Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Norte
Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer os principais métodos e técnicas para interactuar con individuos, familias, grupos e comunidades para promover cambios, desenvolvementos e mellorar as súas oportunidades vitais.
- Ser capaz de aplicar as estratexias de resolución de conflitos por medio da negociación e a mediación.
- Coñecer e ter adestramento nas habilidades e técnicas que permitan a xestión de conflitos a nivel interpersoal, grupal e intergrupal.
- Ser capaz de utilizar claves verbais e non verbais para guiar a mediación.
- Ser capaz de establecer relacións profesionais ao obxecto de identificar a forma máis axeitada de intervención, e de aclarar e negociar a finalidade de tales contactos e os límites da súa implicación.
- Coñecer e ser capaz de aplicar os métodos específicos para a xestión e resolución de conflitos.
TEMA I: A mediación como alternativa para a resolución de conflitos: Concepto e marco de referencia. Mediación e traballo social.
TEMA II: O conflito: Elementos, proceso e xestión.
TEMA III: O proceso de mediación: secuencias, fases e técnicas. A figura da persoa mediadora. Rol e competencias profesionais.
TEMA IV: Marco xurídico e normativo da mediación.
TEMA V: A mediación e os ámbitos de aplicación.
Bibliografía básica
Alés, J. e Mata, J. D. (2016). Manual práctico para Mediadores: El Ministerio de la Mediación. Cómo gestionar un conflicto desde sus cenizas. Atelier.
Barona, S. (2011). Mediación penal: Fundamentos, fines y régimen jurídico. Tirant Lo Blanch.
Boqué, M. C. (2018). La mediación va a la escuela. Narcea.
Bouché, J. H. e Hidalgo, F. (2009). Mediación Familiar (Vol. I). Dykinson, S.L.
Bouché, J. H. e Hidalgo, F. (2010). Mediación Familiar (Vol. III). Dykinson, S.L.
Consejo General de Colegios Oficiales de Trabajo Social. (2013). Revista de Servicios Sociales y Política Social, 30
Cornelius, H. e Faire, S. (1998). Tú ganas yo gano: Cómo resolver conflictos creativamente. Gaia ediciones.
Diego de, R. e Guillén, C. (2008). Mediación: Procesos, tácticas y técnicas. Pirámide.
Diez, F. e Tapia, G. (1999). Herramientas para Trabajar en Mediación. Paidós.
Fernández, S. (2009). Teoría y práctica de la Mediación: La gestión alternativa de los conflictos sociales. Editum.
Ferreirós, C. E., Sirvent, A., Simons, R. e Amante, C. (2011). La mediación en el derecho penal de menores. Dykinson, S.L.
García, F. J., Vaquer, A. V. e Gomis, C. (2010). Intervención y mediación familiar. Universitat Jaume I.
González Pillado, E. (2012). Mediación con menores infractores en España y los países de su entorno. Tirant lo Blanch.
Munduate, L. e Medina, F. J. (Coords). (2011). Gestión del conflicto, negociación y mediación. Pirámide.
Poyatos, A. (Coord.). (2003). Mediación familiar y social en diferentes contextos. Nau Llibres.
Redorta, J. (2004). Cómo analizar los conflictos: La tipología de conflictos como herramienta de mediación. Paidós.
Ripol-Millet, A. (2011). Estrategias de mediación en asuntos familiares. Cometa.
Rodríguez García, C. (2015). Manual de Mediación Civil y Mercantil: Construyendo diálogos para gestionar conflictos. Universidad Internacional de la Rioja.
Rodríguez Llamas, S. (2010). La mediación familiar en España: Fundamento, concepto y modelos jurídicos. Tirant Lo Blanch.
Rondón, L. M. (2012). Bases para la mediación familiar. Tirant Lo Blanch.
Six, J. F. (1997). Dinámica de la Mediación. Paidós.
Soleto, H. (Dir.). (2013). Mediación y resolución de conflictos: Técnicas y ámbitos. Tecnos.
Souto, E. (2012). Mediación Familiar. Dykinson.
Suares, M. (1999). La mediación: Conducción de disputas. Comunicación y técnicas. Paidós.
Suares, M. (2003). Mediando en sistemas familiares. Paidós.
Tapia, G. e Diez, F. (1999). Herramientas para trabajar en mediación. Paidós.
Whatling, T. (2013). Mediación: Habilidades y estrategias. Guía práctica. Narcea.
Bibliografía complementaria
Barranco, J. (2015). Claves y herramientas para la gestión positiva del conflicto interpersonal. En B. Cruz, J. Bembibre e J. Barranco (Coords.), Herramientas para la reflexión de la práctica de la intervención social (pp. 241-258). El genio maligno.
Bernal, T. (1988). La mediación familiar: Una solución a los conflictos de ruptura de pareja. Colex
Bolaños, I. (2000). La construcción de un espacio operativo en mediación familiar. Paidós.
Competencias Xenéricas:
- Posuír e comprender os coñecementos que definen ao Traballo Social como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, métodos e ámbitos de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento nese campo.
Competencias Específicas:
- Establecer relacións profesionais ao obxecto de identificar a forma máis axeitada de intervención.
- Coñecer estratexias para intervir con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para axudarlles a tomar decisións ben fundamentadas acerca das súas necesidades, circunstancias, riscos, opcións preferentes e recursos.
- Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención.
- Saber responder a situacións de crise valorando a urxencia das situacións, planificando e desenvolvendo accións para facer fronte ás mesmas e revisando os seus resultados.
- Adquirir habilidades para interactuar con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para conseguir cambios, para promocionar o desenvolvemento dos mesmos e para mellorar as súas condicións de vida por medio da utilización dos métodos e modelos de Traballo Social, facendo un seguimento con regularidade dos cambios que se producen ao obxecto de preparar a finalización da intervención.
-Saber identificar e traballar cos comportamentos que representan un risco para o sistema cliente identificando e avaliando as situacións e circunstancias que configuran dito comportamento e elaborando estratexias de modificación dos mesmos.
- Coñecer e utilizar a mediación como estratexia de intervención destinada á resolución alternativa e complementaria de conflitos en diversos ámbitos, tales como o familiar, escolar, comunitario e intercultural.
- Diferenciar e actuar na resolución de situacións de risco previa identificación e definición da natureza deste.
- Identificar, minimizar e xestionar o risco cara a un mesmo e aos colegas a través da planificación, revisión e seguimento de accións para limitar o estrés e o risco.
- Desenvolver aptitudes para traballar de xeito eficaz dentro de sistemas, redes e equipos interdisciplinares e multiorganizacionais co propósito de colaborar no establecemento de fins, obxectivos e tempo de duración destes contribuíndo igualmente a abordar de xeito construtivo os posibles desacordos existentes.
- Xestionar conflitos, dilemas e problemas éticos complexos identificando estes, deseñando estratexias de superación e reflexionando sobre os seus resultados.
Competencias Transversais:
- Capacidade de análise e síntese.
- Capacidade de comunicación oral e escrita.
-Capacidade de resolución de problemas
-Capacidade de traballo en equipo.
- Capacidade para as relacións interpersoais.
- Capacidade de razoamento crítico.
- Capacidade de compromiso ético.
- Capacidade de aprendizaxe autónomo.
-Capacidade de adaptación a novas situacións.
- Capacidade de motivación pola calidade.
A metodoloxía empregada combina a docencia presencial de clases expositivas, interactivas e titoría presencial en grupo reducido.
A finalidade das clases expositivas é a explicación dos aspectos básicos de cada tema establecido no programa, proporcionando a información necesaria que permita ao alumnado a aprendizaxe autónoma.
A docencia interactiva pretende que o alumnado, individual ou grupalmente, desenvolva actividades de participación activa: discusión de casos, traballo con textos ou datos, aplicación de técnicas, destrezas e habilidades a supostos prácticos, etc.
A través das titorías asesoraráse ao alumnado para o desenvolvemento das actividades propostas de forma autónoma, o que supón un proceso de autoaprendizaxe.
Na titoría presencial en grupo reducido, dinamízase, oriéntase e supervísase o traballo autónomo do alumnado, ao tempo que permite facer o seguimento e orientación na realización de tarefas e actividades derivadas do desenvolvemento individual e colectivo da docencia expositiva e interactiva.
A proba escrita e/ou exame terá un valor do 60% sobre a cualificación global e o peso da avaliación continua será do 40%.
É necesario acadar o apto no exame para poder sumar a puntuación da avaliación continua.
Na avaliación final teráse en conta o desenvolvemento das actividades do alumnado, individual ou grupalmente, en relación aos seguintes aspectos e coa puntuación máxima que a continuación se relaciona:
- Exame: 6 puntos. Se poderán realizar exames parciais.
- Asistencia ás clases interactivas nas que se traballará a discusión, reflexión e análise de casos ou supostos prácticos, realización de role-playing, análise e discusión de documentos e textos bibliográficos e a exposición, cando proceda, dos traballos na aula: 2 puntos
- Asistencia ás clases expositivas: 1 punto
- Trabajo grupal dos/as alumnos/as a realizar fora da aula: 0.8 puntos.
- A asistencia á titoría en grupo reducido (TGR): 0.2 puntos
O sistema de control de asistencia a clase é o establecido polo centro a tales efectos. O prazo e os motivos polos que se pode xustificar as faltas de asistencia son os establecidos na Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao espazo europeo de educación superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás clases interactivas, e teña concedida a dispensa de asistencia, poderá compensar as faltas de asistencia coa realización dos traballos escritos, a determinar entre o/a alumno/a e a profesora. Poderán producirse cambios no sistema de avaliación da materia, cando así sexa acordado entre a profesora e o alumnado e sempre que supoña unha mellora para a aprendizaxe.
Traballo persoal do/a alumno/a (total 99 Horas)
-Estudio autónomo individual ou en grupo: 50 Horas.
-Exercicios: 15 Horas.
-Lectura de textos: 10 Horas.
-Elaboración e exposición de traballos bibliográficos: 20 Horas.
-Outras tarefas propostas a determinar pola profesora: 4 Horas.
- Asistencia e participación nas clases interactivas e expositivas.
- Colaboración e posicionamento activo nas tarefas a realizar en grupo.
- Respecto á bibliografía recoméndase consultar a que se presenta na Guía da materia, dado que é mais completa que a que se inclúe neste programa pola limitación de espazo.
Nos casos plaxio e uso indebido das tecnoloxías, e polo tanto da realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendimento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Diana Morela Escobar Árias
Coordinador/a- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Correo electrónico
- dianamorela.escobar.arias [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
Venres | |||
12:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
20.01.2025 11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
09.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |