Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Norte
Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Coñecer os elementos do funcionamento das organizacións de servizos e a achega de diferentes enfoques á xestión, o liderado e a calidade nos servizos públicos e privados.
- Adquirir destrezas de xestión do traballo en equipo, de programación do traballo e colaboración interprofesional e interinstitucional.
- Ser capaz de participar na administración de recursos e servizos colaborando cos procedementos implicados na súa obtención, supervisando a súa eficacia e asegurando a súa calidade.
- Adquirir capacidades de participación na xestión e dirección de institucións públicas e privadas de benestar social.
- Coñecer a responsabilidade social corporativa e as súas formas de aplicación e control da xestión de cambios nas organizacións.
I. As organizacións como sistema: concepto, tipos, estruturas e clima.
II. Planificación estratéxica: da análise á avaliación de resultados
III. Dirección e habilidades directivas.
IV. Xestión do cambio e das relacións interpersoais. O liderado.
V. A xestión de persoas no eido social.
VI. Emprender en Traballo Social: o exercicio libre da profesión.
VII. Intelixencia emocional: satisfacción, realidades e estratexias de prevención do Burnout e a fatiga por compaixón.
VIII. Fundraising ou crowdfunding social.
IX. Responsabilidade Social Corporativa e Traballo Social.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Aguirre, A. A., Casillo, A. M. e Tous, D. (1999). Administración de organizaciones: Fundamentos y aplicaciones. Pirámide.
http://www.solucionesong.org/ficheros/4e5c9a2122c98/Liderazgo_Orientado…
Carreras, I., Iglesias, M. e Sureda, M. (2010). Transformar con éxito las ONG: El liderazgo del cambio. Esade. http://itemsweb.esade.es/wi/research/iis/Liderazgo_Social/Transformar_c…
Carreras, I., Iglesias, M. e Sureda, M. (2011). Liderazgo orientado a resultados en las ONG: Estrategia, sistemas de mediación y cuadros de mando. Esade. http://www.solucionesong.org/ficheros/4e5c9a2122c98/Liderazgo_Orientado…
Cortés, C. (2010). Claves para la gestión de personas en Entidades no Lucrativas. Fundación Luis Vives.
Cortés, C. (Coord.). (2011). Gestión de personas en la empresa social. Grupo 5.
Costa, M. e López, E. (2002). Los secretos de la dirección: Manual práctico para dirigir organizaciones y equipos. Pirámide.
Coulshed, V. (1998). La gestión del trabajo social. Paidós.
Covey, S. R. (2011). Los 7 Hábitos de la Gente Altamente Efectiva. Booket.
Ena, B. e Delgado, S. (2012). Recursos Humanos y Responsabilidad Social Corporativa. Ediciones Paraninfo.
Laloux, F. (2016). Reinventar las organizaciones. Arpa.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Asís, A., Gross, D., Lillo, E. e Caro, A. (2005). Manual de Ayuda para la Gestión de Entidades no Lucrativas. Fundación Luis Vives. http://www.pluralismoyconvivencia.es/upload/26/75/Manual_gestion.pdf
Bonache, J. e Cabrera, A. (Coords.). (2006). Dirección de personas: Evidencias y perspectivas para el siglo XXI. Prentice Hall.
Brafman, O. e Beckstrom, R. (2007). La araña y la estrella de mar: la fuerza imparable de las organizaciones sin jefe. Empresa Activa.
Cámara, L. (2005). Planificación Estratégica: Guía para entidades sin ánimo de lucro que prestan servicios de inserción sociolaboral. CIDEAL.
Castiñeira, A. e Lozano, J. M. (2012). El Poliedro del Liderazgo: Una aproximación a la problemática de los valores en el liderazgo. Libros de Cabecera.
Cortés, C. (2015). Trabajar en el tercer sector: ¿qué perfiles buscan las ONG? . http://www.compromisoempresarial.com/tercersector/ong/2015/09/trabajar-…
Ferrando, M. e Granero, J. (2005). Calidad total: modelo EFQM de excelencia. Fundación Confemetal Editorial.
Gibson, J.L., Ivancevich, J.M., Donnelly, J.H. e Konopaske, R. (2003). Organizaciones. Comportamiento, estructura, procesos. McGraw Hill.
Ginebra, G. (2010). Gestión de incompetentes. Un enfoque innovador de la gestión de personas. Libros de Cabecera.
Hernández, A. (2005). Introducción al ejercicio libre profesional y empresarial de los trabajadores sociales. Certeza.
Hodge, B. J., Anthony, W. P. e Gales, L. M. (2003). Teoría de la organización. Un enfoque estratégico. Pearson Educación.
Segarra, O. (2010). Liderazgo peregrino: Una guía práctica para liderar el cambio. Libros de Cabecera.
Vernis, A., Iglesias, M., Sanz, B. e Saz, A. (2004). Los retos en la gestión de las organizaciones no lucrativas: Claves para el fortalecimiento institucional del tercer sector. Granica.
No Plan de Estudos do Título de Grao en Traballo Social, indícase que as competencias ás que contribúe esta materia son as seguintes:
Competencias xenéricas:
- Saber aplicar os coñecementos definitorios do Traballo Social na actividade profesional e saber elaborar e defender argumentos sobre as cuestións que atinxen ao Traballo Social, facendo uso dos coñecementos sobre a realidade social, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
- Desenvolver as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar a formación e aprendizaxe no ámbito do Traballo Social cun alto grao de autonomía.
Competencias específicas:
- Coñecer a realidade social, as teorías sociais así como teorías sobre a cultura e a diversidade cultural.
- Preparar, producir, implementar e avaliar os plans de intervención co sistema cliente e cos colegas profesionais negociando o suministro de servizos que deben ser empregados e revisando a eficacia dos plans de intervención coas persoas implicadas ao obxecto de adaptalos ás necesidades e circunstancias cambiantes.
- Identificar, minimizar e xestionar o risco cara un mesmo e os colegas a través da planificación, revisión e seguemento de accións para limitar o estrés e o risco.
- Desenvolver aptitudes para traballar de maneira eficaz dentro de sistemas, redes e equipos interdisciplinares e multiorganizacionais co propósito de colaborar no establecemento de fins, obxectivos e tempo de duración dos mesmos contribuíndo igualmente a abordar de maneira construtiva os posibles desacordos existentes.
- Adquirir habilidades para participar na xestión e dirección de entidades de benestar social.
Competencias transversais:
- Capacidade de análise e síntese.
- Capacidade de organización e planificación.
- Capacidade de comunicación oral e escrita.
- Capacidade de toma de decisións.
- Capacidade de traballo en equipo.
- Capacidade para as relacións interpersoais.
- Capacidade de razoamento crítico.
- Capacidade de creatividade.
- Capacidade de aprendizaxe autónoma.
- Capacidade de liderazgo.
- Capacidade de iniciativa e espíritu emprendedor.
- Capacidade de motivación pola calidade.
A metodoloxía utilizada combinará a docencia expositiva, interactiva e titoría en grupo reducido co traballo do alumnado fóra da aula, promovendo a aprendizaxe autónoma e significativa.
Preténdese que o alumnado participe activamente na construción do coñecemento a través do manexo da bibliografía e da resolución de casos aos que deberá aplicar destrezas de observación, análise e interpretación da información.
Como aula virtual, para o desenvolvemento da docencia emprégase a web propia do centro, na que cada materia ten o seu espacio propio, ao que o alumnado accede con chave.
A avaliación da materia realizarase tendo en conta os exames e a avaliación continua, desagregándose da seguinte forma:
1. A avaliación mediante exames e/ou probas escritas terá unha puntuación máxima de: 60%
2. Unha puntuación máxima de avaliación continua de: 40%
No contido da avaliación continua puntuaranse tarefas prácticas que se poidan realizar nas clases expositivas e nas clases interactivas, así como fóra da clase.
Na guía da materia que se entrega ao comezo das clases especifícase o desenvolvemento da docencia, as indicacións e puntuacións referentes a cada exercicio así como a puntuación pola asistencia a clase.
O control da participación na avaliación continua pode realizarse mediante a entrega dos exercicios, tarefas prácticas ou tamén mediante rexistro de asistencia a clase.
Poderán realizarse probas eliminatorias da materia, no caso de non superalas ou non presentarse a elas avaliaranse os contidos correspondentes nas convocatorias finais de exames.
Será necesario que o alumnado obteña nos exames e/ou nas probas escritas unha cualificación mínima de Apto/a para poder sumar a puntuación da avaliación continua.
Poderanse producir cambios no sistema de avaliación da materia cando así sexa acordado entre a profesora ou o profesor e o alumnado, e sempre que supoña unha mellora da aprendizaxe.
Referente ao sistema de control de asistencia será o establecido polo centro. O prazo e as causas polas que se pode xustificar as faltas de asistencia son as establecidas na Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
No caso de non asistir ás clases nas que se realizan tarefas puntuables, e téñanse xustificadas as faltas de asistencia, poden compensarse estas tarefas coa elaboración de traballos e exercicios que lle sexan encomendados pola profesora ou polo profesor.
Unha vez téñase confirmación da xustificación das faltas de asistencia, o alumno ou a alumna ten que poñerse en contacto coa profesora ou o profesor para o encargo da tarefa compensatoria no caso de que proceda a realización dunha actividade puntuable. Para o efecto, unha vez publicada a acta na que conste a xustificación da/ s falta/ s de asistencia, o alumnado ten un prazo de 5 días hábiles máximo para contactar coa profesora ou o profesor.
A puntuación obtida nas actividades de avaliación continua poderase conservar en cursos posteriores, non sendo aplicable no caso de que algunhas destas actividades sexan eliminadas e/ou incorporada algunha nova; neste caso deberase realizar para poder obter puntuación correspondente.
Por outra banda, se cambia a valoración de cada unha das actividades, a puntuación obtida no seu momento, modificarase pola equivalente actual. O alumnado que non supere a materia e desexe conservar a puntuación obtida no curso anterior debe comunicalo a través dun correo electrónico dirixido á profesora ou ao profesor da materia durante o primer mes de clase.
DISPENSA DE ASISTENCIA
O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás clases, e teña concedida dispénsa de asistencia, poderá compensar as faltas coa realización das tarefas, prácticos ou traballos establecidos polo/a docente da materia, nun prazo de 5 días hábiles, desde a data de publicación da acta na que se recoñece dita concesión a través do correo electrónico (ver tarefas por dispensa de asistencia na web da materia da Escola Universitaria de Traballo Social).
PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS
“Para vos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación ou recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dous estudantes e de revisión de cualificacións”.
Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
Exercicios: 15 horas
Lectura de textos: 10 horas
Elaboración de traballos, visualización de materiais: 20 horas
Outras tarefas propostas: 4
A participación nas clases é fundamental para a integración dos coñecementos teóricos e prácticos, e para posicionar ao alumnado en contextos profesionais.
Recoméndase, durante o desenvolvemento temporal da materia, manter un contacto periódico coa profesora encargada para a clarificación e a orientación bibliográfica precisa para poder afondar nas parcelas de maior interese.
Respecto á bibliografía recoméndase tamén consultar a que se presenta na Guía da materia, e revisar periodicamente a web da materia onde se subirán contidos.
Recoméndase ter cursadas as materias de Fundamentos de Economía; Fundamentos de Dereito; Servizos Sociais Comunitarios; e Servizos Sociais Especializados.
Xiana Vilas Castro
Coordinador/a- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Correo electrónico
- xianavilas.castro [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Martes | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 4 |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 |
16.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
27.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |