Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Xeografía Física
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer os fundamentos da Xeografía Física
- Coñecer as propiedades e identificar tipos de rochas
- Coñecer os principios dos controis lito-estruturais do relevo
- Coñecer os principais procesos morfoxenéticos
- Concepto e contido da Xeografía Física
- A Terra como sistema
- Estrutura da Terra. Tectónica, pregamentos. Xénese e clasificación de rochas
- Control estrutural e litolóxico do relevo
- Procesos morfoxenéticos
- Principais sistemas morfodinámicos
Estes contidos desenvolveranse nos seguintes temas:
Teóricos - EXPOSITIVOS
BLOQUE I: Concepto e contido da Xeografía Física
1- Ámbito de estudo da Xeografía Física
2. A Terra como sistema
3. A Xeomorfoloxía, ciencia do relevo
BLOQUE II: A Xeomorfoloxía tectónica, estructural e o control litolóxico na configuración do relevo
4- Estrutura da Terra
5- Tectónica, pregamentos
6- Xénese e clasificación das rochas
7- Control estrutural e litolóxico do relevo
BLOQUE III: Xeomorfoloxía dinámica-climática: modelado da superficie terrestre
8- Axentes morfoxenéticos e procesos morfodinámicos
9- Sistemas morfoxenéticos
Prácticos - INTERACTIVOS
- Análise de formas estructurais do relevo
- Identificación de rochas
- Análise de mapas xeolóxicos
- Análise de redes fluviais
- Memoria da Práctica de Campo
Bielza De Ory (Ed.) (1993) Geografía General I. Introducción y Geografía Física. Taurus, Madrid.
Goudie, A.S. (Ed.) (2002) Encyclopedia of global change: environmental change and human society. Oxford University. 2 vols.
Gutierrez Elorza. M. (2008) Geomorfología. Ed. Prentice Hall. Madrid.
Le Coeur, Ch. (Coord.) (1996) Éléments de Géographie physique, Bréal Éditions, Roxny Cedex
López Bermúdez, F.; Rubio Recio, J.M.; Cuadrat, J.M. (1992): Geografía Física. Cátedra, Madrid.
Muñoz Jiménez, J. (1992) Geomorfología General. Ed. Síntesis. Madrid
Pedraza Gilsanz, J. (1996) Geomorfología. Principios; Métodos y Aplicaciones. Ed. Rueda. Madrid.
Rosselló, V. M., Panareda, J.M., Pérez Cueva, A. (1998) Manual de Geografía Física. Universitat de Valencia. Servei de Publicacions, Valencia (En catalán)
Strahler, A.N., Strahler, A.H. (1989) Geografía Física. Omega, Barcelona.
Tarbuck, E.J., Lutgens, F.K. (2008) Ciencias de la Tierra. Una introducción a la Geología Física. Pearson-Prentice Hall. 709 pp.
V.V.A.A. (1986): Diccionario de Geografía. Anaya, Madrid.
2.1. Coñecementos
Con1: Historia e pensamento da disciplina xeográfica
Con2: Grandes rexións e xeopolítica do mundo
Con3: Xeografía humana
Con4: Xeografía física e medio ambiente
Con5: Ordenación do territorio e urbanismo
Con6: Tecnoloxías e sistemas de información xeográfica
Con7: Métodos e traballo de campo da disciplina xeográfica
2.2. Habilidades ou destrezas
H/D1: Xestionar a complexidade
H/D2: Entender os problemas xeográficos de forma multidimensional, interrelacionando o medio físico-natural e ambiental coa esfera humana e social
H/D3: Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais
H/D4: Buscar, xerar, ordenar e sintetizar información xeográfica
H/D5: Expor e transmitir coñecementos, métodos e resultados xeográficos de forma autónoma
H/D6: Manexar sistemas de información xeográfica
H/D7: Xerar acordos en equipos interdisciplinares en ordenación do territorio, entendendo a linguaxe e as propostas doutros especialistas
2.3. Competencias
Comp1: Coñecer, comprender, analizar e interpretar o territorio, o medio físico-natural, o medio ambiente e a paisaxe
Comp2: Realizar diagnósticos territoriais e ambientais integrados
Comp3: Realizar propostas de planificación e xestión territorial, do medio e da paisaxe
Comp4: Expresar información cartograficamente mediante sistemas de información xeográfica
Comp5: Aprender a coñecer e interpretar directamente o territorio, o medio e a paisaxe a través do traballo de campo
Comp6: Elaborar e interpretar información cuantitativa e cualitativa en Xeografía
Comp7: Explicar a diversidade de lugares, ambientes, cidades e rexións
A metodoloxía da ensinanza da materia articúlase en:
Sesións EXPOSITIVAS: Docencia presencial teórica en aula e práctica en aula e/o campo
Nas clases expositivas, presentaranse os aspectos básicos da materia, utilizaranse medios audiovisuais e facilitarase aos estudantes, a través do campus virtual da USC, o material básico para o seguimento das clases teóricas así como material complementario (textos, gráficos e táboas de uso habitual na materia) para fomentar a participación e a discusión durante a clase. Tamén se empregarán recursos informáticos por medio de enlaces a páxinas web.
As sesións expositivas destinaranse a:
- Presentación da información básica por parte do/a profesor/a.
- Explicación de conceptos, técnicas e métodos de traballo.
- Proxeccións audiovisuais sobre contidos e novas de interese.
- Conferencia/s e charla/s de especialistas sobre a materia.
- Práctica/s de campo. A docencia incluirá alomenos unha práctica de campo, a realizar nas datas indicadas no calendario
oficial, na que se aplicarán os contidos teóricos sobre o terreo. A asistencia á práctica de campo é obrigatoria, salvo
xustificación.
- Outras actividades que o profesor considere oportunas.
Sesións INTERACTIVAS: destinadas a prácticas presenciais de laboratorio ou informático.
As clases interactivas centraranse no traballo persoal dos estudantes baixo a tutela e dirección do profesorado para tratar aspectos da materia que non se poden contemplar nas clases teóricas e abordar a resolución de problemas e aspectos aplicados coa Xeografía Física.
Está planificada a realización de traballos teórico-prácticos (individuais e grupais) orientados á aplicación dos coñecementos adquiridos ao longo do curso. A temática dos traballos será establecida polo profesor/a a partir dun número de temas a escoller polo alumnado.
As sesións interactivas destinaranse a:
- Prácticas de laboratorio
- Presentacións orais por parte do estudantado.
- Debates e defensas de traballos en público.
- Actividades de avaliación grupal.
- Práctica/s de campo. A docencia incluirá alomenos unha práctica de campo, a realizar nas datas indicadas no calendario oficial, na que se aplicarán ós contidos teóricos sobre o terreo. A asistencia á Práctica de campo é obrigatoria, salvo xustificación.
- Outras actividades que o profesor considere oportunas.
Sesións de TITORÍAS, destinadas a:
- Prestar apoio na realización de tarefas.
- Presentar informes de avance dos traballos de grupo.
- Titoría en grupos reducidos.
- Resolver dúbidas persoais.
- Outras actividades que o profesor considere oportunas.
- Realizaranse de forma presencial no despacho do profesor e/ou mediante a plataforma MS Teams.
TRABALLO AUTÓNOMO do alumnado
Consistirá en: estudio, traballo de laboratorio, elaboración e redacción de traballos, preparación de presentacións ou outras actividades.
CAMPUS VIRTUAL
Utilizarase a Aula Virtual da USC a través da aplicación Moodle, como ferramenta de comunicación cos estudantes, ofrecéndolles información da programación docente e materiais complementarios para o estudo da materia.
A materia segue o modelo de avaliación contínua onde se fai un seguimento na entrega de prácticas, cuestionarios, problemas e informes nos que se recolla os coñecementos adquiridos nas actividades presenciais.
É imprescindible a presenza activa do alumnado en todo tipo de actividades que se propoñan. A falta de implicación - non asistir sen xustificación a un mínimo dun 80% das sesións programadas ou non presentar as actividades demandadas - poderá implicar a exclusión deste proceso avaliativo e deberá superar a materia mediante probas específicas de carácter individual que se determinarán no seu momento.
- Avaliación contínua: O proceso avaliativo contempla a suma de:
• Traballo/os individuais: Terán un peso dun 20% na cualificación final. O alumnado deberá abordar por escrito distintas reflexións en relación coa materia. Non seguirán un modelo tradicional de corte memorístico. Estarán encamiñados a demostrar a comprensión crítica e a resolución de problemas derivados da posta en práctica da materia. O alumno/a deberá facer entrega do 50 % das tarefas realizadas para poder ser avaliados os traballos individuais.
• Traballo en grupo: Terán un peso dun 15% na cualificación final. Está enfocado ao deseño de actividades relacionadas coa aplicación dos métodos e técnicas de estudo acordes co sentido da materia ou a construír os contidos da propia materia. Os grupos contarán coa guía do profesor/a. Deben levarse a cabo de forma totalmente cooperativa, quen non colabore co grupo será apartado e terá que acadar ese 15% nunha proba específica sobre os contidos da materia. Os estudantes deberán presentar, e expoñer na aula, o traballo grupal, que terá unha temática elixida a partir dunha lista de temas propostos polo/a docente da materia. Valorarase a calidade da memoria, a claridade na presentación dos resultados e a súa correcta interpretación.
• Proba Final: Terá un peso dun 50% na cualificación final. O alumnado realizará unha proba na data indicada no calendario oficial. O alumno/a deberá acadar unha puntuación mínima de 4,5 na proba para que se teña en conta nas cualificacións e na ponderación final. En caso contrario deberá recuperala na 2ª oportunidade.
• Control da asistencia a clase e a Práctica de Campo, así coma a entrega da memoria sobre o traballo de campo realizado (15%). O simple feito de asistir ás sesións programadas non será recoñecido como mérito. Terase en conta a participación activa e crítica do alumnado mediante as canles programadas.
- Na 2ª Oportunidade o alumnado que deba superar a avaliación manterá as mesmas condicións. Debendo superar as ponderacións naquelas tarefas que supuxeron o suspenso na primeira oportunidade. O alumnado que non se presente na primeira oportunidade e, polo tanto, sen porcentaxes doutros traballos, fará unha proba final cun valor dun 100%. No caso de ter que recorrer a novas convocatorias, continuará o mesmo sistema, pero será preciso tratar o tema previamente, e de forma individualizada, entre o alumnado afectado e o/a docente.
- Avaliación do alumnado que dispoña coa dispensa. No caso de que sexa concedida oficialmente a dispensa de asistencia ás aulas, o alumnado terá que facer un traballo específico, que será acordado co profesorado.
- Poderase engadir 0,5 puntos na cualificación final da materia ao alumnado que acredite a realización durante o semestre do curso básico de formación en competencias da información ofertado pola Biblioteca.
(https://www.usc.gal/gl/servizos/biblioteca/servizos/competencias.html)
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de Avaliación do Rendemento Académico dos Estudantes e de Revisión de Cualificacións.
A asignatura consta de 6 créditos ECTS repartidos equilibradamente entre teoría, práctica e actividade académicamente dirixida non presencial na aula. O alumnado deberá dedicar como traballo autónomo a parte alícuota do total de créditos do curso, e en función das súas necesidades persoais para un coñecemento axeitado da materia.
-. Considérase recomendable a comunicación directa co/coa docente e a realización das actividades que se programen, é dicir un traballo constante ao longo do semestre.
-. Indispensable a asistencia ás clases teórico-prácticas e a saída de campo.
-. Non é recomendable presentar traballos que non teñan sido orientados e supervisados polo docente.
-. Utilización de bibliografía recomendada.
Recoméndase encarecidamente cursar os Cursos de Competencias en Información ofertados pola Biblioteca Universitaria:
(https://www.usc.gal/gl/servizos/biblioteca/servizos/competencias.html)
-. Non existirá unha separación clara entre as clases expositivas e as interactivas. Intercalaranse explicacións teóricas por parte do profesor/a, cando sexa pertinente e tamén se buscará a participación continuada do alumnado.
-. As saídas de campo son de gran importancia nesta materia. Cando menos, farase unha que abrangue o día completo.
Marcos Carmelo Valcárcel Díaz
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Física
- Teléfono
- 881812676
- Correo electrónico
- marcos.valcarcel [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Juan Lopez Bedoya
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Física
- Teléfono
- 881812630
- Categoría
- Posdoutoral USC
Manuela Costa Casais
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Física
- Correo electrónico
- manuela.costa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Angel Rodes Bolumburu
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Física
- Teléfono
- 881812491
- Correo electrónico
- angel.rodes [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a Distinguido/a
Mércores | |||
---|---|---|---|
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 07 |
Venres | |||
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 07 |
13.01.2025 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
20.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |