Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Aproximación conceptual e práctica ao coñecemento da estrutura do sistema mediático e da xestión da empresa informativa no contexto da súa relación coa industria cultural, da comunicación e creativa e cos procesos actuais de converxencia dixital.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2023-2024 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2022-2023.
PROGRAMA
Tema 1. A xestión na sociedade da información, da comunicación e do coñecemento. O rol da xestión na sociedade da información e do coñecemento e as industrias da comunicación. Conceptos e nocións xerais sobre a xestión, economía, empresa, organización, estrutura, converxencia dixital, sistemas e ecosistemas tradicionais e dixitais. A economía social e as economías da comunicación, do tempo, dos servizos, da atención, do Big Data, da afiliación, da colaboración e das redes. O mercado e o consumo de productos e serevizos informativos. Análises de casos nas clases de Laboratorio sobre economía da atención (publicidade), colaboración, afiliación e das redes sociais así como dos mercados informativos de España e do resto de Europa.
Tema 2. A importancia da planificación profesional e empresarial no ámbito da organización informativa. Concepto de planificación e a súa aplicación á carreira profesional e ás actividades empresariais. A sociedade e a empresa como sistemas de relacións. A planificación, elaboración e negociación do curriculum profesional dentro do sistema de relacións empresariais. A marca persoal, o coidado das redes sociais e as novas formas de deseñar un CV. A planificación, elaboración e negociación do curriculum profesional dentro do sistema de relacións empresariais. A formación de competencias e a xestión da carreira profesional, a busca de emprego, os procesos de contactos, a selección e a entrevista laboral. Análises de casos nas clases de Laboratorio sobre a xestión do perfil profesioal, o CV, a busca de emprego e a superación dunha emprevista persoal de traballo.
Tema 3. A estrutura, caracterización e clasificación da actividade empresarial informativa e de comunicación. As empresas da comunicación segundo o seu capital (privado ou público) e a súa finalidade (lucro ou sen lucro). Tipos de sociedades mercantís (colectivas, comanditarias, de responsabilidade limitada, de nova empresa, sociedades anónimas, cooperativas, laborais, sociedades de redactores, de agrupación económica e europea) e de institucións sen fin de lucro (asociacións, fundacións e ONG). Clasificación das empresas informativas e de comunicación segundo a súa actividade, cobertura, tamaño, especialización, financiación e outros tipos. Corporacións, holding, grupos de empresas e plataformas. Análises de casos nas clases de Laboratorio sobre empresas informativas de España e do resto de Europa.
Tema 4. A idea empresarial, a súa materialización e constitución no ámbito da información e a comunicación. Da idea ao proxecto: a creatividade, investigación e desenvolvemento, a innovación e o emprendemento. A viabilidade da idea convertida en proxecto empresarial. O proceso de creación e constitución dunha empresa informativa e de comunicación en xeral. A empresa informativa e o empresario. A condición de editor e a responsabilidade editorial. A xestión da propiedade intelectual. Análises de casos nas clases de Laboratorio sobre a elaboración e presentación de ideas orixinais e innovadoras para a creación de empresas informativas.
Tema 5. A planificación estratéxica e operativa. Análises do entorno da empresa informativa e de comunicación. O entorno xenérico e específico. O marco legal e de competencia da empresa de comunicación. Técnicas e sistemas de análises das estratexias e mercados da competencia. Procesos e dinámicas de crecemento, concentración, fragmentación, agregación, colaboración e asociación. Modelos e organismos de regulación e control da actividade informativa e de comunicación. Análises de casos nas clases de Laboratorio sobre modelos e ferramentas de xestión empresarial aplicadas ás empresas informativas de España e do resto de Europa.
Tema 6. O plan da empresa e/ou do negocio da información e a comunicación. Presentación e descripción da idea e do grupo promotor. Descripción da actividade, producto ou servizo. Estudio do mercado ou mercados. Estudio da competencia. Localización da empresa. Legalización e forma xurídica. Imaxe da empresa e dos productos e/ou servizos. Política comercial e marketing. Organización da producción. Plan económico-financeiro. Análises de casos nas clases de Laboratorio da presentación dos esquemas dos proxectos de elaboración de empresas informativas orixinais, innovadoras e viables a partir das mellores ideas presentadas como aplicación do tema 4.
Tema 7. A organización e dirección da empresa informativa. A misión, visión, principios editoriais, valores e cultura corporativa. Concepción da organización e das áreas estratéxicas e funcionais. A organización do proceso administrativo de toma de decisións e a súa xestión. Tipos de dirección, liderado e organigramas. Análises de casos nas clases de Laboratorio da misión, estratexia, principios editoriais e organización de empresas informativas de España e do resto de Europa.
Tema 8. A xestión da producción e dos recursos humanos na empresa informativa. Planificación e organización das necesidades de producción. Proceso de selección, contratación, organización e retribución dos recursos humanos. Xestión das relacións laborais. Tipos de contratos e de convenios colectivos. Sistemas e procesos de producción integrados e secuenciados. Dos procesos de producción secuenciados ás Redaccións multimedia integradas. Análises de casos nas clases de Laboratorio de organigramas e convenios colectivos das empresas informativas.
Tema 9. Marketing, comercialización e modelos de negocio de información e comunicación. Marketing estratéxico e marketing mix, de producto e de relacións. Características dos productos ou servizos informativos e dos sistemas de fixación de prezos. Funcións da comercialización. A promoción e distribución dos productos e servizos informativos. Modelos de negocio e mercados da comunicación. Análises de casos nas clases de Laboratorio dos modelos de negocio e mercados das empresas informativas de España e resto de Europa.
Tema 10. A xestión económico-financeira na empresa de comunicación. Modelos e tipos de financiación das empresas de comunicación. Intervención pública (axudas e incentivos) e fiscalidade das empresas informativas e de comunicación. Planificación económico-administrativa e contabilidade. Plan Xeral Contable e contas xerais das empresas de comunicación. Principais indicadores de xestión económico-financeira da empresa de comunicación. Sistemas de auditoría e control das empresas de comunicación. Análises de casos nas clases de Laboratorio sobre os sistemas de financiación das empresas informativas públicas e privadas de España e resto de Europa.
Tema 11. A RSC como sistema de xestión integral responsable. Cultura corporativa, valores, Responsabilidade Social Empresarial e calidade. Conceptos de gobernanza e Responsabilidade Social Empresarial. Códigos de gobernanza e marco normativo da RSE. A ISO 26000 de RSE. Normas de xestión, de avaliación e de auditoría de calidade. Análises de casos nas clases de Laboratorio das memorias de RSE das empresas informativas.
Tema 12. Horizonte e tendencias das empresas informativas. A metamorfose das transformacións e mutacións mediáticas. Tendencias e prospectivas dos cambios nas empresas de información e comunicación. Análises de casos nas clases de Laboratorio do avance e finalización dos proxectos de creación de empresas informativas.
Bibliografía básica:
Aguado, G., Galán, J. (2008): Organización y gestión de la empresa informativa. Madrid: Síntesis.
Campos Freire, F. (coord.) (2010): El cambio mediático. Zamora-Sevilla: Comunicación Social.
Campos Freire, F. (coord.) (2011): El nuevo escenario mediático. Zamora-Sevilla: Comunicación Social.
Campos Freire, F. (2015). Adaptación de los medios tradicionales a la innovación de los metamedios. El Profesional de la Información. 24 - 4, pp. 441 – 450.
Mario (2012): El fin de los medios masivos. Buenos: La Crujía.
De Mateo Pérez, R., Bergés Saura, L., Sabater Casals, M. (2009): Gestión de empresas de comunicación. Zamora-Sevilla: Comunicación Social.
Díaz Nosty, B. (2013): La prensa en el nuevo ecosistema informativo “¡Que paren las rotativas!” Barcelona: Ariel.
Galán Gamero, J.; Aguado Guadalupe, G. (2014). Periodismo emprendedor. Planificación y desarrollo de empresas informativas. MacGraw-Hill.
Galán Gamero, J.; Aguado Guadalupe, G.; Caro González, F.J.; Manfredi Sánchez, J. L. (2017). Empresa Informativa XXI. Planificación estratégica. Síntesis.
Gutiérrez Aragón, O. (2013): Fundamentos de Administración de Empresas. Madrid: Pirámide.
Medina Laverón, M. (2011): Estructura y gestión de empresas audiovisuales. Pamplona: EUNSA.
Núñez Fernández, V. (2015): La empresa informativa en la era digital. Madrid: Centro de Estudios Financieros.
OBS (2018): Yearbook. Television, cinema, video and on-demand audiovisual services -the pan European picture, Estrasburgo, European Audiovisual Observatory.
Zallo Eguizabal, R. (2011): Estructuras de la comunicación y la cultura: políticas para la era digital. Barcelona: Gedisa.
WAN-IFRA (2018). World Press Trends Database. http://www.wptdatabase.org/.
Bibliografía complementaria:
Artero Muñoz, J. P. (2008): El mercado de la televisión en España: oligopolio. Barcelona: Deusto-Carat.
Becerra, M., Mastrini, G. (2009): Los dueños de la palabra. Acceso, estructura y concentración de los medios en la América Latina del siglo XXI. Buenos Aires: Prometeo.
Campos Freire, F.; De Aguilera Moyano Miguel; Marta Rodríguez Castro. Impacto de las plataformas globales en la competencia mediática y los resultados de las empresas de comunicación europeas. Communication & Society. 31 - 3, pp. 223 - 338. https://www.unav.es/fcom/communication-society/es/resumen.php?art_id=68…ón,
Carvajal Prieto, M. (2007): Líderes en prensa. La dirección estratégica de Vocento. Murcia: Diego Martín Librero Editor.
Cuatrecasas Arbos, L. (2012): El producto. Análisis de valor. Madrid: Díaz Santos.
Davenport, Th. H. y Beck, J. C. (2002): La economía de la atención. El valor de los negocios. Barcelona: Paidós.
De Bono, E. (2010): Más allá de la competencia. La creación de nuevos valores y objetivos de la empresa. Barcelona: Paidós.
De Mateo Pérez, R., Bergés Saura, L. (2009): Los retos de las televisiones públicas. Financiación, servicio público y libre mercado. Zamora-Sevilla: Comunicación Social.
Domingo, C. (2013): El viaje de la innovación. Barcelona: Deusto.
Fuentes Fuentes, M. M. (2012): Fundamentos de Dirección y Administración de Empresas. Madrid: Pirámide .
Kaplan, R. S., Norton, D. P. (2007): Mapas estratégicos. Barcelona: Gestión 2000.
González Domínguez, F. J., Ganaza Vargas, J. D. (2007): Principios y fundamentos de gestión de empresas. Madrid: Pirámide.
Hernández Ortiz, M. J. (2012): Administración de Empresas. Madrid: Pirámide.
Timoteo Alvarez, J., Matías, G. (2015): Los intangibles en el valor de las empresa
Coñecemento sobre as empresas informativas, a súa organización e financiamento. Coñecemento sobre os procesos de planificación, organización e xestión da empresa informativa.
Capacidade e habilidade para a presentación e negociación do currículo profesional e de proxectos para as empresas informativas e de comunicación en xeral.
Capacidade e habilidade para a creación, organización e xestión de proxectos empresariais informativos.
Capacidade e habilidade para analizar e avaliar as estratexias das empresas informativas.
Coñecemento e aplicación dos sistemas de xestión da calidade na empresa informativa.
Capacidade para transformar os coñecementos nun proxecto de empresa informativa creativa, orixinal e viable
BÁSICAS E XERAIS
CB2 - Que os estudantes seipan aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e teñan competencias que se demostren por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica e ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir ifnormación, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendixaxe necesarias para emprender estudos posteriores con alto grao de autonomía.
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinario
CG2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de organización e planificación
CT2 - Capacidade de xestión da información
CT3 - Traballo en equipo
CT4 - Aprendizaxe autónomo
CT5 – Creatividade
CT6 - Iniciativa e espíritu emprendedor
CT7 - Coñecementos básicos da profesión
ESPECÍFICAS
CE09 - Coñecer os mecanismos de producción da información que existen nos medios de comunicación de masas.
CE10 - Capacitar para a xestión das empresas de medios de comunicación.
CE11 - Capacitar para a elaboración de informes no ámbito da comunicación.
CE12 - Coñocer os mecanismos e as técnicas necesarias para unha correcta organización da información.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2023-2024 por estar extinguida a asignatura. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2022-2023.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2023-2024 por estar extinguida a asignatura. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2022-2023.
Marta Rodriguez Castro
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816551
- Correo electrónico
- m.rodriguez.castro [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
20.05.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 1 |
20.05.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 2 |
30.06.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 3 |