Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Norte
Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer o marco normativo de referencia da atención social ás persoas maiores.
- Coñecer os principais métodos e técnicas para interactuar con persoas maiores para promover cambios e mellorar as súas oportunidades vitais.
- Coñecer e ser capaz de aplicar os métodos específicos para intervir con maiores.
- Ser capaz de identificar situacións sociais de risco.
- Ser capaz de aplicar os métodos de valoración das necesidades e as opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención dende o traballo social.
- Ser capaz de promover redes sociais para facer fronte a necesidades das persoas maiores.
- Ser capaz de detectar e afrontar situacións de crise valorando a urxencia das situacións, planificando e desenvolvendo accións para facer fronte ás mesmas e revisando os seus resultados.
- Coñecer e ser capaz de xestionar e avaliar as políticas e os recursos sociais existentes a nivel territorial no ámbito dos maiores.
- Ser capaz de deseñar e implementar proxectos de intervención dende o Traballo Social con persoas maiores.
I. As persoas maiores: perspectiva histórica; conceptualización; procesos de envellecemento demográfico; roles, mitos e estereotipos.
II. Persoas en situación de dependencia.
III. Alzhéimer e outras demencias.
IV. A valoración das necesidades das persoas maiores.
V. Aspectos básicos da intervención con persoas maiores dende o Traballo Social e a Xerontoloxía Social.
VI. O envellecemento activo.
VII. Recursos e servizos dirixidos a persoas maiores no ámbito territorial de Galicia.
VIII. As situacións de maltrato cara ás persoas maiores.
IX. Procesos de perda e fin da vida.
BÁSICA:
Alemán, C., Alonso, J. M., e Peñasco, R. (Coords.). (2021). Autonomía, Dependencia y Servicios sociales. Thomson Reuters Aranzadi.
Castañeda, P. J. (2009). Vejez, dependencia y salud. Pirámide.
Causapié, P., Balbotín, A., Porras, M. e Mateo, A (Dirs.). (2011). Libro blanco de envejecimiento activo. Ministerio de Sanidad, Política Social e Igualdad.
Delgado, A. M., Oliver, R. e De Heredia, I. B. (2010). Vejez, discapacidad y dependencia. Bosch.
Fernández-Ballesteros, R. (Dir.). (2001). Gerontología Social. Pirámide.
Martín, M. (Ed.). (2003). Trabajo Social en Gerontología. Síntesis.
COMPLEMENTARIA :
Carretero, S., Garcés, J., Ródena, F. e Sanjosé, V. (2006). La sobrecarga de las personas dependientes: Análisis y propuestas de intervención psicosocial. Tirant lo Blanch.
Chonody, J. M. e Teater, B. (2017). Social work practice with older adults: An actively aging framework for practice. SAGE Publications.
Decalmer, P. e Glendenning, F. (2000). El maltrato a las personas mayores. Paidós.
Delicado, M. V. (Coord.). (2011). Sin respiro, Cuidadores familiares: calidad de vida, repercusión de los cuidados y apoyos recibidos. Talasa.
Durán, M. Á. (2018). La riqueza invisible del cuidado. Universitat de València.
Giró, J. (Coord.). (2009). Envejecimiento, tiempo libre y gestión del ocio. Universidad de la Rioja.
Goikoetxea, M. J., Zurbanobeaskoetxea, L., Mosquera, A. e Pablos, B. (2015). Código ético para la atención sociosanitaria a las personas mayores. Universidad de Deusto.
Imserso. (2005). Cuidados a las personas mayores en los hogares es pañoles: El entorno familiar. Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales.
Martínez, T. (2011). La atención gerontológica centrada en la persona: Guía para profesionales de centros y servicios de atención a personas mayores en situación de fragilidad o dependencia. Departamento de Empleo y Asuntos sociales. Gobierno Vasco.
Moya, A. e Barbero, J . (2005). Malos tratos a personas mayores: Guía de actuación. Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales.
Organización Mundial de la Salud. (2002). Envejecimiento activo: un marco político. Revista Española de Geriatría y Gerontología, 37 (S2), 74-105.
Paniagua, R. (2015). La ética del cuidado y mayores: los cuidados a las personas mayores desde un horizonte ético y en la búsqueda de la calidad de vida. Fundación europea para el estudio y reflexión ética.
Pastor-Fayos, A. (2019). El trabajador social en el ámbito gerontológico. Alcalá Grupo Editorial.
Pérez, V., Musitu, G. e Moreno, D. (2011). Familiares cuidadores de mayores: Una ardua y silenciosa labor. Dykinson
Pinazo, S. e Sánchez, M. (Dirs.). (2005). Gerontología: Actualización, innovación y propuestas. Pearson.
Sarasola, J. L. (2015). Trabajo social y servicios sociales para personas mayores. Universidad Pablo Olavide.
Secretaría Xeral de Política Social. (2011). Guía de actuación coordinada contra
o maltrato de persoas maiores ou adultas con discapacidade. Xunta de Galicia.
Segundo o Plan de Estudos do Grao en Traballo Social, as competencias ás que contribúe esta materia son as seguintes:
Competencias xerais:
- Posuir e comprender os coñecementos que definen ao Traballo Social como disciplina científica, incluindo as súas teorías, métodos e ámbitos de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
- Saber aplicar eses coñecementos na súa actividade profesional e saber elaborar e defender argumentos sobre as cuestións que atinxen ao Traballo Social, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade social, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
Competencias específicas:
- Establecer relacións profesionais co fin de identificar a forma máis axeitada de intervención.
- Coñecer estratexias para intervir con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para axudarlles a tomar decisións ben fundamentadas acerca das súas necesidades, circunstancias, riscos, opcións preferentes e recursos.
- Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención.
- Saber responder a situacións de crise valorando a urxencia das situacións, planificando e desenvolvendo accións para facer fronte ás mesmas e revisando os seus resultados.
- Adquirir habilidades para interactuar con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para conseguir cambios, para promocionar o desenvolvemento dos mesmos e para mellorar as súas condicións de vida por medio da utilización dos métodos e modelos de Traballo Social, facendo un seguemento con regularidade dos cambios que se producen ao obxecto de preparar a finalización da intervención.
Competencias transversais:
- Capacidade de análise e síntese.
- Capacidade de comunicación oral e escrita.
- Capacidade de traballo en equipo.
- Capacidade para as relacións interpersoais.
- Capacidade de razoamento crítico.
- Capacidade de compromiso ético.
- Capacidade de aprendizaxe autónoma.
- Capacidade de motivación pola calidade.
A proposta metodolóxica pretende combinar o formato maxistral das clases expositivas coas metodoloxías activas e participativas das clases interactivas, titoría en grupo reducido e co traballo autónomo e a autoaprendizaxe por parte do alumnado.
Preténdese que o alumnado participe activamente na construción do coñecemento a través do manexo da bibliografía e da resolución de casos aos que deberá aplicar destrezas de observación, análise e interpretación da información.
Como aula virtual, para o desenvolvemento da docencia emprégase a web propia do centro, na que cada materia ten o seu espazo propio, ao que o alumnado accede con chave.
A avaliación da materia realizase mediante a avaliación continua formativa combinada con probas finais. A porcentaxe da avaliación continua na calificación final é do 40% (4 ptos.), polo que o peso da proba tipo exame é do 60% (6 ptos.).
Poderán realizarse probas escritas eliminatorias da materia, no caso de non superalas ou non presentarse a elas avaliaranse os contidos correspondentes nas convocatorias finais de exames.
É necesario acadar a puntuación mínima de apto no exame (3 sobre unha nota máxima de 6 puntos) para poder sumarlle a puntuación pola avaliación continua.
A avaliación continua realizarase a través da participación e a realización de traballos grupais que consistirán na elaboración de material divulgativo e material informativo transferibles á comunidade e a entidades que traballen con persoas maiores, tamén se realizarán lecturas e análise de textos, análise de material audiovisual e/ou traballo sobre casos a través de outros medios, etc.
Na Guía da Materia que se entrega ao comezo das clases, especifícase o desenvolvemento da docencia e as indicacións relativas ás tarefas de avaliación continua.
No caso de non asistir ás clases nas que se realizan tarefas puntuables, e se teñan xustificadas as faltas de asistencia, poden compensarse estas tarefas coa elaboración de traballos e exercicios que lle sexan encomendados pola profesora. Unha vez se teña confirmación da xustificación das faltas de asistencia, o/a alumno/a ten que poñerse en contacto coa profesora para o encargo da tarefa compensatoria no caso de que proceda a realización dunha actividade puntuable. Ao efecto, unha vez publicada a acta na que conste a xustificación da/s falta/s de asistencia, o alumnado ten un prazo de 5 días hábiles, para solicitar á profesora a tarefa para compensar a puntuación correspondente.
O prazo e os motivos polos que se poden xustificar as faltas de asistencia son os establecidos na Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
A puntuación obtida nas actividades de avaliación continua, poderá conservarse para cursos posteriores. Polo tanto, o/a alumno/a que non supere a materia, e desexe conservar a puntuación obtida no curso anterior debe solicitalo á profesora da materia a través dun correo electrónico durante o primeiro mes de clase.
DISPENSA DE ASISTENCIA
O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás clases e teña concedida dispénsa de asistencia, poderá acollerse a esta modalidade. O alumnado que teña concedida dispensa de asistencia, ten que poñerse en contacto coa profesora, preferentemente por correo electrónico, nun prazo non superior a 5 días hábiles desde a data de publicación da acta na que se recoñece dita concesión. As actividades de dispensa de asistencia, o sistema de avaliación e pautas de entrega estarán dispoñibles na páxina web da materia.
PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Estudio autónomo individual ou en grupo: 50 horas
Exercicios: 15 horas
Lectura de textos: 10 horas
Elaboración de traballos, visualización de material: 24 horas
Total: 99 horas
Dado o carácter optativo da asignatura e a súa ubicación no plan de estudos, non se indican requisitos previos para a súa superación.
É importante que o alumnado se implique activamente dende o comezo na dinámica e funcionamento da materia para poder superala con éxito.
A participación nas clases é fundamental para a integración dos coñecementos teóricos e prácticos, e para posicionar ao alumnado en contextos profesionais.
Recoméndase, durante o desenvolvemento temporal da materia, manter un contacto periódico coa profesora encargada para a clarificación e a orientación bibliográfica precisa para poder afondar nas parcelas de maior interese.
Respecto á bibliografía recoméndase tamén consultar a que se presenta na Guía da materia, e revisar periodicamente a web da materia onde se subirán contidos recentes (novas ou artigos recentes).
Xiana Vilas Castro
Coordinador/a- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Correo electrónico
- xianavilas.castro [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 |
17.12.2024 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
23.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
02.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |