Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 12 Clase Expositiva: 20 Clase Interactiva: 43 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Sur
Áreas: Centro Superior de Hostalería
Convocatoria: Anual
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O propósito é proporcionar ó alumnado o coñecemento e aplicación das ferramentas matemáticas básicas para dominar o cálculo, comprensión e análise da información financeira nunha empresa hostaleira con obxecto de identificar problemas relacionados co área económico - financeira e ser capaz de deseñar alternativas de solución óptimas.
Primeiro bloque (Temas 1 e 2):
• Calcular e manexar parámetros con tantos porcentuais.
• Calcular e relacionar medidas de capacidade, peso, volume e superficie.
Segundo bloque (Tema 3):
• Identificar e describir as distintas operacións financeiras
• Calcular e relacionar os distintos tipos de xuro equivalente
• Manexar e relacionar os procesos de capitalización e desconto
• Resolver casos prácticos utilizando coñecementos e ferramentas presentadas e interpretar solucións.
• Relacionar os coñecementos e habilidades aprendidas cas áreas de estudo de outras materias.
• Asimilar os conceptos para poder resolver de forma sistemática calquera novo problema que se poda propor durante o aprendizaxe ou en situacións reais.
Terceiro bloque (Tema 4):
• Diferenciar os distintos tipos de rendas constantes e calcular a súa valoración financeira.
Carto Bloque (Tema 5):
• Explicar a operación financeira de préstamo e diferencia-lo seu sistema de amortización.
• Confeccionar o cadro de amortización de préstamos polo sistema francés.
• Calcular os importes das distintas variables que interveñen na operación financeira de préstamo.
1. Conceptos básicos: Tantos porcentuais e unidades de medida.
2. Introdución as operacións financeiras. Tipos de xuro.
3. A operación financeira de capitalización.
4. A operación financeira de desconto.
5. Rendas.
6. Préstamos.
Os contidos da materia están recollidos nos manuais de teoría e práctica, elaborados polos profesores da materia, que todo o alumnado terá a súa disposición desde o primeiro día de clase no campus virtual do CSHG. Resulta esencial que accedan habitualmente, pois é nesta plataforma onde se comparten materiais didácticos e a organización da materia.
• De la Fuente Sánchez, Damián (2020) Ejercicios de Matemáticas de las Operaciones Financieras. Editorial Universitaria Ramón Areces
• Soriano Martínez, Bárbara (2019) Finanzas para no financieros. Editorial FC. Madrid
• Olga Del Orden Olasagasti (2016) Ejercicios Resueltos De Matemática Financiera. Editorial Delta Publicaciones
• Gil Peláez, Lorenzo (1989) Matemáticas de las operaciones financieras. Editorial AC. Madrid
• Gil Peláez, Lorenzo (1991) Matemáticas de las operaciones financieras, problemas resueltos. Editorial AC. Madrid
o Básicas e Xerais
B1. Que os estudantes haxan demostrado posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e se soe encontrar nun nivel que, si ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo (a Xestión e dirección de empresas hostaleiras).
B2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos o seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo (ámbito das empresas hostaleiras).
B3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes, de índole social, científica ou ética (normalmente no seu campo de estudo).
B4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, metodoloxías, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado, tanto mediante comunicación oral como escrita no seu ámbito de estudo.
B5. Que os estudantes haxan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía en todo tipo de contextos.
G1. Formar profesionais que sexan capaces de desempeñar tarefas de xestión e dirección nas organizacións empresariais hostaleiras, desenvolvendo habilidades de liderado, cunha clara orientación de servizo ao cliente, alta capacidade de adaptación permanente e innovación e orientación a resultados nas diferentes áreas do sector, favorecendo o desenrolo sostible e respectando a diversidade e multiculturalidade: Organizar e analizar a información, identificar oportunidades, definir obxectivos e estratexias, planificar, deseñar e asignar recursos, dirixir e motivar persoas, resolver problemas e tomar decisións, alcanzar obxectivos e avaliar resultados.
o Transversais
T1- Capacidade de xestión da información, análise e síntese
T5- Resolución de problemas e toma de decisións
T6- Traballo en equipo
T10- Razoamento crítico, compromiso ético e social
T11- Aprendizaxe autónomo permanente e adaptación a novas situacións
AV1- Vocación de servicio e espírito de colaboración
AV2- Orde, hixiene, disciplina, puntualidade e imaxe persoal, de maneira proactiva
AV3- Respecto, tolerancia e responsabilidade persoal e profesional
o Específicas
E5- Analizar, sintetizar e resumir a información económico patrimonial das organizacións hostaleiras.
E6- Xestionar os recursos financeiros nas empresas do sector hostaleiro.
As competencias de coñecemento polos alumnos obteranse fundamentalmente a través de sesións expositivas, tanto teóricas como de resolución de exercicios e exemplos. Estas sesións utilizaranse para introducir os principios básicos de cálculo e matemática financeira.
As actividades de traballo persoal do alumnado inclúen, ademais do tempo dedicado o estudo, a resolución de forma autónoma ou en grupo dos exercicios prácticos que figuran no manual entregado seguindo as recomendacións e pautas previas marcadas polo/a profesor/a. Nalgúns casos estes exercicios poden ser complementarios ós que figuran no manual da materia. Estas actividades pretenden potenciar as habilidades para analizar e presentar de maneira oral e/ou escrita situacións financeiras ante as que se pode encontrar unha empresa no ámbito hostaleiro.
Mediante sesións presenciais no despacho do profesor, poderase realizar de forma voluntaria a revisión de calquera das probas que compoñen a avaliación da materia. O profesor e os alumnos utilizarán ademais o correo electrónico como medio de comunicación para a formulación e resolución de dubidas e calquera outra comunicación que se estime necesaria.
Adicionalmente, debido ó carácter transversal da materia na formación do alumno dentro da titulación, os coñecementos adquiridos nesta materia serán de aplicación como ferramentas de xestión que se impartirán o largo da titulación.
En cada unha das oportunidades para superar a materia, o sistema de avaliación terá en conta todas as actividades realizadas polo alumnado, indicadas a continuación. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda oportunidade, sendo esta última a cualificación que figure no expediente académico no caso de que a cualificación alcanzada fose superior.
o Primeira oportunidade ordinaria:
O principal obxectivo que se persigue ca avaliación é dar a oportunidade o alumno de demostrar que adquiriu os coñecementos e as habilidades necesarias para desenvolver as competencias programadas para a materia.
Para elo se terán en conta:
- A cualificación de catro exames parciais que se realizarán durante o curso, con preguntas teóricas de conceptos financeiros e resolución práctica de problemas.
- As resolucións de tarefas propostas polo estudante nas clases interactivas.
- A actitude demostrada o largo de todo o curso en relación co seu esforzo, asistencia e participación nas clases presenciais, incluíndo a educación e respecto demostrados co grupo de clase (alumnado e profesorado).
A materia será avaliada o largo do curso a través dun proceso de avaliación continua, que permitirá superala sen ter que presentarse obrigatoriamente a un exame final. Para elo débense cumprir dúas condicións: conseguir unha nota mínima de 5 en cada unha das catro notas parciais, relativas a cada un dos catro bloques da materia e, ademais, posuír como mínimo unha cualificación media ponderada de 6.
Aqueles alumnos/as que non superen a materia durante a avaliación continua, terán que presentarse o exame final. Neste caso, a cualificación obtida en dito exame suporá o 40 % da nota final e a nota da avaliación continua o restante 60%.
En concreto, os aspectos cubertos, os criterios a seguir, os instrumentos de medición e o peso específico de cada aspecto avaliado na avaliación continua son:
- 4 exames parciais para avaliar o dominio dos conceptos teóricos e aplicación práctica dos mesmos. A súa cualificación suporá como mínimo o 85 % de cada unha das 4 notas parciais.
- Presentación escrita da resolución de tarefas por parte do alumno de forma autónoma e as probas que se poidan realizar con ou sen previo aviso, suporán como máximo un 15% da nota de cada parcial.
- A asistencia a as sesións presenciais e a actitude proactiva, participación e esforzo continuado no aprendizaxe da materia, se valorarán positivamente para redondear ata en 0,5 puntos a nota media da avaliación continua.
No CSHG a asistencia a clase é obrigatoria e parte importante da formación do alumno/a, polo que as ausencias repetidas as actividades presenciais se considerarán unha falta de rendemento e polo tanto afectarán a cualificación da materia, do seguinte modo:
• Cómputo total de horas presenciais (75 horas): 30% de ausencias e penalización de -1 punto (23 horas); 60% de ausencias e penalización de -2 puntos (45 horas).
• Si o alumno/a alcanza un 80% de ausencias sobre o total das horas presenciais, a materia considerarase suspensa cunha cualificación de 0.
o Segunda oportunidade extraordinaria e posteriores convocatorias
Os alumnos que non haxan superado a materia na primeira oportunidade terán unha segunda oportunidade extraordinaria para conseguilo. Para elo, deberán repasar toda a materia e realizar un exame dos mesmos contidos teóricos e prácticos que se avaliaron no exame final da primeira oportunidade.
A nota conseguida neste exame, en ningún caso fará media ca cualificación da avaliación continua obtida durante o desenrolo do curso e, polo tanto, a súa nota constituirá, por si soa, a nota final da materia nesta segunda oportunidade extraordinaria.
Estas condicións serán tamén as aplicables para os alumnos que, non habendo superado a materia nesta segunda convocatoria teñan que intentar superala no resto das convocatorias. En calquera caso, para superar a materia na segunda e posteriores oportunidades, a nota mínima a alcanzar no exame único a realizar en cada unha de elas será 5.
As actividades formativas e a súa dedicación en horas serán as seguintes:
• Clases maxistrais expositivas (20 horas), clases maxistrais interactivas (43 horas), exames e titorías (12 horas) e traballo autónomo dos estudantes (105 horas).
Os alumnos/as que se dispoñan a estudar esta materia deben manexar perfectamente, a nivel de cálculo e expresión escrita, os coñecementos relacionados cas operacións matemáticas básicas.
Considerase ademais que, a asistencia a as sesións de clase e a participación nas mesmas facilitan o estudo e a comprensión da materia, pois os exemplos e explicacións expostos en clase, axudaran a entender súa aplicación na resolución das tarefas posteriormente formuladas.
Raimundo Viejo Rubio
Coordinador/a- Departamento
- Campus Sur
- Área
- Centro Superior de Hostalería
- Correo electrónico
- raimundo.viejo.rubio [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable