Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Estudo da incidencia da documentación no proceso de construción do temario xornalístico.
2. Estudo e análise dos sistemas de documentación utilizados nos medios de comunicación para elaborar, procesar e transmitir información.
3. Estudo e análise das formas e ferramentas de acceso á información e uso das bases de datos e os fondos documentais.
4. Análise da aplicación da documentación especializada, na verificación da información e o xornalismo de datos.
5. Aproximación á investigación científica a través da selección e revisión de fontes e documentos e coñecemento para citar e atribuír correctamente a autoría.
Documentación xornalística introduce o proceso documental e o uso de fontes no contexto xornalístico, co fin de contribuír á elaboración de información. A materia presenta os conceptos e principios básicos da documentación, a tipoloxía de fontes, a busca e a recuperación de información e o procesamento e arquivo de datos, ademais das técnicas aplicadas como o xornalismo de datos e a verificación, a través das tecnoloxías da información e da comunicación actuais.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. Sociedade e documentación
1.1. Sociedade da información e do coñecemento
1.2. Introdución á Documentación
TEMA 2. Acceso á información e fontes documentais
2.1. Busca e recuperación da información
2.2. Documento e fontes de información
TEMA 3. Documentación no xornalismo
3.1. Principios e fundamentos da documentación xornalística
3.2. Proceso e análise documental nos múltiples soportes
3.3. Centros e servizos de documentación
TEMA 4. Verificación da información
4.1. Contexto e definición
4.2. Iniciativas de verificación
4.3. Técnicas e ferramentas de verificación
TEMA 5. Xornalismo de datos
5.1. Definición e aplicacións
5.2. Fontes abertas e acceso á información
5.3. Técnicas para a xestión e o procesamento de datos
TEMA 6. Aproximación á investigación científica
6.1. Método científico e técnicas de investigación
6.2. Estrutura dun traballo científico-académico
6.3. Citación e referencias
CONTIDOS PRÁCTICOS
• Busca avanzada na rede, recuperación e arquivo
• Revisión bibliográfica
• Citación e referencias nun traballo científico-académico
• Análise documental e identificación de fontes
• Análise de fontes e servizos documentais
• Recuperación e tratamento de datos de fontes abertas
• Dossier documental a partir dun tema específico
• Dossier documental para elaborar un perfil ou unha entrevista
• Verificación de datos e declaracións
• Elaboración dun formato multimedia para a divulgación de información documental
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Buckland, M. (2017). Information and Society. The MIT Press.
Galdón, G. (2002). Teoría y práctica de la documentación informativa. Ariel Comunicación.
Giménez Toledo, E. (2007). Manual de Documentación para comunicadores. EUNSA.
López-Carreño, R. (2018). Fuentes de información. Guía básica y nueva clasificación. Editorial UOC.
Rubio Jordán, A. V. (2018). Documentación informativa. CEF.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Caridad Sebastián, M., Hernández Pérez, T., Rodríguez Mateos, D. & Pérez Lorenzo, B. (2011). Documentación audiovisual: nuevas tendencias en el entorno digital. Editorial Síntesis.
Castells, M. (2001). La Galaxia Internet. Plaza&Janés.
Elías, C. (2015). Big data y periodismo en la sociedad red. Editorial Síntesis.
López Yepes, J. (2011). La sociedad de la documentación. Editorial Fragua.
Moreno Gallo, M. Á. (2009). Manual de documentación para la comunicación. Burgos: Universidad de Burgos.
Redondo, M. (2018). Verificación digital para periodistas. Manual contra bulos y desinformación internacional. Editorial UOC.
Rubio Lacoba, M. (2007). Documentación informativa en el periodismo digital. Editorial Síntesis.
Recursos de acceso aberto (listado completo no campus virtual)
Beltrán Orenes, P. (2015). La documentación informativa y la recuperación de la información escrita. Nuevas competencias para el ciberespacio. index.comunicación, 5(3), 29-57. http://journals.sfu.ca/indexcomunicacion/index.php/indexcomunicacion/ar…
Codina, L. (2020). Revisiones bibliográficas sistematizadas en Ciencias Humanas y Sociales. 1: Fundamentos. Methodos, 1, 50-60. https://doi.org/10.31009/methodos.2020.i01.05
Crucianelli, S. (2013). ¿Qué es el periodismo de datos? Cuadernos de Periodistas, 26, 106-124. http://www.cuadernosdeperiodistas.com/que-es-el-periodismo-de-datos/
Díaz-Noci, J. (2020). Guía de métodos de investigación aplicados al entorno digital. Methodos, 1, 4-19. https://doi.org/10.31009/methodos.2020.i01.02
First Draft (2019). Verifying Online Information. https://firstdraftnews.org/wp-content/uploads/2019/10/Verifying_Online_…
Guallar, J. & Codina, Ll. (2018). Journalistic content curation and news librarianship: Differential characteristics and necessary convergence. El profesional de la información, 27(4), 778-791. https://doi.org/10.3145/epi.2018.jul.07
Gray, J. & Bounegru, L. (2019). The Data Journalism Handbook 2. European Journalism Centre. https://datajournalism.com/read/handbook/two
Sherman, C. (2020). Verification Handbook for Disinformation and Media Manipulation. European Journalism Centre. https://datajournalism.com/read/handbook/verification-3
Vázquez-Herrero, J., Vizoso, Á. & López-García, X. (2019). Innovación tecnológica y comunicativa para combatir la desinformación: 135 experiencias para un cambio de rumbo. El profesional de la información, 28(3). https://doi.org/10.3145/epi.2019.may.01
Informes do sector e fontes de datos abertos.
CON.1 - Comprender o contexto social, político, económico, xurídico e cultural no que se desenvolve o xornalismo.
CON.3 - Coñecer os fundamentos da investigación desde unha perspectiva científica ou xornalística para describir e explicar a realidade.
CON.5 - Distinguir as diferentes formas de xestionar a complexidade no contexto comunicativo.
HAB.2 - Analizar o estado dos procesos comunicativos e das organizacións mediáticas para tomar decisións e propoñer solucións nos seus diferentes ámbitos.
HAB.3 - Manexar os medios, as tecnoloxías, as ferramentas e as plataformas actuais para o desenvolvemento da actividade xornalística.
HAB.4 - Aplicar métodos e técnicas de investigación, documentación, verificación e tratamento dos datos e da información xornalística.
COM.2 - Reunir, xestionar e interpretar información e datos relevantes dentro do ámbito do xornalismo para elaborar argumentos sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
COM.6 - Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas dunha forma profesional e ética no ámbito da Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
A metodoloxía docente combinará diferentes técnicas (clases expositivas teóricas, clases interactivas de carácter práctico e traballos con documentos e fontes, tanto individuais como grupais titorizados), propiciando en todo momento a implicación do estudante no seu proceso formativo. Entre os métodos empregados están:
- Clase maxistral
- Resolución de problemas
- Presentación na aula
- Estudos de casos
- Seminario
- Prácticas de campo
- Metodoloxía baseada na investigación
- Aprendizaxe-servizo
- Aula invertida
- Foros de discusión - traballo en grupo
- Asistencia a conferencias ou outros eventos
As sesións expositivas correspóndense coas leccións maxistrais e propoñeranse actividades, lecturas, debates, exposicións ou estudos de caso, para favorecer a adquisición de coñecementos e competencias ao longo de todo o semestre. Nas sesións interactivas, o alumnado pon en práctica os coñecementos a través exercicios e proxectos. O estudante utilizará distintas ferramentas (buscadores, plataforma dixitais, paquete ofimático Office, xestor bibliográfico, etc.) e bases de datos, sexa traballando en equipo ou de xeito individual.
A docencia presencial complementarase con recursos e actividades programadas a través do campus virtual (Moodle) e das ferramentas dispostas pola universidade.
O alumnado recibe atención personalizada en titorías e polas canles de comunicación dispostas pola USC (correo electrónico, Microsoft Teams e campus virtual).
O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a parte práctica para superar a materia. Os instrumentos de avaliación previstos son:
- Probas de coñecementos: 40% (é necesario acadar a cualificación de 'aprobado' para superar a materia)
- Actividades de avaliación continua (exercicios de aplicación teórica, debates, exposicións, tests): 10%
- Exercicios prácticos: 50%
Na segunda oportunidade avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o estudante ten aprobada unha parte da materia, gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia. O sistema de avaliación constará de exame (50%) e actividades programadas no campus virtual (50%).
Docencia teórica: 24 horas
Docencia interactiva: 24 horas
Titorización en grupo reducido: 3 horas
Probas de evaluación: 3 horas
Traballo persoal do alumnado: 96 horas
Seguimento da actualidade nos medios de comunicación, das actividades programadas e do material que se actualiza no campus virtual da USC.
Jorge Vázquez Herrero
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816526
- Correo electrónico
- jorge.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Tania Forja Pena
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- tania.forja.pena [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
23.01.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
23.01.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
20.06.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |