Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Coñecementos sobre as diversas áreas de especialización da información xornalística, analizando as súas características, antecedentes históricos, funcións, disfuncións, fontes e perfís profesionais, desde a análise máis teórica á práctica profesional.
Reflexionar sobre a función social dos medios na sociedade da información, afrontando o fenómeno da comunicación de masas en relación co mundo dos coñecementos especializados.
Revalorizar os factores que substantivan a ideoloxía e a cultura do xornalismo, contribuíndo desde a especialización de contidos á democratización informativa.
Revalidar as áreas de especialización na súa instrumentación operativa -tanto organizativa como construtiva-, redimensionándoas nesa outra dimensión democratizadora, pois que ao tempo que permiten contextualizar de maneira óptima a actualidade, facilitan niveis cualificados de mediación.
Coñecer, comprender e poñer en práctica procesos de produción informativa e de análise que validen a estratexia operativa da que se serve o xornalismo para a especialización de contidos, tendo en conta agora as características de cada ámbito temático, co que non só optimiza a súa capacidade prospectiva senón tamén a súa capacidade para a produción de coñecemento.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
Coñecementos sobre as diversas áreas de especialización da información xornalística, analizando as súas características, antecedentes históricos, funcións, disfuncións, fontes e perfís profesionais, desde a análise máis teórica á práctica profesional.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. Ámbito de información política. Xornalismo político
1.1. A política: a súa complexidade e dinámica na práctica social
1.2. Política, medios e información. Funcións da información política en democracia
1.3. Raíz e evolución histórica do xornalismo político
1.4. A produción de actualidade política. Relación entre a política, os políticos e os xornalistas. Perfil profesional: competencias, actitudes e habilidades
1.5. O discurso e as fontes do xornalismo político. O comentario político
TEMA 2. Escenarios políticos (I): información europea, estatal e autonómica
2.1. Política e ámbitos institucionais interdependentes de estrutura territorial. A comunicación política como argamasa
2.2. O Parlamento e a información nun sistema democrático. O cronista parlamentario
2.3. A información nas campañas electorais. Coberturas e conflitos político/mediáticos
2.4. A política das institucións da UE e a información. Ámbitos, fontes e figuras profesionais
2.5. Política de Estado, política autonómica e información
2.6. O xornalismo político en Galicia: evolución histórica, ámbitos, fontes e figuras profesionais
2.7. Política local e información. Cobertura profesional
TEMA 3. Escenarios políticos (II): información internacional
3.1. Información sobre política internacional: estrutura e desequilibrios. O rol das axencias de noticias
3.2. Evolución histórica do xornalismo internacional. Cambios producidos por factores tecnolóxicos, mediáticos e xeopolíticos
3.3. Conflitos internacionais: o poder das fontes e o poder dos medios
3.4. Fontes institucionais e fontes propias. Gabinetes de prensa e partidos políticos
3.5. As figuras profesionais do correspondente, do enviado especial e do analista
TEMA 4. Ámbito de información económica. Xornalismo económico
4.1. A expansión da información económica. A nova economía e os fluxos económicos nun mundo globalizado. Medios, xornalismo e crise económica
4.2. A economía, unha macroárea: proposta vertebradora. Subáreas emerxentes: información financeira, a Bolsa, o consumo e o turismo
4.3. A produción de información económica: funcións e disfuncións
4.4. Fontes económicas, atendendo aos diversos ámbitos de aplicación
4.5. Xornalistas e receptores de información económica: principios e regras prácticas
4.6. Galicia: información agraria e marítima. Fontes e xéneros
TEMA 5. Ámbito de información social (I). Xornalismo de sociedade
5.1. Xornalismo e sociedade. A división do espazo social: ámbitos públicos e privados. Dereitos e liberdades
5.2. Macroárea de sociedade: eixes temáticos vertebradores e de contextualización
5.3. Información e calidade de vida (xornalismo especializado de proximidade)
5.4. Áreas e ámbitos especializados: Educación. Obxectivos, escenarios e fontes
5.5. Áreas e ámbitos especializados: Saúde, Sanidade e Medicina. Obxectivos, escenarios e fontes
5.6. Áreas e ámbitos especializados: Comunicación, relixión e vida social
TEMA 6. Ámbito de información social (II). Xornalismo xudicial
6.1. A especialización da información xudicial: razóns internas e externas. Evolución
6.2. Campos, ámbitos e escenarios. As grandes áreas: Sucesos e Tribunais. Transversalidade nos medios
6.3. A violencia, a visibilidade da dor, os medios e os xornalistas
6.4. Os sucesos: criterios de noticiabilidade, fontes e tipoloxía. A información sobre catástrofes, sucesos económicos e sucesos terroristas
6.5. A xustiza e os medios de comunicación. Ámbitos, suxeitos e normas (lexislativas e/ou protocolarias)
6.6. Campo xornalístico versus campo xurídico. As fontes e os xornalistas. A relación entre xuíces e xornalistas. O segredo de sumario e os chamados xuízos paralelos
6.7. Do suceso á sentenza dos tribunais: procesos e procedementos profesionais
TEMA 7. Ámbito de información social (III). Xornalismo social
7.1. Xornalismo e dereitos humanos. Medios de comunicación e organizacións sociais. O Terceiro Sector
7.2. Xornalismo social: definición, temario, obxectivos e funcións. Pautas e actitudes profesionais
7.3. Tratamento xornalístico da información relacionada con minorías sociais (infancia e xuventude, persoas maiores, pobreza...)
7.4. Tratamento xornalístico da información relacionada con minorías étnicas e grupos de risco
7.5. Cooperación, voluntariado, desenvolvemento sostible e cambio social
7.6. Muller, xénero e sexismo: informar desde a perspectiva de xénero. A violencia contra as mulleres e a información. Prostitución e xornalismo
TEMA 8.- Ámbito de información científica. Xornalismo científico
8.1. Comunicar a ciencia: xornalismo científico versus divulgación científica
8.2. Xornalismo científico: orixe e evolución, características, obxectivos, funcións e disfuncións
8.3. Contidos da información científico/técnica. Filtros e control de axenda
8.4. Contidos, fontes e funcións da información sobre os ámbitos científicos da saúde e a innovación tecnolóxica
8.5. Unha especialización en auxe: o xornalismo ambiental
8.6. Calidades do xornalista especializado en ciencia e tecnoloxía. Relación entre xornalistas e científicos. Maneiras de informar
8.7. Fontes, xéneros e relatos. Linguaxe científica e linguaxe xornalística
TEMA 9.- Ámbito de información cultural. Xornalismo cultural
9.1. O concepto de cultura na sociedade contemporánea: determinacións histórico/sociais. Contribucións teóricas
9.2. Reconfiguración do espazo público e consumismo cultural. Da cultura ao espectáculo: cultura do coñecemento versus cultura do entretemento
9.3. Comunicación, cultura e xornalismo. O xornalismo cultural nun mundo en crise: definición. Orixes e evolución. Públicos receptores
9.4. A produción de actualidade cultural: ámbitos temáticos e criterios de selección, fontes, xéneros e linguaxe nos diferentes soportes (prensa, radio, TV) e formatos mediáticos. A crítica cultural
9.5. Premisas teóricas, éticas e profesionais do xornalista cultural (especialización). O desafío de Internet: xornalistas ou xestores/activistas?
9.6. A cultura do xornalismo cultural
9.7. Territorios culturais e lingüísticos no Estado. Culturas nacionais e a forza da mundialización. O caso de Galicia
TEMA 10.- Ámbito de información deportiva. Xornalismo deportivo
10.1. Comunicación, deporte e sociedade. O deporte como educación e como espectáculo para o ocio
10.2. Consumir deporte a través dos medios. A información de grandes eventos e de deportes minoritarios
10.3. Xornalismo deportivo: definición e evolución. A especialización nun tempo de grandes cambios sociais, tecnolóxicos e deportivos. Un escenario dixital cambiante
10.4. Ámbitos temáticos, fontes e xéneros do xornalismo deportivo. Fronteiras entre a información e a opinión. Estrutura da crónica deportiva
10.5. O xornalista deportivo: premisas teóricas, éticas e profesionais
10.6. As retransmisións deportivas. Narradores deportivos radiofónicos e televisivos
10.7. A linguaxe da información deportiva: características e usos actuais
10.8. Novas tendencias e novos formatos informativos do xornalismo deportivo
CONTIDOS PRÁCTICOS
No relativo aos exercicios prácticos, están previstos exercicios en parella e/ou individuais. Así como unha reportaxe individual a realizar durante todo o cuadrimestre con entregas periódicas para o seu seguimento.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Blanco Castilla, E. & Esteve Ramírez, F. (Eds.). (2010). Tendencias del Periodismo Especializado. Málaga: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Málaga.
De Ramón, M. (Coord.) (2003). Diez lecciones de Periodismo Especializado. Madrid: Fragua.
El-Mir Amado, J. & Valbuena De La Fuente, F. (1995). Manual de Periodismo. Las Palmas: Universidad de Las Palmas y Prensa Ibérica.
Esteve Ramírez, F. & Fernández Del Moral, J. (1999). Áreas de especialización periodística. Madrid: Editorial Fragua.
Esteve Ramírez, F. & Moncholi, M.A. (Coord.) (2007). Teoría y técnicas del Periodismo Especializado. Madrid: Editorial Fragua.
Fernández Del Moral, J. (Coord.) (2004). Periodismo Especializado. Barcelona: Ariel.
Llano, R. (2008). La especialización periodística. Madrid: Tecnos.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
A bibliografía básica complementarase con outros textos –libros e artigos– relacionados con cada un dos ámbitos de información temática que compoñen o programa da materia, de acordo tanto coa cadencia explicativa das leccións teóricas como coa actualidade.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS (CB e CX)
CB2 - Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que o alumnado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que o alumnado saiba transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que o alumnado teña aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CX1 – Competencia contextual básica de orde transdisciplinar.
CX2- Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación.
CX3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS (CT)
CT1 - Capacidade de organización e planificación.
CT2 - Capacidade de xestión da información.
CT3 - Traballo en equipo.
CT4 - Aprendizaxe autónoma.
CT5 – Creatividade.
CT6 - Iniciativa e espírito emprendedor.
CT7 - Coñecementos básicos da profesión.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS (CE)
CE13 -Coñecer as técnicas de redacción da información especializada.
CE14 - Capacitar para a produción de información especializada.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
O alumnado terá as seguintes actividades formativas programadas:
• Clases expositivas: 24 horas
• Clases interactivas: 24 horas
• Titorías de traballos de curso: 3 horas
• Traballo autónomo do alumnado (lecturas, estudio, preparación de actividades e prácticas): 99 horas
Por tratarse dunha materia que ten unha relación moi directa co modelo de sociedade actual, é preciso que o alumnado se esforce en afianzar e asentar a súa vocación intelectual- e conseguintemente, a súa vocación social e profesional- tomando contacto coas ideas coas que os diversos autores contemporáneos interpretan o mundo no tempo da globalización, da información e do coñecemento.
A lectura de obras especializadas en comunicación social, e máis especificamente no estudo dos modelos de xornalismo que máis e mellor responden ás esixencias e necesidades dos novos públicos, dos novos e emerxentes colectivos sociais, faise imprescindible para a comprensión do papel que lles toca xogar a medios e xornalistas nun tempo de extremosa complexidade.
Todo elo, por ser imprescindible para cualificar –especializar- os niveles de mediación aos que se deben medios e xornalistas.
Un excelente dominio da lingua escrita e a creatividade e capacidade de innovación á hora de formular e desenvolver os traballos previstos serán aspectos que se terán moi en conta, así como a participación activa e maila demostración de capacidade de relación de contidos, contextualización, documentación e análise crítica.
Sara Perez Seijo
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816534
- Correo electrónico
- s.perez.seijo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
13.01.2025 16:00-20:00 | Grupo de exame | Aula 4 |
13.01.2025 16:00-20:00 | Grupo de exame | Aula 5 |
10.06.2025 16:00-20:00 | Grupo de exame | Aula 3 |