Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Ciencia Política e da Administración
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Estudo do proceso político e a análise da política. A política como ciencia social.
2. Estudo do Estado e as institucións de goberno. Descrición e análise dos trazos dos estados modernos e das institucións que o compoñen nas súas tres dimensións de executivo, lexislativo e xudicial.
3. Análise dos procesos e organizacións subxacentes á dinámica institucional, como eleccións e partidos políticos, adecuándoos ás necesidades dos profesionais da información.
4. Definición do concepto de movemento social e a súa influencia no proceso político. Principais movementos do noso tempo, evolución e deriva cara a novas formas.
5. Análise dos movementos en cada momento histórico.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. O ESTADO
1.1 Definición de Estado e elementos constitutivos do Estado
1.2 A distribución territorial e funcional do poder
1.3 A estrutura do Estado español
TEMA 2. ACCIÓN COLECTIVA
2.1 Os modelos de comportamento colectivo
2.2 Grupos de interese e movementos sociais
2.3 Os partidos políticos
TEMA 3. OUTROS ASPECTOS BÁSICOS DA CIENCIA POLÍTICA
3.1 Enfoques
3.2 Ideoloxías
3.3 Participación e cultura política
TEMA 4. IDEOLOXÍAS E MOVEMENTOS SOCIAIS DA MODERNIDADE
4.1 Nacionalismo
4.2 Socialismo
4.3 Liberalismo e conservadurismo
TEMA 5. IDEOLOXÍAS E MOVEMENTO SOCIAIS DA POSMODERNIDADE
5.1 Ecoloxismo
5.2 Feminismo
5.3 Identidade LGTBI
5.4 Dereitos dos animais
CONTIDOS PRÁCTICOS
Existirán contidos prácticos a través de seminarios, talleres, visionados de material audiovisual ou debates co obxectivo de seguir as explicacións teóricas e integrar os diversos recursos e materiais (bibliografía, documentación, etc.). Nas mesmas existirá espazo para o Traballo con textos, orientada á adquisición de habilidades.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
-Anton, J. y Torréns, X. (eds.) (2020). Ideologías y movimientos políticos contemporáneos. Tecnos.
-Del Águila, R. (ed.) (1997). Manual de Ciencia Política. Trotta.
-Della porta, D. (2011). Los movimientos sociales. CIS.
-Esplugas Boter, A. (2008). La comunicación en una sociedad libre. Instituto Juan de Mariana.
-Jasay, A. (1996) El Estado. Alianza.
-Menéndez, M. C. (2009), Política y medios en la era de la información. Crujía.
-Mouchon, J. (1999). Política y medios. Gedisa.
-Pasquino, G. et al. (1993). Manual de Ciencia Política. Alianza Editorial.
-Tarrow, S. (2012). El poder en movimiento: Los movieminetos sociales, la acción colectiva y la política. Alianza.
-Tilly, C. (2009). Los movimientos sociales, 1768-2008: desde sus orígenes a facebook. Crítica.
-Vilas Nogueira, X. et al. (1994). O sistema político galego. As institución. Xerais.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
O profesor facilitará bibliografía complementaria ao alumnado nos que temas que teña interese en desenvolver.
CON.1 - Comprender o contexto social, político, económico, xurídico e cultural no que se desenvolve o xornalismo.
CON.6 - Identificar os referentes que lle permitirán a construción dun pensamento crítico aplicado ao xornalismo.
HAB.2 - Analizar o estado dos procesos comunicativos e das organizacións mediáticas para tomar decisións
e propor solucións nos seus diferentes ámbitos.
COM.2 - Reunir, xestionar e interpretar información e datos relevantes dentro do ámbito do xornalismo para
elaborar argumentos sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
COM.5 - Elixir e aplicar con criterio coñecementos e habilidades que alimenten o desenvolvemento das capacidades
creativas, a iniciativa e o espírito emprendedor.
COM.6 - Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas dunha forma profesional e ética no ámbito da
Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento
Sustentable.
O seu desenvolvemento combina exposicións maxistrais por parte do profesorado, traballo con textos (estudos de casos) e tutorías onde desenvolver o resto dos compoñentes da aprendizaxe orientada á realización de proxectos. Parte da docencia utilizará como ferramenta de traballo a USC virtual. Fomentarase a asistencia a clase, a participación e a diversificación dos ambientes de aprendizaxe, na medida do posible. As clases expositivas servirán para que o profesor explique o marco teórico xeneral da materia. As tutorías e clases prácticas servirán para ordenar a confección dos traballos e facilitar a súa exposición e avaliación, así como para resolver as cuestións persoais que o alumno necesite. A asistencia ás clases é obrigatoria, salvo nos casos de dispensa establecidos na normativa da USC, e formará parte da cualificación na forma en que se explica no apartado correspondente. O profesor fará controis de asistencia, diarios ou aleatorios, e aplicará os seus resultados á cualificación.
O traballo para os tipos de clases será o seguinte:
Clases expositivas e clases prácticas (traballo con textos e planificación de seminarios): desenvólvese o contido do programa, secuenciado en bloques temáticos. Para seguir as explicacións e integrar os diversos recursos e materiais (bibliografía, documentación, etc.). Nas mesmas existirá espazo para o Traballo con textos, orientada á adquisición de habilidades; tamén para a preparación de seminarios.
Estudo autónomo, individual ou en grupo, lecturas recomendadas e preparación de presentacións a realizar por conta propia ou en tutorías, axudados pola Contorna Virtual de Aprendizaxe (EVA): recomendarase a lectura de artigos, libros ou manuais que complementen ás clases de expositivas. Igualmente, empregarase a aula virtual. O profesor porá a disposición do alumnado todo o material utilizado nas clases, así como aqueloutro que considera relevante para a materia.
Deste xeito, as metodoloxías aplicadas serán aquelas que aluden a:
Clase maxistral: sesión expositiva impartida polo/a docente
Presentación na aula: exposición baseada no estudo dun caso, problema ou situación contextualizada
Debate: discusión organizada sobre un tema ou pregunta
Foros de discusión - traballo en grupo: dinámicas interactivas de argumentación e/o elaboración cooperativa coa intervención dun grupo de persoas
Examen final (proba de coñecemento): 50%
Exercicios prácticos: 50%
O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a parte práctica para superar a materia. A segunda oportunidade enténdese que será avaliada como a primeira.
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de "Non Presentado"
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia. O sistema de avaliación constará dun programa adaptado para ás condicións de cada caso concreto. O plan comporase da realización dun exame (50%) e da presentación en tempo e forma (na data do exame) dos traballos individualizados (50% restante).
O alumnado terá as seguintes actividades formativas programadas:
Docencia teórica: 24 horas
Docencia interactiva: 24 horas
Titorización en grupo reducido: 3 horas
Probas de avaliación: 3 horas
Traballo persoal do alumnado: 96 horas
Asistir a clase e ler con regularidade os textos facilitados polo profesor a principio de curso
Miguel Anxo Bastos Boubeta
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Teléfono
- 881815167
- Correo electrónico
- miguelanxo.bastos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alfonso Antonio López Rodríguez
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- alfonsoantonio.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 1 |
Martes | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 1 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 1 |
20.01.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
20.01.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
17.06.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |