Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Norte
Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer o marco normativo, estrutura e funcionamento do sistema sanitario.
- Coñecer e comprender as relacións entre a saúde e a situación social das persoas, o sistema de xénero, a cultura e o ciclo vital.
- Ser capaz de identificar e valorar as necesidades sociais relacionadas cos problemas de saúde e a súa repercusión na vida das persoas afectadas, e as estratexias de atención e apoio pertinentes en cada situación.
- Ser capaz de recoñecer as características dos problemas de saúde que dan lugar a necesidades de atención e apoio social, con especial referencia ás discapacidades, á dependencia, aos problemas de saúde mental e ás adiccións.
- Os determinantes da saúde: contextos e estratexias de intervención, promoción e rehabilitación nos equipos de profesionais.
- Organización xurídica e competencial do Sistema Público de Saúde: atención primaria e atención especializada.
- Orixes e evolución do Traballo Social en saúde.
- O ambiente na saúde: problemas de saúde que dan lugar a necesidades de atención e apoio social.
- Traballo Social e atención en crise: contextualización social en emerxencias e desastres.
- Traballo Social en ámbitos específicos de intervención e situacións de vulnerabilidade: Unidades.
- Atención en procesos de dó.
- A saúde sexual.
Bibliografía básica:
American Psychiatric Association. (2018). DSM-5 Manual Diagnóstico y Estadístico de los Trastornos Mentales. Editorial Médica Panamericana.
Colom, D. (2008). El trabajo social sanitario: atención primaria y especializada, teoría y práctica. Siglo XXI.
Colom, D. (2011). El trabajo social sanitario: Los procedimientos, los protocolos y los procesos. UOC.
Colom, D. (2012). El diagnóstico social sanitario. UOC.
Decreto 389/1994, do 15 de decembro, polo que se regula a saúde mental en Galicia. (1995). DOG, 1. 2 de xaneiro.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/1995/19950102/Anuncio8D42_gl.html
Rey del, J. (1989). Método epidemiológico y salud de la comunidad. Interamericana-MCGraw-Hill.
Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde. (2020). Memoria asistencial. Plan de Salud Mental de Galicia Post Covid19 Periodo 2020-2024 . https://www.sergas.es/Asistencia-sanitaria/Documents/1204/CASTELLANO_ME…
Hidalgo, A. e Martín, L. P. (2012). Salud Pública, Dependencia y Trabajo Social. Ediciones Académicas.
Ituarte, A. (1990). Trabajo social en salud, historia, situación actual, perspectivas. Trabajo social y salud, 6, 21-60.
Ituarte, A. (1994). El Trabajo Social en Salud hoy retos y estrategias. Documentos de trabajo social: Revista de trabajo y acción social, 1(1), 31-52
Ituarte, A. (Coord.). (2017). Prácticas del Trabajo Social Clínico. Nau Libres.
Lei 14/1986, do 25 de abril, Xeral de Saúde. (1986). BOE, 102,29 de abril.
https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-2008-14134
Lei 8/2008, do 10 de julio, de saúde de Galicia. (2008). DOG, 143,21 de agosto.
https://www.boe.es/buscar/pdf/2008/BOE-A-2008-14134-consolidado.pdf
Lorenzo, R. (2007). Discapacidad, sistemas de protección y Trabajo Social. Alianza Editorial.
Martín-Sacristán, J.M., Garrido, M. e Rodríguez, L. (2012). Salud familiar. Fundamentos, evaluación y aplicaciones para el trabajo con familias en riesgo psicosocial. CCS.
Novellas, A. (2000). Trabajo Social en Cuidados Paliativos. Arán.
Palomino, P. A., Grande, M. L. e Linares, M. (2014). La salud y sus determinantes sociales. Revista internacional de sociología, 72(1), 71-91.
Rey del, J. (1989). Método epidemiológico y salud de la comunidad. Interamericana-MCGraw-Hill.
Sánchez, M., Rubio, A., Sotomayor, L., Aquino, R., Rodríguez, R. P., Gil, J. M. e Gualda, R. (2011). El Trabajador Social como profesional del Sistema Sanitario. MAD.
Trigueros, I. e Mondragón, J. (1999). Manual de prácticas de trabajo social en el campo de la salud. Siglo XXI.
Xunta de Galicia. (2001). Plan de Galicia sobre Drogas. Organización y funcionamiento de la Red Asistencial. https://www.sergas.es/gal/Publicaciones/Docs/Drogodependencias/PDF3-35…
Xunta de Galicia. (2012). O circuito de asistencia sanitaria aos trastornos adictivos en Galicia. Xunta de Galicia.
Bibliografía complementaria:
Abellán, A., Esparza, C. e Pérez, J. (2011). Evolución y estructura de la población en situación de dependencia. Cuadernos de relaciones laborales, 29(1), 43-67.
Álvarez-Dardet, C. (2001). Promoción de la salud. Masson.
Betancor, A. e García, M. (2015). Trabajo social en cuidados paliativos. SECPAL
Egea, C. e Sarabia, A. (2001). Clasificaciones de la OMS sobre discapacidad. Bolet
COMPETENCIAS XENÉRICAS:
- Saber aplicar os coñecementos na súa actividade profesional e saber elaborar e defender argumentos sobre as cuestións que atinxen ó Traballo Social, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade social, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
- Ser capaces de transmitir información, ideas, problemas e solucións sobre cuestións relativas ó Traballo Social a un público tanto especializado como non especializado.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
- Establecer relacións profesionais ao obxecto de identificar a forma máis axeitada de intervención.
- Coñecer estratexias para intervir con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para axudarlles a tomar decisións ben fundamentadas acerca das súas necesidades, circunstancias, riscos, opcións preferentes e recursos.
- Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención.
- Saber respostar a situacións de crisis valorando a urxencia das situacións, planificando e desenvolvendo accións para facer fronte ás mesmas e revisando os seus resultados.
- Adquirir habilidades para interactuar con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para conseguir cambios, para promocionar o desenvolvemento dos mesmos e para mellorar as súas condicións de vida por medio do emprego dos métodos e modelos de Traballo Social, facendo un seguimento con regularidade dos cambios que se producen ao obxecto de preparar a finalización da intervención.
- Desenvolver aptitudes para saber apoiar o desenvolvemento de redes para facer frente ás necesidades e traballar a favor dos resultados planificados examinando coas persoas as redes de apoio ás que poidan acceder e desenvolver.
- Saber identificar e traballar cos comportamentos que representan un risco para o sistema cliente identificando e avaliando as situacións e circunstancias que configuran este comportamento e elaborando estratexias de modificación dos mesmos.
- Diferenciar e actuar na resolución de situacións de risco previa identificación e definición da natureza das mesmas.
- Desenvolver aptitudes para traballar de xeito eficaz dentro de sistemas, redes e equipos interdisciplinares e multiorganizacionais co propósito de colaborar no establecemento de fins, obxectivos e tempo de duración dos mesmos contribuíndo igualmente a abordar de maneira constructiva os posibles desacordos existentes.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
- Capacidade de análise e síntese
- Capacidade de comunicación oral e escrita
- Capacidade de traballo en equipo
- Capacidade para as relacións interpersonais
- Capacidade de razonamento crítico
- Capacidade de aprendizaxe autónomo
- Capacidade de motivación pola calidade
Preténdese que o alumnado, individual ou de forma grupal, desenvolva actividades de participación activa como: discusión de casos, traballo con textos ou datos, aplicación de instrumentos e técnicas, administración en práctica de habilidades e destrezas nos supostos prácticos entre outras funcións.
A docencia nas clases expositivas terá a finalidade de explicar os fundamentos básicos dos contidos, co obxecto de instruír ao alumnado na adquisición de destrezas, habilidades e ferramentas para achegar á práctica de rigor e calidade. Nestas clases o alumnado tamén realizará actividades prácticas.
A docencia nas clases interactivas estará destinada a darlle protagonismo ao desenvolvemento das actividades propostas para o alumnado, as cales poderán ser realizadas de forma individual e/ou grupal. Para a execución das devanditas actividades será necesario que o alumnado participe activamente. A aprendizaxe estará centrado nas prácticas reflexivas co obxectivo de conseguir as destrezas necesarias para comprender a práctica e a toma de decisións.
As titorías da materia terán como finalidade a información, orientación e asesoramento ao alumnado para a adquisición de habilidades e destrezas co obxectivo de formular un pensamento crítico.
As titorías de grupo reducido estarán dedicadas a fomentar o traballo autónomo, para iso analizarase e supervisarase o traballo nas tarefas encomendadas pola profesora.
Ao longo desta materia, o alumnado debe ademais de lograr o desenvolvemento de competencias e aptitudes para a análise da saúde desde o punto de vista do Traballo Social, producir reflexións únicas, facilitando poder levar a cabo un traballo en equipo e/ou individual onde as súas decisións deberán estar xustificadas polos conceptos centrais da materia.
Como aula virtual, para o desenvolvemento da docencia emprégase a web propia do centro, na que cada materia ten o seu espazo propio, ao cal o alumnado accede con clave.
A avaliación da materia realizarase tendo en conta os exames e a avaliación continua, desagregándose da seguinte forma:
1. A avaliación mediante exames e/ou probas escritas: 76%.
2. Unha puntuación máxima de avaliación continua de: 24%
No contido da avaliación continua puntuaranse tarefas prácticas que levarán a cabo tanto nas clases expositivas como nas clases interactivas. Na guía da materia que se entrega ao comenzo das clases, especifícase o desenvolvemento da docencia e as indicacións referentes ás tarefas de avaliación continua así como a puntuación de cada unha delas.
No caso que se realice un exame parcial ou varios exames parciais poderán presentarse tamén as persoas en modalidade de dispensa de asistencia. A cualificación final dos exames parciais será a media das notas dos exámenes, sempre que a cualificación mínima en cada un deles sexa Apta.
Será necesario que o alumnado obteña nos exames e/ou nas probas escritas unha cualificación mínima de Apto/a para poder sumar a puntuación da avaliación continua.
Poderanse producir cambios no sistema de avaliación da materia cando así sexa acordado entre a profesora e o alumnado, e sempre que supoña unha mellora da aprendizaxe.
Referente ao sistema de control de asistencia será o establecido polo centro. O prazo e as causas polas que se pode xustificar as faltas de asistencia son as establecidas na Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
No caso de non asistir ás clases nas que se realizan tarefas puntuables, e téñanse xustificadas as faltas de asistencia, poden compensarse estas tarefas coa elaboración de traballos e exercicios que lle sexan encomendados pola profesora ou polo profesor.
Unha vez téñase confirmación da xustificación das faltas de asistencia, o alumno ou a alumna ten que poñerse en contacto coa profesora ou o profesor para o encargo da tarefa compensatoria no caso de que proceda a realización dunha actividade puntuable. Para o efecto, unha vez publicada a acta na que conste a xustificación da/ s falta/ s de asistencia, o alumnado ten un prazo de 5 días hábiles máximo para contactar coa profesora ou profesor.
A puntuación obtida nas actividades de avaliación continua poderase conservar en cursos posteriores, non sendo aplicable no caso de que algunhas destas actividades sexa eliminada e/ou incorporada algunha nova; neste caso deberase realizar para poder obter puntuación correspondente.
Por outra banda, se cambia a valoración de cada unha das actividades, a puntuación obtida no seu momento, modificarase pola equivalente actual. O alumnado que non supere a materia e desexe conservar a puntuación obtida no curso anterior debe comunicalo a través dun correo electrónico dirixido á profesora ou ao profesor da materia (asouto [at] euts.es (asouto[at]euts[dot]es)).
DISPENSA DE ASISTENCIA
O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás clases, e teña concedida dispensa de asistencia, poderá compensar as faltas coa realización das tarefas, prácticos ou traballos establecidos polo/a docente da materia, nun prazo de 5 días hábiles, desde a data de publicación da acta na que se recoñece dita concesión a través do correo electrónico (asouto [at] euts.es (asouto[at]euts[dot]es)) (ver tarefas por dispensa de asistencia na web da materia da Escola Universitaria de Traballo Social).
Na Guía académica que se entrega ao comezo das clases, especificarase o contido e a puntuación correspondente a cada unha das tarefas, prácticos e traballos individuais e/ou grupais da avaliación continua.
PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
O tempo de estudo e traballo persoal do alumnado estímase en 99 horas distribuidas como segue:
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
- Exercicios: 15 horas
- Lectura de textos: 15 horas
- Elaboración de traballos, visualización de materias: 15 horas
- Outras tafeas propostas: 4 horas
A participación nas clases é fundamental para a integración dos coñecementos teóricos, prácticos, e para situar ao alumnado en contextos profesionais.
Recoméndase, durante o desenvolvemento temporal da materia, manter un contacto periódico coa profesora encargada para a clarificación e a orientación bibliográfica precisa para poder profundar nas parcelas de maior interese.
A materia pertence a "Saúde, dependencia e vulnerabilidade social" dentro do módulo "Procesos e problemas sobre os que actúa o Traballo Social".
Respecto á bibliografía recoméndase tamén consultar a que se presenta na Guía da materia e revisar periodicamente a páxina web da materia onde se subirá o contido.
Recoméndase ter cursadas as materias de Fundamentos de Traballo Social e Ética e Traballo Social.
Ana Isabel Souto Gómez
Coordinador/a- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Correo electrónico
- anaisabel.souto.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Venres | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
16.12.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Sala Estudio |
23.05.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
26.06.2025 11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |