Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 40 Clase Interactiva: 28 Total: 70
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Sur
Áreas: Centro Superior de Hostalería
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Coñecer a definición actual de Marketing, as súas orixes e evolución histórica, así como as súas principais funcións
• Analizar os principais factores que caracterizan un destino turístico, identificar distintos tipos de destinos e os recursos turísticos que os caracterizan
• Elaboración do Plan de Marketing: comprender a importancia, as características e a estrutura do Plan de Marketing
• Definir o concepto de Mercado e identificar as súas concorrentes, así como desenvolver técnicas para cuantificar o mercado potencial
• Analizar a competencia; identificar os competidores, as súas estratexias, e os puntos fortes e débiles da competencia dun establecemento hostaleiro
• Segmentar o Mercado, seleccionar criterios significativos e procedementos válidos
• Valorar os distintos segmentos e as estratexias aplicables. En particular, espertar interese polo coñecemento dos gustos e necesidades de clientes procedentes doutras culturas e costumes, co fin de poder prestarlles o mellor servizo posible atendendo a todas as particularidades desta demanda específica
• Desenvolver a capacidade de procura de información utilizando fontes primarias e secundarias, utilizando técnicas para analizar un destino turístico tanto na súa vertente de oferta como de demanda
1. O Marketing de servizos
2. A satisfacción do cliente
3. O Plan de Marketing no sector turístico
4. Marketing de destinos.
5. Análise da competencia nas empresas hostaleiras
6. A distribución de produtos hostaleiros e gastronómicos
7. Presentacións eficaces
o Bibliografía básica
Os contidos están recollidos no MANUAL do curso, que está dispoñible no campus virtual do CSHG. Outros materiais didácticos e documentos dispoñibles no campus virtual son necesarios para o correcto desenvolvemento do curso e asimilación da materia. Por iso, é necesario acceder habitualmente o campus virtual, en ocasións dende a aula de clase.
o Bibliografía recomendada:
• Cooper, Chris; Fletcher, John; Fyall, Alan; Gilbert, David; Wanhill, Stephen. El turismo. Teoría y práctica. Ed. Sintesis 2007.
• Francesc Valls, Joseph. Las Claves del Mercado Turístico. Deusto. Bilbao 1996.
• Iglesias Tovar, J. Ramón; Talón, Pilar; García-Viana, Ricardo. Comercialización de productos y servicios turísticos. Editorial Síntesis 2007.
• Kotler, Philip: Dirección de Marketing. Prentice Hall. 7ª edición. Madrid 1992.
• Kotler, Philip, Kartajaya, H., Setiawan, I. Marketing 4.0. LID. Madrid 3ª edición 2020.
• Rivas García, Jesús. Estructura y economía del mercado turístico. Septem universitas. Oviedo 2008.
• Serra, Antoni. Marketing Turístico. Ed. Pirámide ESIC. Madrid 2002.
• Vogeler, Carlos y Hernández, Enrique. El Mercado Turístico, estructura, operaciones y procesos de producción. Ed. Centro de Estudios Ramón Areces, S.A. Madrid 2000.
o Bibliografía complementaria
• Alcázar Martínez, Benjamín. Los canales de distribución en el sector turístico. Ed. Esic. Madrid 2002.
• Casanueva, Cristóbal; García, Julio y Caro, Francisco J. Organización y gestión de empresas turísticas. Editorial Pirámide. 2006.
• Evans, Nigel; Campbell, David; Stonehouse, George. Gestión estratégica del turismo. Ed. Síntesis. Madrid 2008.
• Greene, M. Marketing de hoteles y restaurantes, enfoque sistemático para el aumento de las ventas. Deusto Bilbao 1998.
• Kotler, Phlilip. “Marketing Management”. Ed. Prentice Hall
• Kotler, Phillip; Bowen, John; Makens, James. Marketing for Hospitality & Tourism. Prentice Hall. Upper Saddle River USA 1996.
• Mesplier, Alain; Bloc-Duraffour. Geografía del turismo en el mundo. Ed. Síntesis. Madrid 2000.
• Muñoz Oñate, F. Marketing Turístico. Ed. Areces, 1994.
• Rodríguez Antón, José Miguel; Alonso Almeida, Mª del Mar: Organización y dirección de empresas hoteleras, Ed. Síntesis, 2008.
• Santesmases Mestre, Miguel. Marketing, conceptos y estrategias. Pirámide. 2ª edición. Madrid. 1992.
• Soler, Pere y Perdiguer, Agustín. Prácticas de investigación de mercados. Deusto. Bilbao 1992.
• Valls, Josep F.: Las Claves del Mercado Turístico. Deusto. Bilbao, 1996
• Vogeler Ruiz, Carlos; Hernández Armand, Enrique: El Mercado Turístico. Estructura, Operaciones y Procesos de Producción. E Editorial Centro de Estudios Ramón Areces, 2000.
o Básicas e Xerais
B1. Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo (a xestión e dirección de empresas hostaleiras).
B2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo (ámbito das empresas hostaleiras).
B3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes, de índole social, científica ou ética (normalmente no seu campo de estudo).
B4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, metodoloxías, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado, tanto mediante comunicación oral como escrita no seu ámbito de estudo.
B5. Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía en todo tipo de contextos.
G1. Formar profesionais que sexan capaces de desempeñar tarefas de xestión e dirección nas organizacións empresariais hostaleiras, desenvolvendo habilidades de liderado, cunha clara orientación de servizo ao cliente, alta capacidade de adaptación permanente e innovación e orientación a resultados nas diferentes áreas do sector, favorecendo o desenvolvemento sustentable e respectando a diversidade e multiculturalidad: Organizar e analizar a información, identificar oportunidades, definir obxectivos e estratexias, planificar, deseñar e asignar recursos, dirixir e motivar persoas, resolver problemas e tomar decisións, alcanzar obxectivos e avaliar resultados.
o Transversais
T1- Capacidade de xestión da información, análise e síntese
T3- Comunicación oral e escrita no ámbito empresarial
T6- Traballo en equipo
T10- Razoamento crítico, compromiso ético e social
T14- Motivación pola mellora continua da calidade e a sustentabilidade ambiental
AV/AV3- Respecto, tolerancia e responsabilidade persoal e profesional
o Específicas
E1- Comprender os principios do Turismo e analizar a súa dimensión económica, así como o seu carácter dinámico e evolutivo.
E2- Recoñecer as principais estruturas político-administrativas turísticas e os principais axentes turísticos, nos que se enmarca a actividade hostaleira.
E3- Converter un problema empírico nun obxecto de investigación.
E4- Ter unha marcada orientación de servizo ao cliente.
E16- Comprender o funcionamento dos destinos, estruturas turísticas e os seus sectores empresariais no ámbito mundial.
E19- Comprender a importancia da sustentabilidade, tanto a nivel económico, social e ambiental, contribuíndo ao desenvolvemento sustentable no ámbito gastronómico e hostaleiro.
A metodoloxía de ensino a seguir durante o desenvolvemento da materia será principalmente clase expositiva, na que se explicará a parte teórica polo profesor/a. Os alumnos/as deberán desenvolver unha parte de estudo teórico de forma autónoma. Realizaranse clases prácticas tuteladas nas que se resolverán exercicios/casos tanto individuais como en grupo. É parte importante da aprendizaxe a realización de traballos prácticos, algúns se entregarán por escrito pero outros se defenderán oralmente na clase. Realizaranse sesións de debate para reflexionar sobre distintos temas do programa e analizaranse comentarios de textos, de vídeos ou de noticias de actualidade. Nas titorías resolveranse dúbidas ou cuestións sobre a parte teórica da materia ou sobre os traballos en curso.
O método utilizado será unha introdución teórica ao principio de cada tema, cunha exposición da teoría por parte do profesor/a, pero fomentando a participación activa do alumno na clase. En cada tema realizaranse actividades deseñadas para estimular a participación do alumno, como dinámicas de grupos ou debates moderados en sesión plenaria. Tamén se realizarán grupos de discusión ou comentarios de texto en común sobre temas de actualidade.
O profesor/a asumirá un papel de orientador/a e asesor/a axudando ao estudante no seu obxectivo de aprendizaxe, mostrando unha actitude flexible e un clima de apertura e tolerancia. Para estimular a participación, preocuparase de facer tódolo posible para crear un ambiente adecuado na aula.
En cada un dos temas realizaranse actividades prácticas sobre o temario visto, que se avaliarán de forma continua e formarán parte da nota final da materia.
O sistema de avaliación terá en conta tódalas actividades realizadas polo alumnado que se indiquen a continuación, en cada unha das oportunidades para superar a materia. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda oportunidade, que será a que figure no expediente académico no caso de que a cualificación alcanzada fose superior.
A materia será avaliada mediante un sistema de avaliación continua, no que se terá en conta o traballo realizado ao longo do curso. A nota calcularase en base a varias probas teóricas e prácticas.
o Primeira oportunidade ordinaria:
A parte teórica avaliarase con dous exames tipo test e de preguntas curtas. O peso dos exames teóricos no cálculo da nota global é un 60%.
A parte práctica da materia avaliarase con dúas actividades, unha individual e outra en grupo. Nas actividades practicas avaliables, a actividade individual sumará un 20% da nota final e a actividade en grupo con presentación e defensa oral un 20% da nota final. O peso dos exercicios avaliables no cálculo da nota global é un 40%.
No caso de que a nota promediada da avaliación continua (teoría e práctica) non sexa igual ou superior a 5 será necesario presentarse ao exame final. Tamén será necesario presentarse ao exame final nalgunha das seguintes circunstancias:
•Non se presentou a tódolos exames ou en cada un deles de forma individual non se alcanzou unha nota superior a 3.
•Ademais, a media dos exames ten que ser maior ou igual a 4, e tamén a media dos traballos ten que ser maior ou igual a 4.
No caso de que por algunha das circunstancias descritas non se superou a materia coa avaliación continua, será necesario realizar unha avaliación final. Esta avaliación final será un exame no que se examinará da totalidade da materia do curso. Este exame final terá un valor do 30% e a avaliación continua un valor do 70% para o cálculo da cualificación final da materia.
Cualificación final: Para superar a materia o resultado da ponderación entre avaliación continua e exame final será como mínimo de 5.
No CSHG a asistencia a clase é obrigatoria, e parte importante da formación do alumno/a, polo que as ausencias repetidas ás actividades presenciais consideraranse unha falta de rendemento e por tanto afectarán á cualificación da materia, do seguinte modo:
•Cómputo total de horas presenciais (70 horas): 30% de ausencias e penalización de -1 punto (21 horas); 60% de ausencias e penalización de -2 puntos (42 horas).
•Se o alumno/a alcanza un 80% de ausencias sobre o total das horas presenciais, a materia considerarase suspensa cunha cualificación de 0.
oSegunda oportunidade extraordinaria:
En segunda oportunidade a avaliación da materia consistirá nun exame teórico-práctico da totalidade dos contidos do curso.
oSegunda e posteriores convocatorias: sistema de avaliación para alumnado repetidor
Na segunda e seguintes convocatorias a avaliación da materia consistirá nun exame teórico-práctico da totalidade dos contidos do curso.
As actividades formativas e a súa dedicación en horas serán as seguintes:
• Clases expositivas (40 horas), clases interactivas (28 horas), titorías (2 horas) e traballo autónomo do estudante (110 horas).
Para un mellor aproveitamento desta materia recoméndase seguir a actualidade do sector turístico e gastronómico, lendo revistas sectoriais, de asociacións empresariais ou seguindo empresas líderes, que axuden á mellor comprensión dos conceptos estudados e do sector en xeral.
Cristina López Quintela
Coordinador/a- Departamento
- Campus Sur
- Área
- Centro Superior de Hostalería
- Correo electrónico
- cristinalopez.quintela [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable