Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Norte
Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Coñecer o marco normativo de referencia da atención social ás persoas con discapacidade.
-Adquirir os principios dirixidos a igualdade de oportunidades e accesibilidade universal das persoas con discapacidade e
ser capaz de valorar as necesidades sociais derivadas das situacións de discapacidade e a súa repercusión na vida das persoas afectadas, e formular estratexias de atención e apoios pertinentes en cada situación.
-Ser capaz de recoñecer as características dos problemas asociados á discapacidade que dan lugar a necesidades de atención e apoios sociais.
-Coñecer e ser capaz de analizar os factores de risco e protección no campo das persoas con discapacidade.
-Coñecer e ser capaz de avaliar as políticas e os recursos sociais existentes a nivel territorial no sector da discapacidade.
-Ser capaz de deseñar e implementar proxectos de intervención desde o Traballo Social con persoas con discapacidade.
-Ser capaz de aplicar modelos e técnicas do Traballo Social na intervención con persoas con discapacidade
I.- Aspectos introdutorios e conceptuais
II.- Clasificacións xerais da discapacidade
III.- Necesidades sociais das persoas con discapacidade e factores contextuais
IV.- Lexislacións actualizadas. Reformas procesáis, civís e penais no ámbito das persoas con discapacidade
V.- Entidades, Centros, Organizacións e Asociacións destinadas a atencións das persoas con discapacidade en Galicia
VI.- Pensións, Prestacións, axudas e subvencións económicas
VII.- Pragramas dirixidos as persoas con discapacidade
VIII.- Autocuratela
IX.- A persoa con discapacidade e a súa familia
X.- Foro de vida independiente e inserción laboral
Bibliografía básica:
- Alemán, C. e García, M. (2013). Bienestar Social. Tirant lo Blanch.
- Barton, L. (2008). Superar las barreras de la discapacidad. Morata.
- Basoco, J. L. (2003). Persona con discapacidad y sus necesidades: Mejora de la calidad de vida. Siglo Cero, 128, 5-17.
- Consellería de Traballo e Benestar. (2010). Manual de Formación para Coidadores no contorno familiar. Xunta de Galicia.
- Consellería de Traballo e Benestar. (2012). Carta de servicios. Xunta de Galicia.
- Consellería de Traballo e Benestar. (2012). Guía informativa sobre protección xurídica e discapacidade. Xunta de Galicia.
- Crespo, M. e López, J. (2010). El estrés en cuidadores de mayores dependientes: Cuidarse para cuidar. Pirámide
- FEAPS. (2020). Guía de orientación para padres de personas con deficiencia mental. FEAPS.
- FEAPS. (2006). Síndromes y apoyos: Panorámica desde la ciencia y desde las asociaciones. FEAPS.
- García Alvarez, P. (2011). Transformación en las esferas de la vida de las cuidadoras/es familiares o de su entorno de personas en situación de dependencia con grado II y III en Galicia. USC.
- IMSERSO. (2000). Clasificación Internacional de Deficiencias, Discapacidades y Minusvalías. Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales.
- IMSERSO. (2005). Cuidado a la Dependencia e Inmigración. Ministerio de Asuntos Sociales.
- IMSERSO. (2009). Cuidados de las personas mayores y en situación de dependencia en los hogares españoles. Entorno familiar. Ministerio de Asuntos Sociales.
- IMSERSO. (2011). Modelo de Calidad de vida aplicado a la atención residencial de personas con necesidades complejas de apoyo. Ministerio de Asuntos Sociales.
- Martinéz-López, J.M. (Coord). (2020). Protección social a las personasen situación de dependencia en España.Pirámide.
- Rodríguez, P. e Vilá, A. (2014). Modelos de atención integral y centrada en la persona. Teoría y práctica en ámbitos del envejecimiento y la discapacidad. Tecnos.
- Rodríguez, P., Vilá, A. e Ramos-Feijoo, C. (2014). La atención integral y centrada en la persona. Fundamentos y aplicaciones en el modelo de apoyos y cuidados. Tecnos.
- Rolland, J. (2011). Familia, enfermedad y discapacidad una propuesta desde la terapia sistémica. Universidad de la Sabana.
- Rovina, B., Cuiyas, E. e Tresera, A. (2009). Personas , dependencia, calidad de vida y nuevas tecnologías. Hacer.
- Sierra, Z. (septiembre 2021).. Reformas procesales, civiles y penales en el ámbito de la infancia, adolescencia y personas con discapacidad. https://mailchi.mp/vlex/jornada-online-reformas procesales-civiles y penales en el ámbito de la infancia, adolescencia y personas con discapacidad.
- Verdugo, J. (2013). Discapacidad e inclusión: Manual para la docencia. Amarú Ediciones.
- Verdugo, M.A. e Schalock, R. (Coord). (2013). Discapacidad e inclusión. Amarú Ediciones.
- Verdugo, M.A. e Schalock, R. (2013). El cambio en las organizaciones de discapacidad. Alianza Editorial.
Competencias Xerais:
- Posuir e comprender os coñecementos que definen o Traballo Social como disciplina científica, incluindo as súas teorías, métodos e ámbitos de aplicación a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo
Competencias Específicas:
- Establecer relacións profesionais ao obxeto de identificar a forma máis adecuada de intervención.
- Coñecer estratexias para intervenir con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para ayudarles a tomar decisións ben fundamentadas acerca das súas necesidades, circunstancias, riscos referentes e recursos.
- Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia da intervención.
- Coñecer a realidade social, as teorías sociais así como teorías sobre a cultura e a diversidad cultural
- Saber responder a situacións de crises valorando a urxencia das situacións, planificando e desenvolvendo accións para facer fronte ás mesmas e revisando os seus resultados.
- Adquirir habilidades para interactuar con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para conseguir cambios, para promocionar o desenvolvemento dos mesmos e para mellorar as súas condicións de vida por medio da utilización dos métodos e modelos de Traballo Social, facendo un seguimiento con regularidad dos cambios que se producen ao obxecto de preparar a finalización da intervención.
Competencias Transversales:
- Capacidade de análise e síntese
- Capacidade de comunicación oral e escrita
- Capacidade de traballo en equipo
- Capacidade para as relacións interpersoais
- Capacidade de recoñecemento á diversidad e a multiculturalidad
- Capacidade de razonamiento crítico
- Capacidade de compromiso ético
- Capacidade de aprendizaxe autónoma
- Capacidade de motivación pola calidade
A docencia expositiva ten asignadas sesións, distribuidas ao longo do cuatrimestre. A súa finalidade é a explicación dos aspectos básicos de cada tema establecido no programa, proporcionando a información necesaria que permita ao alumnado a aprendizaxe autónoma.
A docencia interactiva ten 9 sesións de dúas horas, distribuídas no cuadrimestre, e pretende que o alumnado, individual ou grupalmente, desenvolva actividades de participación activa: discusión de casos, traballo con textos ou datos, aplicación de técnicas, destrezas e habilidades a supostos prácticos, etc.
A través das titorías asesorarase ao alumnado para o desenvolvemento das actividades propostas de realización autónoma polo/a alumno/a, que supón un proceso de autoaprendizaxe.
Como aula virtual, para o desenvolvemento da docencia emprégase a web propia do centro, na que cada materia ten o seu espacio propio, á cal o alumnado accede con chave.
A docencia tanto expositiva como a interactiva impartirase presencialmente.
O seguimento realizarase a través da lista de participación nas prácticas, tarefas e traballos individuais e/ou en grupo, establecidos na Guía da materia.
As titorías en grupos reducidos, realizaranse presencialmente.
A avaliación da materia realizase mediante a avaliación continua combinada con proba final, que é complementaria nas dúas oportunidades.
A proba final terá un peso do 70% sobre a cualificación global, polo que o peso da avaliación continua é do 30%, que será de 1,5 puntos para traballos individuais de 1,5 para traballos grupais.
É necesario acadar unha puntuación mínima de 4 (dun total de 7) na proba final para poder engadir a puntuación da avaliación continua. A materia aprobarase cando se chegue a un 5. Para ir ao exame, é necesario presentar con anterioridade ao exame, o traballo individual que se estableza.
Na Guía académica especificarase o contido e a puntuación correspondente a cada unha das tarefas, prácticas e traballos da avaliación continua, que será entregada pola docente.
O prazo e as causas polas que se poden xustificar ás faltas de asistencia son as establecidas na Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao espazo europeo de educación superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
Todo o alumnado que teña ausencias xustificadas, terá que contactar coa profesora a través do correo (purinaga [at] euts.es (purinaga[at]euts[dot]es)) para establecer a tarefa compensatoria, no caso de que procedaa realización dunha actividade puntuable (cun prazo máximo para recoller o material e devolver a actividades de 5 días hábiles dende a data de xustificación do acta).
O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás clases interactivas e teña concedida a dispensa de asistencia, terá un prazo de 5 días dende a data de publicación da acta para contactar coa docente mediante o correo electrónico (purinaga [at] euts.es (purinaga[at]euts[dot]es)) e poderán compensar as faltas de asistencia coa realización das tarefas, prácticos ou traballos por escrito, establecidos pola docente.
A puntuación obtida nas actividades de avaliación continua pode manterse para cursos posteriores (variando a puntuación en caso de cambios no número ou tipo de tarefa, práctico e traballo). O alumnado que non supere a materia e queiran manter a puntuación obtida, deberán comunicálo a docente da materia nos primeiros 15 días ao comenzó do cuatrimestre, por correo electrónico (purinaga [at] euts.es (purinaga[at]euts[dot]es)).
Poderanse dar cambios, sempre beneficiosos para a aprendizaxe do alumno, na avaliación continua, no momento en que se chegue a acordos entre a profesora e o alumnado.
Plaxio e uso indebido das tecnoloxías.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas aplicarase o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Traballo personal do alumnado
Estudo autónomo individual ou en grupo 50
Exercicios 15
Lectura de textos 10
Elaboración de traballos, visualización do material 20
Outras tarefas propostas 4
Total 99
A asistencia ás clases expositivas é clave para que o alumnado poida ir construíndo o corpo teórico da materia que en todo momento orienta a aprendizaxe práctico.
A participación nas clases interactivas é fundamentais para a integración dos coñecementos teóricos e prácticos, e para posicionar ao alumnado en contextos profesionais.
Recoméndase ao alumnado que no desenvolvemento temporal da materia manteña un contacto periódico coa profesora encargada para a clarificación e a orientación bibliográfica precisa para profundizar nas parcelas de maior interese.
Purificación García Álvarez
Coordinador/a- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Teléfono
- 981583586
- Correo electrónico
- purificacion.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
22.01.2025 13:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
26.06.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |