Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Os obxectivos da materia son:
A sociedade da información e as redes telemáticas. Concepto, desenvolvemento e perspectivas dun novo medio de comunicación. Novas formas de entender a información
O obxectivo prioritario da materia é, polo tranto, que o alumno adquira coñecementos arredor da orixe e desenvolvemento dos cibermedios e que entenda o papel da interactividade nas narrativas hipertextuais e multimedia.
O alumno analizará as características dos cibermedios. Teoría e Análise dos Cibermedios debe capacitar ao alumno para entender os fundamentos dos cibermedios e do ciberxornalismo, e debe introducilo na elaboración de contidos hipertextuais, multimedia e interactivos. O noso obxectivo, polo tanto, inclúe:
a)Entender as características dos cibermedios e do ciberxornalismo.
b)Analizar modelos e formatos de cibermedios.
c)Elaborar pequenas pezas informativas con linguaxe hipertextual, multimedia e interactivo.
d)Explorar as posibilidades das novas modalidades expresivas na construción de mensaxes xornalísticas.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
2.1.-Contidos teóricos
Os contidos teóricos centrais xirarán arredor dos conceptos básicos sobre o ciberxornalismo e os cibermedios. Entender as características que deben reunir as pezas xornalísticas para os cibermedios.
2.2.-Contidos prácticos
Os contidos prácticos centrais xirarán arredor da elaboración de pezas informativas para os cibermedios. O alumno elaborará pezas informativas para tódolos soportes, para o que deberá contar con materiais funxibles e produtos de apoio para elaborar pezas multimedia, de realidade virtual e de xestión é procesado de datos. Traballará con software para produtos multimedia e con hardware existente nas aulas de informática para producir textos, sons, imaxes e vídeos. Pode precisar apoio para algunha peza de plató. A peza final editarase e difundirase. Estes contidos prácticos están relacionados cos contidos teóricos. Tamén haberá prácticas de campo (visita a redaccións para meios online de Galicia) no caso de que haxa axudas económicas para a súa realización.
2.3.-Temas do programa
Tema 1: A sociedade da información e o ciberxornalismo.
-Elementos definitorios
-Panorama e perspectivas.
Tema 2: Os modelos de cibermedios
-Medios matriciais
-Medios nativos dixitais
Tema 3: Os fundamentos teóricos do novo medio
-A influenza da herdanza recibida
-As novas dimensións
Tema 4: Propostas innovadoras nos cibermedios e no ciberxornalismo
-Os laboratorios de innovación
-Experiencias de éxito
Tema 5: Debates actuais sobre os cibermedios e o ciberxornalismo
-A influenza da automatización
-A personalización
-A implicación social
3.1.-Bibliografía básica
CABRERA, Mª. A. -Coord.- (2013): Evolución de los cibermedios. De la convergencia digital a la distribución multiplataforma. Madrid: Fragua.
CASTELLS, M. (2001): La galaxia Internet. Barcelona: Plaza&Janes.
DÍAZ NOCI, J./SALAVERRRÍA, R. –Coords.- (2003): Manual de Redacción Ciberperiodística. Barcelona: Ariel.
ELDRIDGE II, S.A.; HESS, K.; TANDOC JR., E.; WESTLUND, O. (2021): Definitions of Digital Journalism (Studies). London and New York: Routledge.
MANOVICH, L (2013): El software toma el mando. Barcelona: UOCpress.
ROITBERG, G; PICCATO, F. -Comps.- (2015): Periodismo disruptivo. Buenos Aires: La Crujía Ediciones.
SALAVERRÍA, R. -Coordinador- (2016): Ciberperiodismo en Iberoamérica. Madrid/Barcelona: Fundación Telefónica/Ariel.
TOURAL, C./LÓPEZ, X. (2019): Ecosistema de Cibermedios en España. Tipologías, iniciativas, tendencias narrativas y desafíos. Salamana: Comunicación Social Ediciones y Publicaciones.
WITSCHGE, T.;ANDERSON, C.W.; DOMINGO, D.; HERMIDA, A. -Edited by- (2016): The SAGE Handbook of Digital Journalism. London:SAGE.
3.2.-Bibliografía complementaria
CABRERA, Mª. A. (2010): Evolución tecnológica y cibermedios. Sevilla-Zamora: Comunicación Social Ediciones y Publicaciones.
DÍAZ NOCI, J. (2001): La escritura digital. Hipertexto y construcción del discurso informativo en el periodismo.
FLORES VIVAR, J.M./ESTEVE RAMÍREZ, F. -Editores- (2009): Periodismo Web 2.0. Madrid: Forja.
FOUST, J.C. (2009). Online Journalism. Arizona: Holcomb Hathaway Publishers.
GARCÍA GALINDO, J.La./VASALLO, M.I./VERA BALANZA, M.T. –Coord.- (2009): Construir la Sociedad de la Comunicación. Madrid: Tecnos.
LÓPEZ, X./GAGO, M./PEREIRA, X. (2002): Nuevas tendencias del periodismo electrónico. Santiago de Compostela: Ediciones Lea.
LÓPEZ, X./OTERO, M.L. (2005). Las herramientas tecnológicas de la nueva información periodística. Sada (A Coruña): Netbiblo.
LÓPEZ, X./PEREIRA, X. -Coord.- (2010): Convergencia digital. Reconfiguración de los Medios de Comunicación en España. Compostela: Universidad de Santiago.
MESQUITA, M. (2007): Él cuarto equívoco. Él poder de los media en la sociedad contemporánea. Forja: Madrid.
NÚÑEZ LADEVÉZE, L. -coordinador- (2015): Periodismo en la red: Géneros, estilos y normas. Madrid: Editorial Universitas.
SALAVERRÍA, R. (2005): Cibermedios. El impacto de internet en los medios de comunicación en España. Sevilla: Comunicación Social Ediciones y Publicaciones.
SAMPEDRO, V. (2014): El cuarto poder en red. Barcelona: Icaria.
Coñecer e comprender as características da produción e composición da información para as plataformas multimedia. Coñecer e estudar as novas técnicas de xestión da información. Coñecer os novos retos da información: produtores, usuarios e xestores.
A materia debe contribuír a que o alumno teña competencias e habilidades para a construción de pezas para os cibermedios.
As competencias básicas e xerais son:
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar.
CG2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación.
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico.
As competencias transversais son:
CT1 - Capacidade de organización e planificación
CT2 - Capacidade de xestión da información
CT3 - Traballo en equipo
CT4 - Aprendizaxe autónoma
CT5 - Creatividade
CT6 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT7 - Coñecementos básicos da profesión
As competencias específicas son:
CE19 - Comprender os modelos de comunicación existentes para a súa aplicación na actualidade.
CE20 - Capacitar para poder desenvolver investigacións científicas dentro da área de ciencias sociais, especialmente no ámbito da comunicación.
CE21 - Capacitar para a xestión da programación dun medio de comunicación audiovisual.
CE22 - Capacitar para a redacción, organización e xestión de información nos cibermedios.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantes e de revisión de cualificacións
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
O alumnado terá que dedicar 51 horas de traballo presencial e 99 horas de traballo de preparación e de realización das actividades programadas.
Seguimento da actualidade nos medios de comunicación, seguimento das actividades programadas e seguimento do material que se actualizará na páxina da materia (www.novosmedios.org/xornalismo) e na plataforma do campus virtual da USC.
A organización das exposicións e debates farase nas dúas primeiras semanas de clase.
Xose Lopez Garcia
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816536
- Correo electrónico
- xose.lopez.garcia [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
08.01.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 3 |
12.06.2025 16:00-20:00 | Grupo de exame | Aula 4 |