Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Estudo das funcións e competencias da ética e a deontoloxía xornalística.
2. Estudo das normas xurídicas que regulan o traballo do xornalista e o seu exercicio profesional. Análise da organización e defensa da profesión. Sistemas de gobernanza, modelos mediáticos e control das políticas de comunicación.
3. Análise dos órganos e sistemas de regulación, mediación profesional das audiencias e sistemas de control e verificación de contidos nos medios de comunicación.
4. Estudo do estilo como recursos para a eficacia comunicativa.
5. Análise da diversidade, transparencia e sistemas de responsabilidade sobre a xestión e os contidos.
6. Análise da gobernanza na Internet e na comunicación publicitaria e corporativa.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. Deontoloxía, regulación e gobernanza
1.1 A deontoloxía e a ética
1.2 Os sistemas e os órganos de regulación. A autorregulación e a corregulación
1.3 A gobernanza
TEMA 2. Principios da profesión xornalística
2.1 Declaracións e cartas mundiais
2.2 Convivencia das normas xurídicas, da deontoloxía e das políticas internas dos medios de comunicación
2.3 Liberdade de expresión, liberdade de prensa e dereito á información
2.4 A honra, a intimidade e a propia imaxe no tratamento informativo. Xuízos paralelos e tratamento das informacións sub judice
2.5 Cláusula de conciencia e segredo profesional
TEMA 3. Ética e deontoloxía periodísticas
3.1 Orixe, evolución e contido dos códigos deontolóxicos do xornalismo. Os códigos da UNESCO e do Consello de Europa
3.2 Procedemento para as rectificacións
3.3 Deontoloxía para o tratamento informativo de cuestións sensibles
3.4 Tratamento informativo da violencia contra as mulleres, da inmigración, do suicidio e doutras cuestións sensibles
3.5 Protocolo de comunicación da Xustiza
TEMA 4. Organización e defensa da profesión
4.1 Estruturas profesionais de protección da profesión xornalística: colexios, asociacións profesionais e consorcios internacionais
4.2 Códigos éticos e normas de conduta. Estruturas internas: consellos de redacción e comités de redacción
TEMA 5. Autorregulación profesional
5.1 Estatutos de redacción
5.2 O estado profesional. Censura e autocensura
5.3 Medidas de atención á diversidade
TEMA 6. Libros de estilo
6.1 Orixe, evolución e funcións
6.2 RAG, RAE e Fundéu
6.3 Códigos e normas de estilo na comunicación científica: conflitos de interese, comités de ética e compromisos de autoría e revisión
TEMA 7. Deontoloxía para a verificación
7.1 Deontoloxía do fact-checking
7.2 Redes e códigos internacionais ao servizo da profesión e da estabilización dos valores democráticos
TEMA 8. Gobernanza e políticas europeas da comunicación
8.1 Evolución da gobernanza. Sistemas e modelos mediáticos europeos
8.2 Tipos de axudas e regulación dos sistemas de financiamento públicos dos medios de comunicación
8.3 MAS, sistemas M*A*R*S* e tipoloxías
TEMA 9. Sistemas de gobernanza e control das políticas de comunicación e dos impactos sobre a competencia, o pluralismo e a diversidade
9.1 Lei Xeral de Comunicación Audiovisual. Principios xerais da comunicación audiovisual. Cotas
9.2 ERGA e fomento da corregulación e da autorregulación
9.3 Protección dos menores, plans de accesibilidade e alfabetización mediática
9.4 Sistemas de control gobernamentais e parlamentarios dos servizos públicos
TEMA 10. Autorregulación e defensa das audiencias
10.1 Dereitos dos públicos. Servizos de comunicación audiovisual e comunicacións comerciais audiovisuais. O papel da CNMC. Acontecementos de interese xeral. Audiencias con discapacidade
10.2 Historia e tradición dos Ombudsman. Defensores das audiencias
10.3 Fundacións e asociacións de usuarios
10.4 Os consellos de prensa en Europa. Consellos asesores e órganos internos
TEMA 11. Deontoloxía da responsabilidade social
11.1 Identificación dos intereses dos stakeholders das empresas de comunicación e comunicación efectiva
11.2 ODS e Axenda 2030
11.3 Norma internacional ISO 26000
11.4 GRI para reporting e indicadores internacionais de referencia
TEMA 12. Gobernanza para a rendición de contas e a transparencia
12.1 Rendición de contas: horizontalidade e verticalidade
12.2 Transparencia, publicidade activa e información pública
TEMA 13. Gobernanza de Internet
13.1 Orixe e desenvolvemento. Principios reitores. Foro de Gobernanza de Internet
13.2 Sistemas de control da autoría e dereitos conexos
13.3 Gobernanza e autorregulación nos medios sociais
TEMA 14. Deontoloxía, gobernanza e autorregulación da comunicación publicitaria
14.1 Dereitos dos usuarios con respecto ás mensaxes publicitarias
14.2 EASA e Autocontrol. Códigos de conduta publicitaria. Códigos sectoriais
14.3 Confianza Online: certificación e código ético
14.4 Influencers ou usuarios de especial relevancia
CONTIDOS PRÁCTICOS
Os contidos prácticos están directamente relacionados cos temas teóricos, de modo que nas sesións interactivas se realizarán exercicios que evidencien a adquisición dos resultados de aprendizaxe. Presentarase unha planificación das actividades na primeira semana lectiva.
Nos exercicios en grupo preténdese a exploración de códigos deontolóxicos, códigos éticos, estatutos de redacción, libros de estilo, fundacións e asociacións de usuarios, mecanismos de protección da infancia e códigos de conduta publicitaria, así como a elaboración dun proxecto final sobre deontoloxía e tratamento informativo. Os exercicios individuais tratarán sobre cuestións estilísticas tanto en galego coma en castelán.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Aznar, H. (1999). Ética y periodismo. Códigos, estatutos y otros documentos de autorregulación. Paidós.
Aznar, H. (2005). Comunicación responsable. La autorregulación de los medios. Ariel.
Aznar, H. (2005). Ética de la comunicación y nuevos retos sociales. Códigos y recomendaciones para los medios. Paidós.
Bertrand, C. J. (1999). L´Arsenal de la Démocratie. Médias, déontologie et MARS. Económica.
Campos, F. (coord.) (2011). Gobernanza y comunicación en Europa. Universitas.
López, M. (2016). Ética en los medios de comunicación. Prensa, radio, TV y cine. UOC.
McDougall, J., Brites M. J., Couto, M. J. & Lucas, C. (2019). Digital literacy, fake news and education. Culture and Education, 31(2), 203-212. https://doi.org/10.1080/11356405.2019.1603632
Pérez, J. C. (2004). Ética Periodística. Códigos deontológicos y normas complementarias. Universidad del País Vasco.
Restrepo, J. D. (2011). Periodismo y pasión. La Crujía.
Savater, F. (2014). Ética para la empresa. Conecta.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Barroso, P. (1984). Códigos deontológicos de los medios de comunicación. Prensa, radio, televisión, cine, publicidad y relaciones públicas. Paulinas.
Bel, I. (2004). Comunicar para crear valor. Eunsa.
Carrillo, M. (1993). La cláusula de conciencia y el secreto profesional de los periodistas. Generalitat de Catalunya.
Codina, M. (ed.) (2001). De la ética desprotegida. Ensayos sobre deontología de comunicación y de la información. Ariel.
Diezhandino, P., Marinas, J. M. & Watt, N. (2002). Ética de la comunicación: problemas y recursos. Edipo.
Sampedro, V. (2014). El cuarto poder en la red. Por un periodismo de código libre. Icaria.
Tandoc, E., Lim, Z. & Ling, R. (2018). Defining “Fake News”. Digital Journalism 6(2), 137-153. https://doi.org/10.1080/21670811.2017.1360143
CON.2 - Coñecer os principios do xornalismo e da comunicación para desenvolverse de forma profesional e ética.
CON.6 - Identificar os referentes que lle permitirán a construción dun pensamento crítico aplicado ao xornalismo.
HAB.2 - Analizar o estado dos procesos comunicativos e das organizacións mediáticas para tomar decisións e propoñer solucións nos seus diferentes ámbitos.
HAB.4 - Aplicar métodos e técnicas de investigación, documentación, verificación e tratamento dos datos e da información xornalística.
HAB.6 - Aplicar técnicas para a xestión da intelixencia emocional no exercicio do xornalismo.
COM.4 - Xestionar o plan de traballo colaborativo e liderar proxectos e equipos profesionais do ámbito do xornalismo.
COM.6 - Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas dunha forma profesional e ética no ámbito da Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Nas clases expositivas utilizaranse as seguintes metodoloxías:
- Clase maxistral: sesión expositiva impartida polo docente.
- Estudos de casos: análise e exposición de medios, produtos, estratexias ou proxectos de referencia no contexto da materia.
- Debate: discusión organizada sobre un tema ou pregunta.
Nas clases interactivas empregaranse as seguintes metodoloxías:
- Resolución de problemas: realización de actividades dirixidas, xeralmente dirixidas a obter un resultado concreto (solución ou análise).
- Presentación na aula: exposición baseada no estudo dun caso, problema ou situación contextualizada.
- Debate: discusión organizada sobre un tema ou pregunta.
- Metodoloxía baseada na investigación: modalidade que sitúa o estudantado no rol de investigador, executando un proceso de busca, avaliación, síntese e análise.
- Foros de discusión - traballo en grupo: dinámicas interactivas de argumentación e/ou elaboración cooperativa coa intervención dun grupo de persoas.
- Aprendizaxe baseada en proxectos: programación deseñada a partir de tarefas sucesivas nun proceso que conclúe cun produto final.
- Proba de coñecementos: 50 %
- Exercicios prácticos: 50 %
• O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a práctica para superar a materia. Na segunda oportunidade conservarase a cualificación obtida no exame final ou nos exercicios prácticos. No caso de non superar os exercicios prácticos na primeira oportunidade, na segunda substituiranse por unha proba final ou por un plan de traballo establecido polo profesorado. En ningún caso se conservará cualificación algunha para outro curso académico.
• No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
• De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
• Réxime para o alumnado con exención de docencia:
- A parte teórica da materia será avaliada mediante o exame final (50 % da cualificación).
- Para os exercicios prácticos (50 % da cualificación final) establécese o seguinte plan de traballo:
1. Relacionar o dereito á información en confrontación co dereito á honra, á intimidade familiar e persoal e á propia imaxe. Valorar as posibles consecuencias sobre a presunción de inocencia e sobre o establecemento de xuízos paralelos nas informacións sub judice. Indicar como se recollen estas cuestións nas declaracións de principios (Declaración de Burdeos, Carta FIP de 2019, UNESCO…) e analizar a incidencia na profesión xornalística (segredo profesional e cláusula de conciencia).
2. Escoller un medio de comunicación galego e comprobar a aplicación do Código Deontolóxico do CPXG, así como a aplicación do libro de estilo propio e/ou do estatuto de redacción.
3. Escoller un medio de comunicación español e comprobar a aplicación do Código Deontolóxico da FAPE, así como a aplicación do libro de estilo propio e/ou do estatuto de redacción.
4. Seleccionar unha revista científica do eido da comunicación e analizar o código ético (compromisos dos autores, conflitos de interese e divulgación, comités de ética, indexación, proceso de revisión por pares, compromisos dos revisores e dos editores, normas de estilo e publicación etc.).
5. Análise dun código de conduta publicitaria. Relación coas fundacións e asociación de usuarios e cos posibles procesos de mediación, así como incidencias sobre a RSC.
6. Reflexión acerca da incidencia da desinformación e as fake news no prestixio da profesión periodística e consecuencias na calidade democrática. Principais ferramentas de verificación e fact checking. Diferenciar entre noticias falsas e fake news e consecuencias no exercicio profesional.
7. Comentario crítico sobre autorregulación e protección da infancia.
Cada un destes traballos debe ter unha extensión aproximada de 1.000 palabras. Todas estas actividades han de entregarse impresas o día do exame final.
• Docencia teórica: 24 horas
• Docencia interactiva: 24 horas
• Titorización en grupo reducido: 3 horas
• Probas de avaliación: 3 horas
• Traballo persoal do alumnado: 96 horas
A recomendación xeral para o aproveitamento da materia é realizar un traballo continuo ao longo de todo o curso, posto que non se trata só da adquisición de coñecementos, senón tamén de habilidades e actitudes que unicamente se poden alcanzar cun seguimento constante e permanente.
De igual xeito, tamén é recomendable que o alumnado interiorice os conceptos teóricos conforme se vaian explicando para poder aplicalos nas sesións interactivas.
Finalmente, recoméndase o seguimento da actualidade nos medios de comunicación, dominar as redes sociais e facer uso das horas de titorías.
Jose Sixto Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816540
- Correo electrónico
- jose.sixto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ruben Rafael Rivas De Roca Garcia
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- rubenrafael.rivasderoca [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 4 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 4 |
Venres | |||
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 4 |
14.01.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
14.01.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
09.06.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 4 |