Comunidad Valenciana. Ed. Universidad de Alicante.
.- Montagut, T. (2000). Política Social. Editorial Ariel.
.- Navarro, V. (Coord.).(2004). El Estado de Bienestar en España. Tecnos.
.- Navarro, V. (2002). Bienestar insuficiente, democracia incompleta. Anagrama.
.- Navarro, V. e Torres, J. (2013). Lo que debes saber para que no te roben la pensión. Espasa.
Na Memoria do Título de Grao en Traballo Social sinálase que esta materia contribúe a acadar as seguintes competencias, vinculadas cos obxectivos propostos para a titulación:
Competencias xenéricas:
.-Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes, facer valoracións e diagnósticos sociais, no ámbito da intervención social, que inclúan unha reflexión sobre temas actuais de índole social, científica ou ética.
Competencias específicas:
.- Ter a capacidade para traballar e valorar de maneira conxunta con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades as súas necesidades e circunstancias, promovendo o cambio, a resolución de problemas nas relacións humanas e o fortalecemento e a liberdade da sociedade para incrementar o benestar e a cohesión:
-Coñecer a realidade social, as teorías sociais así como teorías sobre a cultura e a diversidade cultural.
Competencias transversais:
.- Capacidade de análise e síntese.
.- Capacidade de comunicación oral e escrita.
.- Capacidade de razoamento crítico.
.- Capacidade de aprendizaxe autónoma.
.- Capacidade de motivación pola calidade.
A metodoloxía utilizada combina a docencia de clases expositivas, interactivas, titorías en grupo reducido e o traballo persoal.
As sesións de aula nas aulas expositivas teñen como finalidade a explicación dos aspectos básicos de cada tema establecido no programa, proporcionando a información necesaria que permita ao alumnado o aprendizaxe autónomo.
A docencia interactiva, de 18 horas distribuídas no cuadrimestre, pretende que o alumnado, individualmente ou en grupo, desenvolva actividades de participación activa: discusión de casos, traballo con textos ou datos, aplicación de técnicas, destrezas e habilidades a supostos prácticos, etc.
No último período do cuadrimestre realizaránse sesións de titorías en grupos reducidos nos que se desenvolverán actividades orientadas á realización do exame final.
A través das titorías asesórase ao alumnado para o desenvolvemento das actividades propostas de realización autónoma polo/a alumno/a, que supoñen un proceso de autoaprendizaxe.
Haberá un exame final tipo test, correspondente ás convocatorias oficiais (tanto para a primeira como para a segunda oportunidade), que é necesario superar para aprobar a materia.
O exame final liberará o 70% da nota final.
O 30% restante da nota final se corresponderá coa avaliación continua.
Na Guía da Materia, que se entrega ao comezo das aulas, especifícase o contido e a puntuación correspondente a cada tarefa da avaliación continua.
No caso de non asistir ás aulas nas que se realizan tarefas puntuábeis, e se teñan xustificadas as faltas de asistencia, poden compensarse estas tarefas, coa elaboración de traballos e exercicios encomendados polo profesor. Unha vez se teña confirmación da xustificación das faltas de asistencia, o/a alumno/a ten que poñerse en contacto co profesor para o encargo da tarefa compensatoria, no caso de que proceda a realización dunha actividade puntuable. Ao efecto, unha vez publicada o acta na que conste a xustificación da/s falta/s de asistencia, o alumnado ten un prazo de 5 días hábiles, para solicitar ao profesor a tarefa para compensar a puntuación correspondiente.
A puntuación obtida nas actividades de avaliación continua pódese conservar para cursos posteriores, non sendo que algunhas destas actividades sexa eliminada e/ou sea incorporada algunha nova; neste caso deberá realizarse para poder obter a puntuación correspondente. Por outra parte, se cambia a valoración de cada unha das actividades, a puntuación obtida no seu momento, modificarase pola equivalente actual. O/l alumno/a que non supere a materia, e desexe conservar a puntuación obtida no curso anterior debe comunicalo a través dun correo electrónico dirixido ao profesor da materia (bascuas [at] euts.es (bascuas[at]euts[dot]es)).
O prazo e os motivos polos que se pode xustificar as faltas de asistencia son os establecidos na Normativa de asistencia ás ulas nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
DISPENSA DE ASISTENCIA
O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás aulas y que teña concedida a dispensa de asistencia, poderá compensar as faltas coa realización de exercicios ou traballos que deberá entregar por escrito, despois de acordalo co profesor nunha titoría.
O alumnado que teña concedida a dispensa de asistencia, ten que poñerse en contacto co profesor, preferentemente por correo electrónico, nun prazo non superior a cinco días hábiles dende a data de publicación da acta na que se recoñece dita concesión.
PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
O tempo de estudo e traballo persoal do alumnado estímase en 99 horas distribuídas como segue:
.-Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas.
.-Exercicios: 15 horas.
.-Lectura de textos: 15 horas.
.-Elaboración de traballos, visualización de material: 15 horas.
.-Preparación de exposicións orais: 4 horas.
Non hai recomendacións específicas, para alén do contacto periódico co profesor e a participación nas aulas interactivas.
Xoán Carlos Bascuas Jardón
Coordinador/a- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Correo electrónico
- xoancarlos.bascuas [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable