Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Norte
Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer os elementos do funcionamento das organizacións de iniciativa social e os diferentes enfoques de xestión, liderado e calidade nas mesmas.
- Adquirir destrezas de xestión do traballo en equipo, de programación do traballo e colaboración interprofesional e interinstitucional.
- Adquirir capacidades de participación e xestión de entidades de iniciativa social.
- Coñecer e ser capaz de xestionar as formas de participación cidadá.
- Ser capaz de deseñar e implementar proxectos de intervención dende o traballo social no ámbito da iniciativa social.
- Proporcionar ao alumnado coñecementos teórico-prácticos sobre o funcionamento da iniciativa social en relación aos servizos sociais.
- Afondar no sobre a organización do voluntariado.
- Promover no alumnado (atendendo ao seu futuro profesional) capacidades necesarias para contribuír ao desenvolvemento dunha organización de iniciativa social.
1. Evolución e situación actual da Iniciativa Social
• As orixes históricas das organizacións non lucrativas
• Xénese e desenvolvemento do concepto de Terceiro Sector
• Teorías que xustifican o desenvolvemento do Terceiro Sector
• Principios reitores das organizacións de iniciativa social
• Sociedade civil e Terceiro Sector
• Concepto de ONG
• O debate sobre a caridade e a filantropía
• A Lei 43/2015 do terceiro Sector de Acción Social
• Cara ao futuro: os retos do Terceiro Sector
2. As asociacións
• Rousseau e a lei Le Chapelier: as sombras da ilustración.
• Da Constitución de Cádiz á lei franquista de 1964.
• Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación.
• Como crear unha asociación?
3. As fundacións.
• Regulación xurídica estatal e autonómica:
• Lei 50/2002 de Fundacións
• Lei 12/2006, de fundacións de interese galego.
• Como crear unha fundación?
4. O voluntariado
• A irrupción do voluntariado a finais do século XX. O caso español.
• Os modelos ideolóxicos e o voluntariado.
• O asociacionismo voluntario español en cifras
• Lei estatal 6/1996, do 15 de xaneiro e Lei 45/2015, do 14 de outubro, do voluntariado
• Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria de Galicia.
• O voluntariado Instagram: a banalidade da solidariedade
• A xestión do voluntariado dentro das organizacións de iniciativa social
• O voluntariado no sector gobernamental. O servizo civil do artigo 30.3 da Constitución Española.
5. O/a traballador/a social e a Iniciativa Social.
• Funcións do/a traballador/a social.
• As relacións do/a traballador/a social coas entidades de iniciativa social.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Fernández Maíllo, G. (Coord.) (2019). Informe sobre exclusión y desarrollo social en Galicia. Fundación Foessa.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Alemán, C. e García, M. (1999). Fundamentos de Bienestar Social. Tirant lo Blanch.
Álberich, T. (2002). Guía fácil de asociaciones. Manual de gestión. Dykinsón, S.L.
Álvarez de Mon, S. e Martínez, J. L. (1998). El Tercer Sector: Retos y propuestas para el próximo Milenio. Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales.
Fundación La Caixa (2007). Buenas prácticas en la gestión del voluntariado. La Caixa.
García, J. (2001). Manual del voluntario. Solidarios para el Desarrollo.
García, J. (1996). El Tercer Sector. Documentación Social, 103, 11-35.
Gutiérrez, A. (1997). Estado, Mercado y Sociedad Civil. Boletín de Estudios y Documentación, 6.
Herrera, M. (1997). Tercer Sector y sociedad compleja. Debate teórico. Revista del Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales, 5.
Izquieta, J. L. (2011). Voluntariado y Tercer Sector: Cultura, participación cívica y organizaciones solidarias. Tecnos.
López-Cabanas, M. e Chacón, F. (1997). Intervención psicosocial y servicios sociales: Un enfoque participativo. Síntesis.
Lorenzo, R. (1996). Las fundaciones y el sector no lucrativo. Documentación Social, 103, 217-227.
Madrid, A. (2001). La Institución del voluntariado. Trota.
Martínez, M. I. (2000). Empleo y trabajo voluntario En las ONG de acción social. Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales y Fundación Tomillo.
Montagut, T. (2003). Voluntariado, la lógica de la ciudadanía. Ariel.
Pérez-Díaz, V. e López, J. (2003). El Tercer Sector de Acción Social en España. Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales.
Reichman, J. e Fernández, F. (1994). Redes que dan libertad. Paidós.
Ruíz, J. I. (2001). El voluntariado en España. Documentación Social, 122, 67-83.
Subirat, J. (2001). Sociedad Civil y voluntariado: Responsabilidades colectivas y valores públicos en España. Documentación Social, 122, 41-66.
Tavazza, L. (1995). El nuevo rol del voluntariado social. Lumen.
Zurdo, A. (2003). Voluntariado y estructura social: funciones sociales y límites. Las entidades voluntarias de acción social en España: Informe General. Fundación FOESSA.
Competencias xenéricas
Posuír e comprender os coñecementos que definen ao Traballo Social como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, métodos e ámbitos de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vanguardia do coñecemento neste campo.
Saber aplicar eses coñecementos na súa actividade profesional e saber elaborar e defender argumentos sobre as cuestións que incumben ao Traballo Social, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade social, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
Competencias específicas
Establecer relacións profesionais ao obxecto de identificar a forma máis adecuada de intervención.
Coñecer estratexias para intervir con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para axudarlles a tomar decisións ben fundamentadas achega das súas necesidades, circunstancias, riscos, opcións preferentes e recursos.
Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención.
Saber responder a situacións de crises valorando a urxencia das situacións, planificando e desenvolvendo accións para facer fronte ás mesmas e revisando os seus resultados.
Adquirir habilidades para interactuar con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para conseguir cambios, para promocionar o desenvolvemento dos mesmos e para mellorar as súas condicións de vida por medio da utilización dos métodos e modelos de Traballo Social, facendo un seguimiento con regularidad dos cambios que se producen ao obxecto de preparar a finalización da intervención.
Desenvolver habilidades para defender ás persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades e actuar no seu nome si a situación requíreo.
Saber preparar e participar nas reunións de toma de decisións ao obxecto de defender mellor os intereses das persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades.
Desenvolver aptitudes para traballar de xeito eficaz dentro de sistemas, redes e equipos interdisciplinares e multiorganizacionales co propósito de colaborar no establecemento de fins, obxectivos e tempo de duración dos mesmos contribuíndo igualmente a abordar de xeito constructiva os posibles desacuerdos existentes.
Adquirir habilidades para participar na xestión e dirección de entidades de benestar social.
Competencias transversais
Capacidade de análise e síntese
Capacidade de comunicación oral e escrita
Capacidade de razonamento crítico
Capacidade de compromiso ético
Capacidade de aprendizaxe autónoma
Capacidade de liderado
Capacidade de Iniciativa e espírito emprendedor
Capacidade de motivación pola calidade
O profesor encargado da materia deseñará un itinerario formativo que permita ao alumnado coñecer a evolución histórica da iniciativa social, os seus fundamentos lexislativos, os principios e valores que a rexen así como as mais relevantes realizacións neste eido. Con este gallo organizarase a aula en diversos grupos de traballo.
A metodoloxía utilizada combina a docencia de clases expositivas, interactivas, titoría en grupo reducido e o traballo persoal.
Preténdese que o alumnado, individual ou grupalmente, desenvolva actividades de participación activa: discusión de casos; traballo con textos ou datos; aplicación de técnicas, destrezas e habilidades a supostos prácticos, etc.
Como aula virtual, para o desenvolvemento da docencia emprégase a web propia do centro, na que cada materia ten o seu espazo propio, ao que o alumnado accede con chave.
Na segunda e posteriores convocatorias dada a dificultade do alumnado para compatibilizar os horarios dos diversos cursos estará exento da avaliación da asistencia ás clases interactivas polo que deberá presentar os traballos alternativos correspondentes xunto co deseño da entidade de iniciativa social á que nos referiremos así como a realización das actividades de comprobación de coñecementos adquiridos. De resultarlle posible ao alumno/a compatibilizar tales horarios poderá, se así o decide, optar pola avaliación da interactividade.
A metodoloxía empregada na aula será dobre:
• As clases expositivas consistirán en explicacións maxistrais con utilización de exemplos relacionados co traballo social, preferentemente relativos ao contexto sociocultural actual. Ocasionalmente solicitarase ao alumnado a súa colaboración mais aló da aula para que investiguen sobre aspectos propostos en ditas clases e que precisan dun aporte de tempo persoal do que non se conta no horario lectivo.
• As clases interactivas consistirán na realización en aula de casos prácticos propostos polo profesor que faculten ao alumnado no deseño dunha entidade de iniciativa social e os capacite para unha xestión eficaz da mesma. A aprendizaxe mediante a resolución de casos complementarase con comentarios de noticias de prensa referidas as actuacións da Iniciativa Social na realidade e visionado de fragmentos de películas ou documentais sobre as problemáticas propias do sector, facendo incidencia nunha visión pragmática das fortalezas e puntos febles da iniciativa social.
• Igualmente o profesor orientará ao alumnado nas referencias documentais a empregar para realizar os diversos traballos propios da materia. En sesións monográficas o alumnado exporá ante os/as compañeiros/as, o contido de tódalas tarefas encomendadas; as intervencións serán avaliadas continuamente.
• Ademais das tarefas encomendadas polo profesor, cada grupo creará e organizará, desde unha realidade ficticia, unha entidade de Iniciativa Social prestadora de Servizos Sociais que será presentada a través de un traballo por escrito e exposta ante tódolos compañeiros e compañeiras.
• Realizaranse visitas pedagóxicas a diversas entidades de iniciativa social da zona, preferentemente a aquelas máis emblemáticas nas diversas areas de intervención.
A avaliación do alumnado levarase a cabo mediante unha avaliación que conxugará unha modalidade continua formativa (40%) e unha proba teórico práctica (60%). Realizarase sobre un total de 50 puntos.
• O traballo desenvolto nas sesións interactivas e nos grupos reducidos puntuarase ata un máximo de 10 puntos.
• A elaboración e defensa grupal dunha entidade de iniciativa social puntuarase ata un máximo de 10 puntos.
• A proba teórico práctica constará dunha batería de preguntas curtas (15 puntos), 20 preguntas tipo test (10 puntos) é un caso práctico (5 puntos) o cal suma un total de 30 puntos.
SISTEMA DE CONTROL DE ASISTENCIA
O sistema de control de asistencia é o establecido polo centro. O prazo e os motivos polos que se poden xustificar as faltas de asistencia son os establecidos na Normativa de Asistencia a Clases nos Ensinos Adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás clases, e teña concedida dispensa de asistencia, poderá compensar as faltas de asistencia coa realización e defensa dun traballo. A temática e a metodoloxía que hai que seguir, para esta compensación, será acordado entre o profesor e o alumnado. O alumnado que ten concedida a dispensa de asistencia, ten que poñerse en contacto co profesor, preferentemente por correo electrónico, nun prazo non superior a 5 días hábiless desde a data de publicación da acta na que se recoñece dita concesión.
No caso de non asistir ás clases nas que se realizan tarefas que puntúen, e se teñan xustificadas as faltas de asistencia, estas tarefas poden compensarse coa elaboración de traballos e exercicios que sexan encomendados polo profesor. Unha vez que se teña confirmación da xustificación das faltas de asistencia, o/a alumno/a ten que poñerse en contacto co profesor para o encargo da tarefa compensatoria.
PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
Exercicios: 15 horas
Lectura de textos: 10 horas
Elaboración de traballos, visualización de material: 24 horas
TOTAL: 99 horas
A asistencia e a participación nas sesións temáticas presenciais constitúen un dos referentes para que o alumnado de maneira autónoma poida asimilar corpo teórico da materia que en todo momento orientará a aprendizaxe práctica. En caso de que sexa preciso empregar á docencia en remoto resultará moi convinte que o alumnado participe de xeito activo en dita formación buscando sempre a maior horizontalidade posible xerando un espazo (real ou virtual) de debate e mellora continua.
Juana María Tubio Ordóñez
Coordinador/a- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Correo electrónico
- juanamaria.tubio [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 2 |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 |
08.01.2025 11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
06.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |