Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Coñecemento xeral dos elementos constitutivos da produción visual con fins comunicativos. Coñecemento dos mecanismos de significación e comunicación específicos dos diferentes produtos visuais. Aprender a localizar, comprender e discernir os diferentes usos dos medios visuais propios da cultura xornalística. Comprender e contextualizar un produto visual dentro dunha cultura e nun momento concreto.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2023-2024 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2022-2023.
Estudo e análise das unidades que definen a mensaxe icónica e das variables que fundamentan os códigos da linguaxe visual nos diferentes soportes, segundo os diferentes métodos e escolas.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1 REALIDADE, IMAXINARIO, REPRESENTACIÓN
1.1.Comunicar coas imaxes: analoxía e convención
1.2. Recordar coas imaxes: experiencia e memoria
1.3. Pensar coas imaxes: expresión e coñecemento
TEMA 2. MECANISMOS DA PERCEPCIÓN
2.1. Entender o acto de ver: lectura e aprendizaxe
2.2. Achegas teóricas: Rudolph Arnheim, Ernest H. Gombrich
2.3. Suxeito e mirada: pulsión escópica e visiónica
TEMA 3. CARTOGRAFÍA DO UNIVERSO VISUAL
3.1. O ecosistema das imaxes
3.2. Criterios para unha clasificación (I). Niveis de iconicidade. Imaxe manual e imaxe técnica. Imaxe única e imaxe múltiple
3.3. Criterios para unha clasificación (II). A idea de funcionalidade
TEMA 4. ESPAZO E TEMPO NA REPRESENTACIÓN VISUAL
4.1. Punto de vista: ver e dar a ver
4.2. A imaxe enmarcada: campo e fóra de campo
4.3. A inscrición da temporalidade: instante, duración e devir
TEMA 5. MORFOLOXIA DA IMAXE VISUAL
5.1. Elementos básicos na configuración da imaxe visual
5.2. Principios de sintaxe visual (I): ordenación e composición
5.3. Principios de sintaxe visual (II): a montaxe cinematomagráfica
TEMA6. A PRODUCIÓN VISUAL NA HISTORIA
6.1. Orixes e evolución nos usos e as función da imaxe
6.2. O lugar do espectador (I): a perspectiva e a súa conversión en sistema dominante de representación
6.3. O lugar do espectador (II): a configuración do observador como suxeito da percepción
TEMA 7. A IRRUPCIÓN DA IMAXE NO SÉCULO XX (I)
7.1. A revolución da vangarda: Construtivismo, Bauhaus.
7.2. A imaxe no espazo público e no mercado cultural: cartel e comic
TEMA 8. A IRRUPCIÓN DA IMAXE NO SÉCULO XX (II)
8.1. A imaxe publicada: a foto na prensa e a fotomontaxe
8.2. A imaxe cinematográfica e o discurso televisivo
TEMA 9. A COMUNICACIÓN VISUAL NO UNIVERSO DIXITAL
9.1. Postfotografía e novos escenarios perceptivos
9.2. Imaxe dixital e representación do real
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Aparici, R., Fernández Baena, J, García Matilla, A.& Osuna Acedo, S.(2006). La imagen. Análisis y representación de la realidad.Gedisa.
Aumont, J. (1992). La imagen. Paidós.
Aumont, J. (1997). El ojo interminable. Cine y pintura. Paidós.
Català Domènech, J. M. (2005). La imagen compleja: la fenomenología de las imágenes en la era de la cultura visual. Universitat Autònoma de Barcelona, Servei de Publicacions.
Fontcuberta, J. (2016). La furia de las imágenes. Notas sobre la postfotografia. Galaxia Gutemberg.
Puyal, A. (1996). Teoría de la comunicación audiovisual. Fragua.
Quintana, A. (2003). Fábulas de lo visible. El cine como creador de realidades. Acantilado.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Acaso, M. (2007). El lenguaje visual. Paidós.
Ades, D. (2002). Fotomontaje. Gustavo.
Arnheim, R. (1998). El pensamiento visual. Paidós.
Arnheim, R. (2001). El poder del centro: estudio sobre la composición en las artes. Akal.
Aumont, J. (2014). Materia de imágenes, redux. Sangrilá.
Berger, J. (2002). Modos de ver. Gustavo Gili.
Bordieu, P. (2007). Sobre la televisión. Anagrama.
Bordwell, D. & Thompson, K. (1999). El arte cinematográfico. Una introducción. Paidós.
Brunetta, G. P. (1985). El largo viaje del iconauta. Episteme.
Català Domènech, J. M.(2008). Formas de lo real. Introducción a los estudios visuales. UOC.
Crary, J. (2008). Las técnicas del observador. Visión y modernidad en el siglo XIX. CENDEAC.
Debray, R. (1994). Vida y muerte de las imágenes. Historia de la mirada en Occidente. Paidós.
Domínguez, V. (Ed.) (2007). Pantallas depredadoras. El cine ante la cultura visual digital. Festival Internacional de Gijón/Universidad de Oviedo.
Dondis, D. (1998). La sintaxis de la imagen. Introducción al alfabeto visual. Gustavo Gili.
Frutiger, A. (1976). Signos, símbolos, marcas y señales. Gustavo Gili.
Gombrich, E, (1987). La imagen y el ojo. Alianza.
Gubern, R. (1996). Del bisonte a la realidad virtual. La escena y el laberinto. Anagrama.
Ledo Andión, M. (1998). Documentalismo fotográfico. Cátedra.
Panofsky, E. (1999). La perspectiva como forma simbólica. Tusquets.
Sontag, S. (2004). Ante el dolor de los demás. Alfaguara.
Torregrosa Puig, M. (Ed.) (2010). Imaginar la realidad. Comunicación Social.
Villafañe, J. & Mínguez, N (1996). Principios de Teoría General de la Imagen. Pirámide.
Zunzunegui, S. (1997). Pensar la imagen, Cátedra / Universidad del País Vasco.
Zunzunegui, S. & Zumalde, I. (2019). Ver para creer. Avatares de la verdad cinematográfica. Cátedra.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS (CB e CG)
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolveran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
CG2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS (CT)
CT1 - Capacidade de organización e planificación
CT2 - Capacidade de xestión da información
CT3 - Traballo en equipo
CT4 - Aprendizaxe autónoma
CT5 – Creatividade
CT6 - Iniciativa e espíritu emprendedor
CT7 - Coñecementos básicos da profesión
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS (CE)
CE19 - Comprender os modelos de comunicación existentes para a súa aplicación na actualidade.
CE20 - Capacitar para poder desenvolver investigacións científicas dentro da área de ciencias sociais, especialmente no ámbito da comunicación.
CE21 - Capacitar para a xestión da programación dun medio de comunicación audiovisual.
CE22 - Capacitar para a redacción, organización e xestión de información nos cibermedios
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2023-2024 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2022-2023.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2023-2024 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2022-2023.
Fernando Redondo Neira
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816563
- Correo electrónico
- fernando.redondo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
19.05.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 0 |
26.06.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 4 |