Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Achegar aos alumndo aos coñecementos metodolóxicos necesarios para o recoñecemento de calquera instrumento de ordenación territorial e para a redacción dun plan de ordenación do territorio, a diferentes escalas, dende un enfoque multidisciplinar e cun enfoque sistémico, co fin de facilitar a visión integradora do territorio.
-Adquisición dunha visión propositiva da análise territorial.
-Tamén deberá desenvolver os contidos das devanditas propostas mediante a súa representación gráfica e cartográfica, tanto a escalas de panificación como a escalas locais de intervención urbana e territorial.
-A comprensión do territorio, o coñecemento da análise sistémica, da avaliación estratéxica, da priorización de propostas e do deseño dos seus contidos, constitúen compoñentes esenciais que o alumno terá que coñecer no ámbito teórico e prático.
Os descriptores da materia na memoria do Grao son os seguintes:
Organización dun plan-instrumento de OT: técnica-xestión política. Definición lexislativa dos instrumentos de OT. Instrumentos de ámbito estatal (presentación de exemplos europeos: Portugal, Francia,...). Instrumentos de ámbito rexional (Análise das Directrices de OT existentes en España: documentación que conteñen, metodoloxías, plantexamentos,...). Instrumentos de ámbito subrexional (Análise dos existentes nas diferentes CCAA). Instrumentos sectoriais de incidencia territorial (Análise dos existentes nas diferentes CCAA). Instrumentos de OT contemplados na lexislación galega. Planeamento urbanístico: elaboración de contidos e definición dos Plans Xerais.
Estes descriptores desenvólvense no seguinte temario:
1.-Fundamentos teóricos dos Instrumentos de Ordenación Territorial: metodoloxía básica dos procesos de planificación. Análise e diagnóstico da realidade a planificar. Os contados propositivos do plan. A xestión e execución do plan. Procedementos de coordinación e revisión.
2.-A ordenación do territorio e a organización do territorio: escalas político-xurídico-administrativas da aplicación dos Instrumentos de Ordenación Territorial: da escala europea á local
3.-Instrumentos de Ordenación do Territorio en España
4.-A Ordenación do Territorio en Galicia. Situación e diagnóstico.
5.-Outras figuras de Ordenación Territorial e ambiental: as figuras de Planificación Estratéxica, os instrumentos ambientais: Plans Especiais de Protección do Medio Físico, os PORN e os PRUG
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
-BENAVENT FERNÁNDEZ DE CÓRDOBA, M. (2006): La Ordenación del Territorio en España. Sevilla, Junta de Andalucía y Universidad de Sevilla.
-FARINÓS DASÍ, J. y OLCINA CANTOS, J. (2022): Ordenación del Territorio y Medioambiente. Tirant Humanidades. Valencia.
-GALIANA, L. y VINUESA, J. (coordinadores) (2010): Teoría y Práctica para una ordenación racional del Territorio.
-ROMERO GONZÁLEZ, J.; FARINÓS DASÍ, J. (Eds.) (2004): Ordenación del territorio y desarrollo territorial: el gobierno del territorio en Europa: tradiciones, contextos, culturas y nuevas visiones. Gijón, Trea.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
-AA.VV. (2002): La ordenación del territorio y el urbanismo en la gestión medioambiental local. Córdoba, Diputación de Córdoba.
-ACOSTA, G. y BURRACO, M. (1998): Glosario básico de la ordenación urbanística y territorial. Sevilla, Consejería de Obras Públicas, Junta de Andalucía.
-AGENCIA EUROPEA DE MEDIOAMBIENTE (2001): El medio ambiente en la Unión Europea en el umbral del siglo XXI. Madrid, Ministerio de Medio Ambiente.
-BIELZA DE ORY, V. (2008): Introducción a la ordenación del territorio: un enfoque geográfico. Zaragoza : Prensas Universitarias de Zaragoza
-COMISIÓN EUROPEA (1999): Estrategia Territorial Europea. Luxemburgo, Oficina de Publicaciones de las Comunidades Europeas.
-FOLCH, R. (coord.)(2003): El territorio como sistema. Conceptos y sistemas de ordenación. Barcelona, Diputación de Barcelona.
-GOMEZ OREA, D. (2002): Ordenación territorial. Madrid, Ediciones Mundi-Prensa.
-GONZÁLEZ VARAS IBÁÑEZ, S. (2007): Urbanismo y ordenación del territorio / Cizur Menor (Navarra) Aranzadi
-HILDEBRAND, A. (1996): Política de ordenación del territorio en Europa. Sevilla, Universidad de Sevilla y Consejería de Obras Públicas y Transportes.
-MARTÍNEZ DE ANGUITA, P. (coordinador) (2006): Planificación física y ordenación del territorio Madrid: Dykinson.
-ORTEGA, R. y RODRIGUEZ, I. (1994): Manual de gestión del Medio Ambiente. Madrid, Ed. Mapfre.
-PUJADAS, R. y FONT, (1998): Ordenación y planificación territorial. Madrid, Síntesis.
-Coñecer as técnicas básicas de elaboración, xestión e control de políticas, plans e proxectos ambientais e territoriais.
-Coñecer os principais Instrumentos de ordenación territorial a diferentes escalas espaciais (da local á europea).
-Coñecer e comprender na súa complexidade, os retos e perspectivas actuais da ordenación e do desenvolvemento territorial.
-Capacidade para manexar, de maneira ordenada, e aplicar a información teórica e práctica adquirida en plans de intervención concretos.
-Identificar os temas críticos no que se refire á dimensión ambiental territorial e coñecer os principais instrumentos e políticas de intervención existentes: recursos, paisaxe, litoral, patrimonio territorial, mobilidade, contaminación e riscos, dominio público, ciclos da enerxía e os recursos.
Esta materia desenvolve as seguintes competencias sinaladas na memoria do Grao: Básicas e Xerais: CG1, CG3, CG4, CG5, CG6, CG7, CG8, CG9, CB1, CB2, CB3, CB4. Transversais: CT3, CT4, CTT, 6, CT8, CT9. Específicas: C1, CG2, CG3, CG4, CG5, CG6, CG7, CG8, CG9.
1. O temario desenvolverase da maneira máis equilibrada posible, en función da extensión de cada tema, combinando a docencia maxistral coas prácticas de aula, seminarios e unha saída de campo.
2. Contémplase a realización dunha saída de campo coordinada con outras materias da titulación.
Usarase a Aula Virtual da USC a través da aplicación Moodle, como ferramenta de comunicación cos/as alumnos/as ofrecéndolles información da programación docente ao longo do curso na aula e materiais complementarios para o estudo da materia (apuntes do profesor e bibliografía complementaria).
A docencia será presencial, baixo as seguintes premisas:
• Clases expositivas e interactivas: as clases realizaranse combinando tanto a clase maxistral (exposición e discusión de temas) como en forma de seminarios (realización de exercicios) onde o profesor tratará de facer fincapé nos aspectos máis destacados do estado da arte, e onde se verificará a asimilación de contidos por parte dos alumnos/as. Neste sentido, é moi relevante que o alumnado traballe o material do que disporá na aula virtual para promover a interacción profesor-alumno/a.
• Traballo individual: están planificadas prácticas individuais que favorezan a adquisición das competencias necesarias para a superación da materia.
• Titorías individualizadas: Realizaranse presencialmente de xeito preferente aínda que tamén será factible o emprego da plataforma MS Teams.
A avaliación consistirá na cualificación dun exame escrito, no día e hora fixados pola Facultade, así como no aproveitamento das prácticas realizadas.
Os requisitos para superar a materia serán os seguintes:
1.-Superar o exame escrito sobre os contidos da materia (70 % da nota).
2.-Entrega e exposición oral dun traballo no que se analicen os instrumentos de ordenación territorial existentes nunha comunidade autónoma española (30 % da nota).
Non se poderá superar a materia se non se realizan tanto o exame como o traballo.
Os criterios para a avaliación da convocatoria extraordinaria de xullo serán os mesmos que para a ordinaria.
No caso de que sexa concedida oficialmente a dispensa de asistencia ás aulas, o alumnado terá que facer o exame da materia e a parte interactiva deberá ser compensada cun traballo específico.
Na segunda oportunidade a avaliación se fará do mesmo xeito que a primeira.
Poderase engadir 0,5 puntos na cualificación final da materia ao alumnado que acredite a realización durante o semestre do curso avanzado de formación en competencias da información ofertado pola Biblioteca.
(https://www.usc.gal/gl/servizos/biblioteca/servizos/competencias.html)
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Horas de traballo presencial do alumno:
Clases teóricas 32
Clases prácticas 16
Titorías personalizadas 3
Total de horas presenciais do alumno: 51
Horas de traballo persoal do alumno:
Estudio autónomo individual ou en grupo 60
Lecturas recomendada, actividades de biblioteca e similares 25
Preparación de presentacións orais, debates e similares 8
Outras tarefas propostas polo profesor 7
Total de horas de traballo persoal do alumno: 100
1)Traballo continuado ao longo do período de aulas.
2) Realización inmediata das actividades prácticas que se propoñan.
Recomendacións de actividades formativas complementarias:
A biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia ofrece unha serie de cursos de formación bibliográfica que se recomendan cursar para que os alumnos/as poidan obter unha maior competencia na procura de información para o mellor desenvolvemento da materia.
Jose Antonio Aldrey Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Teléfono
- 881812545
- Correo electrónico
- joseantonio.aldrey [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ramón López Rodríguez
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- ramonlopez.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 14 |
Martes | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 14 |
21.01.2025 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
23.06.2025 18:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |